martes, 6 de novembro de 2018

O TRIBUNAL SUPREMO ESTÁ ATASCADO !!

Chegou a contradición o SUPREMO antes ou despois tiña que pasar. Vinte e tres anos DE SUFRIMENTO DE MILES DE FAMILIAS e de silencio cómplice co poder financeiro. Dende o ano 1995 tiña que estar incluída a Directiva Europea 93/13 de protección o consumidor e non se fixo. 10 anos de loita da PAH advertindo da anomalía da lexislación hipotecaria do Estado Español.

Non miremos o dedo cando o listo sinale a lúa !

Vaimos máis alá do imposto de Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Por qué en xaneiro non e agora si?

Como en xaneiro o Tribunal Supremo dita sentenza declarando que paguen este imposto os consumidores e logo dunha moción de censura en outubro se di que paguen os bancos. Esta decisión descadra as contas publicas. Pode algún membro do tribunal supremo estar facendo política dende o poder xudicial ?

Isto podería descadrar o déficit antes de aprobar os presupostos. Con Rajoy deixaban as cousas como estaban, UN ABUSO, e agora pagan os consumidores o ser un imposto reclamaráselle en ultima instancia as facendas públicas, o pobo, non os bancos pero OS PRESUPOSTOS quedarían desacadrados.

A DEMOCRACIA E O ESTADO DE DEREITO OS PES DA BANCA !

CLARO QUE HAI unha “enorme repercusión económica e social” e o TRIBUNAL SUPREMO ESTÁ OBRIGADO a facer saír a luz, dunha ver por todas, que a lexislación hipotecaria do Estado Español permitiu a maior Estafa Inmobiliaria de Europa, e unha das máis brutais do planeta e todo por que o PODER XUDICIAL o longo de varios anos mirou para outro lado e permitiu que as elites extractivas fixeran o seu negocio a conta de aproveitarse dos seus cidadás que si estaban protexidos polas normas europeas dende o ano 1993 e negóuselle con silencio cómplice esta protección. Todo baixo a mirada do monarca Felipe sexto que preside a apertura do ano xudicial e tampouco observou que 700.000 familias Españolas se quedaban sen casa sen que iso supuxera unha “enorme repercusión económica e social”

CHEGOU A HORA DE VERDADE XA NON PODE HABER MÁIS SILENCIO A CIDADANÍA, NO SEU CONXUNTO, VAI SABER COMO A ESTAFARON !!!

Quén debe pagar este imposto?
Cada imposto que se crea xa determina a lei quén é o obrigado tributario, neste caso é un dereito real que pose o banco sobre a vivenda polo tanto correspóndelle o banco o pago do mesmo.
O problema xurdiu por que o regulamento que desenrrola esta lei di que os impostos con garantía pagarano os prestatarios a isto acollíanse os banco para cargarnos o custe do mesmo.

Onde está a solución:
O ser o regulamento de inferior orde xurídica que a lei hai que seguir o ditado da lei. O Supremo en xaneiro escolleu a opción dos bancos, o regulamento, e pagaban os consumidores e en outubro escolleu a dos consumidores a lei e concluíu que pagarían o imposto os bancos. Anulou este artículo do regulamento por ser contrario a lei, ISO É O CORRECTO, e conforme a lei o xusto. O 19 nunha nota emitida dende a web o Consello do Poder Xudicial anúlase a sentenza do día anterior. Alegando “enorme repercusión económica e social”. Podería interpretarse como prevaricación. Xa que ditou 2 sentenzas unha en sentido contrario da outra, unha das dúas é inxusta, algunha pode ser prevaricación xudicial.

Nota informativa do Presidente da Sala Terceira:
http://www.poderjudicial.es/…/El-Pleno-de-la-Sala-Tercera-d…
Os notarios de todo o estado non dan fe pública de que o asinado en sede notarial e conforme a Lei ?
Non coñecían os colexios de notarios a Lei Tributaria e o seu Regulamento e Lei hipotecaria.
Serán cómplices diste xigantesca ESTAFA?

COMO SAÍR DESTA SEN PREVARICAR ???
pode ser parte do atasco do supremo ?

VAIMOS MÁIS ALÁ E MIREMOS A LÚA NON O DEDO !

Si o Tribunal Supremo, o Poder Xudicial en definitiva que imparte xustiza en nome do Rei que a súa vez preside a apertura do ano xudicial, suspende unha sentenza alegando “enorme repercusión económica e social” como é posible que logo de despexar 700.000 familias e rescatar o sistema financeiro non alegase o mesmo argumento ?

Alega o presidente da Sala do contencioso “enorme repercusión económica e social” cando a sentenza é contraria os intereses dos bancos !
A situación lexislativa e polo tanto xurídica en materia hipotecaria e de vivenda é insostible, irracional !

Pronto se celebrará o aniversario da Constitución e vivirase inmersa no esperpento creado por 10 anos de silencio cómplice do poder xudicial, que supostamente era independente do poder lexislativo dirixido polo PP de Aznar e Mariano Rajoy.
O fin cobra visibilidade o que durante 10 anos levamos intentando sacar a luz a PAH e os colectivos STOP-DESAFIUZAMENTOS. A mal chamada crise é produto dunha gran estafa inmobiliaria secundada apoiándose nunha lei hipotecaria decimonónica refundida en 1946 polo tanto preconstitucional e absolutamente contraria a lexislación europea que garante o dereito dos consumidores.

A NORMATIVA 93/13 de protección o consumidor.

A PAH e os Colectivos Stop-Desafiuzamentos aseguramos que dende o ano 1995 todos os contratos hipotecarios son ilegais polo tanto todos as execucións hipotecarias son contrarias a dereito !
O contratos hipotecarios son Títulos Executivos. Baixo o principio "Pacta sunt servanda", cúmprase o pactado, despexáronse preto de un millón de familias SEN PIEDADE. No ano 2009 nace a PAH e familias coa axuda de activistas comezan a empoderarse e enfrontarse as entidades financeiras. Toda a alarma social creada pola PAH non despertou o interese do Poder Lexislativo nin do poder Xudicial non houbo ningunha reunión para coñecer que estaba pasando non había “enorme repercusión económica e social”. O PP tratounos de terroristas !

o 14 de marzo de 2013 a Sentenza Mohamed Aziz abre a brecha no sistema xudicial do Estado Español e por ela entramos TODAS AS QUE TEMOS FAME DE XUSTIZA. Sería demasiado longo explicar que quero dicir con isto pero xa sabedes que rescatamos o sistema financeiro e parece que non hai responsables. Vou facer un simplismo que abrangue toda a estafa, non hai desafiuzamentos en masa sen débeda subordinada e preferentes. Imaxino que vos soa todo.
Sigo coa sentenza Mohamed Aziz e 14 de marzo de 2013 en resposta a unha cuestión prexudicial (antes de ditar sentenza pregunta a instancia superior neste caso o TXUE Tribunal de Xustiza da Unión Europea) plantexada polo Xuíz José María Fernández Seijo a instancia do avogado Dionisio Moreno, defensor do caso Mohamed Aziz.

Ante a imposibilidade de paralizar un desafiuzamento que presenta a lexislación Española. lembrade "pacta sunt servanda" e fora da casa. Da o mesmo que houbera abuso deixa e intenta reclamar cando xa a mercara outro. Así se despexou milleiros de familias que ademais quedaron con débedas despois de pagar os intereses do préstamo. O capital xa esta na vivenda e a volver a vendela. Por isto tanta presa, USURA.

Según esta sentenza OS PROCEDEMENTOS DE EXECUCIÓN HIPOTECARIA PODERÁN PARALIZARSE POLO XUÍZ EN CUMPRIMENTO DA NORMATIVA EUROPEA. Por non haber suficientes motivos de oposición a execución hipotecaria que fagan posible o exercicio de accións e recursos xudiciais que GARANTAN A TUTELA EFECTIVA DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES.

Ademais de estar vulnerando o articulo 47 da constitución que garante o dereito a vivenda. Con dobre garantía o ser o articulo 10.2 da mesma CE, para evitar outras interpretacións, a que di que se debe interpretar conforme a Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España.
Sistematicamente vulnerouse o DEREITO A TUTELA XUDICIAL EFECTIVA recollida no articulo 24.1 da Constitución, familias expulsadas das súas casas e sen dereito a que se investigara si había algún abuso por parte dos bancos.

Para o consello do poder Xudicial QUE DEBERÍA ADVERTIR O LEXISLATIVO DE RAJOY isto non tivo “enorme repercusión económica e social” pero para nos si e seguimos...
o 1 de xullo de 2015 entra en vigor a Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de la seguridad ciudadana. Coñecida como Lei Mordaza. O PP que dispón do poder Lexislativo desprezando as familias empoderadas na PAH no canto de escoitalas, tratas de terroristas e saca esta lei para atemorizarnos e silenciar as nosas propostas na rúa. Non houbo ningunha reunión en pleno dende a independencia do poder Xudicial nin do monarca que seguiu presidindo a apertura de varios anos xudiciais silenciando un drama causado por unha gran estafa sen que alegaran “enorme repercusión económica e social”.

Pero nos seguimos...

O 19 de novembro de 2015 a sala sexta do TXUE.
Pon límite a execución dos avalistas cando estas sexan familiares ou particulares que non buscan lucro co aval. Antes inflaban os prezos da vivenda,a sobretasación, o créditos inflábanse. Estala a burbulla as familias vense con vivendas que non teñen comprador e non poden seguir pagando. O banco volve tasar (a baixa) e quedase coa casa do morosos e a dos pais avalistas.

A SAREB a maior inmobiliaria de Europa sostida con diñeiro público a espera de que os voitres veña a pola carroña. Agora especula cos alugueres de vivendas que mercando á SAREB edificios enteiros expulsando as familias para a continuación subirlles o aluguer. Facilitando esta operación especulativa contraria o dereito constitucional pola a reformas feitas das SOCIMI (sociedades de inversión inmobiliaria) mellorando as condicións tributarias das mesmas e da LAU (Lei de arrendamentos Urbanos), baixando a duración dos contratos de 5 a 3 anos para favorecer o incremento dos alugueres. Feitas por mariano Rajoy e o PP.

Ninguén alegou “enorme repercusión económica e social” e xa estamos inmersos nunha burbulla especulativa Protagonizada por fondos voitres como Black Estone dirixido José María Aznar Botella, que casualidade, que veñen a pola renda dos alugueres empuxando o prezo do mesmos o alza sen que os salarios dean para garantir ises prezos.

o 23 de decembro de 2015 o Tribunal Supremo declara nulas as cláusulas de gastos e constitución de hipoteca por abusivas. Estes gastos deben ser compartidos entre prestamista e prestatario, actualmente algunhas entidades non corren cos gastos a medias. Escollen gastos, si notario registrado e taxación deben ir todos a 50% eles pagan rexistrador que son 100€, ti pagas Notario que son 500€. Collendo o que sae máis económico. TROLEIROS. Os notarios non teñen nada que dicir a isto ???
Nos seguimos...

o 21 de decembro de 2016 o TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA pronunciase sobre a retroactividade das cláusulas chan CORRIXE O TRIBUNAL SUPREMO que declara a retroactividade parcial. Agora si argumenta "Danos a orde económica". Que casualidade como no imposto de Actos xurídicos, cando prexudica os bancos argumentan “enorme repercusión económica e social”.

Moi simple o TXUE dille o Supremo declaren nos seus tribunais si unha cláusula é ou non abusiva, agora ben si se declara abuso debe ser eliminada de todos os contratos que a contiñan polo tanto a retroactividade é total.

O 20 de xaneiro de 2017 Goberno de Mariano Rajoy que non ve “enorme repercusión económica e social” no despexo de 700.000 familias o amparo dun ordenamento xurídico hipotecario preconstitucional en moitos casos e manifestamente contrario a normativa vixente e outros.
Promulga o Real Decreto Ley 1/2007 .http://noticias.juridicas.com/…/589568-rdl-1-2017-de-20-ene…

  Si anlizamos mínmamente iste Real Decreto comprenderemos que o poder Lexislativo se alinea con intereses da banca, con descaro e pouca intelixencia.

Artículo 1 Objeto
El presente real decreto-ley tiene como objeto el establecimiento de medidas que faciliten la devolución de las cantidades "indebidamente satisfechas por el consumidor" a las entidades de crédito en aplicación de determinadas cláusulas suelo contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados con hipoteca inmobiliaria.

Quedemonos con iste texto:
" la devolución de las cantidades indebidamente satisfechas por el consumidor" traslada a acción o consumidor cando iste é o abusado. O que comete a acción de abusar é o banco polo tanto debería decir "AS CANTIDADES INDEBIDAMENTE COBRADAS POLAS ENTIDADES FINANCEIRAS". Queda calro de que lado está o executivo do Partido Popular e Ciudadanos o triste é que o PSOE tamén apoiou iste R.D. Esperemos que cambie de actitude.

Tamanén obligaba o consumidor de tal maneira que debeía buscar un acordo coa entidade, si iste non se producía e ia a xuizo e as cantidades que ofrecía o xulgado eran iguais ou inferiores o ofertado pola entidade as costas procesais pagarías o Consumidor. O lóxico e razoable sería que as pague que cometeu o abuso. Así se frenaron multiples demandas.


Despois de que Nunha acción conxunta da PAH en todo o Estado o 7 de marzo de 2017 presentamos escritos dirixidos o Consello Xeral do Poder Xudicial, os Xuíces Decanos e O servizo Común de Execucións e Embargos advertindo o Consello Xeral do Poder Xudicial sobre a gravidade da situación xa que TODOS OS DESPEXOS se executan en base a unha cláusula abusiva e contraria o dereito. Pedimos a suspensión das execucións ata a resposta do TXUE a cuestión feita polo SUPREMO.

Como é posible que non alegaran “enorme repercusión económica e social”.
En breve o TXUE respostará o Supremo sobre esta cláusula e teremos outro problema nos tribunais.
Tamén está pendente a cuestión Feita sobre o IRPH o TXUE, planteada polo avogado de Stop Desahucios Guipúscoa que percorre o estado axudando a familias con escasos recursos. Plantea unha cuestión o Xulgado de Barcelona que coñece dun caso que el leva sobre IRPH.
Este índice chamado entre os banqueiros o índice do Tontos e destinado a clase media a cal se lle ofrecía con enganos de seguridade no canto do EURIBOR. As familias que teñen ese índice pagan de media 60.000 euros máis que unha familia con índice EURIBOR. Este índice encerra o abuso actuando como unha cláusula chan manipulada por Bancos, Caixas e Entidade según o caso de tal maneira que incluíndo os Gastos TAE da constitución dos contratos hipotecarios cando solo debería ser o TIN (Tipo de Interese Nominal) o dato que deberían trasladar o Banco de España manipulando o descenso do mesmo e actuándo como unha cláusula chan.

O Tribunal Supremo declarou o 14 de decembro de 2017 que era un índice legal e que os consumidores deberían coñecer o que facían non alegou “enorme repercusión económica e social” do lado dos bancos unha vez máis.

En setembro de 2018 o Avogado Xeral da UE declara que o IRPH é abusivo por tanto confiamos que o TXUE en breve se pronuncie no mesmo sentido.
Podíamos falar de seguros SWAP que atrapaban a familias en hipotecas variables cando estas estaban subindo actuando por 5 ou 6 anos como cláusulas chan.

Podemos falar de hipotecas multidivisa, de hipotecas que se vendían como hipotecas tranquilidade que impedían que o capital apenas descendía mentres pagabas máis tempo do debido solo intereses
etc etc etc...

E todo sin que ningún dos poderes do estado independentes entre si observaran que iso traería unha “enorme repercusión económica e social”.

Desgraciadamente nesta ocasión non evitaremos que de un xeito ou de outro nos trasladen o custo a cidadanía.

Pero non roubarán co noso silencio e faremos que algúns paguen por semellante estafa !!
SEGUIMOS NIN UN PASO ATRÁS !

Ningún comentario:

Publicar un comentario