martes, 30 de xuño de 2015

Durante o mes de xuño asistimos o xuízo dos exdirectivos das, moi a pesar noso e da cidadanía galega, ex-caixas galegas Caixa Galicia e Caixa Nova. A Plataforma Pola Banca Pública fai un chamamento a sociedade galega para que reflexione sobre o engano o que están sendo sometidas.
No ano 2012 coincidindo con un momento de gran mobilización social iniciado o 15 de maio de 2010 esta plataforma comeza una campaña de recollida de sinaturas en apoio a dous escritos de denuncia dirixidos a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e outro a Fiscalía Anticorrupción. Esta recollida de sinaturas levouse a cabo nas 7 cidades galegas.En paralelo e das mobilizacións organizadas pola pbp naceron as plataformas de afectados polas preferentes, en cuxa creación participamos e coas que mantivemos una estreita relación, aínda que non souberon comprender a idea de xustiza que nos promovíamos, tratando de ir máis alá do resarcimento individual e buscando un plantexamento épico da xustiza ante a desfeita do sistema financeiro galego.
Finalmente fixemos 3 entregas, na Fiscalía de Ourense, sumando 4000 sinaturas de apoio estas denuncias.
Os escritos presentados emprazaban a fiscalía a iniciar unha investigación dos posibles delitos contra a orde socioeconómica cometidos polos consellos de administración das extintas caixas de aforro. Concretamente apoiabámonos no artigo 295 do código penal que tipifica a administración desleal.
Tendo clara a PBP a estrutura xerárquica da fiscalía, dependente do goberno, e a altísima posibilidade, como está acontecendo, que non se afondara na investigación, establecemos contacto co avogado da Coruña Pablo Arangüena que se personara como acusador particular. Esta acusación particular permitíanos presentar proba e chamar xente a declarar. Acadando diste xeito afondar no acontecido e obtendo por vía xudicial a auditoría que o partido popular e o seu presidente, na Xunta de Galicia, rechazaran pola vía política. A renuncia diste abrogado a seguir coa acusación particular e a falla de interese dos diferentes sectores organizados da sociedade galega da como resultado a actual situación.
Temos que ver a unha parte dos consellos de administración sentados ante o xuíz por unhas xubilacións, que non sendo lexítimas non son máis que a punta do iceberg, o pago o traballo de entregar o sistema de aforro público galego a mans privadas. Fixémonos no detalle que José Luis Méndez non está imputado, sendo Director Xeral de Caixa Galicia, a Caixa con maiores dificultade económicas. Precisamente a farsa consiste en non xulgalos polo grave dano causado a economía e o interese xeral ofrecéndonos un xuízo que pretende facernos ver que se fai xustiza.

O presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijoo, con todo o seu despregue mediático, ofreceunos como un éxito, que si o foi para interese privados, o que en realidade era un fracaso para a sociedade galega.
Dende a PBP consideramos que a quebra das Caixas de aforro non foi produto da casualidade si non que resposta a un a un plan. Así o xefe da Patronal Bancaria, nos anos 90 do século pasado, decía que o 50% do aforro das cidadás do estado atopábase nas caixas e que ese mercado era o futuro negocio da banca privada. Desta idea e pode que por encargo, durante o goberno de José María Aznar promovese a reforma da lei de caixas que lle permite ampliar o territorio de negocio e os riscos, entrando cargos políticos nos consellos de administración levándoas a inversión inasumibles, baixo o principio “ deteriora e logo privatiza “-
As caixas nacidas dos montes de piedade, fai case 200 anos, para loitar contra a usura bancaria actuaban como un sistema público de aforro onde parte das ganancias revertían na sociedade e polo tanto nos propios impositores en forma de obra social e desenrolando tecido produtivo e industrial local, que doutro xeito sería difícil de criar. Este sistema de finanzas supoñía unha forte competencia para a banca privada, inasumíbel para os seus intereses expansivos.
No ano 2010 a suma das dúas caixas de aforro representaba o 5º poder financeiro do Estado con activos valorados en 75.000 millóns €.
Logo das excesivas inversións inmobiliarias as caixas entran en quebra, logo deo B.E esixirlles uns provisionamentos a elevadisimos. A máis exposta era Caixa Galicia , resulta curioso que José Luis Méndez non teña que respostar de ren ante a xustiza sendo o Director Xeral de Caixa Galicia.
A decisión política de fusionar as caixas , que o contrario do que nos fixeran crer si eran economicamente viables, foi tomada co intención de facilitar a venda a banca privada, como evidencia unha serie de acontecementos que a maneira de ver da PBP son auténticos despropósitos:
1º - A comisión de investigación parlamentar faise tarde e non persegue determinar responsabilidades políticas e que o goberno da Xunta fora parte activa na denuncia os responsables da suposta quebra.
2º - A auditoría das Caixas , que na PBP consideramos fundamental para saber que aconteceu e determinar responsabilidades. Encargase a auditoras privadas e non se da a coñecer os impositores e o resto da sociedade o resultado da mesma. O razoable tería sido facer unha auditoría pública a que tivera acceso a cidadanía, unha auditoría cidadá.
3º - Dixeran que as Caixas non eran viables e xa están dando beneficios. No ano 2013 deron 400 millóns de € antes de impostos no 2014 os beneficios ascenderon a 1200 millóns de € antes de impostos, logo de inxectarlle 9000 millóns de € para darlle liquidez púxose a venda inmediatamente cando o Memorando Europeo daba 5 anos de prazo. Isto evidencia a viabilidade das Caixas e a intencionalidade de privatizalas, nin xiquera recuperaremos o diñeiro público invertido. O que se buscaba era a privatización había que facelo pronto.
4º - Banesco a entidade Venezuelana que se fai con Nova Caixa Galicia ten a metade de tamaño que a suma das dúas caixas, isto resulta curioso cando menos. Escotet merca a Caixa por 1000 millóns de € dos que solo deposita 400 o resto pagarao en 3 entregas que aportará dos beneficios.
5º - Non se investiga a responsabilidade dos consellos de administración na vendade títulos preferentes e débeda subordinada habendo informes dos funcionarios do Banco de España contrarios a venda masiva distes produtos.
6º - Tendo en conta que Caixa Galicia era a entidade máis exposta a inversión inmobiliaria e polo tanto a máis deteriorada. O seu Director Xeral José Luis Méndez queda fora de toda investigación, demostrando este feito que non hai intención de atribuír responsabilidades pola quebra das mesmas.
7º - Non se determina a responsabilidade do regulador o Banco de España. Os gobernadores do B.E en especial Jaime Caruana La Corte nomeado polo ex-presidente José María Aznar , permiten a excesiva crédito a inversión inmobiliaria e non asume ningunha responsabilidade logo de causar un grave dano a economía e o interés xeral.
A PBP considera que perseguir ós directivos das Caixas, somente polas xubilacións , excesivas sen dúbida e que presuntamente, o noso xeito de ver, foron o pago a creación do escenario económico para poder privatizalas, é unha cortina de fumo para enganar a sociedade, facéndolle crer que a xustiza funciona, cando en realidade deberían perseguirse pola quebra do sistema financeiro e polo grave dano causado a economía. Isto é outra falta de respeto a sociedade.
Para a PBP o correcto debería ser encargar unha comisión de investigación parlamentar que profundara nas diferentes responsabilidades e perseguir xudicialmente os responsables. Non privatizar a Caixa que era viable logo de saneala e mantela con un sistema de aforro público eliminando todos os postos e cargos políticos dos consellos e creando sistemas de control cidadá que impediran que esta situación voltase a repetirse.
Neste momento o aforro de todas as galegas está controlado e responde a intereses privados. Dende a PBP consideramos isto un erro que deteriorará máis a economía galega e eliminará opcións de crédito.
Tamén botamos en falla un compromiso verdadeiro, da sociedade galega organizada, no clarexamento da quebra e privatización do sistema financeiro autóctono.
Queremos que se lembre que estando como presidente da Xunta de Galicia Nuñez Feijoo as galegas quedamos sen o control do sistema de aforro que perdurou case 200 anos.
A Plataforma Pola Banca pública ten como obxectivo recuperación dun sistema de aforro público baseado na ética das finanzas, pondo a economía o servizo das persoas.
Neste momento queremos que quede constancia que non toda a sociedade galega está de acordo co que o presidente da Xunta de Galicia pretende vender coma un éxito e que nos consideramos unha estafa
¡¡ ¿ SENTIR COMÚN ? !!
- Sabías Que...
.No ano 2010 as Caixas de Aforro Galegas tiñan activos valorados en 75.000 millóns de € e parte do beneficio que xeraban destinábase a obra social e dende a súa privatización pasa a mans privadas.
.Privatizalas forma parte dunha gran estafa comezada nos anos 90 coa reforma da lei de caixas, supostamente por encargo da patronal bancaria, os políticos neoliberais para facerse co aforro depositado nelas.
.Antes de vendelas o presidente da Xunta de Galicia podendo encargar auditorías públicas o fixo a auditoras privadas, que traballan de parte, e non permitiu os impositores e a sociedade galega que coñecera a verdade do acontecido.
.Privatizaronas alegando que non eran rendibles e este ano deron 1.200 millóns de € de beneficio.
.O presidente da Xunta de Galicia pasará a historia como que no seu mandato o sistema financeiro galego pasou a mans privadas na súa totalidade.
.Entregamos 9.000 millóns de € de diñeiro público para sanealas e que foron regaladas a unha entidade, coa metade do tamaño, por 1.000 millóns de € e do que as 3/4 partes se pagará dos beneficios que xenera. Tendo un custo de 8.000 millóns que se regalarán a unha entidade privada Venezuelana “Banesco”.
.O memodorandum de rescate europeo concedía 5 anos para recuperar esa inversión e o Presidente Feijoo deu o beneplácito a venda no 1º ano.
.Os Consellos de administración (Gayoso, Gorriarán,Pego,Paredes...etc) están enxuizados, por denuncia da Plataforma Pola Banca Pública a Fiscalía Anticorrupción e a Fiscalía superior de Galicia no ano 2012, apoiada con 4.000sinaturas, e que a Fiscalía solo os investiga polas xubilacións pero non por tódolos “delitos socioeconómicos” que causaron un grave dano a economía e o interés xeral.
.José Luís Méndez é o único alto executivo que non está investigado cando Caixa Galicia, entidade que presidía auto-concedeulle, pouco antes de quebrar, un crédito de 10,5 millóns de € a unha firma participada por Promocións Urbanísticas Integral da que era socio fundador e da que sigue como conselleiro o seu fillo Enrique Méndez Pascual. Ise crédito non se voltou e pasou o FROB.
.ABANCA nacida dunha intervención con unha elevadísima cantidade de diñeiro público mantén unha posición USUREIRA a hora de negociar os créditos con familias quebradas.
.De ti depende seguir confiando nunha entidade que naceu dun xeito ilexítimo e ten este comportamento cos verdadeiros donos da mesma @s cidadás galeg@s que as fixemos nacer como montes de piedade para loitar contra a usura fai casi 2 séculos.
¡ Róubanche o que é teu urxe que o defendas !


 XORNADA DE MOBILIZACIÓNS.
Facemos un chamamento a toda a sociedade Ourensá a sair a rúa a denunciar a entrada en vigor da LEI REPRESORA, LEI MORDAZA, " LEI DE SEGURIDADE CIUDADANA ".
¡ QUE  O NOSO SILENCIO NON NOS FAGA COMPLICES !
12:00h DA MAÑÁ:
(procurade chegar un pouco antes).
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.


20:30h DA TARDE:
Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguimos rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematamos na Praza Maior.


Ás 00:00 horas do próximo mércores 1 de xullo de 2015 entrarán en vigor a Reforma do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá, popularmente coñecida como Lei Mordaza, leis que sancionan, prohiben e criminalizan prácticas tan normalizadas como parar un desafiuzamento ou asistir a unha persoa sen papeis. Leis que castigan a pobreza, a solidariedade e a protesta.


Fano en nome da seguridade cidadá, pero son a resposta dos que senten calquera iniciativa social como unha ameaza aos seus privilexios. Emanan da súa incapacidade para vivir con alegría o espertar da xente, a toma de rúas, a defensa de dereitos laborais ou o uso de prazas como espazo de reflexión colectiva. Non entran en vigor para garantir a seguridade cidadá senón para converter en lei o seu temor, o medo que os esperta o desexo de democracia. Por iso deféndense atacando.


Nos últimos meses, a súa aprobación espertou a preocupación e o rexeitamento dunha ampla maioría social, o que supuxo que organismos nacionais e internacionais como as Nacións Unidas ou o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa as critiquen duramente. O último foi o Tribunal Constitucional, que admitiu a trámite un recurso de inconstitucionalidade.


Non obstante somos as persoas que defendemos diariamente o dereito á vivenda, as que cremos no dereito á información libre, as que tomamos a rúa reclamando educación pública e sanidade universal, as que non temos papeis, as que sufrimos as consecuencias dun emprego precario ou os que simplemente vemos no desexo de democracia e a organización espontánea da xente un motivo de celebración, as que temos o verdadeiro poder de cambiar as cousas. Por iso, unha vez esgotadas todas as vías posibles, só nos queda unha alternativa: a de
NON CONSENTIR , A DE NON REFRENDAR AS SÚAS LEIS CO NOSO SILENCIO.

Así, a falta de poucos días para a súa entrada en vigor, nos posicionamos desobedecendo activamente a estas leis inxustas e animámoste a sumarte, a difundir entre os teus círculos e redes, a mostrar o teu rexeitamento e a manifestar sen temor que estas leis tamén che afectan.

¡ Contigo é posible !.


Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22:
As caixas de aforros naceron dos montes de piedade para loitar contra a usura bancaria, fai case 2 séculos. A actitude de ABANCA con familias que teñen problemas para pagar os seus créditos semella outra vez a usura. Non podemos consentir que se trate deste xeito as familias que o longo da historia foron quen, coa súa confianza, crearon e fixeron medrar o que sería o sistema financeiro galego, recentemente privatizado dun xeito absolutamente indecente.

Debemos lembrar que esta entidade que no ano 2010 tiña activos valorados en 75.000 millóns € e considerábase o 5º poder económico do estado foi regalada 1000 € logo de inxectarlle 9.000 millóns € de diñeiro público, sen facer unha auditoría pública que explicara a cidadanía por que non era rendible cando este ano 15 deu 1.200 millón € de beneficio.

É indecente esta actitude, con familias en situacións económicas moi difíciles, por parte dunha entidade que nos foi roubada e a que tivemos que acudir, a un suposto rescate, con inxentes cantidade de diñeiro público.

Eles fan negocios con boa parte da cidanía galega, con moitas familias galegas que aínda non lle retiraron a súa confianza. Con esta concentración queremos lembrarlle que nos e as nosas familias, teñamos ou non débedas con ABANCA, somos os que decidiremos si confiamos ou non nesta nova entidade de crédito.

martes, 23 de xuño de 2015

NOTA IMPRENSA:

Ourense a 16 de xuño de 2015.

¡As familias tamén precisan que as avalen!
O colectivo Stop-Desafiuzamentos felicita a aficción do COB (Ourense Club Baloncesto) polo seu ascenso á liga ACB, compartimos esa alegría deportiva.
Dito esto convidamos á cidadanía de Ourense e @s siareir@s do COB a reflexionar con nós.

Unha de cada cinco ourensás, o 22,2% vive por debaixo do limiar da pobreza, máis alarmante no caso de menores de 16 anos, xa que unha de cada tres vive en situación de pobreza extrema. Todos os estudos demostran que cantos máis recursos se destinen aos nenos máis oportunidades teñen e máis igualdade hai na sociedade.
Que o Concello de Ourense, gobernado polo PP en minoría, avale a unha Sociedade Anónima Deportiva con tanta celeridade amosa o interese que teñen Jesús Vazquez e Xose Manuel Baltar , no Concello e na Diputación respectivamente, polas familias máis desfavorecidas da cidade. A primeira medida do novo goberno non é social senón deportiva, e para avalar un clube por millóns de euros.
A clase política da nosa cidade terá que escoller e xustificar ante tod@s @s cidadáns cal é o futuro que quere que teñan @s nen@s e as familias na nosa cidade e provincia.
Pode ser que os propietarios do COB teñan algunha relación co partido popular para ter tanta presa en avalar o COB con diñeiro público.
Gustaríanos ver a mesma premura en:
- Garantir a alimentación e a vida digna de todas as crianzas.
- Declarar o Concello de Ourense libre de desafiuzamentos.
- Avalar con micro-créditos a familias que, podendo pagar, poden perder a súa vivenda pola asfixia da usura bancaria.
- Que as axudas de emerxencia non demoren 3 meses a mulleres vítimas de violencia machista.
-En crear unha bolsa de vivenda social axeitada, nunha cidade con 15.000 vivendas baleiras e avalarar a familias en momentos difíciles como xa lle temos pedidos ás institucións.
- Garantir os suministros básicos de familias ao límite da exclusión social.
- Dotar aos servizos sociais das estructuras e medios necesarios para facer ben o seu traballo.
Nós pensamos que os políticos defínense polo xeito de gobernar e queda claro cales son os seus intetereses na primira medida que se toma dende o novo goberno do Concello de Ourense.
Meracadiño solidario do día 13 de Xuño.

Agradecemoslle a AA.VV Os Montes (rúa Pena Trevinca,  Estación de S.Francisco) que nos prestara o seu local para organizar iste mercado.



domingo, 7 de xuño de 2015

 ¡¡ DERRUBO DUNHA CASA EN REZA !! 


 

Día 8 de xuño a familia está a espera dalgunha comunicación oficial, como se acordara o día 4 de xuño.Non hai dispositivo policial, presentase un bomnbeiro, pero non se acerca a comitiva xudicial. Cremos que tentan desmovilizar a cidadanía. De momento resisitmos e a casa de Migule e Rosa sigue es en pe.



 

 Día 4 de xuño primeiro intento de derrubo; Situación en Reza:

¡ ESTADO DE SITIO !
Os camiños a casa os montes colindandes todo rodeado de policía impedindo a solidaridade veciñal.
Temos que chegar agochados...

Logo de comprobar, o avogado da familia, que pretendian efectuar o derrubo sin cumplir a normas pertinentes, non hai xefe de obra, non hai seguro de demolición non hai plán de derrubo.
Lembramos que varios constructores se negaron a tirar a casa desta familia, tamén renunciou o arquitecto inicial. Finalmente apareceu algun contrutor dispotos un " voluntario".
Acordase aplazar o derrubo ata o día 8 de xuño.



 



O fillo de Rosa e Miguel, deseperado ante a situación, logo de 25 anos de loita, que está a vivir a súa familia subese o teito da casa  clamando xusitza.
https://www.youtube.com/watch?v=igjaw5tiaUU












Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/1453024425008216/


Seguimento nos medios:
http://www.laregion.es/articulo/ourense/stop-desahucios-critica-derribo-casa-ourense/20150603203433547663.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/05/24/dignidad-frente-cacicada/1246054.html

 http://www.laregion.es/articulo/ourense/casi-60-arquitectos-derribo-casa-reza/20150603085316547488.html

http://www.laregion.es/articulo/ourense/convertiran-casa-reza-museo-evitar-derribo/20150601073107547041.html

http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2015/06/05/0031_4276055354001.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2015/06/04/director-obra-derribo-casa-reza-renuncia-ejecutar-proyecto/00031433401782812250773.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2015/06/06/nueva-moratoria-derribo-casa-reza/00031433584619744669575.htm





