luns, 13 de marzo de 2017

ACLARACIÓN:

-DESAFIUZAMENTOS POR IMPAGO DE ALUGUER A PARTICULARES.
-DESAFIUZAMENTOS POR IMPAGO DE COTA HIPOTECARIA.



Stop-desafiuzamentos Ourense acordou, no seu momento, en asemblea a maneira de actuar nos casos de desafiuzamentos por impago de aluguer.

Cando un propietario particular despexa a unha familia dunha vivenda por impago de aluguer. Propietario e inquilino confrontan dous dereitos. Por un banda o dereito a propiedade e pola outra o dereito fundamental a unha vivenda digna. Como e lóxico non corresponde os particulares garantir este dereito. Tendo claro o colectivo stop-desafiuzamentos Ourense que o dereito a vivenda e irrenunciable forzamos as administracións a proporcionar unha alternativa habitacional e sinalamos o despexo. Non forzamos unha ocupación da vivenda do propietario que en algúns casos é a única fonte de ingresos familiares dos que dispón. Si for preciso ocuparíase unha vivenda da SAREB ou de banco intervídos con diñeiro público, nunca vivendas de propietarios particulares.

Cando se trata de despexos promovidos por entidades financeiras, moitas delas rescatadas con diñeiro público, por impagos de cotas hipotecarias, o xeito de actuar do colectivo e distinto. Primeiro fréase o desafiuzamento, si fose o caso. Logo negociase un acordo coa entidade financeira para un aluguer social ou para reducir as cotas e seguir pagando. Si chegado o caso o banco intentase tomar posesión da vivenda impídese ata que as administracións proporcionen alternativa habitacional. En situacións determinadas a obra social da PAH ocupou vivenda da SAREB ante a falta de resposta das administracións.

A constitución trata con claridade o dereito a vivenda, determinando no articulo 10.2 como se debe interpretar iste dereito, conforme á Declaración Universal dos Dereirtos Humanos, e deixa ben claro quen esta obrigada a facelo efectivo. No Título I.

- Título I. Dós dereitos e deberes fundamentais:

-Artigo 10.

1.A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social.

2.As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España.

-Artículo 47. 
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
-Artículo 3. 
1. Os poderes públicos aseguran a protección social, económica e xurídica da familia.
4. Os nenos gozarán da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario