sábado, 30 de novembro de 2019

CONCENTRACIÓN O DÍA 2 DE DECEMBRO ÁS 12:00, NA DELEGACIÓN DE VIVENDA DA XUNTA (I.G.V.S) Senz Diez nº1, PARA DENUNCIAR A ACTUAL POLÍTICA DE VIVENDA.


Acude  apoiar  esta parella con 2 menores de 6 e 7 anos que será despexada iste luns 2 de decembro.

PAREMOS OS ESPECULADORES PARA PODER GARANTIR O DEREITO A VIVENDA !!!

Dende Stop-desafiuzamentos Ourense denunciamos que a actual política de vivenda do Concello e da Xunta de Galicia está encamiñada prestar axudas económicas dirixidas a circuítos de rentismo que solo contribúen a manter elevado o prezo do alugueiro. Resultando ser parches de todo insuficientes para manter unhas condicións básicas vitais de estabilidade e dignidade .

Consideramos que é imprescindible a creación dun parque de vivenda de emerxencia e vivendas sociais suficiente, encamiñado a proporcionar alternativa habitacional urxentes en casos de despexos e no seu caso a estabilidade vital básica para calquera individuo ou familia. Para logo poder afrontar outras necesidades vitais como atopar un traballo, que lles permita por si mesmos saír diste circulo de exclusión.

Dende a PAH E OS COLECTIVOS STOP-DESAFIUZAMENTOS levamos unha década defendendo o dereito á vivenda e a súa función social, propoñendo cambios lexislativos e estruturais que os garantan. Logramos avances a nivel municipal, gañar leis autonómicas e rexistrar unha Lei de vivenda integral no Congreso que non avanzou polo bloqueo crónico de PP e Cidadáns.

As mobilizacións e presión social foron o suficiente potentes e sostidas no tempo como para lograr pequenos avances, como a reforma da LAU e as que se incluíron na lei hipotecaria, insuficientes debido á falta de contundencia do PSOE, que deixou pasar unha oportunidade histórica de frear a emerxencia habitacional e rebentar as burbullas de aluguer e de hipotecas. Unhas reformas que en ningún momento recollían medidas que atacasen o problema de raíz, para seguir sendo medidas de favor á banca e aos fondos de investimento. En resumo, seguir tratando un dereito fundamental, a vivenda, como unha mercadoría coa que especular a beneficio duns poucos.

A especulción primeiro coa compra venda e agora co aluguer levounos a unha situación que afecta á totalidade das inquilinas e inquilinos, xa non é unha cuestión do sector máis vulnerable da sociedade.
Cos soldos de hoxe e os prezos do aluguer cada vez máis altos, nalgunhas zonas xa superiores a un salario medio, o manter o aluguer ou o poder acceder a el para formar un proxecto de vida, converteuse nun luxo, que ataca directamente ao dereito a unha vivenda digna.

Desde a estafa mal chamada crise, que deixou sen fogar a máis de 800.000 familias vía execución hipotecaria á burbulla do aluguer, causa do 66% dos 162 desafiuzamentos diarios que seguen producíndose a día de hoxe, falamos dunha emerxencia e drama social que non pasou da noite para a mañá.

A pésima xestión política en materia de vivenda da Xunta e dos gobernos centrais, máis interesados en defender o benestar do sistema financeiro que o das familias,o investimento 0 en vivenda social e a alfombra vermella aos fondos voitre, patrocinaron a especulación dun dereito tan básico como a vivenda. Iso provocou a inexistencia de alugueres alcanzables, a inestabilidade dos contratos, a inexistencia dun parque público de vivenda.

Non podemos permitir que se sigan producindo 60.000 desafiuzamentos ao ano, que non se fomente a creación de vivenda pública e social, que a vivenda baleira en mans da banca sígase vendendo a fondos voitre ou que non se regule o prezo dos alugueres, mentres miles de familias están angustiadas pola falta de horizonte habitacional.

Por iso na reunións mantidas por Pedro Sanchez con moventos sociais o pasado verán a PAH esixiu as seguintes medidas :

­->>A suspensión temporal dos desafiuzamentos ata que as Administracións Públicas poida garantir o acceso a unha vivenda adecuada.

->>O cumprimento de Tratados Internacionais, e a súa prevalencia sobre a lexislación nacional que desafiuza sen alternativa habitacional. Débense aprobar urxentemente medidas que obriguen ao acatamento xudicial/estatal das peticións de suspensión de desafiuzamentos emitidas polo Comité DESC de Nacións Unidas.

->>A anulación total dos desafiuzamentos con data aberta. É necesaria unha revisión da LEC que evite a reinterpretación dalgúns xuíces, aumentando a angustia e evitando a defensa da vivenda.
->>Ampliación da moratoria de desafiuzamentos, que finaliza en maio do 2020, e mellora dos seus protocolos de acceso.

->>Renovación obrigatoria dos contratos de aluguer social se a familia segue estando en situación de vulnerabilidade.

->>Regulación e limitación dos prezos do aluguer, en consonancia cos ingresos da unidade familiar, outorgando aos concellos a capacidade de establecer prezos vinculantes.

->>Incremento crecente nos Orzamentos Xerais do Estado para vivenda, ata alcanzar o 3,5% do PIB, en investimentos que garantan a súa función social de forma permanente.

Impedir a venda de vivenda pública por norma legal.

->>Medidas legais que outorguen á administracións públicas o dereito de tenteo e retracto sobre as vendas de lotes de vivenda que realicen os bancos, e que normalmente, acaban en mans de fondos voitre.

->>Cesión obrigatoria das vivendas baleiras que posúa a banca rescatada, con especial fincapé a Bankia e á SAREB. Facelo de forma inmediata en zonas tensionadas.

->>Que a todos os grandes pouidores de vivenda que obtivesen fondos públicos, ben por rescate, ben por axudas ou exencións fiscais reclámeselles a súa débeda en vivenda.

->>Que as SOCIMIS e fondos voitre paguen o seu correspondente imposto de sociedades e estúdense medidas para modular/evitar os efectos especulativos das súas prácticas.

->>Penalizacións á vivenda baleira en mans de grandes puseidores.

->>Que se determine dunha vez por todas a ilegalidade das cláusulas abusivas como ditan as sentenzas do Tribunal europeo.

->>A limitación da responsabilidade ao ben hipotecado e a dación en pago como fórmula natural de resolución de falta de pagamentos por causas demostrables e alleas á vontade do debedor. Por unha lei de segunda oportunidade que supoña a integración social fronte á morte civil que supón o sobreendeudamento para sempre.

->>Unha Lei Estatal de Vivenda baseada na Lei Vivenda PAH e a Lei 24/2015 catalá, froito dunha ILP aprobada por unanimidade no Parlament.

Estas son as nosas solucións agora falta a vontade política para levalas a cabo.

Acabar con esta especulación que xa provoca o 66% dos desafiuzamentos diarios só depende da mobilización da sociedade para acabar obrigando a Xunta e o Goberno reformas que freen os especuladores.

Queremos facer un chamamento a todas as inquilinas, que se acheguen á nosas asembleas, só de forma colectiva e organizada seremos máis fortes.

Non poder pagar o aluguer non é un capricho, non te sintas culpable por iso. Os culpables son os que fixeron da vivenda un negocio. Bancos, fondos voitre e o sistema político e xudicial.

En Stop Desafiuzamentos levamos 10 anos pelexando contra estas inxustizas e para reverter a situación. Sabemos que xuntas e organizadas conseguirémolo. Por isto, se non podes pagar o teu aluguer, acábase o teu contrato, queren facerche unha subida inasumible, ou directamente non queren renovarche, Non te quedes na casa ou quedarás sen ela! Ven e infórmate.


 PRENSA:
 https://www.farodevigo.es/…/urgen-viviendas-em…/2211846.html
https://www.laregion.es/…/desahuc…/20191202175113910390.html







Ningún comentario:

Publicar un comentario