venres, 27 de xaneiro de 2017





As nosas hipotecas son un abuso: da cláusula chan ao dereito a teito.
http://afectadosporlahipoteca.com/2017/01/19/nuestras-hipotecas-son-un-abuso-de-la-clausula-suelo-al-derecho-a-techo/

 As Plataformas de Afectade@s pola Hipoteca de todo o Estado saímos novamente á rúa para dirixirnos ao Presidente de Goberno, Mariano Rajoy. Entregamos un escrito ante as delegacións de goberno para instar o Executivo a que responda se tras as últimas sentenzas do Tribunas de Xustiza da Unión Europea vai tomar algunha medida para compensar ás miles de familias que foron vítimas da actual lexislación hipotecaria española, se vai reformar a Lei de Arrendamentos Urbanos para protexer e garantir o acceso á vivenda das persoas e finalmente se vai reconsiderar todos os recursos que interpuxo ante o Tribunal Constitucional ás Leis de Vivenda que se foron aprobando en moitas Comunidades Autónomas. Desde 2013 a normativa hipotecaria española recibiu sete sentencias desfavorables da Xustiza europea, que culminaron coa famosa sentenza do pasado 21 de decembro sobre as cláusulas chan. A seguinte espérase para o 26 de xaneiro: unha sentenza sobre o vencimiento anticipado que pode volver considerar como nulas miles de execucións hipotecarias producidas no Estado español.

Desde  o ano 1993 todos os sucesivos gobernos españois ignoraron, e seguen facéndoo os actuais gobernantes, a directiva 13/93/CEE. Mesmo baixo o risco de ser sancionados por non aplicala, seguen preferindo deixar que se enriquezan ilicitamente as entidades financeiras, seguen permitindo que os contratos ás familias estean repletos de cláusulas abusivas que mesmo a lexislación española  tolera mentres as familias sofren e seguen empobreciéndose. As últimas sentenzas no estado español e na Unión Europea, que fan referencia á cláusula chan,  os gastos de formalización de hipoteca e a responsabilidade ilimitada  -e a próxima sobre vencimiento anticipado-, así o testemuñan. Hoxe as PAH de todo o  Estado denunciamos a complicidade do Goberno coa banca e  denunciamos a aqueles xuíces que non cumpren coas leis. Por iso, presentámoslles un escrito ante as delegacións de Goberno solicitándolle respostas concretas.

Será que Mariano Rajoy e o seu actual goberno cumprirán dunha vez por todas o articulo 25 da Declaración dos Dereitos Humanos e o artigo 47 da nosa Constitución Ou Seguirá beneficiando aos poderes económicos aínda indo en contra dos cidadáns

Fronte aos abusos das cláusulas chan e do resto de cláusulas abusivas, desde a PAH imos seguir loitando por nosa cláusula teito': queremos que se convertan en lei as nosas aspiracións por unha segunda oportunidade auténtica para os fogares endebedados, o fin dos desafiuzamentos e o parque público de vivenda concretadas nas 5 medidas de mínimos esixidas pola PAH. Mentres, como vimos facendo desde hai 8 anos, poñemos as nosas asembleas e recursos a disposición de todos os afectados pola estafa bancaria. A loita é a mellor garantía para dobregar á banca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario