martes, 11 de febreiro de 2014

CONCENTRACIÓN :: A solución, as casas de cartón


Caixas de cartón como símbolo da falta de solución das administracións ante o problema dos desafiuzamentos. Deste xeito, metidos dentro das súas “casas de cartón”, afectados e afectadas xunto a membros da Plataforma cidadá Stop Desafiuzamentos de Ourense quixeron denunciar a política de vivenda da Xunta e do Concello de Ourense que non posúen ninguna vivenda social para os casos de emerxencia. Con este acto reivindicativo diante da delegación provincial de vivenda da Xunta Stop Desafiuzamentos trata de visibilizar na rúa que os despexos segue a ser un problema que cada día ameaza a ducias de familias ourensás con quedárense na rúa.













Durante máis de media hora os afectados e afectadas da provincia quixeron saír á rúa e berrar diante do edificio público se as caixas de cartón é a solución que lles ofrecen. E baixo a faixa “Polo dereito á vivenda, contra o xenocido financiero, sinalemos aos culpables” interroperon por uns minutos o tráfico na rúa Sáenz Díez co único obxectivo de que a cidadanía ourensá coñeza unha realidade que non sempre se conta ou non se quere contar.







Un dos últimos casos, o dunha muller de trinta anos, una nai con dous fillos menores que quedou na rúa sen ningún tipo de axuda nin solución máis que a que puido ofrecerlle a Plataforma fixo, de novo, saltar as alarmas sobre a falta de implicación das administracións públicas que carecen de mecanismos eficaces que permitan evitar situacións coma esta.

Neste caso foi a Plafatorma a que non consentiu que dous nenos de 3 e 7 anos durmisen máis dunha noite no albergue municipal. Pero só coa resposta dos membros de Stop Desafiuzamentos e coa axuda de Organizacións Non Gubernamentais como se puido procurar, non sen dificultades, un alugueiro social mentres segue agardando pola axuda de emerxencia de 800 euros do concello, que tarda meses en se tramitar, aprobar e chegar. E mentres? A única solución é recorrer á solidaridade ou á caridade para non ficar na rùa. E en Ourense hai arestora 14.561 vivenda baleiras, pero ninguna á que poida acceder una familia en paro, con fillos e que non pode pagar a súa hipoteca ou como esta muller un alugueiro.

Pero este non é o único caso, preto de 40 persoas con problemas de vivenda e con ordes de desafiuzamento acudiron á Plataforma cidadá na procura de axuda e asesoramento para resolver un problema consecuencia da estafa, á que lle chaman crise, e da que son culpables tanto os bancos como as administración e os gobernos de España e Galicia. Por iso, sinalemos aos culpables!

E para que non haxa máis xente sen casas, nin casas sen xente, dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense seguiremos reclamando unha política de vivenda digna que permita acceder a unha vivenda sen ter en conta os recursos ecónomicos. Son as familias, con varios membros en paro, e tamén os máis novos, as que máis están a sufrir as consecuencias dunha política que non está pensada para resolver os problemas da cidadanía.

Fotos de Oscar Pinal.

A NOVA NOS MEDIOS: