venres, 9 de outubro de 2026

EN MEMORIA DE TODAS AS VÍTIMAS DA AVARICIA INMOBILIARIA

MARICARMEN NON MORREU NA SÚA CASA

Pola memoria a dignidade e o dereito a vivenda.

Maricarmen Morreu.

Tiña 87anos era unha muller loitadora pero fraxil . Levaba máis de setenta anos vivindo na mesma casa dennde que entrara nela sendo unha nena. Aquela casa era súa memoria. Alí medrou, coidou os seus, envelleceu e gardou toda a súa vida.

Pero Botarona.

Despois de pagar mási de mil mensaulidades.

Despois de anos de procedementos, recursos, medo e angustia.

Desois de convertir os últimos anos da súa vida nunha batalla para conservar o seu fogar.

O 23 de setembro sacárona da súa casa. Aquil memso día tivo que ser hospitalizada. Estaba fisica e emocionalmente agotada.

Non volveu sair do hospital.

Dúas semanas despois , Maricarmen morreu.

Existe unha relación política, social e humana que ninguen pode negar na súa morte:

Uhanha anciá fraxil, anos de angustia, a expulsión violenta do seu fogar , o esgotamento e a hospitalización inmediata non son feitos alleos á súa morte.

Forman parte dunha mesma historia.

O certificado médico non poderá escribir a palabra desafiuzamento pero tampouco recollerá as noites sin durmir , o medo, a humillación nin o golpe brutal de ser expulsada da casa onde construira toda a súa vida.

A pobreza enferma

A soidade enferma.

A angustia enferma.

Perder o fogar tamén enferma.

E as veces pode contribuir a matar.

A solución chegou. Conseguiraseun acordo para que Maricarmen regresase á súa casa.

Pero chegou tarde, demasiado tarde.

Maricarmen non é a primeira antes houbo moitas persoas que se suicidaron diante dunha orde delanzamento ou despois de perder a súa vivenda.

Lembramos a Carlos Midón a Amaia Egaña a Olga Matute, a Javier. Lembramos as persoas cuxos nomes no chegaro os xornais.

O sucidio nunca ten unha unica causa pero tampouco podemos chamarlle ¨traxedia persoal¨ o resultado dun sistema que somete persoas vulnerables a unha presión insoportable e despois borra as súas propias responsabilidasdes.

Un desafiuzamento non é un expediente, unha demanda ou un cambio de pechadura. Detrás hai peroas maiores arrancadas do seu barrio. Nenos que mudan de escola. Familias separadas. Persoas enfermas. Vidas enteiras metidas en bolsas de plástico.

Por eso non permitiremos que Maricarmen noticia durante unha horas e mañá.

Non queremos condolencias senmedidas.

Non queremos acordos que chegan tarde.

Non queremos que acobiza se esconda detrás dunha sentenza ou unha sociedade mercantil.

Unha sociedade decente non expulsa a unha muller de 87 da casa onde viviu durante sete décadas.

Unha sociedade decente non espera a que esté hospitalizada par topar unha solución.

Unha sociedade decente non protece mellor a rendabilidade dunha empresa que a vida dunha peroa fraxil.

POR ISO RECLAMAMOS UN ESCUDO HABITACIONAL PERMANENTE.

Ningunha perrsoa vulnerable pode ser desafiuzada da súa vivenda habitual sin unha alternativa digna.

Nin por impago de alugueiro.

Nin por impago de hipoteca.

Nin por finalización dun contrato.

A banca, os fondose o rentismo deben asumir a súa responsabilidade.

Maricarmen pediunos dende o hospital:

¨Defendede o que é voso seguide loitando¨ seguide loitando.

E iso faremos !!!!

Transformaremos a dor en memoria.

A memoria en indignación.

A indignación en organización.

Maricarmen morreu, pero a súa voz non srá expulsada.

Maricarmen non se esquece !

Nin un desafiuzamento sen alternativa !

Nin unha Maricarmen máis !


VIVENDA PARA VIVIR !!!!


 CERCA DA TÚA CASA TRAILER: É indecente Silvia Pérez Cruz.

 !https://www.youtube.com/watch?v=KWPJZyLwwIQ

 

CANCIÓN PARA APAH. Nacho Vegas  2016  

 https://www.youtube.com/watch?v=y3pid7u8xKQ&list=RDy3pid7u8xKQ&start_radio=1 

 

 Ámenme, Soy un Liberal.  Nacho Vegas

 

 May be an image of multitude e texto

 

 May be an image of texto

 May be an image of multitude e texto

 May be an image of multitude e texto

xoves, 8 de outubro de 2026

O 3 E 4 DE OUTUBRO VOLTAMOS AMOBILIZARNOS ! 

 A PAH naceou no ano 2009 milleiros de familias oganizaronse longo do territorio de todo o estado entorno a pah e os colectivos stop desafiuzamentos. A estafa inmobiliaria provocada pola  liberalización do chan feita por José María Anar en 1998 rematou co estourido da burbulla inmobiliaria en 2008. O resultado foron milleiros de familias perderon os seus fogares mentres se rescataba entidades financeiras con diñeiro público. 

