xoves, 31 de outubro de 2013

Nova campaña de recollida de alimentos

Mañá presentaremos en rolda de presna a campaña CARRIÑO SOLIDARIO en colaboración co Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino.

Nesta campaña se levará a cabo a recollida de alimentos non perecedeiros e artigos de hixiene, tanto persoal coma caseira, en todos os partidos da Liga Feminina 2 que se disputen no Pavillón de Os Remedios.

Todo o que se recolla será logo repartido pola Plataforma entre as persoas afectadas por desafiuzamentos que acuden á mesma en busca de axuda.

Queremos agradecer ao Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino a súa dispoñibilidade e colaboración en todo momento ante a proposta que lle plantexamos, agardamos que a colaboración sexa satisfactoria para ambas partes e poidamos seguir traballando xuntas.



xoves, 10 de outubro de 2013

Auditoría dos cartos recadados pola plataforma

Vos deixamos un enlace ao video do compañeiro que fai as labores de tesoureiro, onde el mesmo fai un pequeno reconto dos cartos cos que conta a plataforma para diferentes actividades e difusión: http://www.ustream.tv/recorded/39431460

Tentaremos, na medida do posible, ir comentando en cada acta de xuntanza o reconto de cartos e gastos para ter a maior transparencia posible.


luns, 7 de outubro de 2013

Reciclado e recollida de alimentos


Dende fai unha semana estamos a falar con diferentes supermercados da cidade para que se animen a colaborar no recicle de alimentos para as afectadas.

Iremos incluindo os logos dos establecementos a medida que vaiamos confirmando as colaboracións.

Na actualidade están a colaborar dous establecementos da provincia, aportando excedentes de alimentos perecedeiros.

Así mesmo se están acordadno outro tipo de colaboración que iremos confirmando a medidas que estean concretadas e en funcionamento.