sábado, 15 de outubro de 2016

Non hai ben algún que nos deleite si non o compartimos!
 Séneca


O Concello de Ourense non presenta proxectos para acollerse o plan DUSI  (Desenrolo Urbán Sostible e Integrado), programa financiado con fondos europeos (FEDER).


Dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos, atópamonos con infinidade de problemas e trabas burocráticas que, as distintas Administracións Públicas xustifican pola falla de medios, cara a paliar certas necesidades sociais, como a necesidade fundamental da vivenda.

Aínda que nos non nos decantamos por ninguna opción política e eludimos as manifestacións partidistas, non somos apolíticos. Temos, como non, opinión sobre as políticas públicas que se están a aplicar.

Por elo, e por ser un tema de plena actualidade pola súa resolución recente, temos que referirnos á aplicación en Galicia do Plan DUSI (Desenrolo Urbán Sostible e Integrado), programa financiado con fondos europeos (FEDER) cuia convocatoria foi establecida a nivel do Estado polo Ministerio de Facenda e que tiña destinados para Galicia un total de 118.768.000 euros, resolvéndose a primeira convocatoria coa asignación de 83.138.000 euros. Este programa DUSI ten tal contido de obxectivos que sen esaxerar poderíamos sinalar que se podería financiar calquera equipamento ou servizo municipal (dende vivendas sociais ata recollida de lixo), ademáis da importante cantidade á que se podía optar que ascendía aos 15.000.000 de euros para as ciudades de máis de 20.000 habitantes. Quen teña curiosidade por ver a adxudicación correspondente a Galicia, non ten máis que consultar o Boletín Oficial do Estado do pasado día 3 de outubro.

Pois ben, chámanos grandemente a atención, que o Concello de Ourense no se acolleu o plan DUSI , que permitiría aplicar estas axudas, dende á recuperación do Casco Histórico, coa corresponde rehabilitación das súas vivendas, ata a solución do problema da recollida de lixo (que xa é hoxe un perigo para a saúde pública), pasando por mellorar a eficiencia enerxética do alumeado ou ampliar os servizos sociais. Pero dende esta Plataforma temos que facer fincapé en que cunha pequena coantía desta axuda, poderíase dar solución habitacional ás persoas que están a sufrir con máis rigor as inclemencias da crise económica, coa rehabilitación ou construcción de vivendas sociais.

Queremos recalcar, que salvar as necesidades das persoas en situación máis vulnerable é a primeira obriga de calquera Administración Pública, e polo tanto é totalmente reprobable que non se aproveiten os recursos dispoñibles no que son necesidades sociais claras e obxectivas como é a vivenda.

Non podemos explicarnos como se deixou pasar esta oportunidade… Será porque teñen fondos suficientes ou será porque no lles importan en absoluto os problemas que están a sufrir moitos cidadáns.

Por Marta Seoane.