domingo, 26 de outubro de 2014


MARHAS DA DIGNIDADE.

O 29 DE NOVEMBRO ENCHEMOS O OBRADOIRO DE DIGNIDADE.

Bloga galego das marchas.
http://marchasdadignidade.blogspot.com/




CONCENTRACIÓN RECLAMANDO VIVENDA DE ALUGUER SOCIAL NA DELEGACIÓN DO IGVS, O 17 DE OUTUBRO DE 2014.


                                                                                             http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/10/18/paso-comer-echen/1114087.html
                                                                                                               http://praza.gal/movementos-sociais/8041/que-foi-das-500-vivendas-da-xunta-para-os-desafiuzados/

http://www.paxinasgalegas.es/igvs-instituto-galego-de-vivenda-e-solo-información-xeral-instituto-gallego-vivienda-y-suelo-205750em_212ay_2388ep.html


Rodrigo Rato ministro de economía no Goberno de José María Aznar mudou a lei do solo desregularizando uso do mesmo e permitindo a expecluación inmoviliaria prohibida de xeito explicito na constitución Española no artigo 47.

O dereito a vivena digna, recollido entre os dereitos fundamentais, vese vulnerado; mentras uns se enriquecen especulando con un ben básico outros faiselle imposible acceder aunha vivenda.

Dende o ano 98 que se reformou esta lei ata o ano 2008 duplicouse o prezo da vivenda.

Na actualidade estase a vender vivenda de protección oficial, construida con diñeiro público, dende a SAREB ( Banco Malo ) a fondos voitre a prezo de saldo pero impideselle a cidadanía acceder esa mesma vivenda o mesmo prezo.

No Estado Español hai 1,5 millóns de vivendas valeiras en Galiza 300.000 na Provincia de Ourense 22.000.

Unha muller veciña de Ourense vítima de malos tratos e con 3 fillos a cargo, demanda vivenda na delegación da Xunta do IGVS e non se lle concede alegando falla de recursos e engadese a unha lista de espera.

Mentras, os políticos diste país, os que deberían de ser un modelo e dar exemplo máis ala da idea a que din defender , esta claro que non é outra que o seu propio interés.

Rodrigo Rato ministro de economía con Aznar, Miguel Blesa amigo de Aznar e Presidente de Caixa Madrid usando tarxetas negras que lle permitian gastar o diñeiro dos aforradores das caixas sen darlles explicacións nin a eles nin o fisco.

Caso Gürtel , Trama dos eres en Andallucía, Operanción Pokemon, Operación Campeón Presidetes de deputacións escorrendose da xustiza; Fabra, Baltar.O 20% Parlamento Valenciano imputados en delitos, eso si delincuencia asesorada.Presidente da Xunta facendose fotos con un bo amigo seu, narco traficante, Marcial Dorado. Caso pujol con aparente e discreta anuencia dos cargos políticos de facenda e do PP e Psoe etc etc.

Sistema financeiro quebrado pola corrrupción político institucional rescate diste sistema financeiro cos recursos públicos.

Si hai recursos económicos para unha muller vítima de malos tratos, non pode dispor diles por que os expoliaron uns supostos ladróns para pagar luxos desmesmesurados ,moitos iran a igrexa a confesar para poder aliviar a conciencia e seguir a Roubar.

Persiguen as mulleres por decidiren en liberdade sobre o aborto e cando teñe fillos deixanas elas e os seus fillos abandonadas sen recursos e sen teito.

Si hai recursos económíco para garantir a vivenda social que ampara a cosntitución o que está pasando e que os espolian unha pandilla de corruptos, os mesmos que din defender esa mesma constitución.

COMUNICADO CONXUNTO DAS PAH-STOP GALEGAS PARA A ACCIÓN CONXUNTA CONVOCADA DIANTE DOS IGVS GALEGOS O 17-10-14.

Denunciamos a negativa do IGVS a desbloquear as 500 vivendas aprobadas para
familias e persoas vítimas de desafiuzamento.

Mañá, venres 17, ás 12:00hrs. acudiremos ás oficinas do Instituto Galego de
Vivenda e Solo para denunciar publicamente o abandono das súas
responsabilidades con respecto ás familias desafiuzadas na Galiza, así como
para solicitar información sobre as 500 vivendas das que, segundo as
medidas aprobadas pola Xunta, dispón para todo o País.

Ao mesmo tempo, compañeiras e compañeiros de STOP Desafiuzamentos
Compostela, STOP Desafiuzamentos Coruna , STOP Desafiuzamentos Lugo e STOP
Desafiuzamentos-Rede Apoio Mutuo de Ferrol Terra, acudirán ás sedes que o
IGVS ten en cada unha destas cidades, confluíndo así na primeira acción
reivindicativa sincronizada realizada por colectivos antidesafiuzamentos na
Galiza.

E non é de estrañar que sexa precisamente o Instituto Galego de Vivenda e
Solo o que teña a vergoñenta honra de que todas vaiamos protestar á súa
porta, xa que precisamente está a ser a Xunta de Galicia a institución
pública máis cinicamente inoperativa de todas cantas teñen competencias en
materia de vivenda no noso País, e o IGVS a súa ferramenta fundamental para
vulnerar os máis elementais dereitos humanos.

Maio de 2012: A Xunta de Galiza publicita un decreto “para paliar os
efectos da crise” sobre as familias desafiuzadas. A día de hoxe, non
sabemos de ningún caso no que se teña conseguido aplicar este decreto.

Decembro de 2012: o presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anuncia un
Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas, aprobado no
Consello de Goberno do día 5. Non se sabe de ningunha familia ou persoa á
que se lle teña concedido unha destas vivendas. Saíu publicado na prensa
que se concederon 33 adxudicacións, mais non se sabe nin como, nin cando,
nin a través de que procedemento.

Xaneiro de 2013: o daquela Director do IGVS, Antonio José Boné Pina,
comprométese con STOP Desafiuzamentos do Barbanza a que ningunha familia
vai quedar sen dereito a unha vivenda digna. Esta mesma mentira “vendeulla”
o IGVS tamén a STOP Desafiuzamentos Compostela apenas un mes máis tarde.

Adía de hoxe o IGVS non concedeu vivendas a ningunha das persoas que a
solicitaron apoiadas polos distintos colectivos antidesafiuzamentos galegos

Abril de 2013: Feijoo vende fastuosamente a sinatura dun convenio entre
Xunta, Concellos e Poder Xudicial, disque para “adoptar medidas de carácter

Pero a realidade e moi distinta e segue sen cumplirse co mandato constitucional recollido no artigo 47 da C.E entre os dereitos fundamentais.
En Ourense unha muller vítima de violencia machista, en tratamento antidepresivo, con 3 fillas o seu cargo , unha delas con unha minusvalía psíquica dun 38% non dispón dunha vivenda estable a prezo razoable e ten que andar a buscar vivenda cada vez que a súa realidade económica muda.

Mentras os gobernos de Mariano Rajoi e de Nuñez Feijoo so atopan cartos para entregarllos os bancos e reteñen  vivenda na SAREB ( Banco Malo ) para que non caia o prezo, vivenda que ben podía cumprir unha función social, logo de ser rescatados os bancos con dilñeiro público, e podelas vender en moitos casos a fondos voitres ou con ofertas como a que fai pouco facía ABANCA " merca unha vivenda e a segunda sairache a metade de prezo" " merca dúas e a terceira regalamoscha.

No conxunto do estao hai 1.500.000 vivendas valeiras. Na Galiza 300.000 e en Ourense 22.000.

Pero non hai vivenda para esta muller.

¡ están a incumplir a constitución que din defender !


Título I. De los derechos y deberes fundamentales

Capítulo tercero. De los principios rectores de la política social y económica

Artículo 47
    Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos.



XORNADAS 3 E 4 DE OUTUBRO

Stopdesafiuzamentos Ourense organiza unhas xornadas informativas e de convivencia os días 3 e 4 de outubro na Asociación a Carlasca no barrio da Carablleira.

VENRES 3 outubro.
-16:00 ás 18:00h.Talleres varios.
-18:00 a 20:00- Presentación da plataforma e posterior coloquio.

SABADO 4 outubro.
- Teremos actos toda a xornada.

-11:00- Mercadiño solidario.
-12:00 -Actuación cantautor.
-14:00- Comida autoxestionada ( compartirase o que aportemos cada un ).
-17:00-Charla, dous avogados, falarán sobre a situación legal.
-18:00-Experiencias de outras plataformas Vigo-Tuy-Vaixomiño e Coruña..

Contamos coa vosa participación.




sábado, 18 de outubro de 2014


23 DE SETEMBRO 2014


ENTREGA DE ESCRITOS O XUIZ DECANO.

Acción conxunta en todo o Estado.

En Ourense tamén entregamos escritos no Decanato.
Organizamos pola mañá, ourense é así, e entregamos somentes 3 dous en nome de familias afectadas e un representando a plataforma.
O día 27 de setembro fixemos outra entrega con convocatoria os medios:

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/10/07_04.htm

 http://www.radioourense.com/noticias/provincia/4045-stop-desafiuzamentos-reclama-que-se-ponga-en-manos-de-los-jueces-la-jurisprudencia-de-la-ue

 http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/10/07/stop-desfiuzamentos-pide-hoy-juez/1107245.html


A cidadanía organizada xa demostrou en múltipes ocasións que SI SE PODE. A día de hoxe continuamos paralizando desafiuzamentos, entregamos a nada desprezable cantidade de millón e medio de firmas, realizamos campañas de presión a políticos ou realizado manifestacións multitudinarias en todo o estado. A pesar disto o goberno promulgou en solitario a Lei 1/2013 que resultou ser outro parche na Lei hipotecaria.
O pasado xullo o Tribunal de Xustiza da UE volveu denunciar que a lei segue deixando en inferioridade de condicións o hipotecado fronte ao banco e obriga a España a que cambie a Lei de Axuizamento Civil. Este é un novo episodio bochornoso do goberno, xa que volve ser un novo parche na Lei hipotecaria, que non soluciona o problema de emerxencia habitacional que vivimos.
Sabemos que este novo prazo imposto polo goberno é un paripé, eles sábeno, pero para nós é unha proba máis de organización colectiva.Hoxe martes 23 volveremos mostrar toda a intelixencia e a forza de La PAH, entregamos de forma masiva 2 documentos redactados pola comisión xurídica.
Escritos entregados esta mañá o Xuiz Decano de Ourense:
Duas solicitudes individuais (de 2 familias afectadas ) ao Xuíz decano que facilite aos xuíces encargados da execucións hipotecarias, as sentenzas do TJUE relacionadas e a convocatoria dunha Xunta de Xuíces, no que inclúa como punto de Orde do día a tratar, a suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH.
Enlace ao escrito: http://bit.ly/1oV5upA
Unha solicitude a traves dun representante da platafroma aos Xulgados decanos para facilitar o labor jurisdicional do seu partido xudicial facilite aos xuíces encargados da execucións hipotecarias, as sentenzas do TJUE relacionadas e a convocatoria dunha Xunta de Xuíces, no que inclúa como punto de Orde do día a tratar, a suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH.