luns, 30 de setembro de 2013

Xuntanza plataformas galegas STOP-PAH o Sábado 28/09

O pasado Sábado 28 de Setembro achegáronse a Compostela dúas persoas colaboradoras da plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense, para asistir a unha xuntanza de todas as plataformas galegas de STOP-PAH, para a posta en común do traballao realizado e o analise dun futuro inmediato.

A continuación os deixamos a acta de dita reunión, remitida polas compañeiras de Ferrol:

 
A finais do mes de Xullo, tiña lugar en Vigo, unha xuntanza de coordinación das PAHs e Stops galegas, co obxectivo da posta en común das loitas locais contra os lanzamentos e despexos das vivendas habituais; compartir información e coñecementos; coordinar as mobilizacións; e entre outras cousas, desenvolver relacións solidarias e de apoio mutuo. Un dos temas tratados foi a promoción dunha ILP Galega para a súa tramitación e aprobación polo Parlamento de Galicia.

As razóns nas que se fundamentaba a elaboración da proposición de Lei, en forma de iniciativa lexislativa popular -ILP, serían, en primeiro lugar, a de contribuír a garantir en Galiza o dereito a dunha vivenda digna e adecuada; en segundo lugar, a de fomentar a accesibilidade universal a unha vivenda e implantar as medidas que permitan encher de contido ese dereito, e en terceiro e último lugar, ademais da paralización de todos os desafiuzamentos e lanzamentos de vivenda habitual, a proposición Lei pretendería abordar diversos aspectos do seu réxime legal, e tamén medidas para favorecer a aplicación efectiva da dación en pagamento e o impulso dunha Lei galega de Vivenda que favoreza o uso das vivendas baleiras e deshabitadas.

Ademais pensa-se que os poderes públicos galegos deberían subordinar calquera actuación en materia de vivenda aos seguintes criterios:
  • Permitir o goce pola cidadanía galega dunha vivenda digna, adecuada e accesible.
  • Facilitar unha oferta de vivenda adecuada ás necesidades reais da poboación galega.
  • Mellorar a calidade das vivendas e da súa contorna.
  • Alcanzar unha oferta de vivendas habitables, suficiente desde o punto de vista cuantitativo, territorial e tipoloxicamente equilibrado e que preste especial atención aos colectivos en situación ou risco de exclusión social.
  • Favorecer a conservación, rehabilitación, reforma ou renovación do parque inmobiliario residencial existente.
  • Mellorar a integración da edificación no medio natural.
O compañeiro Oscar Lómbao, de Vigo, foi o relator da proposta de ILP e do proxecto de modelo de Lei Galega da Vivenda. Documentos que no seu momento difundimos entre as compañeiras e compañeiros, para que a leran, e no seu caso estudaran e fixeran propostas de modificación ou contribucións aos mesmos.

Posteriormente fomos convocados desde a PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño, a unha reunión de traballo que tivo lugar o pasado Sábado, 28 de Setembro, en Compostela ás 11:30h, no inicio da rolda de contactos coas diferentes organizacións políticas, sindicais e sociais para recoller apoios e opinións de cara a presentación da ILP Galega, nesta reunión que mantivemos entre represetantes das diferentes PAHs e STOPs da Galiza, con membros de ANOVA, Manu Santos, Xiana López e Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas -AGE, no Parlamento Galego, lugar onde tivo lugar a xuntanza de traballo, esta reunión foi a porta pechada e sen publicitación, nin medios de comunicación. Foi unha toma de contacto que se repetirá con outras organizacións, como antes comentábamos.

A reunión celebrou-se como estaba previsto, na que participaron, ademais, das persoas de ANOVA que antes mencionamos, compañeiros e compañeiras de diferentes plataformas: Hector Tejón de Stop-Desafiuzamentos d'A Coruña; Carlota Pérez, Oscar Lombao e Fran Riveiro, da PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño; Gonzalo da PAH de Pontevedra; Catarina da PAH do Morrazo; Mariano Ibáñez de Stop-Desafiuzamentos d'O Salnés; Dani Conde e Roberto Pereira de Stop-Desafiuzamentos, Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda e Plataforma pola Banca Pública; e por último estivemos Luís Matalobos e Inácio Martinez pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Desculparon a súa non asistencia as compañeiras e compañeiros de Stops-Desafiuzamentos da Barbanza e de Lugo. As compañeiras e compañeiras de Stop-Desafiuzamentos de Compostela decidiron non participar neste grupo de traballo.

Ao noso entender a xuntanza foi moi frutífera, non só pola importancia de coñecer-nos e saber do traballo que se realiza nas diferentes localidades. Senón pola propia explicación que cada persoa deu sobre a importancia da ILP e unha Lei Galega da Vivenda que poña por encima a función social da vivenda sobre a propiedade da mesma. Todas as persoas presentes participaron no debate e desenvolveron a proposta. Expuxo-se-lles á representación política os nosos obxectivos que xa mencionamos con antelación. Conscientes todo o mundo de que na Galiza goberna o Partido Popular -PP, na Xunta de Galicia e que no Parlamento Galego, teñen maioría absoluta. Cousa que non sucede no Parlamento Andaluz, onde acaban de aprobar, o pasado mércores, 25 de Setembro, unha Lei sobre a función social da vivenda en Andalucía coas achegas das PAHs, que contempla a expropiación da cesión de uso de vivenda en casos de desafiuzamentos. Xosé Manuel Beiras, propuxo-nos, unha estratexia que implicaba unha acción ofensiva desde diferentes puntos de intervención e un apoio ás nosas demandas e proposicións. Comprometeu-se ao apoio e ao estudo da ILP e do borrador de Modelo de Lei Galega da Vivenda proposto. Falou, Beiras, de solicitar na iniciativa que o Parlamento Galego asuma a petición da modificación lexislativa da normativa española. Rematada a xuntanza, entre diferentes plataformas intercambia-mo-nos información e contactos. Quedando de ver-nos noutra xuntanza de coordinación que se celebrará proximamente.

venres, 27 de setembro de 2013

Reunión da Comisión Técnica - 24/09/2013


O pasado martes 24 Stop Desafiuzametos Ourense acudía a 1ª comisión técnica sobre desafiuzamentos.Esta comisión acordouse creala dentro do pacto cívico do Conello de Ourense, que redactou una moción que sería aprobada por unanimidade das forzas políticas con representación no concello.Esta moción constaba de 15 puntos; no punto 4 figuraba a cración desta comisión. 

A composición da mesma estaba acordada por toda-las forzas políticas como xa dixemos e debe estar composta por os seguintes representantes:
-1º Un técnico municipal dos servizos sociais.
-2º Un psicólogo.
-3º Un educador social.
-4º Un traballador social.
-5º Un avogado.
-6º Un representante do concello.
-7º Un representante da Xunta de Galicia en Ourense.
-8º Un representante de Stop desafiuzamentos Ourense.
-9º Un Afectado por desafiuzamento.

MOCIÓN: 7/07/13

Logo de celebrase a xuntanza da Comisión Técnica de Desafiuzamentos do Concello de Ourense a valoración da mesma dende stopdesafiuzamentos e a seguinte:

Primerio queremos destacar ausencia do representate da Xunta de Galicia,cousa que a Stop -Desafiuzamentos non sorprende tendo en conta, o escaso, por non decir nulo, interese na política de vivenda social da Xunta.

Decir que na última ocasión que se foi a demandar un vivenda en rexime de aluguiero social para un afectado por un desafiuzamento, na delegación territorial da xunta en Ourense,non existía ningunha. 
Tamén estaba ausente o representes do colexio de avogados.No caso desta ausencia desculpamos a mesma, nesta ocasión, tendo en conta a colaboración en asesoramento legal que veñen prestando os afectados, no marco do convenio asinado co Concello.

O resto dos membros estiveron presentes.

Repasaronse un a un os puntos do acordado na moción conxunta e a valoración do cumplimento e moderadamente aceptable tendo en conta que é a 1º xuntanza e que comeza a rodar esta comisión.Cumpliuse co acordo de publicidade dun Número de tf 988 39 29 09 con atención en horario de 9 a 14h, no concello, para a asisencia de afectados; asi como a correspondente publicidade.Pedironse as facturras do gastado nesta públicidade.

Dende stopdesafiuzametos exixese a profundización no cumprimetno dos restantes puntos e que se marque como obxectivo desta comisión unha verdadeira fiscalización da política de vivenda, das diferentes administracións implicadas na mesma; de cara a que a cidadanía teña coñecemento do destiño dos seus impostos.

Destacar o interese que temos dende Stopdesafiuzamentos no feito que se indentifiquen as vivendas incluidas na SAREB (http://www.sareb.es/) ou banco malo para forzar a que se destiñen a vivenda social, xa que foron sacadas do apalancamento de entidades financeiras con diñeiro dos nosos impostos.


domingo, 22 de setembro de 2013

Acta asemblea Sábado 21-09-2013


Recórdase que é o Día da Paz.

Asemblea na que asisten afectados, colaboradores e organizadores do grupo SDO.

1º Suspéndese a Manifestación-Concentración prevista para o Xoves 26-09-2013 por mor de falta de tempo para organizalo mínimamente.

2º Recórdase a xuntanza do Pacto Cívico para este martes 24 de setembro as 19:00h da tarde no Centro Cívico de Rúa Colón.
Convoca a Concelleira de Asuntos Sociais (A Secretaría máis ben). Asistirán afectados, portavoces de grupos políticos do Concello e falarase de casos actuais, se chamaron máis casos. 

Stop Desafiuzamentos Ourense presentará novamente ós casos que xa levan máis de un ano, remarcando o total deixe de funcións por parte da administración municipal actual e para interesarse sobre o prometido polo Concello de Ourense. Case todos os casos dos que se ten constancia están agora mesmo en mans da xustiza, a nivel particular.

Quedan en ir Diego, Roberto e Óscar. Se alguén máis pode ir, é benvido.

Hai que enterarse do falado na anterior xuntanza, sobre unha comisión técnica municipal para levar os casos xa sabidos e os futuros. 

A moción pódese encontrar neste enlace:


3º ILP Galega "Modelo de Lei Galega de Vivenda". 
Colgada no Facebook de Asemblea Aberta Ou:



O día 28 de setembro, reunión das agrupación de Stop Desafiuzamentos a nivel galego en Vigo para falar sobre este tema.

4º Recollida de alimentos. Coméntase que se recolle pero o problema é logo a quen repartirllo. Coméntase de crear un grupo para recoller de forma seria, e axudar a quen poidamos. 
Mandarase un email a GADISA para a proposta de recoller alimentos nos seus supermercados. 

O sábado 28 de setembro farase unha ronda preguntando nos supermercados se se pode facer recollida de alimentos nos mesmos. Oscar falará con Martinho para facerse cargo das cartaces xa feitas. Súbese o resumo de casos de afectados a Google Drive da dirección do grupo Stop Desafiuzamentos. 

Roberto pasará o escrito a Marisela cun resumo do feito ata o dagora polo grupo de Stop Desafiuzamentos Ourense, e subilo ó blogue: http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/ (creado para esta plataforma), actualizando así a información xa dispoñible.