luns, 21 de marzo de 2016

¡ Grazas unha vez máis !
A todas as que acudísedes a apoiar esta muller, e compañeira, que está vivir a dobre violencia machista e do sistema. Grazas tamén as que sodes sensibles coa loita do colectivo stop-desafiuzamentos e nos vos puidestes acercar. Sabemos que estades aí e que si o precisamos podemos contar con vos. Estamos saturados de tanta concentración e de tanta protesta, pero esta loita ten que ser así, caso a caso, e hai momentos que nos vemos saturados.

Pouco a pouco seremos quen de facer visible o sufrimento de moitas persoas que por si solas non son quen de conseguilo e vense esmagadas pola burocracia do sistema, para darlles unha axuda que non chega nin a cubrir o máis básico, unha vivenda digna, alimento e auga, e retírallela o máis mínimo fallo, deixándoas sen piedade, a súa sorte, na rúa, mentres regala inxentes cantidades de diñeiro a banqueiros e políticos corruptos. Este sufrimento e consecuencia directa do espóleo que unha minoría exerce sobre os recursos públicos e conforma o que chamaremos violencia do sistema.

O escenario crítico non mudou e sigue sendo consecuencia dunha gran estafa da que aínda non hai responsábeis. A política, a ben feita, sempre chega tarde, xa se ocupa os que lles interesa de que sexa así. Polo tanto non queda outra que seguir loitando.

De momento esta compañeira >Vítima de violencia machista e con u fillo menor con dependencia de grao III< está o amparo do Colectivo Stop-Desafiuzamentos, concretamente a vivenda grazas a solidariedade de outra compañeira do colectivo. Mentres non recupere a RAI son ten de ingresos, cobra a día 10 de mes, 139€ e con isto dificilmente cobres a manutención básica de 2 persoas.

Seguiremos a espera de que as administracións, Concello de San Cibrao das Viñas e IGVS, neste caso as dúas tuteladas polo Partido Popular. Tomen algunha decisión urxente que de proporcione estabilidade vital ante a situación que vive.


¡ HAI QUE RESCATAR PERSOAS NON SO BANCOS !

¡ Grazas a todas sen o voso apoio non é posible !

Youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=d2pPk-cX5zA&feature=youtu.be&app=desktop





¡ UBUNTU !https://es.wikipedia.org/wiki/Ubuntu_%28filosof%C3%ADa%29

venres, 18 de marzo de 2016


¡ Chovendo !
¡ OUTRO DÍA MÁIS FOSTES SOLIDARIAS CON ESTA COMPAÑEIRA !
Grazas por non rendervos grazas por seguir a loitar, caso a caso, por seguir a formar parte de Stop-Desafiuzamentos todas xuntas conseguirémolo e de non conseguilo morreremos loitando. Bankia debe saber que non so e enfronta a unha muller pouco a pouco irá sendo causa de toda esta cidade.
Aínda non temos nada seguro EXCEPTO UNHA COUSA que non vamos a ceder. O que estamos pedindo ós responsables de Bankia é razoable, é de xustiza, máxime cando se trata dunha entidade financeira rescatada con 23.000 millóns € de diñeiro público dos nosos impostos. Negarlle a posibilidade de seguir pagando unha débeda de 7000€ e facerlle perder a casa non é razoable. É unha ataque a todos os que estamos a padecer a situación crítica que deixaron detrás da quebra financeira e que pagaremos co noso esforzo e con boa parte do futuro dos noso fillos en forma de impostos para pagar os intereses dunha débeda ilexítima.
Neste escenario ¡ RENDERSE NON É UNHA OPCIÓN !
Estade atentos, Bankia non ten consideración, para a semana é probable que teñamos que voltar.

¡ UBUNTU ! https://es.wikipedia.org/wiki/Ubuntu_%28filosof%C3%ADa%29





¡ u-las vivendas sociais ! ¡
¿logo da violencia machista ven a violencia institucional ?
Esta mañá logo de saír da concentración de Bankia e dado que temos unha compañeira VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO con un menor con un grao 3 de dependencia por autismo. Fomos, sorteando a LEI MORDAZA e coñecedores de que non temos a obriga de comunicar ningunha concentración que non supere as 20 persoas (2. A los efectos de la presente Lei, se entiende por reunión la concurrencia concertada y temporal de más de 20 personas, con finalidad determinada.)
Dirixímonos a o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) para lembrarlle que esta tarde esta muller vítima de violencia machista vaise a rúa. Neste momento non ten ningún ingreso. Ten suspendida a RAI po non ter selado no INEM no seu momento. A pasada semana de parte de Cruz Roxa que lle deu o noso tf contactounos, a principios desta semana presentamos dúas solicitudes, explicando a situación de María, por escrito, de vivenda social no Concello de San Cibrao das Viñas, onde está censada, e no IGVS. Estamos a venres e SEREMOS A XENTE DO COLECTIVO STOP-DESAFIUZAMENTOS quen ESTA NOITE BUSCAREMOS UN TEITO para a nosa compañeira María.Grazas tamén a unha pequena Rede de Apoio Mutuo onde hai representantes de varias organizacións políticas e activistas doutras loitas que nos axudan a facernos fortes. ¡ NON ESTAMOS SOLAS !
As primeiras palabras da Xefa de area do IGVS o entrar no seu despacho foron:
¡ Que te séa la última vez !...referíase a non pedir cita.
No consentín semellante humillación de discutimos e levantámonos os compañeiros que estamos, logo entraron outras dúas compañeiras para dicirnos que esta muller VÍTIMA DE VIOLENCIA MACHISTA non conseguirá, si a consegue, vivenda social ata dentro de mes e medio.
Sentinme humillado e penso que era parte da súa postura ELITISTA.
A delegada darase conta que so lle permita a morte dicirme...
¡ que che sexa a última vez !
Mentres esperáramos o Compañeiro Oscar fixo esta foto que me compartiu.
Comentamos os dous:
- ¡ Tan transparente que non se ven ! ...as vivendas

venres, 11 de marzo de 2016

¡ Moitas grazas a todas as persoas, formacións e colectivos que viñestes apoiar esta muller, compañeira enfrontada os abusos de Bankia , do sistema fInanceiro.
Bankia foi rescatada con 23.000 millóns de € de diñeiro público. Esta compañeira so tiña unha débeda de 8000€ e BANKIA neganlle  chegar a un acordo.

Confio en que terminen entrando en razón, e cheguemos a un acordo aceptable para as dúas partes, pero como non o fagan, como esta muller perda a casa FAREMOS CAUSA CONTRA BANKIA.

Non debemos permitilo, niguén nos vai a defender, si non nos defendemos nos, a política non chega a tempo ainda que haxa boas intencións. Ten que ser caso a caso loitando contra o inxusto e facendo visibles os invisibles, os niguén. 


A CONDICIÓN HUMANA está POR ENCIMA dos ACRTOS, ESTO DEBE QUEDAR CLARO EN CALQUER ESCENARIO, non van a regalar ren, haberá que LOITALO.

¡ Pedimosvos que vos mateñades atentos !. Na próxima sema pode que teñamos que axudar a 2 compañeiras que non alcanzan a pagar o seu aluguer. Unha e no Concello de Sancibrau das Viñas, está a punto de irse a rúa con un neno con autismo con grao III de dependencia.

Outro compañeiro recibiu unha providencia do xulgado, proceso de execución con ABANCA , probablmente sigan co despexo; temolo freado dende decembro.

¡ Precisaremos do voso apoio !

¡ Moitas grazas !

¡ VOS SODES STOP-DESAFIUZAMENTOS !

¡ UBUNTU !

https://es.wikipedia.org/wiki/Ubuntu_%28filosof%C3%ADa%29

Unha última cousa, porfavor, compartide esta paxina coas vosas amizades, convidadeos a seguila " dadelle a me gusta". Precisamos que medre o horizonte de impazto.











xoves, 10 de marzo de 2016

Engadir título
 Evento:
https://www.facebook.com/events/1687314271545157/

Evento:
https://www.facebook.com/events/1044866865577513/

O colectivo Stop-desafiuzamentos Ourense chama a cidadanía a participar nunha concentración de protesta que terá lugar o día 11 de marzo as 12.00' na sucursal de Bankia na rúa Juan XXIII, número 23.

Neste caso, Bankia négalle a unha muller a posibilidade de pagar unha débeda de 7000€. Stop-desafiuzamentos intentou en todo momento chegar a un acordo, e a afectada NUNCA SE NEGOU a pagar. Intenteouse negociar a débeda pero Bankia impediu a posibilidade de acordo.

Agora PODE PAGAR E NON se lle permite!!!
Unha vez máis a usura dos bancos interponse no benestar dos cidadáns.

¡ PODERÍASEMOS SER CALQUERA! ¿VÁMOLO PERMITIR ?
Pasan os anos pero o escenario non mudou seguimos nunha situación crítica consecuencia dunha estafa inmobiliaria masiva baseada nun sistema corrupto dende a súa base.


NON ENTREMOS EN SOCK, NON NOS RINDANOS, CLAMAMOS A SOLIDARIEDADE DOS VECIÑOS DE OURENSE.

Estase a rescatar os bancos máis os bancos e as institucións públicas non axudan nin comprenden a realidade da poboación.




A finais de 2014 contactounos unha familia afectada por un posible desafiuzamento, por impago de cota hipotecaria pola cantidade de 7000€, coa entidade financeira Bankia. En xaneiro do ano 2015 presentouse un escrito acolléndose a negociación no marco do Real Decreto ley 6/2012. No mes de maio de 2015 a entidade financeira Bankia acepta a solicitude e fai unha proposta que esta familia considera razoable. No mes de setembro de 2015 o mediador hipotecario da oficina que levara o caso en Ourense é desprazano a Oviedo.

Asignase unha nova mediadora en Vigo, coas dificultades que isto ten para esta familia, pero ademais esta nova mediadora de Bankia, nunha aptitude carente de empatía, negase a aceptar as condicións anteriormente propostas pola entidade, por escrito, pretendendo que esta familia pague unha cota que neste intre resulta inasumible para a mesma.

A actitude desta entidade financeira intervinda con 22.000 millóns de € de diñeiro público , de fato nacionalizada, por tanto pertencente a cidadanía. Non lle permite a unha familia facer os pagos a medidas das súas posibilidades.

Non vamos a consentir este abuso terémolos que facer comprender que hai que actuar con sentido de responsabilidade e axudar a quen che axudou.

O goberno saínte ante estas situacións sigue repetindo o mesmo mantra, que a economía vai ben , para tentar, a desesperada, que o seu discurso cale e seguir a defender os interese destas elites corruptas que disfrutaron, tempo demáis , dos beneficios das TARXETAS BLACK, capaces de cambiar postos de traballo por sexo.
https://ninundiamais.wordpress.com/

Nada menos que Rodrigo Rato un ex-ministro de economía, que debería ter sido un exemplo, estaba “presuntamente” defraudando o seu pais en beneficio propio. Esta é a magnitude do abuso a esta familia, fronte a dilixencia con ex D.r de Bankia, Rodrigo Rato.