venres, 15 de novembro de 2013

Alimentos necesarios no CARRIÑO SOLIDARIO

Queremos agradecer enormemente a grande acollida que esta a ter o CARRIÑO SOLIDARIO en todos os eventos deportivos nos que se está organizando, onde a cidadanía está a responder cunha grande colaboración.

Así mesmo, queremos destacar que detectamos que a grande maioría dos alimentos que recibimos son pasta, arroces e legumes, os cales son moi necesarios, pero notamos escasez de productos para acompañar a estes alimentos para facer comidas máis completas (salsas, atun, guisantes, conservas...), así como leite, aceites, etc...

MOITAS GRAZAS TANTO AS ENTIDADES COLABORADORAS COMO Á CIDADANÍA POLA RESPOSTA...XUNT@S PODEMOS!!!


xoves, 14 de novembro de 2013

O C.D. Ourense súmase ao CARRIÑO SOLIDARIO


Hoxe ás 19:00 hrs. na rolda de presna previa ao partido desta fin de semana, o C.D. Ourense confirmou o acordo coa plataforma STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE para colaborar na campaña CARRIÑO SOLIDARIO na recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene persoal e doméstica.



Esta colaboración será en todos os partidos que o C.D. Ourense xogue na casa, situando unha caixa para a recollida de alimentos na entrada de cada partido.

Dende a platoforma queremos agradecer ao C.D. Ourense a súa máxima colaboración en todo momento coa campaña, así como a difusión realizada. XUNT@S PODEMOS!!!

sábado, 9 de novembro de 2013

O C.B. Allariz tamén se suma á campaña de recollida de alimentos

Unha colaboración máis que sumamos á campaña CARRIÑO SOLIDARIO, esta vez o C.B. Allariz, que porá en todos os partidos dos seus equipos no Pavillón Municipal de Allariz unha caixa de recollida de alimentos e artigos de hixiene persoal e domestica para as familias afectadas.


O C.B. Allariz ten 12 equipos en competición, habendo todas as fins de semana algún partido na vila. Podedes atopar na súa web os horarios dos encontros: http://www.cballariz.com.

Dende STOP DESFIUZAMENTOS OURENSE agradecemos a total disposición do Clube ante a proposta realizada e agardamos que a colaboración sexa satisfactoria para ambas partes.

xoves, 7 de novembro de 2013

O UDC Barbadás se suma ao CARRIÑO SOLIDARIO


Temos unha nova incorporación á campaña de recollida de alimentos. 

Desta vez trátase do sector do fútbol, o U.D.C. Barbadás de 3º División Nacional se suma á campaña de recollida de alimentos para a plataforma.

Este mesmo Domingo 10, no partido que os enfrontará ao C.F. Pontevedra en Os Carrís a partires das 16:15 hrs., comezará o CARRIÑO SOLIDARIO, que se levará a cabo en todos os partidos que o equipo xogue na casa.




Podedes atpar máis información sobre o clube na súa páxina web: http://www.udcbarbadas.com/bienvenido.ws

Dende Stop Desafiuzamentos Ourense queremos agradecer a disposición amosada polo clube para colaborar na recolilda dos alimentos, GRAZAS, XUNT@S PODEMOS!!!

luns, 4 de novembro de 2013

Seguimos sumando apoios para a recollida de alimentos


Hoxe presentaremos en rolda de presna a campaña CARRIÑO SOLIDARIO, esta vez en colaboración co Cidade das Burgas e o Ponte Ourense de Futbol Sala.


 

Nesta campaña se levará a cabo a recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene, tanto persoal coma domestica, nos partidos da División de Honra do Futbol Sala Feminino que enfrontará a ambos equipos da cidade.

O primeiro choque terá lugar este Sábado 9 de Novembro ás 17:00 hrs. en Os Remedios.

A mariores colocarase hoxe no Pavillón de Os Remedios un carriño de recollida permanente de alimentos para que todas as persoas que acuden asiduamente a facer deporte poidan facer a súa aportación.

Todo o que se recolla será logo repartido pola Plataforma entre as persoas afectadas por desafiuzamentos que acuden á mesma en busca de axuda.

Queremos agradecer tanto ao Cidade das Burgas como ao Ponte Ourense a súa dispoñibilidade e colaboración en todo momento ante a proposta que lle plantexamos. Agardamos que a colaboración sexa satisfactoria para ambas partes e poidamos seguir traballando xuntas.

sábado, 2 de novembro de 2013

CARRIÑO SOLIDARIO

Hoxe Sábado 2 de Novembro comeza a recollida de alimentos e artigos de hixiene nos partidos do Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino na Liga Feminina 2 (http://www.ligafemenina2.es/), ás 20:00 hrs. en Os Remedios.

Esta colaboración se extenderá durante toda a tempada, recollendose alimentos en todos os partidos que as rapazas do Pabellón Ourense Baloncesto xoguen na casa, e que dende Stop Desafiuzamentos iremos actualizando e publicitando nas redes.

  


xoves, 31 de outubro de 2013

Nova campaña de recollida de alimentos

Mañá presentaremos en rolda de presna a campaña CARRIÑO SOLIDARIO en colaboración co Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino.

Nesta campaña se levará a cabo a recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene, tanto persoal coma caseira, en todos os partidos da Liga Feminina 2 que se disputen no Pavillón de Os Remedios.

Todo o que se recolla será logo repartido pola Plataforma entre as persoas afectadas por desafiuzamentos que acuden á mesma en busca de axuda.

Queremos agradecer ao Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino a súa dispoñibilidade e colaboración en todo momento ante a proposta que lle plantexamos, agardamos que a colaboración sexa satisfactoria para ambas partes e poidamos seguir traballando xuntas.



xoves, 10 de outubro de 2013

Auditoría dos cartos recadados pola plataforma

Vos deixamos un enlace ao video do compañeiro que fai as labores de tesoureiro, onde el mesmo fai un pequeno reconto dos cartos cos que conta a plataforma para diferentes actividades e difusión: http://www.ustream.tv/recorded/39431460

Tentaremos, na medida do posible, ir comentando en cada acta de xuntanza o reconto de cartos e gastos para ter a maior transparencia posible.


luns, 7 de outubro de 2013

Reciclado e recollida de alimentos


Dende fai unha semana estamos a falar con diferentes supermercados da cidade para que se animen a colaborar no recicle de alimentos para as afectadas.

Iremos incluindo os logos dos establecementos a medida que vaiamos confirmando as colaboracións.

Na actualidade están a colaborar dous establecementos da provincia, aportando excedentes de alimentos perecedeiros.

Así mesmo se están acordadno outro tipo de colaboración que iremos confirmando a medidas que estean concretadas e en funcionamento.

luns, 30 de setembro de 2013

Xuntanza plataformas galegas STOP-PAH o Sábado 28/09

O pasado Sábado 28 de Setembro achegáronse a Compostela dúas persoas colaboradoras da plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense, para asistir a unha xuntanza de todas as plataformas galegas de STOP-PAH, para a posta en común do traballao realizado e o analise dun futuro inmediato.

A continuación os deixamos a acta de dita reunión, remitida polas compañeiras de Ferrol:

 
A finais do mes de Xullo, tiña lugar en Vigo, unha xuntanza de coordinación das PAHs e Stops galegas, co obxectivo da posta en común das loitas locais contra os lanzamentos e despexos das vivendas habituais; compartir información e coñecementos; coordinar as mobilizacións; e entre outras cousas, desenvolver relacións solidarias e de apoio mutuo. Un dos temas tratados foi a promoción dunha ILP Galega para a súa tramitación e aprobación polo Parlamento de Galicia.

As razóns nas que se fundamentaba a elaboración da proposición de Lei, en forma de iniciativa lexislativa popular -ILP, serían, en primeiro lugar, a de contribuír a garantir en Galiza o dereito a dunha vivenda digna e adecuada; en segundo lugar, a de fomentar a accesibilidade universal a unha vivenda e implantar as medidas que permitan encher de contido ese dereito, e en terceiro e último lugar, ademais da paralización de todos os desafiuzamentos e lanzamentos de vivenda habitual, a proposición Lei pretendería abordar diversos aspectos do seu réxime legal, e tamén medidas para favorecer a aplicación efectiva da dación en pagamento e o impulso dunha Lei galega de Vivenda que favoreza o uso das vivendas baleiras e deshabitadas.

Ademais pensa-se que os poderes públicos galegos deberían subordinar calquera actuación en materia de vivenda aos seguintes criterios:
  • Permitir o goce pola cidadanía galega dunha vivenda digna, adecuada e accesible.
  • Facilitar unha oferta de vivenda adecuada ás necesidades reais da poboación galega.
  • Mellorar a calidade das vivendas e da súa contorna.
  • Alcanzar unha oferta de vivendas habitables, suficiente desde o punto de vista cuantitativo, territorial e tipoloxicamente equilibrado e que preste especial atención aos colectivos en situación ou risco de exclusión social.
  • Favorecer a conservación, rehabilitación, reforma ou renovación do parque inmobiliario residencial existente.
  • Mellorar a integración da edificación no medio natural.
O compañeiro Oscar Lómbao, de Vigo, foi o relator da proposta de ILP e do proxecto de modelo de Lei Galega da Vivenda. Documentos que no seu momento difundimos entre as compañeiras e compañeiros, para que a leran, e no seu caso estudaran e fixeran propostas de modificación ou contribucións aos mesmos.

Posteriormente fomos convocados desde a PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño, a unha reunión de traballo que tivo lugar o pasado Sábado, 28 de Setembro, en Compostela ás 11:30h, no inicio da rolda de contactos coas diferentes organizacións políticas, sindicais e sociais para recoller apoios e opinións de cara a presentación da ILP Galega, nesta reunión que mantivemos entre represetantes das diferentes PAHs e STOPs da Galiza, con membros de ANOVA, Manu Santos, Xiana López e Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas -AGE, no Parlamento Galego, lugar onde tivo lugar a xuntanza de traballo, esta reunión foi a porta pechada e sen publicitación, nin medios de comunicación. Foi unha toma de contacto que se repetirá con outras organizacións, como antes comentábamos.

A reunión celebrou-se como estaba previsto, na que participaron, ademais, das persoas de ANOVA que antes mencionamos, compañeiros e compañeiras de diferentes plataformas: Hector Tejón de Stop-Desafiuzamentos d'A Coruña; Carlota Pérez, Oscar Lombao e Fran Riveiro, da PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño; Gonzalo da PAH de Pontevedra; Catarina da PAH do Morrazo; Mariano Ibáñez de Stop-Desafiuzamentos d'O Salnés; Dani Conde e Roberto Pereira de Stop-Desafiuzamentos, Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda e Plataforma pola Banca Pública; e por último estivemos Luís Matalobos e Inácio Martinez pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Desculparon a súa non asistencia as compañeiras e compañeiros de Stops-Desafiuzamentos da Barbanza e de Lugo. As compañeiras e compañeiras de Stop-Desafiuzamentos de Compostela decidiron non participar neste grupo de traballo.

Ao noso entender a xuntanza foi moi frutífera, non só pola importancia de coñecer-nos e saber do traballo que se realiza nas diferentes localidades. Senón pola propia explicación que cada persoa deu sobre a importancia da ILP e unha Lei Galega da Vivenda que poña por encima a función social da vivenda sobre a propiedade da mesma. Todas as persoas presentes participaron no debate e desenvolveron a proposta. Expuxo-se-lles á representación política os nosos obxectivos que xa mencionamos con antelación. Conscientes todo o mundo de que na Galiza goberna o Partido Popular -PP, na Xunta de Galicia e que no Parlamento Galego, teñen maioría absoluta. Cousa que non sucede no Parlamento Andaluz, onde acaban de aprobar, o pasado mércores, 25 de Setembro, unha Lei sobre a función social da vivenda en Andalucía coas achegas das PAHs, que contempla a expropiación da cesión de uso de vivenda en casos de desafiuzamentos. Xosé Manuel Beiras, propuxo-nos, unha estratexia que implicaba unha acción ofensiva desde diferentes puntos de intervención e un apoio ás nosas demandas e proposicións. Comprometeu-se ao apoio e ao estudo da ILP e do borrador de Modelo de Lei Galega da Vivenda proposto. Falou, Beiras, de solicitar na iniciativa que o Parlamento Galego asuma a petición da modificación lexislativa da normativa española. Rematada a xuntanza, entre diferentes plataformas intercambia-mo-nos información e contactos. Quedando de ver-nos noutra xuntanza de coordinación que se celebrará proximamente.

venres, 27 de setembro de 2013

Reunión da Comisión Técnica - 24/09/2013


O pasado martes 24 Stop Desafiuzametos Ourense acudía a 1ª comisión técnica sobre desafiuzamentos.Esta comisión acordouse creala dentro do pacto cívico do Conello de Ourense, que redactou una moción que sería aprobada por unanimidade das forzas políticas con representación no concello.Esta moción constaba de 15 puntos; no punto 4 figuraba a cración desta comisión. 

A composición da mesma estaba acordada por toda-las forzas políticas como xa dixemos e debe estar composta por os seguintes representantes:
-1º Un técnico municipal dos servizos sociais.
-2º Un psicólogo.
-3º Un educador social.
-4º Un traballador social.
-5º Un avogado.
-6º Un representante do concello.
-7º Un representante da Xunta de Galicia en Ourense.
-8º Un representante de Stop desafiuzamentos Ourense.
-9º Un Afectado por desafiuzamento.

MOCIÓN: 7/07/13

Logo de celebrase a xuntanza da Comisión Técnica de Desafiuzamentos do Concello de Ourense a valoración da mesma dende stopdesafiuzamentos e a seguinte:

Primerio queremos destacar ausencia do representate da Xunta de Galicia,cousa que a Stop -Desafiuzamentos non sorprende tendo en conta, o escaso, por non decir nulo, interese na política de vivenda social da Xunta.

Decir que na última ocasión que se foi a demandar un vivenda en rexime de aluguiero social para un afectado por un desafiuzamento, na delegación territorial da xunta en Ourense,non existía ningunha. 
Tamén estaba ausente o representes do colexio de avogados.No caso desta ausencia desculpamos a mesma, nesta ocasión, tendo en conta a colaboración en asesoramento legal que veñen prestando os afectados, no marco do convenio asinado co Concello.

O resto dos membros estiveron presentes.

Repasaronse un a un os puntos do acordado na moción conxunta e a valoración do cumplimento e moderadamente aceptable tendo en conta que é a 1º xuntanza e que comeza a rodar esta comisión.Cumpliuse co acordo de publicidade dun Número de tf 988 39 29 09 con atención en horario de 9 a 14h, no concello, para a asisencia de afectados; asi como a correspondente publicidade.Pedironse as facturras do gastado nesta públicidade.

Dende stopdesafiuzametos exixese a profundización no cumprimetno dos restantes puntos e que se marque como obxectivo desta comisión unha verdadeira fiscalización da política de vivenda, das diferentes administracións implicadas na mesma; de cara a que a cidadanía teña coñecemento do destiño dos seus impostos.

Destacar o interese que temos dende Stopdesafiuzamentos no feito que se indentifiquen as vivendas incluidas na SAREB (http://www.sareb.es/) ou banco malo para forzar a que se destiñen a vivenda social, xa que foron sacadas do apalancamento de entidades financeiras con diñeiro dos nosos impostos.


domingo, 22 de setembro de 2013

Acta asemblea Sábado 21-09-2013


Recórdase que é o Día da Paz.

Asemblea na que asisten afectados, colaboradores e organizadores do grupo SDO.

1º Suspéndese a Manifestación-Concentración prevista para o Xoves 26-09-2013 por mor de falta de tempo para organizalo mínimamente.

2º Recórdase a xuntanza do Pacto Cívico para este martes 24 de setembro as 19:00h da tarde no Centro Cívico de Rúa Colón.
Convoca a Concelleira de Asuntos Sociais (A Secretaría máis ben). Asistirán afectados, portavoces de grupos políticos do Concello e falarase de casos actuais, se chamaron máis casos. 

Stop Desafiuzamentos Ourense presentará novamente ós casos que xa levan máis de un ano, remarcando o total deixe de funcións por parte da administración municipal actual e para interesarse sobre o prometido polo Concello de Ourense. Case todos os casos dos que se ten constancia están agora mesmo en mans da xustiza, a nivel particular.

Quedan en ir Diego, Roberto e Óscar. Se alguén máis pode ir, é benvido.

Hai que enterarse do falado na anterior xuntanza, sobre unha comisión técnica municipal para levar os casos xa sabidos e os futuros. 

A moción pódese encontrar neste enlace:


3º ILP Galega "Modelo de Lei Galega de Vivenda". 
Colgada no Facebook de Asemblea Aberta Ou:



O día 28 de setembro, reunión das agrupación de Stop Desafiuzamentos a nivel galego en Vigo para falar sobre este tema.

4º Recollida de alimentos. Coméntase que se recolle pero o problema é logo a quen repartirllo. Coméntase de crear un grupo para recoller de forma seria, e axudar a quen poidamos. 
Mandarase un email a GADISA para a proposta de recoller alimentos nos seus supermercados. 

O sábado 28 de setembro farase unha ronda preguntando nos supermercados se se pode facer recollida de alimentos nos mesmos. Oscar falará con Martinho para facerse cargo das cartaces xa feitas. Súbese o resumo de casos de afectados a Google Drive da dirección do grupo Stop Desafiuzamentos. 

Roberto pasará o escrito a Marisela cun resumo do feito ata o dagora polo grupo de Stop Desafiuzamentos Ourense, e subilo ó blogue: http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/ (creado para esta plataforma), actualizando así a información xa dispoñible. 

xoves, 1 de agosto de 2013

Xuntanza das PAH-STOP Galegas - Xullo 2013


No mes de xullo de 2013 xuntámomonos toda-las PAH-STOP Galegas coa intención de coordinarnos e darnos apoio cando for preciso.

Nesta xuntanza acordamos redactar un proxecto de lei galega da vivenda que presentaremos en breve no parlamento.

Para esto comezaremos en breve cunha ILP para poder sacar adiante esta lei, para o que precisaremos de moito apoio, pois debemos recadar 15.000 sinaturas en todo o territorio galego.

Somos conscientes de que é casi seguro que a ninguneará o rodillo soberbio do PP, do presunto narcopresidente Feijoo, pero consideramos que cando menos axudará a manter vivo o problema da vivenda como un ben básico e fundamental.

luns, 10 de xuño de 2013

Vindeira xuntanza



Dado que de momento resulta complicado por un día concreto e periódico para reunirse, quedamos en para este Xoves 13, ás 19:30 hrs. na Praza Maior.

Nesta reunión tentarase por en común a información acadada en canto ao tema da reciclaxe de alientos, e tentaremos artellar unha primeira recollida segundo os datos que teñamos.

Agardamos a vosa presenza...

Xuntanza de afectadas


Este Domingo día 9 de Xuño tivo lugar outra, agardamos que de moitas, xuntanzas entre afectadas e colaboradoras da plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense, xurdida da necesidade que sentiamos de nos reunir, de lle por cara tanto a afectadas como a colaboradoras, de coñecernos e compartir inquedanzas e ideas.

A mesma serviu para actualizar información das diferentes situacións das afectadas e para coñecerse e por en común problematicas e colaboracións, así como para pasar un agradable rato en boa compañía.

Desta reunión saiu unha idea de acción, á que ao longo da semana tentaremos darlle forma e pola en funcionamento: reciclaxe de comida polos supermercados e demáis tendas da cidade, todo co obxetivo de recoller alimentos que poidan dar cobertura ás necesidades das diferentes afectadas que actualmente están en contacto coa plataforma, e nun futuro poder artellar unha formula de recollida e reparto de alimentos para canta máis xente millor.

Como surxe Stop Desafiuzamentos Ourense?

Stop desafiuzamentos Ourense nace do recoñecemento dos membros de Asemblea Aberta Ourense 15M dun problema, que si ben xa existía, agravábase pola falta de ingresos das familias, vítimas dunha situación crítica, producida por unha gran estafa financeira.

Estas familias teñen que soportar o rigor absoluto do sisitema politico-xudicial, á hora de desaloxalos dos seus fogares, mentras a partitocracia dominada por o P.P e o P.S.O., que tiñan a obriga de lexislar para satisfacer o interese xeral, e facer cumplir o mandato constitucional recollido  no artigo 47 da constitución entre os dereitos fundamentais, como é o dereito a vivenda (http://www.derechoshumanos.net/constitucion/articulo47CE.htm), acorda unha reforma constitucional sen consenso e sen consultar á cidadanía, que prioriza o pago dunha debeda ilexítima, e portanto "débeda odiosa" (http://es.wikipedia.org/wiki/Deuda_odiosa)antes do cumprimeto dos dereitos fundamentais.


Nos consideramos que a orixe da situación é a falta de esclarecemento desta débeda, por esto participamos na paltaforma estatal pola auditoría cidadán da débeda, da cal existe un nodo en Compostela, e esperamos dar a coñecer pronto o nodo Ourensán. A intención é facer auditorías cidadáns permanentes para ter controlado a qué se destina os cartos dos nosos impostos, e que esto sexa coñecido por todas.

Na actualidade estes cartos estánse destinando aos bancos, responsabeis da crise, mentras que hai familias que perden o seu fogar por pequenos impagos sen que ninguén teña en conta a excepcionalidade do momento, argumentando que hai que pagar as débedas mentras iles nos deben a nos. Un exemplo desto poderían ser: 
  • Bankia ten que voltarnos 50.000 millóns de euros que lle prestamos dos nosos impostos.
  • Nova Galicia Banco ten que voltarnos 9.000millóns 
  • ...
E así a CAM en Valencia, Caixa Castela a Mancha,Caixa Catalunya etc, ata un total de 100.000 millóns de euros prestados ata o de agora, e seguimos.

O estado español, segundo un informe da PAH, ten unha débeda privada de 1 Billón de euros; 600.000 millóns deben as familias; con unha morosidade do 10% xa teríamos 60.000 millóns de impago. As constructoras teñen unha débeda de 400.000 millóns de euros pero,e isto é o gave, con un impago do 20% que ascendería a 40.000 millóns de euros .

Esto fai aumentar  a débeda pública ata o limite actual e para pagala privatizan todo-os servizos públicos (sanidade, educación, etc) convertindo a débeda privada en pública, facéndonos entrar nun bucle que só e rentable para os inversores do esto español e do extranxeiro que sacaron o seu capital do ladrillo para invertilo en débeda do Estado.

Esto estáse producindo coa anuencia do Banco Central Europeo, que presta diñeiro barato aos bancos para que logo o presten aos estados pagando os intereses a cidadanía e facendo que medre ainda máis a debeda pública.

Todo isto pasa diante dos noso ollos. Logo de 6 anos do comezo da [estafa] "crise", temos que ver como os directivos do Banco de España e das  entidades financeiras que meteron os nosos aforros en inversións especulativas, chegando a estafar directamente a pequenos aforradores como os afectados pol-as preferentes e a débeda subordinanda, pasean impunemente por todas a cidades do Estado coa anuencia da fiscalía e do goberno.

Podemos asegurar con certa seguridade que nistes intres non existe un verdadeiro estado de dereito, e nos atopamos baixo unha dictadura dos mercados financeiros que se irá agravando co paso dos anos po-la falla de competencia bancaria tra-la eliminación das caixas de aforro, ás que eran un dos obxetivos distes mercados.

Ante esta situación claramente inxusta que desaloxa das súas casas a familias con fillos e a persoas discapacitadas, con absoluto rigor, mentras adica inxentes cantidades de diñeiro público para tapar o furado económico que deixaron istes banqueiros con anuencia dunha casta política corrupta, AAO 15m decide crear Stop Desafiuzamentos Ourense, que nace en novembro do ano 2011, non só coa intención de axudar e asesorar ás familias desafiuzadas, asemade coa intención de velar por que as diferentes administracións cumplan coa obriga constitucional recollida no artigo 47 da constitución, proporcionando vivenda digna e a prezos razoables á cidadanía, impedindo que se use para especular avarizosamente cun ben básico como é a vivenda.

AAO 15m entende que o silencio ante unha situación tan inxusta, farianos complices da mesma.

Así, a finais de 2011, decidimos en asemblea constiruirnos como STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE.

Na primaveira de 2012 sumámonos á ILP  (iniciativa lexislativa popular) pola paralización dos desafiuzamentos, a dación en pago e o alugueiro social. Constituímonos como oficina de coordinación territorial con moito esforzo e estivemos ata xaneiro de 2013 recadando sinaturas na rúa, facendo 3 entegas na Oficina Provincial do Censo Electoral de Ourense:
  1. o 26 de Setembro do 2012. Entréganse 421 sinaturas.
  2. o 31 de Outubro do 2012. Entréganse  401 sinaturas.
  3. o 24 de Xaneiro do 2013. Entréganse 1.503 sinaturas.
Estas, xunto coas recadadas en todo o Estado, suman un total de 1.508.000 de sinaturas.

Dentro da campaña de apoio a ILP cidadá, enviáronse correos aos diputados  e senadores no Congreso e Senado dende as PAH e STOP de todo o Estato. 

Dende as plataformas  galegas mandáronselles unha segunda petición aos diputados que sairon escollidos na comunidade autónoma. Nistes correos convidámolos a asisitir ás xuntanzas coas afectadas para escoitar en persoa os problemas que acucian a estas familias. Desgaraciadamente o Partido Popular no goberno, decidiudiu escoitar os cantos de sirea dos banqueiros e desprezar o sufrimento das familias afectadas.

Esta situación obriga ás plataformas a levar a mensaxe directamente aos políticos e comezouse coa campaña dos escrahes. 

Estes escraches estaban regulados con normas pacificas de actuación, algunha delas era que non se farían si había menores, outra que non podian ser violentos nin haber insultos. 

Acudiuse directamente aos representantes políticos a entregarlles unha petición por escrito das afectadas, pedíndolles que as escoitaran e racharan coa disciplina do partido. No canto de escoitar, o Partido Popular, no goberno, seguiu coa súa actitude e comezou unha campaña de desprestixio da PAH, comparando os ecraches co terrorismo.

Puco despóis o Parlamento Europeo premiou a PAH por o mérito na súa loita.

No mes de setembro de 2012 presentamos unha moción tipo que se estaba a presentar en todolos concellos do estado pedindo a colaboración do Concello e o apoio explicito á ILP. Non foi aceptada a nosa moción por non ser presentada por unha formación política, xa que as normas de regulamento de "participación cidadá" non permitían esta formula, según o Secretario de Plenos do Concello.

Por esta mesma moción que se presentou no concello de Ourense mostrou interese o alcalde de Manzaneda e ocupouse persolmente de mandala á totalidade dos concellos de Galicia.

No Concello de Ourense un dos grupos con representación faise eco desta situación e presena unha moción propia, que é apoida por Stop Desafiuzamentos Ourense. Grazas a esta moción lévase a problemática das deafiuzadas ao Pacto Cívico do Concello, formado por as forzas políticas que teñen representación e a que tamén asisiten representantes do partido que non a ten.

Logo de 3 xutanzas na que estaban presentes varias afectadas, e deixando clara a postura de Stop Desafiuzamentos de que non era unha cuestión de número de afectadas, senón de cumplir a obriga imposta no artigo 47 da constitución sobre o dereito a unha vivenda digna.

Finalmente redáctase un documento que se levou ao pleno o 7 de Xuño de 2013, saíndo aprobado por unanimidade. Niste documento, que consta de 15 puntos, acordase a creación dunha Comisión Técnica para o seguimento das familias desafiuzadas que o precisen e na cal estará Stop Desafiuzamentos; tamén se acorda pór un teléfono de contacto do Concello para antención distes casos (988 39 29 09) en coordinación con Stop Desafiuzamentos.

No tocante a problématica concreta das afectadas, é de xustiza recoñecer o convenio que asina o anterior alcalde co Colexio de Avogados de Ourense. No marco diste convenio Stop conta con asesoramento legal, imprescindible para poder axudar as afectadas.

Cada caso ten unhas ciscunstancias persoais moi distintas; as membros de Stop estudamos persoalmente as particularidades de cada un e logo acompañámolo a OIH do Colexio de Avogados si procede, e entre todas deseñamos unha estratexia para negociar coa entidade financeira.

Todo iste procedemento require de moito compromiso para que as afectadas se sintan acompañadas nun dos peores momentos da súas vidas.

En maio de 2013 organizamos un concerto para recadar fondos para organizarnos, e alimentos que entregamos as afectadas e a Cruz Bermella.

Tamén estamos conectados coas demáis plataformas galegas STOP-PAH.

Stop Desafiuzamentos naceu coa intención de protexer as vítimas dun Estado de dereito absolutamente fallido, que desampara á cidadanía nos peores momentos, mentras protexe a unha casta de banqueiros e políticos corruptos e especuladores que fixeron quebrar o sistema económico en beneficio propio, e que agora fannolo pagar co diñeiro dos nosos impostos mentras eles seguen a especular cos beneficios que xera a débeda pública creada por eles mesmos para aliemtar ese circulo tan beneficioso para esta casta.

So a cidadanía resisistindo e integrando a loita nas súas vidas persoales e axudando a espallar o coñecemento de que o que estamos a vivir non é un crise sinón que é unha estafa,será capaz de frear esta dictadura dos mercados.


Benvida

Benvidas ao novo blog da plataforma Stop Desafiuzamentos, onde tentaremos ir actualizando información sobre reunións e actividades da plataforma, así como información sobre como avanza a creación da "Comisión Técnia de Desafiuzamentos" creada tra-lo "Pacto Cívico", e que ven de ser aprobada por unanimidade polo Concello de Ourense no pleno do pasado Venres 7 de Xuño  (podedes ler os puntos aprobados no apartado refereido a este tema que temos no blog).

Precisamos colaboración, xente que se una e aporte tempo, ideas, calquera aportación, por pequena que pareza, é moito.

Se estades interesadas en colaborar podedes remitir o voso contacto a: