venres, 15 de novembro de 2013

Alimentos necesarios no CARRIÑO SOLIDARIO

Queremos agradecer enormemente a grande acollida que esta a ter o CARRIÑO SOLIDARIO en todos os eventos deportivos nos que se está organizando, onde a cidadanía está a responder cunha grande colaboración.

Así mesmo, queremos destacar que detectamos que a grande maioría dos alimentos que recibimos son pasta, arroces e legumes, os cales son moi necesarios, pero notamos escasez de productos para acompañar a estes alimentos para facer comidas máis completas (salsas, atun, guisantes, conservas...), así como leite, aceites, etc...

MOITAS GRAZAS TANTO AS ENTIDADES COLABORADORAS COMO Á CIDADANÍA POLA RESPOSTA...XUNT@S PODEMOS!!!


xoves, 14 de novembro de 2013

O C.D. Ourense súmase ao CARRIÑO SOLIDARIO


Hoxe ás 19:00 hrs. na rolda de presna previa ao partido desta fin de semana, o C.D. Ourense confirmou o acordo coa plataforma STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE para colaborar na campaña CARRIÑO SOLIDARIO na recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene persoal e doméstica.



Esta colaboración será en todos os partidos que o C.D. Ourense xogue na casa, situando unha caixa para a recollida de alimentos na entrada de cada partido.

Dende a platoforma queremos agradecer ao C.D. Ourense a súa máxima colaboración en todo momento coa campaña, así como a difusión realizada. XUNT@S PODEMOS!!!

sábado, 9 de novembro de 2013

O C.B. Allariz tamén se suma á campaña de recollida de alimentos

Unha colaboración máis que sumamos á campaña CARRIÑO SOLIDARIO, esta vez o C.B. Allariz, que porá en todos os partidos dos seus equipos no Pavillón Municipal de Allariz unha caixa de recollida de alimentos e artigos de hixiene persoal e domestica para as familias afectadas.


O C.B. Allariz ten 12 equipos en competición, habendo todas as fins de semana algún partido na vila. Podedes atopar na súa web os horarios dos encontros: http://www.cballariz.com.

Dende STOP DESFIUZAMENTOS OURENSE agradecemos a total disposición do Clube ante a proposta realizada e agardamos que a colaboración sexa satisfactoria para ambas partes.

xoves, 7 de novembro de 2013

O UDC Barbadás se suma ao CARRIÑO SOLIDARIO


Temos unha nova incorporación á campaña de recollida de alimentos. 

Desta vez trátase do sector do fútbol, o U.D.C. Barbadás de 3º División Nacional se suma á campaña de recollida de alimentos para a plataforma.

Este mesmo Domingo 10, no partido que os enfrontará ao C.F. Pontevedra en Os Carrís a partires das 16:15 hrs., comezará o CARRIÑO SOLIDARIO, que se levará a cabo en todos os partidos que o equipo xogue na casa.




Podedes atpar máis información sobre o clube na súa páxina web: http://www.udcbarbadas.com/bienvenido.ws

Dende Stop Desafiuzamentos Ourense queremos agradecer a disposición amosada polo clube para colaborar na recolilda dos alimentos, GRAZAS, XUNT@S PODEMOS!!!

luns, 4 de novembro de 2013

Seguimos sumando apoios para a recollida de alimentos


Hoxe presentaremos en rolda de presna a campaña CARRIÑO SOLIDARIO, esta vez en colaboración co Cidade das Burgas e o Ponte Ourense de Futbol Sala.


 

Nesta campaña se levará a cabo a recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene, tanto persoal coma domestica, nos partidos da División de Honra do Futbol Sala Feminino que enfrontará a ambos equipos da cidade.

O primeiro choque terá lugar este Sábado 9 de Novembro ás 17:00 hrs. en Os Remedios.

A mariores colocarase hoxe no Pavillón de Os Remedios un carriño de recollida permanente de alimentos para que todas as persoas que acuden asiduamente a facer deporte poidan facer a súa aportación.

Todo o que se recolla será logo repartido pola Plataforma entre as persoas afectadas por desafiuzamentos que acuden á mesma en busca de axuda.

Queremos agradecer tanto ao Cidade das Burgas como ao Ponte Ourense a súa dispoñibilidade e colaboración en todo momento ante a proposta que lle plantexamos. Agardamos que a colaboración sexa satisfactoria para ambas partes e poidamos seguir traballando xuntas.

sábado, 2 de novembro de 2013

CARRIÑO SOLIDARIO

Hoxe Sábado 2 de Novembro comeza a recollida de alimentos e artigos de hixiene nos partidos do Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino na Liga Feminina 2 (http://www.ligafemenina2.es/), ás 20:00 hrs. en Os Remedios.

Esta colaboración se extenderá durante toda a tempada, recollendose alimentos en todos os partidos que as rapazas do Pabellón Ourense Baloncesto xoguen na casa, e que dende Stop Desafiuzamentos iremos actualizando e publicitando nas redes.