venres, 31 de xullo de 2015




O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense quere remarcar a falta de respeto que tivo o Lider de Democracia Orensana no pleno do día 30 de xullo de 2015 coas familas e persoas que forman o colectivo stop-desafiuzamentos Ourense tachando de demagóxicas demandas tan básicas como garantir suministros de auga e luz de familias, que por falla de recursos non poden pagalas, ou que mulleres vítimas de violencia de xenero se vexan sempre no limite de irse a rúa coas súas fillas sin que as administaracións sexan capaces de ofrecerlles unha vivenda estable e acorde coa súa situación económica nunha cidade onde hai 15.000 vivendas valeiras.

Criticamos con absolúta firmeza o tono megalómano e despectivo de Gonzalo Jacome na súa intervención; queda calaro que para o lider de D.O o sufrimento de moitas familias con escasos recursos que solo se poden facer escoitar dende stopdesafiuzamentos e pura demagoxia.

Tamén queremos destacar que Gonzalo Jacome a usanzo do neoliberalismo máis salvaxe manten todo o rigor cos máis febles mentres cala e manten unha acitude silente ou se esconde decindo que non se pode facer ren dende o Concello mentres se destinan os recursos públicos a sanear bancos quebrados por corruptelas. Indignante que un representate público ataque os máis febles do pior dos xeitos; mofandose das súas necesidades e incluso das súas desgracias.

Iste colectivo respeta os cidadans que escolleron a D.O como opción política pero estamos seguros que non votaron para que se fixera mofa de propostas, totalmente razoables, dun colectivo que representa o sufirmento de moitas familias.

Queremos lembrar que stopdesafiuzamentos e un colectivo apartidista que loita por facer efectivo un dereito fundamental recollido no artigo 47 da C.E como é o derito a vivenda. Por non permitilo o regulamento de participación cidadá do concello de Ourense a moción de vivenda presentouna Unha formación politica sensible coas demandas de Stopdesafiuzamentos, nesta ocasión foi Ourense en Común e no seu momento foi o BNG e podería ser calquer outra formación que amosase interés polas demandas diste colectivo.

xoves, 16 de xullo de 2015

http://cadtm.org/Zoe-Konstantopoulou-NO-a-los
http://auditoriaciudadana.net/tag/pacd/
http://www.auditamosgrecia.org/es/
O discurso pronunciado a mañá do 11 de xullo de 2015 por ZoeKonstantopoulou, presidente do Parlamento grego, sobre a proposta do goberno aos acredores:
Señoras e señores, estimados colegas,
En momentos como estes, debemos actuar e falar con sinceridade institucional e coraxe política. Debemos asumir a responsabilidade que recae en todos e cada un de nós.
Debemos defender, de acordo aos ditados da nosa conciencia, as causas xustas e os dereitos sagrados, inviolables e non negociables do noso pobo e da nosa sociedade. Debemos protexer o legado daqueles que deron as súas vidas e a súa liberdade para que hoxe poidamos vivir como persoas libres. Debemos preservar a herdanza das novas xeracións e das futuras, así como a da civilización humana. Tamén debemos preservar eses valores irrenunciables que definen e alentan a nosa existencia persoal e colectiva.
Como elixe e decide actuar cada persoa pode variar e ninguén ten o dereito de trivializar as decisións que toman a partir dun xuízo persoal e existencial, para denigralas ou explotalas politicamente.
Todos e cada un de nós somos xulgados e seremos xulgados polas nosas actitudes e as nosas decisións, por noso si e por noso non, polas nosas accións e omisións, pola nosa coherencia e as nosas resistencias, pola nosa abnegación e xenerosidade.
Dende hai cinco meses, o Goberno, tendo á esquerda como a súa corrente principal e coas forzas anti-memorandos no seu núcleo, estivo a librar unha batalla desigual en condicións de asfixia e chantaxe, contra unha Europa que traizoou os seus principios fundacionais, o benestar dos seus pobos e sociedades. Dentro dunha Europa que utiliza a moeda común, o euro, non como un medio para alcanzar o benestar social, senón como unha panca e unha ferramenta para a coerción e a humillación dos pobos rebeldes e os seus líderes. Dentro dunha Europa que se está a transformar nunha prisión de pesadelo para os seus pobos, a pesar de que foi construída para ser un fogar común e hospitalario.
O pobo grego confiou a este Goberno a gran causa da súa liberación das cadeas do Memorando, da vixilancia e supervisión imposta á sociedade baixo o pretexto da débeda. Esa débeda ilegal, ilexítima, odiosa e insostible, cuxa natureza, como se demostra nos resultados preliminares do Comité para a Verdade sobre a Débeda Pública, xa era coñecida polos acredores dende 2010.
Esa débeda que non xurdiu como un fenómeno meteorolóxico, senón que foi creada polos gobernos anteriores a través da corrupción na contratación, os subornos, cláusulas leoninas, e tipos de interese astronómicos, todo en beneficio dos bancos e das empresas estranxeiras.
Unha débeda que a Troika, xunto cos gobernos gregos anteriores, converteu en forma fraudulenta de débeda privada a pública, rescatando aos bancos privados franceses e alemáns, así como aos gregos, condenado ao pobo grego a vivir en condicións de crise humanitaria. E ademais, utilizou aos órganos da corrupción mediática para aterrorizar e enganar á cidadanía.
Esa débeda nin se creou nin se incrementou polo pobo ou polo Goberno actual. Durante cinco anos utilizouse como unha ferramenta para escravizar a xente, polas forzas que operan en Europa baixo as regras do totalitarismo económico.
No desprezo á moral e ao dereito, Alemaña aínda non pagou as súas débedas (N.de T.: correspondente á ocupación alemá) á pequena Grecia da época da resistencia, da que a historia recoñece o seu heroísmo. Esas débedas superan o valor da actual débeda pública grega. Segundo os cálculos moderados da Comisión do Tribunal de Contas creada polo goberno precedente, a débeda de Alemaña representa uns 340.000 millóns de euros, mentres que a pretendida débeda pública actual de Grecia se estima en 325.000 millóns de euros.
Despois da Segunda Guerra Mundial, Alemaña gozou da maior condonación da débeda da historia, para permitirlle volver empezar de cero. Isto fíxose coa xenerosa colaboración de Grecia. Non obstante, agora Alemaña protexeu os responsables de actos de corrupción cos gobernos gregos anteriores e os seus partidos políticos, como é o caso de Siemens, e lles deu protección evitándolles enfrontarse á xustiza grega.
Non obstante, Alemaña estase a comportar coma se a historia e o pobo grego estivesen en débeda con ela, coma se quixese tomar unha revancha histórica polas súas propias atrocidades. Alemaña está a aplicar e impón unha política que constitúe un crime, non só contra o pobo grego, senón un crime contra a humanidade. No sentido penal do termo xa que se trata dunha agresión sistemática e de grande envergadura contra unha poboación co obxectivo ben premeditado de lograr a súa destrución parcial ou total.
E, por desgracia, os gobernos e as institucións que deberían cumprir coas súas responsabilidades, e estar á altura do momento histórico, volvéronse cómplices desta agresión.
Señoras e señores, estimados colegas,
Someter ao pobo e ao goberno en condicións de asfixia e baixo a ameaza dunha quebra caótica, pola creación artificial e premeditada dunhas condicións de catástrofe humanitaria, constitúe unha violación directa de todos os tratados internacionais de protección dos dereitos humanos, incluída a Carta das Nacións Unidas, os tratados europeos, e mesmo os estatutos do Tribunal Penal Internacional.
A chantaxe non é unha fatalidade. E a creación e a implantación de condicións cuxo obxectivo é suprimir o libre arbitrio, non permite a ninguén falar da liberdade de «elección».
Os prestamistas están a chantaxear o goberno. Eles están a actuar de xeito fraudulento, xa que saben dende 2010 que esta débeda é insostible. Están a actuar conscientemente, xa que nas súas declaracións anticipan a necesidade de conceder unha axuda humanitaria a Grecia. Unha axuda humanitaria para que? Para un desastre natural inesperado e accidental? Por un terremoto imprevisto, unha inundación, un incendio?
Non. Unha axuda humanitaria que é a consecuencia dunha elección consciente e calculada para privar ao pobo dos seus medios de subsistencia, pechando a billa da liquidez en represalia pola decisión democrática do goberno e do parlamento de chamar a un referendo e deixar ás persoas decidir o seu propio futuro.
O pobo grego honrou ao Goberno que confiou nel, e ao Parlamento que lles permitiu o dereito a tomar as súas vidas e os seus destinos nas súas propias mans. Con valentía e orgullo dixo No.
NON á chantaxe
NON a ningún ultimato
NON aos Memorandos de servidume
NON ao pagamento dunha débeda que o pobo non creou e da que non é responsable
NON ás novas medidas de miseria e submisión
Os prestamistas insistiron obstinadamente na transformación dese NON nun SE, coa complicidade pérfida daqueles responsables dos memorandos e que se beneficiaron deles, dos que crearon a débeda.
Este NON do pobo transcéndenos a todos e obríganos a defender o seu dereito a loitar polas súas vidas, loitar para non vivir unha media vida ou unha vida de xeonllos. Para estar orgullosos do que legamos ás xeracións seguintes e á humanidade.
Hoxe o Goberno está a ser chantaxeado para que do seu consentimento ás condicións que non lle representan, que non proveñen del, e que combate. O Primeiro Ministro falou con honestidade, valentía, coraxe e abnegación. El é o Primeiro Ministro máis novo que houbo en Grecia e loitou como ningún dos seus predecesores polos dereitos democráticos e sociais das persoas e das xeracións máis novas, que representou e representa a nosa xeración, e dános esperanzas. Eu hónroo e honrareino sempre pola súa firmeza e as súas opcións. E ao mesmo tempo, considero que é a miña responsabilidade institucional, como presidenta do Parlamento, non pechar os ollos e non finxir que non entendo a chantaxe. Eu nunca poderei votar e lexitimar o contido deste acordo. Creo que o mesmo vale e valerá para o Primeiro Ministro, quen hoxe é chantaxeado cunha arma que ameaza a supervivencia do seu pobo. Creo que o mesmo vale para o Goberno e para os grupos parlamentarios que o apoian.
Vou asumir a miña responsabilidade vinculante coa historia desta institución dicindo «presente», no debate e a votación de hoxe. Creo que deste xeito me fago máis útil á xente, ao Goberno e ao Primeiro Ministro, ás xeracións futuras e ás sociedades europeas, ao expoñer publicamente as verdadeiras condicións nas que o Parlamento grego debe tomar decisións, rexeitando a chantaxe, de acordo ao parágrafo 4 do artigo 120 da Constitución.
O pobo grego é o segundo en sufrir esta forma de guerra na zona euro, precedido por Chipre en marzo de 2013. Este intento de impoñer medidas rexeitadas polo pobo nun referendo, mediante a chantaxe dos bancos pechados e a ameaza de quebra, constitúe unha violación brutal da Constitución grega e priva o Parlamento da autoridade que lle outorga esa mesma Constitución.
Toda persoa ten o dereito e a obriga de resistir. Non hai resistencia na historia que fose doada. Pero pedimos o voto e a confianza do pobo para afrontar as dificultades, e é fronte a estas dificultades que agora debemos saír adiante. E sen temores.
Publicado en Novas | Leave a reply

venres, 10 de xullo de 2015


Stop-desafiuzamentos Ourense 10 de Xullo 2015

O 29 de maio o colectivo stop-desafiuzamentos, representado nun dos compañeiros do memo, acompaña a unha familia a sucursal de ABANCA na rúa Pena Trevinca 22 coa intención de coñecer o problema da mesma e axudarlle a buscar unha solución.

Dende o momento que entramos na oficina do director desta sucursal amosa unha actitude de absoluto desprezo e prepotencia con esta familia e co a compañante do colectivo.

Ante a situación vivida decidese en asemblea que este desprezo non debe quedar sen resposta e en asemblea acordase organizar unha concentración de protesta diante desta sucursal o día 1 de xullo, facéndoa coincidir coa entrada en vigor da “lei anti protesta” “lei mordaza”. Antes do remate desta concentración entramos a oficina a presentar unha reclamación por escrito e recíbenos o director de zona de ABANCA. Temos unha reunión con esta persoa que transcorre nun ton comprensivo e respectuoso e desculpase polo trato dado esta familia polo director desta sucursal. Tamén se acorda unha reunión para o luns dia 6 as 10 da mañá.

O pasado luns día 6 atopámonos co que o director de zona fora despedido por ABANCA parece ser...”por ser demasiado brando e dicir a todo que si“.

Queremos facer público o noso absoluto rexeitamento a os xeitos dos directivos de ABANACA, últimos responsábeis desta entidade financeira. Temos que soportar abraiados como o D.r de zona que trata os clientes con respeto resulta despedido mentres o D.r da sucursal con un comportamento de absoluto desprezo esta familia, que foi en definitiva xunto con outras que pagou o seu salario, non resulta nin apercibido.

Non pretendemos facer escarnio con ningún traballador pois todas podemos ter un mal día, pero houbo tempo para desculparse.

Ante a actitude de ABANCA e do D.r desta sucursal que a día de hoxe non amosou nin o máis mínimo interese en desculparse e acolléndonos a lei 2/2012 de 28 de marzo de protección das persoas consumidoras e usuarias, no seu artigo 11) entre os dereitos básicos dos consumidores no seu apartado h) reza: Dereito a ser tratados con corrección e respeto nas relacións de consumo elevamos queixa formal a administración a través de consumo, e a atención o cliente de ABANCA, por posible comisión dunha falta grave.

Tamén pedimos que a sociedade REFLEXIONE e pense que o trato dado esta familia podían dárnolo a calquera de nos, e REACCIONE.

O slogan comercial de ABANCA entidade intervida con 9000 millóns de € de diñeiro público, débeda privada transformada en pública, non é máis que amofa a cidadanía galega. NON VEMOS REN DE SENTIDO COMÚN SO VEMOS ABUSO E PREPOTENCIA.

FACEMOS UN CHAMAMENTO A SOCIEDADE GALEGA A MEDITAR SOBRE A CONFIANZA QUE DEPOSITAN NESTA ENTIDADE.

domingo, 5 de xullo de 2015


¡ TODAS SOMOS GRECIA !


http://www.auditamosgrecia.org/es/manifiesto-apoyo-pueblo-grecia/

https://www.youtube.com/watch?v=GPOUGIYzoj8


http://cadtm.org/Actos-de-solidaridad-con-el-pueblo.
O domingo día 5 de Xullo de 2015 o pobo grego terá que tomar unha decisión que trascenderá o resto de Europa. Está en xogo unha Europa onde a economía este o servizo das persoas ou as persoas o servizo da voracidade insaciable dos mercados que ACABARÁN ESCRAVIZÁNDONOS A TODAS.

Concentrámonos o sabado 4 ás 20:30h na Paraza Maior en Ourense para amosar o apoio o pobo grego ante o espóleo dos mercados, representados por Mario Dragui D.r do Banco Central Europeo , Jean Claude Junker e Angela Merkel cabezas visibles da Troika co apoio de Mariano Rajoi.

Convidamos a toda a cidadanía a profundar sobre no coñecemento da débeda grega e a española, a realidade é que están convertendo a débeda privada en débeda pública, que pagamos co diñeiro público, que nos recortan dos servizos básicos.

Pretenden facernos crer que foi o pobo grego que xerou esta débeda brutal e queren esconder a realidade negando AUDITORÍAS PÚBLICAS por que saben que se lle pode destapar o roubo que cometeron o partido conservador NUEVA DEMOCRACIA coa complicidade do PASOC; os MERCADOS queren que sexa o pobo quen pague hasta a extenuación e a fame mentres PROTEXEN AS ELÍTES GREGAS CORRUPTAS, o mesmo está a acontecer no estado Español.

A COMISIÓN DA VERDADE DA DÉBEDA GREGA encargada por SIRIZA composta por economistas de varios países do mundo DETERMINOU A DÉBEDA GREGA COMO ILEXÍTIMA OU ODIOSA demostrando que foron os acredores e as elítes CORRUPTAS os responsábeis desta débeda e non o pobo. Queren AMORDAZARNOS Para que non se coñeza a verdade e para facernos pagar os seu abusos pero non o conseguirán.

As primeiras denuncias sobre a maquillaxe das contas gregas e o papel que nel xugo Goldman Sachs datan de 2003. Nun informe de 2004, Eurostat escribiu: "falsificación xeneralizada dos datos sobre o déficit e a débeda por parte das autoridades gregas".
Grazas á complicidade do organismo financeiro norteamericano e de varias instancias e personalidades europeas, Grecia puido disimular durante varios anos o "paquete" escondido da súa débeda.

En 2010, Jean Claude Trichet, entón presidente do Banco Central Europeo (BCE), negouse a entregar os documentos requiridos para coñecer a amplitude da verdade. Acontece que no medio desta gran mentira hai un personaxe que hoxe é central: trátase de Mario Draghi, o actual presidente do Banco Central Europeo e gran partidario de rematar dunha boa vez por todas co modelo social europeo.

Draghi é un home de Goldman Sachs. Entre 2002 e 2005 foi vicepresidente de Goldman Sachs para Europa e, por conseguinte, estaba ao corrente da falsificación dos datos sobre as finanzas públicas de Grecia. Foi o seu mesmo banco quen estruturou a falsificación.

O liberalismo premia moi ben os seus soldados. Durante dous anos, o Banco Central Europeo e os lobbys políticos usaron canto truco fose posible para protexer a Draghi e non permitir que se levasen a cabo auditorías en torno das irregularidades cometidas en Grecia. As comisións do Parlamento europeo designadas para investigar esta megaestafa chocaron sistematicamente contra as redes que protexían o segredo.

O desenlace final desta complicidade entre as oligarquías financeiras é coñecido por todos: case un continente sumido na crise da débeda, un país, Grecia, espoliado e de xeonllos, recesión, despedimentos masivos, perda de poder adquisitivo para os traballadores, reestruturacións, sacrificios dos beneficios sociais, plans de axuste e miseria. Mentres tanto, os 600 millóns que Goldman Sachs gañou con esta estafa seguiron frutificándose na aposta suicida que o capital fai en beneficio propio contra a humanidade.

Grecia é agora un país destruído e desesperado, un país en ruínas pero que permanece de pé. Un país que resiste e que acaba de dicir un rotundo aos seus verdugos: a Troika e o FMI, a Comisión de Bruxelas e os banqueiros. En suma, a todos os que gobernan e impoñen políticas bárbaras e inhumanas. Políticas que provocan xa a malnutrición dos nenos e mesmo a fame nas grandes cidades gregas. E todo isto no corazón da rica Europa, cando na historia da humanidade xamais se produciron tantas riquezas.

Os resultados das eleccións gregas do 6 de maio non deixan a menor dúbida: unha enorme maioría de cidadáns gregos rexeitou as políticas impostas polos acredores; un verdadeiro sismo político. O país que foi elixido como laboratorio das políticas de austeridade, está agora en revolta aberta contra quen lle hambrean e lle humillan, os que pechan os seus hospitais e as súas escolas, quen destrúen e venden o fermoso país por nada, contra os seus verdugos gregos e estranxeiros.

¡¡ NOS TAMÉN SOMOS GRECIA !!

http://auditoriaciudadana.net/

mércores, 1 de xullo de 2015

                  1 DE XULLO DE 2015 
       ENTRA EN VIGOR A LEI MORDAZA

XORNADA DE MOBILIZACIÓNS.
Fixemos un chamamento a toda a sociedade Ourensá a sair a rúa a denunciar a entrada en vigor da LEI REPRESORA, LEI MORDAZA, " LEI DE SEGURIDADE CIUDADANA " !!.
¡ QUE  O NOSO SILENCIO NON NOS FAGA COMPLICES !

12:00h DA MAÑÁ:
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.

 

20:30h DA TARDE:
Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguimos rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematamos na Praza Maior.





 CONCENTRACIÓN EN SUCURSAL ABANCA PENA TREVINCA Nº 22

 ¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!

O 29 de Maio diriximonos, con unha famila, A SUCURSAL DE ABANCA DE PENA TREVINCA 22 par informarnos, da súa situación de quebra e imposibilidade de pago, coa intención de obter  información e comezar unha negociación. ¿ Que obtivemos? un abuso e botaronnos da oficina. Esta mañá o director de Zona Centro disculpabase ante o colectivo e logo ante a familia.

¡¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!! ¡¡ NIN UN PASO ATRÁS !!



¡¡ ¿ SENTIR COMÚN ? !!

- Sabías Que...
.No ano 2010 as Caixas de Aforro Galegas tiñan activos valorados en 75.000 millóns de € e parte do beneficio que xeraban destinábase a obra social e dende a súa privatización pasa a mans privadas.
.Privatizalas forma parte dunha gran estafa comezada nos anos 90 coa reforma da lei de caixas, supostamente por encargo da patronal bancaria, os políticos neoliberais para facerse co aforro depositado nelas.
.Antes de vendelas o presidente da Xunta de Galicia podendo encargar auditorías públicas o fixo a auditoras privadas, que traballan de parte, e non permitiu os impositores e a sociedade galega que coñecera a verdade do acontecido.
.Privatizaronas alegando que non eran rendibles e este ano deron 1.200 millóns de € de beneficio.
.O presidente da Xunta de Galicia pasará a historia como que no seu mandato o sistema financeiro galego pasou a mans privadas na súa totalidade.
.Entregamos 9.000 millóns de € de diñeiro público para sanealas e que foron regaladas a unha entidade, coa metade do tamaño, por 1.000 millóns de € e do que as 3/4 partes se pagará dos beneficios que xenera. Tendo un custo de 8.000 millóns que se regalarán a unha entidade privada Venezuelana “Banesco”.
.O memodorandum de rescate europeo concedía 5 anos para recuperar esa inversión e o Presidente Feijoo deu o beneplácito a venda no 1º ano.
.Os Consellos de administración (Gayoso, Gorriarán,Pego,Paredes...etc) están enxuizados, por denuncia da Plataforma Pola Banca Pública a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía superior de Galicia no ano 2012, apoiada con 4.000sinaturas, e que a Fiscalía solo os investiga polas xubilacións pero non por tódolos “delitos socioeconómicos” que causaron un grave dano a economía e o interés xeral.
.José Luís Méndez é o único alto executivo que non está investigado cando Caixa Galicia, entidade que presidía auto-concedeulle, pouco antes de quebrar, un crédito de 10,5 millóns de € a unha firma participada por Promocións Urbanísticas Integral da que era socio fundador e da que sigue como conselleiro o seu fillo Enrique Méndez Pascual. Ise crédito non se voltou e pasou o FROB.
.ABANCA nacida dunha intervención con unha elevadísima cantidade de diñeiro público mantén unha posición USUREIRA a hora de negociar os créditos con familias quebradas.
.De ti depende seguir confiando nunha entidade que naceu dun xeito ilexítimo e ten este comportamento cos verdadeiros donos da mesma @s cidadás galeg@s que as fixemos nacer como montes de piedade para loitar contra a usura fai casi 2 séculos.

¡ Róubanche o que é teu urxe que o defendas !






1 de XUÑO...XA ENTROU EN VIGOR A LEI MORDAZA.
 ¡¡ esta mañá contra os abusos de ABANCA !!! ¡¡¡¡ NOS AFORRAMOS NOS MANDAMOS !!!


MANIFESTACIÓN DENDE A SUBDELEGACIÓN DO

GOBERNO A PRAZA MAIOR.

Solo podemos estarlles agradecidas a todas as compañeiras que fixeron desta xornada o seu compromiso persoal, saiu todo moi ben.


Hoxe mercores 1 de xullo de 2015 entrou en vigor a Reforma do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá, popularmente coñecida como Lei Mordaza, leis que sancionan, prohiben e criminalizan prácticas tan normalizadas como parar un desafiuzamento ou asistir a unha persoa sen papeis. Leis que castigan a pobreza, a solidariedade e a protesta.


Fano en nome da seguridade cidadá, pero son a resposta dos que senten calquera iniciativa social como unha ameaza aos seus privilexios. Emanan da súa incapacidade para vivir con alegría o espertar da xente, a toma de rúas, a defensa de dereitos laborais ou o uso de prazas como espazo de reflexión colectiva. Non entran en vigor para garantir a seguridade cidadá senón para converter en lei o seu temor, o medo que os esperta o desexo de democracia. Por iso deféndense atacando.


Nos últimos meses, a súa aprobación espertou a preocupación e o rexeitamento dunha ampla maioría social, o que supuxo que organismos nacionais e internacionais como as Nacións Unidas ou o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa as critiquen duramente. O último foi o Tribunal Constitucional, que admitiu a trámite un recurso de inconstitucionalidade.


Non obstante somos as persoas que defendemos diariamente o dereito á vivenda, as que cremos no dereito á información libre, as que tomamos a rúa reclamando educación pública e sanidade universal, as que non temos papeis, as que sufrimos as consecuencias dun emprego precario ou os que simplemente vemos no desexo de democracia e a organización espontánea da xente un motivo de celebración, as que temos o verdadeiro poder de cambiar as cousas. Saben que un goberno corrupto que rescata a banca no canto de rescatar as persoas perdeu toda a súa lexitimidade.
Só lles queda a política do medo. Por iso, unha vez esgotadas todas as vías posibles, só nos queda unha alternativa: a de NON CONSENTIR , A DE NON REFRENDAR AS SÚAS LEIS CO NOSO SILENCIO.

¡ contigo é posible !