domingo, 28 de agosto de 2016


Dominngo día de descanso" !

Os colectivos PAH e STOP-DESAFIUZAMENTOS galegos tivemos un encontro moi positivo hoxe en Compostela. Analizamos o estado dos colectivos nas cidades e vilas galegas e chegamos a acordos de mellora de coordinación e unidade de acción. Desgraciadamente o dereito efectivo a unha vIvenda digna está lonxe de acadarse mentres esta necesidade sexa real par moitas persoas e familias esta loita non rematará.

Tamén acordamos seguir a defender as 5 demandas básicas da PAH:

-DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA para debedores de boa fe.
-ALUGUER ALCANZABLE mobilización vivenda baleira.
-STOP-DESAFIUZAMENTOS.
-VIVENDA SOCIAL...parque público de vivenda.
-SUMINISTROS GARANTIDOS.











Este domingo 28 de Agosto, hai xuntanza da coordinación galega de PAHs e STOPs en Compostela: Reorganizando o movemento galego polo dereito a unha vivenda digna e adecuada
Este domingo 28 de Agosto de 2016, as PAHs e STOPs da Galiza, xuntan-se en Santiago de Compostela, na coordinación galega, para reorganizar o movemento polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, e compartillar información, loitas... actualizar as ferramentas de coordinación e valorizar o traballo feito. Debater se recuperamos propostas lexislativas e se participamos na Eleccións Galegas coas 5 das PAH, como así fixeramos nas Eleccións Xerais do 20 de Decembro do pasado ano 2015.
Día: Domingo 28 de Agosto de 2016.
Hora: 11:30hs.