xoves, 29 de xuño de 2017

Resposta o Comunicado do Partido Popular sobre o posicionamento do colectivo cidadá Stop-desafiuzamentos Ourense sobre o modelo de estación intermodal e a charla informativa que dará o COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) mañá xoves 29 de xuño ás 20:30 na entrada da Ponte Romana.

 

1°) Somos vaciñas de Ourense e como tales temos dereito a informarnos e posicionarnos.

2°) por si a nosa opinión profana nos levara a un posicionamento incorrecto, Parécenos argumento suficintemente prudente, e valida a posición, que compartimos, do COAG.

3°) Non comprendemos a estratexia de amedrentamento, propia de posicións pouco democráticas, tachando o noso colectivo de '"expertos en avivar manifestacións", que insinúan cando un colectivo cidadá amosa publicamente o seu desacordo, e apoia xunto a outros colectivos ( que non se citan na súa nota) unha charla informativa contraria a un proxecto que debería ser consensuado.

4°)
A opinión diste colectivo é que obras desta magnitude, durabilidade secular e con presupostos tan elevados deberían ser consensuadas e validadas pola cidadanía nun pleno aberto logo de ser debidamente informadas.

5°) A mención específica que fai o Partido popular diste colectivo solo se explica cando se confunde a democracia con destruír todo aquelo que sexa contrario o seu posicionamento. Xa non nos sorprende pois xa dixeron da PAH no seu momento que eramos terroristas. Non todo é malo en nos, somos xente honrada.

6º)
Cando menciona escuros intereses e misteriosa convocatoria de determinados colectivos antes de citar a Stop-desafiuzamentos.

Non se entende que escuros intereses pode ter este colectivo cando comparte a posición do Colexio de Arquitectos de Galicia e o único que pretende e que as veciñas da cidade coñezan outras opcións e opinen. Parece que as que non quedan claras son as intencións desta formación política o amosar tanta hostilidade con quen ten puntos de vista diferentes e os fai públicos.

Resulta que nun sistema democrático según o partido popular parécelle normal tachar de misteriosa unha convocatoria feita nun lugar público e dada a coñecer publicamente nas rúas da cidade. O verdadeiramente misterioso son os posibles intereses particulares que poida haber agochados neste proxecto.

7º) Xeraliza dicindo por que non tomamos posicionamento nas estacións de Vigo, Coruña etc. Moi sinxelo porque somos veciñas de Ourense e nesta ocasión opinamos sobre o que nos afecta como veciñas e confiamos en que as veciñas destas cidades farán o propio nas mesmas.

8º) Pedímoslle o partido popular que escoite, reflexione e que teña en conta que unha obra desta magnitude non debe ser unha obra dunha formación política debe ser unha obra consensuada e validada polo conxunto da cidadanía.

mércores, 28 de xuño de 2017

O colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense, sumase os colectivos e a veciñanza que se opoñen  o modelo de intermodal da Estación do AVE.



Acudide e participade. A intermodal debe ser unha decisión de todas as veciñas de Ourense non solo do Partido Popular. O noso silencio faranos complices dun modelo o que se opón o propio Colexio de Arquitectos de Galicia. Si non é unha obra consensuada e ben plantexada sufriremola moitos moitos anos. Amosemos interes pola nosa cidade. Con queixarse non chega hai que organizarse.
 
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/06/28/colegio-arquitectos-galicia-alega-rediseno/1706959.html


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/06/28/habra-flujo-260-buses-trenes/1706614.html