venres, 3 de febreiro de 2017


ENCONTRO EN COMPOSTELA:

A PAH e colectivos Stop-Desafiuzamentos galegos teremos outro encontro mañá sábado día 4 de febreiro en Compostela a partir das 11:30.

Neste encontro poremos en común a situación dos diferentes colectivos. Promoveremos accións conxuntas e o apoio mutuo. Analizaremos a nova situación xurdida tras dúas últimas sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo:

Do 21 de decembro sobre retroactividade das cláusulas chan declaradas abusivas.

Do do 26 de xaneiro sobre abuso da cláusula de rescisión anticipada do contrato hipotecario e reclamación da débeda total pendente.

Tamén estudaremos os resultados que poida carrexar o Real Decreto Lei 1/2017 do 20 de xaneiro que promulgado polo goberno pretende entremediar entre os consumidores e as entidade financeiras na reclamación das cláusulas chan, o noso xeito de velo en favor das entidades.

Cada vez que o TXUE se pronuncia a lexislación hipotecaria do Estado español queda en evidencia e con ela o Partido Popular. Cada vez que se ve cuestionado polo TEXUE, no canto de facer unha profunda reforma da lei hipotecaria adapatandoa a xurisprudecncia europea, posiciónase lexislando a favor das entidades financeiras. Pódese ver no recente R.D 1/2017. O Partido Popular que o Promulga e Ciudadanos e o PSOE que o asinan, fan unha autentica declaración de intencións xa no articulo primeiro:

articulo 1. Objeto:

El presente real decreto-ley tiene como objeto el establecimiento de medidas que faciliten la devolución de "las cantidades indebidamente satisfechas por el consumidor" a las entidades de crédito en aplicación de determinadas cláusulas suelo contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados con hipoteca inmobilias.

Redactan: " las cantidades indebidamente satisfechas por elconsumior". Recae diste xeito a calificación do mal feito sobre o consumidor. (Sutil).

Parece razoable que a redación fora a seguinte: "las cantidades indebidamente cobradas por las entidades financieras"

Tamén No articulo 4 “ costas procesales” :

Tampouco parecen defender o a o consumidor e deciden que si unha cláusula foi declarada abusiva e non estas conforme coa cantidade que propón devolver a Banca e a reclamas xudicialmente. O Pp que o promulga e ciudadanos e PSOE que o asinan parécelles xusto que as costas procesais corran a cargo do consumidor si o xuíz ofrece unha cantidade igual ou inferior a proposta de devolución feita polo banco. O razoable sería que as pague quen incluíu no contrato, de forma opaca, esa cláusula abusiva.

O longo distes anos a PAH e os Colectivos Stopdesafiuzamentos vimos loitando polo dereito a vivenda recoñecido no artigo 47 da C.E entre os dereitos fundamentais. Reforzando a propia C.E o carácter fundamental diste dereito no articulo 10.2. Determinando a forma de interpretar iste articulo conforme a Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos, na mesma materia, ratificados polo Estado Español .

Esta loita vímola dando no plano Social, xudicial e político. O Partido Popular en ningunha ocasión amosou interés por un dialogo razoable coa PAH. Polo contrario dende o primeiro momento rechazou a inciativa lexislativa popular avalada con 1.500.000 sinaturas presentada no congreso en 2012. Tachou a PAH de terroristas, recorreu e forzou a suspensión de 5 leis autonómicas por unha vivenda digna e contra a pobreza enerxética.



Mentres isto sucedía a PAH recibiu premios na unión Europea pola súa labor social e o TXUE deunos sistematicamente a razón en pronunciamentos e na resolución de cuestións plantexadas por tribunais españois. Istes pronunciamentos do TXUE evidencian dun xeito claro o abuso e a inxustiza da Lexislación Hipotecaria Española da cal se aproveitaron bancos e construtoras para ESPECULAR Vulnerando a prohibición expresa feita no artigo 47da C.E contra a especulación. O goberno do partido Popular e os partidos que o sosteñen Ciudadanos e PSOE son cómplices desta situación que evidencia unha vulneración do estado de dereito e a devilidade do mesmo.

O TXUE volve dar a razón á PAH: abre a porta para esixir a nulidade de todos os procedementos de execución hipotecaria e os desafiuzamentos desde 1995.

A sentenza emitida o 26 de xaneiro polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos diferentes gobernos. Non é unha sentenza máis a pesar de que, xunto coas 7 anteriores, dita que a normativa hipotecaria española é anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993 que o Estado tiña que adaptar antes do 31 de decembro de 1994.

A PAH E os Colectivos Stop Desafiuzamentos seguiremos loitando nas rúas, nos xulgados e no terreo político ata conseguir rematar con unha lei Hipotecaria abusiva e Inxusta e ata que se fagan efectivas as 5 demandas de mínimos da PAH:

1. DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA.

2. ALUGUER ALCANZABLE.

3. STOP DESAFIUZAMENTOS.

4. VIVENDA SOCIAL.

5. SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS.