martes, 23 de xuño de 2015

NOTA IMPRENSA:

Ourense a 16 de xuño de 2015.

¡As familias tamén precisan que as avalen!
O colectivo Stop-Desafiuzamentos felicita a aficción do COB (Ourense Club Baloncesto) polo seu ascenso á liga ACB, compartimos esa alegría deportiva.
Dito esto convidamos á cidadanía de Ourense e @s siareir@s do COB a reflexionar con nós.

Unha de cada cinco ourensás, o 22,2% vive por debaixo do limiar da pobreza, máis alarmante no caso de menores de 16 anos, xa que unha de cada tres vive en situación de pobreza extrema. Todos os estudos demostran que cantos máis recursos se destinen aos nenos máis oportunidades teñen e máis igualdade hai na sociedade.
Que o Concello de Ourense, gobernado polo PP en minoría, avale a unha Sociedade Anónima Deportiva con tanta celeridade amosa o interese que teñen Jesús Vazquez e Xose Manuel Baltar , no Concello e na Diputación respectivamente, polas familias máis desfavorecidas da cidade. A primeira medida do novo goberno non é social senón deportiva, e para avalar un clube por millóns de euros.
A clase política da nosa cidade terá que escoller e xustificar ante tod@s @s cidadáns cal é o futuro que quere que teñan @s nen@s e as familias na nosa cidade e provincia.
Pode ser que os propietarios do COB teñan algunha relación co partido popular para ter tanta presa en avalar o COB con diñeiro público.
Gustaríanos ver a mesma premura en:
- Garantir a alimentación e a vida digna de todas as crianzas.
- Declarar o Concello de Ourense libre de desafiuzamentos.
- Avalar con micro-créditos a familias que, podendo pagar, poden perder a súa vivenda pola asfixia da usura bancaria.
- Que as axudas de emerxencia non demoren 3 meses a mulleres vítimas de violencia machista.
-En crear unha bolsa de vivenda social axeitada, nunha cidade con 15.000 vivendas baleiras e avalarar a familias en momentos difíciles como xa lle temos pedidos ás institucións.
- Garantir os suministros básicos de familias ao límite da exclusión social.
- Dotar aos servizos sociais das estructuras e medios necesarios para facer ben o seu traballo.
Nós pensamos que os políticos defínense polo xeito de gobernar e queda claro cales son os seus intetereses na primira medida que se toma dende o novo goberno do Concello de Ourense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario