mércores, 14 de setembro de 2016


COMUNICADO  SOBRE ORDENANZA MUNICIPAL DE VIVENDAS DE EMERXENCIA E PROGRMA DE VIVENDAS BALEIRAS.


O estatuto de autonomía de Galicia non seu articulo 27.3 determina que corresponde a Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de Vivenda.

As maiorías absolutas do partido popular levan 7 anos facendo oídos xordos a cidadanía organizanda reclamando o cumprimento efectivo do dereito a vivenda.

7anos vendo despexos inxustos mentas a SAREB ( Banco Malo) sigue a especular coa vivenda e chega a vender vivendas sociais a fondos voitres.

7 anos vendo como se sacan leis inxustas como a lei mordaza para perseguir a quen clama contra inxustiza de ver como se destinan os recursos públicos a rescatar bancos mentres, familias perden as súas casas e se quedan con débedas de por vida.

7 anos vendo como en Galiza o 18% das vivendas, 246.000, están baleiras mentres hai xente sin casa.
7 anos de corrupción institucional despilfarrando recursos públicos.

Agora, en período electoral, o Partido Popular como xa ten feito en outras ocasións, saca o convenio da Xunta e a FEGAMP para o Programa de Vivenda Baleiras e venden que o Concello de Ourense e o Primeiro en acollerse o mesmo.

Así mesmo o Concello de Ourense saca a Ordenanza Municipal de Vivendas de Emerxencia.
O Colectivo Stop-desafiuzamentos Ourense considera que o dereito a vivenda se debería interpretar de xeito amplo, a longo prazo e dende a perspectiva do dereitos fundamentais.

Nada que se analice a exposición de motivos da Ordenanza Municipal de Vivenda de emerxencia amosase con claridade o posicionamento ideolóxico-político do Partido Popular.
O noso colectivo considera que o dereito a vivenda se debería afrontar dende a perspectiva do Titulo Primeiro da Constitución “Dos dereitos de Deberes fundamentais” Titulo iste que abrangue a retorta interpretación neoliberal da que parte o PP citando o Capitulo III “ Dos principios reitores da política social e económica”.

Así o articulo 10.2 da Constitución encamiña a interpretación que se debe facer do articulado recollido niste Titulo I e di:
“ As normas relativas a los dereitos fundamentais e ás liberdades que a C.E recoñece interpretaranse de conformidade coa Declaración universal dos Dereitos humanos e cos tratados e acordos internacionais sobre la mesma materia ratificados polo Estado Español.

Tamén entendemos que na declaración e intencións se debería ter citado algo que é intrínseco a natureza de toda administración pública.

Neste sentido o articulo 39.1 da Constitución di os poderes públicos asegurarán a protección social económica e xurídica da familia.

O articulo 47 da C.E garante o dereito a vivenda.
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.

Cando o partido popular parte a súa interpretación do Capitulo III está omitindo a interpretación que indica o artigo 10.2 conforme a os dereitos fundamentais. Polo tanto entendese que está declarando a súa intención de actuar baixo os criterios do mercado da vivenda deixando nun segundo plano a garantía dun dereito básico.

O colectivo Stop-Desafiuzamentos tacha de electoralista e cortoplacista tanto o Programa de Vivenda s Baleiras como a Ordenanza Municipal de Vivenda de Emerxencia.

Iste convenio vai encamiñado a garantir os cobros dos propietarios chegando ofrecerlles seguros de impago de aluguer mentres non fai propostas para aquelas familias que non dispoñan dos recursos básicos necesarios esixidos no propio convenio.

O colectivo considera imprescindible a creación dun observatorio galego da vivenda así como observatorios municipais nas cidade e vilas de maior tamaño. O obxectivo do mesmo sería o coñecemento detallado dos demandantes de vivenda e a determinación das posibles ofertas os servizos sociais de cara a afondar no cumprimento efectivo do dereito a vivenda.

Stop-Desafiuzamentos ven de solicitar a todas as formacións políticas o cxompromisoi coas 5 demandas de mínimos da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
-Dación en Pago Retroactiva.
-Aluguer alcanzable.
-Stop Desafiuzamentos.
-Vivenda Social.
- Suministros garantidos.

martes, 13 de setembro de 2016



Evento facebook:
https://www.facebook.com/events/536148593176698/





RECITAL SOLIDARIO:


Venres 16 ás 20:30 no Bar O Renque o lado do Edificio de Ferro, No Campus, rúa Doutor Termes 28.
-porfavor ler máis abaixo!

Grazas compañeiro Balvino por entrar con forza no colectivo e organizar iste Recital. Grazas o Bar o Renque e as compañeiras artistas que poñen o mellor do seu corazón niste acto de solidaridade e creador de consciencia.

ARGUMENTAron OS QUE DIRIXEN AS ADMINISTRACIÓNS IGVS ( Instituto Galego e Vivenda e Solo) e Concello Baixo a dirección NEOLIBERAL-CACIQUIL DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA NUÑEZ FEIJO, en varias ocasións cando solicitamos vivenda social para mulleres vítimas de violencia machista, e en outros casos, QUE NON HAI RECURSOS.

NUÑEZ FEIJO Vostede foi quen PRIVATIZOU as Caixas de Aforro no ano 2010 estaban Valoradas en 75.000.000 millóns de € os activos.
Europa dáballe no memorando 5 anos para Vendela, NON O ESQUEZA, pero vendeuna, a presa, conforme a súa ideoloxía NEOLIBERAL-CACIQUIL, a un amiguete dos seus, Juan Carlos Escottet.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Juan_Carlos_Escotet_Rodr%C3%ADguez

-VENDEUNA pero non polo seu valor , primeiro ixectoulle 9000 millóns de euros suados pola cidadanía e transformados en impostos , vendeulla a SEU AMIGO ESCOTETT POR 1000 MILLÓNS A PAGAR EN FRAGMENTOS DE 300 MILLÓNS. Non parece difícil restar, 9000 menos 1000 da 8000 millóns€ de regalo o seu amigo.

NO ANO 2014 ABANCA DABA 1200 MILLÓNS DE EUROS DE BENEFICIOS.

Está claro que a reforma da lei de Caixas pretendía PRIVATIZALAS PARA QUEDARSE CO NEGOCIO E PAGAR DIVIDENDOS A UNHA PAN DILLA DE CHOURIZOS CORRUPTOS.

Diredes que pinta todo isto con stop-desafiuzamentos;
Sirva un exemplo:
Lembrade as Casas, verdes, Que hai Indo Camiño de Oira en Ourense, a man esquerda eran de CAIXA NOVA, da súa OBRA SOCIAL alí acollíanse familias. Todo iso agora esfumouse e vai a favorecer a o seus amigos.

NOS o pobo libre é honrado traballamos e organizamos o noso aforro, nas Caixas de Aforro, e róubano diante da nosa cara de xeito tan descarado, e AÍNDA NOS QUEREN DEIXAR SEN TEITO dispois de vendérnolo.

¡ SI HAI RECURSOS!

https://gl.wikipedia.org/wiki/Abanca


¡ Non Esquezas !

¡ Róubanche o que é teu, Deféndeo !

Por unha Banca Publica e Unhas finanzas éticas !

Non máis familias sin teito !

venres, 2 de setembro de 2016