mércores, 25 de maio de 2016




Deixamos os dous textos os que se deu lectura no 5º aniversario do 15M, no primeiro faise un repaso a loita da PAH e o Colectivo STOP-DESAFIUZAMENTOS dende o nacemento no ano 2009. No segundo texto que vai de seguido a iste, exponse o caso real dunha compañeira vítima de violencia machista. Iste segundo texto parecíanos a maneira máis axeitada de visualizar a hipocrisía e o desleixo institucional na procura do cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda digna, recollido no artigo 47 da C.E.


TEXTO STOP-DESAFIUZAMENTOS ANIVERSARIO 15M 2016

O artigo 25 da Declaración Universal de Dereitos Humanos establece que “toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure así como a súa familia a saúde e benestar, en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, asistencia médica e os servizos sociais necesarios”.

O artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, do cal o estado español e asinante, recoñece o dereito de toda persoa a un nivel de vida axeitado para si mesmo e a súa familia, alimentación, vestido e vivenda adecuadas, e unha mellora continua das condicións de existencia.

O artigo 47 da Constitución Española, no capitulo dos dereitos e deberes fundamentais, establece que todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo da cordo co interese xeral, para impedir a especulación. A comunidade participara das plusvalías que xenere a acción urbanística.

O artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, di que corresponde a comunidade autónoma galega, a competencia exclusiva en materia de vivenda.

POR ISTO A P.A.H. (PLATAFORMA AFECTADOS POLA HIPOTECA) E STOP DESAFIUZAMENTOS RECLAMAN COMO UN DEREITO FUNDAMENTAL A VIVENDA DIGNA PARA TODAS.

O Dereito a unha vivenda digna, debe transcender polo tanto, o significado material e o concepto do mercado do mesmo. Sen unha vivenda estable e axeitada dificilmente se poden desenrolar outros aspectos fundamentais da condición humana.


A realidade que nos atopamos é ben distinta do que ordena o estado de dereito.

Dende a reforma da lei do chan promovida por José María Aznar, en 1998, vulnerando o artigo 47 da Constitución Española, des-regulariza o uso do chan, quedando a dispor do mercado e as súas reglas, hoxe coñecidas por todas.

A falla dunha mínima intervención do estado, deu como resultado unha burbulla, de especulación inmobiliaria apoiada en autenticas tramas políticas corruptas, tendo como consecuencia o “suposto fallo do sistema financeiro”, que era imprescindible nesta trama.

En outubro do 2008, estoura esta burbulla inmobiliaria, como resultado 600.000 familias son desafiuzadas, moitas delas quedan con débedas e sufrimento de por vida, e trae como consecuencia incontables suicidios que intencionadamente non forman parte das estadísticas.

O partido socialista e o partido popular, no canto de reaccionar axudando as familias reforman o artigo 135 da Constitución e prioriza o rescate bancario.
Destinan 200.000 millóns de euros o pago diste rescate sin esixir ningunha responsabilidade pola quebra do mesmo.

Nun artificio ilexítimo e sin previa auditoría, converten débeda privada en débeda pública alcanzando esta o 100% do P.I.B. pola que nos vemos obrigados a pagar 36.000 millóns de euros de intereses cada ano. Isto supón recortes a servizos sociais, sanidade, dependencia, educación etc.

Na actualidade seguen a especular coa SAREB (Sociedade de xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria), avalando con diñeiro público negocios privados de fondos voitres, mentres moitas familias sofren, e persoas se suicidan co silencio cómplice das estadísticas.

Ante os abusos da banca e desprotexidos polas institucións, a P.A.H. nace en Barcelona, no ano 2009. Coincidindo co 15M rapidamente se extende ata crearse 206 asambleas anti-desafiuzamentos en todo o estado.

O longo diste tempo, presentamos a ILP contra os desafiuzamentos e pola dación en pago, avalada con 1.500.000 sinaturas, que foi rexeitada con “maioría absolutista” do Partido Popular no Congreso. Fixemos escraches, dándolle a coñecer a nosa demanda os deputados que non querían escoitarnos. Tratáronnos como terroristas e multáronnos. Finalmente para amedrentarnos e desmobilizarnos crearon a lei de seguridade cidadán (Lei Mordaza). Unha lei antidemocrática e represora, como lle fixo saber a O.N.U. e o Consello de Europa, o goberno do Partido Popular. Esta lei non impediu que sigamos a mobilizarnos.

Demos traslado a todos os Xuíces Decanos do estado da xurisprudencia europea do T.J.U.E., que contradi a lexislación española.

A falla de recursos económicos, non só impide o acceso a vivenda, tamén esta ligada a pobreza enerxética e nos casos de violencia machista agrávanse estes problemas. Así promovemos leis autonómicas pola vivenda digna e contra a pobreza enerxética, no ano 2013 en Galiza, Andalucía e Navarra, no ano 2015, no Pais Vasco e Cataluña, esta última co agravante de recurrila cun Goberno en funcións. Todas elas suspendidas no tribunal constitucional polo Partido Popular. Sempre posicionado na defensa dos intereses da banca e das grandes empresas subministradoras, para aumentar os seus beneficios mentres deixan a milleiros de familias a súa sorte.

STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE, nace a finais do 2011, nas asembleas do 15M. Dende esta data axudamos a 100 familias con diferentes problemáticas, algunhas permanecen no colectivo axudando a novas familias que se incorporan e outras abandonaron o colectivo. Sendo a falta de compromiso o maior problema que padece o colectivo en todo o estado. Dende o nacemento, nunca deixamos de facer as asembleas na praza. A realidade é que nada ou moi pouco mudou, e consideramos que estas asembleas públicas e abertas axudan a non esquecer e son en si mesmas un acto político e de resistencia.

Nas ultimas eleccións xerais presentamos a campaña AS CINCO DA P.A.H. esixindo as formacións políticas que incluirán nos seus programas e que se comprometerán a cumprir estas cinco demandas:
- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA
- ALUGUERES ASEQUIBLES
- STOP DESAFIUZAMENTOS
- VIVENDA SOCIAL SUFICIENTE
- SUMISNISTROS BÁSICOS GARANTIDOS

Desgraciadamente os tempos políticos son diferentes os das persoas e vémonos noutro período electoral onde teremos que volver esixir estas 5 demandas.

Recentemente sumáronse o colectivo 20 familias que residen en Bemposta.
Polas especiais circunstancias destes casos considermos que é un momento excepcional para chamar a unidade de acción dos colectivos da cidade, encamiñada cara unha gran rede de apoio mutuo que supere as eivas do capitalismo estatolátrico e nos empondere a todas no auto-organización e no cooperativismo integral, que nos demostre a nos mesmas e os defensores da competitividade que somos capaces de facer as cousas doutro xeito, que o futuro é noso e nos facemos cargo del.

Esta loita será longa, e renderse non é unha opción”

NEN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA”


 
TEXTO CASO REAL:

Pedimos desculpas por ocupar demasiado tempo, pero creemos que a realidade e a mellor maneira de denunciar o que acontece. A situación que está a vivir unha compañeira, servirá para visibilizar e afondar na hipocresía do sistema ata limites insospeitados.

Esta compañeira vítima de violencia machista, cun fillo menor autista, con grao 3 de dependencia e sen ningún tipo de apoio familiar, logo de varios anos de maltrato, recomendáselle dende as administracións denunciar a súa parella.

Logo da denuncia abandona o seu fogar e vai vivir a unha casa de acollida, na que pode permanecer como máximo un ano. Pasa a cobrar unha RAI de 426 euros coa que ten que manterse ela e o seu fillo, ademais de pagar un aluguer.

No mes de outubro do 2015 esquecese de selar a RAI no INEM, tendo que volver iniciar o proceso de solicitude. Comunícalle a situación a traballadora social de San Cibrao das Viñas, concello no que reside, e non oferta ningunha solución.

Pasa 5 meses sin ingresos, ten que deixar de pagar o aluguer do piso e mantense dos adiantos que lle fai o banco e da caridade. Finalmente no mes de marzo ten que deixar a vivenda por impago de aluguer.

O 10 de marzo contacta co colectivo STOP DESAFIUZAMENTOS. Dirixímonos por escrito, expoñendo a situación de María o Concello de San Cibrao e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (I.G.V.S.). No mesmo dia reunímonos co alcalde de San Cibrao que nos di coñecer o caso e non poder facer ren. Facemos público nos medios o caso e organizamos concentracións para denunciar os feitos.

Dende o 14 de marzo é o colectivo quen se fai cargo de dúas mensualidades de aluguer, dunha habitación con dereito a cociña. Neste tempo tivo que mudar tres veces de casa. O 10 de Abril, recupera a RAI, logo de cinco meses, pero o banco faise ca maioría do ingresado o non interesar o pago fraccionado dos adiantos.
Os constantes cambios de domicilio producen unha alteración na necesaria estabilidade do menor que se traduce en problemas considerables no colexio. Iniciando o procedemento de traslado, antes de rematar este curso, creando mais ansiedade no menor e na nai.

A hora de pagar o mes de maio, María xa non dispón de ingresos, que xa os retirou o banco. O non poder pagar ata o día 10, leva o arrendador a desconfiar e vese fora da vivenda en emerxencias cunha crise de ansiedade.

A traballadora social de Ourense, non pode solicitarlle axudas de emerxencia por levar menos de tres meses censada no concello. Tivo que censarse no Concello de Ourense por estar a de San Cibrao das Viñas de baixa e ser urxente de facer un informe o IGVS para solicitar vivenda social.

Ante esta situación de emerxencia, véndose outra vez na rúa, por fin o IGVS libera a única vivenda de protección social da que dispón en Ourense, case dous meses despois de solicitala.

Esta vivenda non é adecuada as súas circunstancias pois ten que facerse cargo de varios impostos como o IBI (Imposto de Bens Inmobles), Imposto de Actos Xurídicos Documentados, altas de subminístros, gas eléctrico e auga. Non dispón de mobles e electrodomésticos e os únicos dos que dispón son armarios empotrados e mobiliario de cociña o límite do aceptable. Finalmente ante a desesperación, o 9 de Maio asinamos o contrato de arredamento co IGVS.

Os problemas, outra vez creados pola falta de eficiencia das administracións, seguen aumentando. Logo de un día completo tentando dar de alta os subminístros eléctricos e de gas, dámonos conta de que resulta case imposible, ante a falta de datos imprescindibles que deberían figurar no IGVS, nin sequera a dirección consta como correcta.

No caso de María, observase con claridade unha absoluta falta de coordinación entre administracións, exceso de burocracia e un desleixo total coas vítima da violencia machista que son abandonadas a sorte dunha axuda, en toda medida insuficiente coas que teñen que manter as crianzas e pagar un aluguer, pasando da violencia machista a violencia institucional.

Ante estes feitos reclamamos a Xunta de Galicia, que ten as competencias exclusivas en vivenda e servizos sociais, que cree protocolos específicos axeitados as mulleres vítimas de violencia machista, demandantes de vivenda social. E que no canto de protexer os directivos das caixas e rescatar a banca, axude a estas mulleres e as súas familias. E lembrámoslle o Presidente da Xunta, o hipócrita que resulta os nosos ollos velo detrás dunha pancarta, cada vez que asasinan a unha muller, cando son as institucións que el preside as que as abandoan a súa sorte.

Esta loita será longa, e renderse non é unha opción”

NEN CASAS SEN XENTE NIN XENTE SEN CASA”








14 DE MAIO DE 2016.

5 Aniversario do 15M . En Ourense celebrase co nome a Converxencia das Loitas. Na data do aniversario o 15m Ourense visualizou e confraternizou as diferentes loitas activas na cidade. 22 Colectivos compartiron esta xornada reivindicativa.

Stop-desafiuzamentos Ourense foi un dos colectivos que participou nesta xornada. Dúas compañeiras Estela e Cristina deron lectura a dous textos que dan visibilidade a loita por unha vivenda digna.


 
O 15M de Ourense respostou ao chamamento internacional realizado polo movemento Nuit Debout e, no seu 5º aniversario, convoca a toda a cidadanía ourensá a un encontro ao redor da CONVERXENCIA DE LOITAS, o sábado día 14 ás 19h na Praza Maior de Ourense. Este evento quere recoñecer e visibilizar as loitas sociais e políticas vixentes na nosa cidade, así como aquelas persoas que fan do seu compromiso con elas unha forma de vida. Por todas aquelas que manteñen viva a chama dunha cidade alegre e reivindicativa vai este quinto aniversario do movemento na nosa cidade.

A Praza Maior de Ourense converterase no lugar onde escoitaremos as voces daquelas que sosteñen a chama da loita popular e cidadá ao longo de todo o ano. En defensa da lingua, do dereito á vivenda ou da liberdade de expresión. Reclamando unha educación e sanidade públicas, gratuítas e de calidade. A preservación do patrimonio de Benposta ou a construcción dun centro para persoas con diversidade funcional. Un campus digno e tamén unha Casa da Xuventude viva e de todas. A apertura de fronteiras para as persoas refuxiadas e máis o respecto aos dereitos do pobo Palestino e do pobo Saharaui. A existencia dun espazo sociocultural autoxestionado e tamén o dereito a unha mobilidade sostible pola nosa cidade. A loita do movemento feminista e máis do movemento ecoloxista. O dereito a pan, traballo e teito. O dereito a querer ser nai ou non e máis a un parto respectado. Os grupos que defenden outros modelos de consumo. E tamén aqueles que reclaman ríos limpos ou que loitan pola defensa dos nosos montes.


http://www.laregion.es/articulo/ourense/movimientos-ciudadanos-citan-praza-maior/20160512221715621312.html 

http://www.periodicobarrios.com/2016/05/12/unha-converxencia-das-loitas-de-ourense-celebrara-o-5o-aniversario-do-15m/