O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense Solidarizase coa familia que vai a ser despexada este xoves día 4 de xuño ás 9 da mañá, para posterior derribo da súa vivenda.
Non é de recibo e parécenos imprudente que se ordene o derribo desta vivenda cando as administracións son incapaces de ofrecer un marco xurídico estable, máis nun caso no que hai indicios razoables de prevaricación.
Non é lóxico causar tanto dano a unha familia, que poder ver como tiran a súa vivenda, para que a continuación se declare esta zona urbanizable, no próximo PXOM.

Esta Casa foi construida nunha finca familiar situada a carón da casa dos seus abós, están arraigados nesa terra e non se merecian esto. Si houbera xustiza e non estivera sometida os usos e abusos caciquís, tan coñecidos en Ourense, esta dramática situación non se tería dado... ¡ Estamos fartos !.
Polo momento quedou suspendido ata o lúns, co apoio dás compañeiras que se acercaron a amosar o seu apoio esta familia, ante unha situación tan dramática.
Confiemos que a cordura entre nas conciencias das persoas e frenen esta loucura.

Non se comprende tanta enquina en conseguir o derrubo desta vivenda de non ser por que Miguel foi un activista contra a depuradora de Reza que finalmente foi declarada ilegal, iso si non se ordeou o a seu derrubo. Hai que lembrar que o veciño denunciante, que foi nas listas do partido popular en algunha ocasión, non lle foi suficiente que se declarar a obra fora de ordenamento, foi ata as últimas consecuencias e pediu o derrubo urxente.

O derrubo coincide co cambio de goberno municipal e en vésperas de aprobar un novo PXOM que xa está practicamente rematado que declararía esta zona " rural urabanizable" quedando legalizada a casa.

O conflito comezou no ano 91 cando Rosa e Miguel solicitan autorización para construír en chan rústico, e concedéselle, pasados dous meses Antonio o veciño denunciante solicita construir vivenda na finca colindante con Miguel e Rosa e denegáselle. Coincidindo con un cambio de goberno municipal a Comisión Provincial de Urbanismo anula a autorización a Rosa e Miguel e autoriza a construír a Antonio alegando que non existen os 50m de distancia entre vivendas pertinente para construír en chan rústico. Si se observan os escritos oficiales presentados no blog
https://ratasde2patas.wordpress.com veremos como a primeira licencia en concederse e a de Miguel e Rosa polo tanto a casa ilegalmente construída e a de Antonio. Cando piden os expedientes de denegación á comisión provincial, non  llos entregan, recentemente solicitados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia descubrese a pe de paxina, esquecéronse de borralos, " SIN CONTESTAR POR ORDE DEL JEFE ".Coa aprobación do anterior PXOM 2003 agora declarado ilegal, por sentencia do supremo, a casa quedaba en terreo rural urbanizable e legalizadas as dúas vivendas,  con esta catalogación do chan non se precisan os 50m. Declarado ilegal o PXOM o denunciante continua adiante a ata hoxe XUÑO DE 2015 Cando  se ordea a demolición.



 







Niste blog a familia detalla todo o acontecido dende o ano 1991:

https://ratasde2patas.wordpress.com/


" SIN CONTESTAR POR ORDEN DEL JEFE "

Demolición inminente de una casa en Reza.
Un desahucio propiciado por las acciones de un vecino alentado
por la política caciquil del Partido Popular
El desahucio que la administración pretende con la demolición de nuestra casa tiene su origen en la
anulación de la licencia urbanistica que se concedió en Marzo de 2011.
La licencia fue recurrida por el colindante-denunciante que lleva mas de veinte años acosando
nuestra casa; aunque su vivienda no tiene licencia municipal.
En la Sentencia de 3 de Abril de 2.013 del Juzgado de lo Contencioso-Administrativo nº1 de
Ourense se subraya:
-... “ atendiendo al argumento impugnatorio relativo a la anulación, por sentencia firme,
de la Ordenación del PXOM (2003)”...
En este procedimiento judicial no fue acordada la demolición de la vivienda , y aunque es
cierto que la clasificación del planeamiento aplicable a la parcela (debido a la anulación del
PXOM 2003) es la de suelo no urbanizable en la propia sentencia se recoge:
-...” ello con independencia y sin perjuicio de que por circustancias sobrevenidas pudiese
existir a día de hoy causa justificada para alterar esa clasificación.”
Entre las posibles causas sobrevenidas estarían la aprobación del nuevo PXOM (en trámite) o la
Modificación puntual de Delimitación do núcleo de Reza ( Expte.2014002145). El desgobierno
municipal y la incompetencia de algunos funcionarios impidieron que alguna estas causas tengan
prosperado. Solo subrayar en este punto que en un Informe del Catedrático de Urbanística y
Ordenación del Territorio da E.T.S.A da Universidad de A Coruña, presentado no Concello, en el
que incorpora elementos del proyecto (Modificación puntual...) entiende que la parcela donde sen
encuentra nuestra casa debe contar con la clasificación de Núcleo Rural.
El colindante-denunciante instó al Juzgado Contencioso nº1 la demolición; y en un Auto 10.06.2014
ordenó al Concello de Ourense la ejecución subsidiaria del derribo de la vivienda.
Pero el proceso que no es otra cosa que una Cacicada continuada en 24 años tenemos que poner de
manifiesto :
El proyecto de legalización (3937/2005) contaba el 17.02.2006 con todos los informes técnicos
favorables, cumpliendo las normas de la Xunta y del PXOM vigente. Pero la tramitación del
mismo fue suspendida por una Providencia del Concejal-Delegado Enrique Nóvoa López y para
completar la faena la Junta de Gobierno Local (1 de Junio de 2006) acordó:
Requerir a doña Rosa María Alonso Alvarez, para que en el plazo de un mes proceda a la
demolición... ( lo que fue ratificado nuevamente por la misma Junta de Gobierno en Marzo de 2007
antes de las Elecciones municipales 2007.
No fue hasta Enero de 2.010 (con otro Gobierno Municipal) que se alzó la suspensión de la
tramitación del Expte. de Legalización y aunque ya contaba con los informe favorables la licencia
no se concedió hasta 10 de Marzo.
Seguimos retrocediendo en el tiempo de las cacicadas:
El 07.10.1999 la Comisión Muncipal de Gobierno que presidía D. Manuel Cabezas Enríquez acordó
Requerir a doña Rosa Maria . . . para que el el plazo. . . proceda a la demolición . . . en esta
ocasión reolviendo una denuncia del colindante-denunciante.
Recurrido ante el Juzgado de lo Contencioso-A nº1, dictó sentencia (16-1-2001) en la que se
destaca (Fundamento II). . .” la mencionada singularidad se acentúa si se observa que, en
realidad, quien primero presentó la solicitud de licencia fue la actora ( Rosa Mª Alonso) en
fecha 22-5-1991, mientras que la solicitud del Sr. Alén Fdez se presenta en fecha 8-8-1991. Y
por tanto en el FALLO recoge: ...” Acordando se proceda al archivo del expediente”...
Pero en el recurso presentado, por el colindante- demandante ante el TSXG , el 25-11-2004 se
pronunció Revocando la sentencia del Juzgado C-A nº1 y manteniendo el Acuerdo municipal de
7-10-1.999.
Como ya se había aprobado el PXOM 2003, procedía solicitar la legalización lo que ya relatamos.
Y llegamos a la Cacicada Inicial o sea La Gran Cacicada:
En la Comisión Muncipal de Gobierno de 5 de Febrero de 1992 adoptó entre otros, los siguientes
Acuerdos :
“DENEGAR a D. ANTONIO ALEN FERNANDEZ licencia urbanística para construcción de
una vivienda unifamiliaren Aira-Barreiros, Reza de conformidad con los informes técnico y
jurídico que obran en el expediente , y de los que se le dará traslado”
“INFORMAR FAVORABLEMENTE la concesión de licencia urbanística de construción de
vivienda unifamiliar en “Ouxea”, Reza a instancia de Dª ROSA Mª ALONSO ALVAREZ, y
pase el expediente a la Comisión Provincial de Urbanismo”
La Cacicada tiene su punto crucial:
La Comisión Provincial de Urbanismo (CPU) de 06.02.1.992 adoptó el acuerdo:
...”CONCEDER a d. Antonio Alén Fernandez la licencia solicitada para construcción de una
vivienda unifamiliar en Aira-Barreiros-Reza . . .
El acta está firmada por José Jesus Cudeiro Mazaira (Secretario de la CPU)
El Jefe Provincial de Urbanismo fdo. Jesús Leal Martín el 11.02.1992 envía un escrito al ILMO. SR
DIRECTOR XERAL DE URBANISMO para que . . .”si V.I. lo estima oportuno, con urgencia, se
requiera al citado Ayuntamiento ( OURENSE ) a efectos de que anule o revoque tal acuerdo”. .
se refiere a la denegación de licencia a D. Antonio Alen Fdez. Adoptada por la Comisión de
Gobierno el 5 de Febrero.
Ni que decir tiene que el 25-05-1992 el antedicho Jefe Provincial de Urbanismo le notifica a Rosa
Mª Alonso Alvarez que . . “ DENEGA-LO solicitado (Autorización para construcción de vivenda
unifamiliar) . . .dado que existe una edificación autorizada outorgada pola Comisión
Provincial, ó menos de 50 m da que agora se pretende . . .
Sin dar datos acerca de la posible vivienda, como en toda omeritá que se precie. . .
Un detalle que resume el funcionamiento de la Administración:
El 10-01-2001 Rosa Mª solicitó de la Comisión Provincial de Urbanismo (COPTOPV) copia de los
Exptes.70/91 y 200/91 relativos a la vivienda del colindante-denunciante; nunca obtuvo respuesta
pues la causa , que hemos conocido a través del TSXG en Diciembre 2.014, es que en el impreso de
solicitud hay una frase manuscrita: SIN contestar por orden del Jefe.
Si se quiere conocer en detalle lo que aquí va resumido entre en el Blog

sábado, 6 de xuño de 2015

MAIO 2015.
Iste 30 de maio tivemos o encontro das pah e dos colectivos stopdesafuzamentos Galegos. Estas xuntanzas permitennos manter a rede, que tanto esforzo custou crear. É un un humilde espazo de posta en común de ideas e accións, fundamental para conseguir o dereito efectivo a unha vivenda digna e a loita contra a pobreza, e a exclusión social, no sentido amplo; a perda da vivenda e un dos actos consumados do camiño a exclsuión social.
Ante un novo escenario político, os nosos colectivos, independentes de calquer formación política, estarán activos e vixiantes no cumprimento diste dereito básico.

MAIO 2015.
O 15 de maio participamos na concentración que relembrou os 4 anos do 15M data na que a cidadanía farta das elites plutocráticas  decidiu saír a rúa a expresar a súa indignación. Non foi unha crise, vivimos unha situación crítica provocada por unha gran estafa.




MAIO 2015.
O 4 de maio as alumnas de traballo social convídannos a compartir as situacións vividas polo colectivo dende o seu comezo en novembro de 2011.

Realizase no marco dunha clase aberta no campus, a experiencia resulta moi positiva tanto par ao colectivo como para o alumnado. Amosamos que o colectivo desempeña un traballo social, non institucionalizado, de xeito absolutamente altruista e de amplo espectro.



m


MAIO 2015
Na asemblea de 6 de maio decidimos participar nos eventos convocados con motivo da campaña electoral polos medios de comunicación, ou en outros formatos. A intención foi visualizar o colectivo e interpelar as formacións políticas sobre os seus programas en materia de vivenda e servizos sociais.