O longo distes anos resistimos mentres a sociedade parecía adormecida como si non houbera pasado nada. Despexos, suicidios sufrimento, silenciado en medios. O recente despexo perpetrado por un fondo voitre que lanzou a Maricarmen do seu fogar voltou adespertar a conciencia cidadá, esperemos que desta sexa a definitiva. Maricarmen axudada polo Sindicato de Inquilinos loitou o longo de 7 anos e finalmente foi desapexada.  A hipocresía do Concello e da Comunidade de Madri chega a tal límite que permiten o despexo sin alternativa e cando comproban que a mobilización pode danar a súa imaxe danlle unha alternativa habitacional. 

Sindicato de inquilin@S chama a ir a unha folaga xeral. Dende iste humilde colectivo celebramos iste chamado pero co sufrimento que levamos visto o longo de anos obriganos a facer unha reflexión e voltar a mirada o pasado recente para comprender que se cometeu un erro imperdoable.

Cando a PACDP Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débea Pública, na que nos participamos, se mobilizaba nos asno 20011  co lema ¨NON DEBEMOS NON PAGAMOS¨  non o pago da débeda sin auditoría. 

No seguinte contexto:  Zapatero e Rajoy reformaban a constitución para priorizar o pago da débeda pública nos presupostos. De seguido M.Rajoy crea a SAREB Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria. Conocida popularmente como  «banco malo»,  unha sociedad anónima española creada en noviembre de 2012 durante a estafa financeira. 

M.Rajoy liberal coas ganancias intervencionista coas perdas dilapidou 74.000 dos 76.000 millóns do FONDO DE PENSIÓNS boa parte foi para a SAREB. Con iste ENXENDRO INMOBILIARIO trasnferian diñeiro publico a CONSTRUCTORAS E BANCOS e istes apalancaban na SAREB as vivendas para que non caeran o prezo, resumindo SOLIDARIZARON AS PERDAS DE BANCOS E CONSTRUCTORAS. 

MOMENTO ESTRATEXICO cando a Plataforma pola Auditoría se mobilizaba ¨non debemos non pagamos¨ iste era o momento de PARAR O PAÍS. Si tiñamos que asumir a débeda transferida dos bancos DEBERÍAMOS ESIXIR ALGO A CAMBIO:

.Investigación da quebra das caixas de aforro, o 51% do sistema do aforro do Reino de España foi privatizado "detriora baixa o prezo e privatiza. 

.Enxuizar os Directivos e Consellos por levalas a suposta quebra. 

.Investigar a venda de debeda subordinada e titulos preferentes a particulares. Estafa masiva para liberar os inversores iniciais diste producto, fundamental para alimentar a especulación inmobiliaria. 

.Impedir a creación da SAREB si o negocio da compra venda actuaba coas reglas do libre mercado agora o prezo da vivenda debería axustarse o prezo da demanda. Houbérase repartido entre particulares e non deixarlla en bandexa os fondos voitres.  

.Frenar os desafiuzamentos e abalar a morosidade de familias e non os bancos .

Nada desto se fixo. Os fondos como BLAK STONE, asesorado por José María Aznar botella, logo de que a súa Nai vendera 3000 vivendas publicas do IVIMI, entraron a mercar en MASA as mellores vivendas da SAREB. M.Raoy rematou o seu intervencionismo modificando as SOCIMI que pasaron de tributar o 25% o 19% e para non deixar nada sin facer. Mudou a Lei de Arrendamentos Urbanos baixando a duración dos alugueiros de 5 a tres anos. Os fondos subiron os alugueres de 400 e 600€ a 1500€ e os que non podían pagar despexaronos. 

As mobilizacións da PAH e os Colectivos Stop-desafiuzamentos chegaron a un nivel que en Europa premiaron a PAH polo activismo social a prol da vivenda digna. 

M.Rajoy en 20015 creou a Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de la seguridad ciudadana. Para frear os mobilizacións. A día de hoxe, foi modificada pero sigue en vigor, o goberno prometera derogala.

Houbo moitísimas Maricarmen antes, en Ourense temos varias mulleres que viviron o mesmo. Dende stop-desafiuzamentos Ourense celebramos que volten as mobilizacións e a proposta de folga xeral, pero somos moi consciente de que chegan moi tarde. Xa os voitres encheron o fol con moito... moitísmo sufrimento, demasiado sufrimento e fixeronse fortes. 

Aínda así faremoslle fronte !!!!

Sabíamos o que estban facendo e nunca demos un paso atrás, RESISTIMOS !!!!

Por qué a folga xeral non foi antes de todo iste sufrimento ???  

Sindicatos e formacións políticas estatolátricas deberan resspostar esta pregunta pois dende 2009 ata 20019 arderon as rúas !!!! 

Nesta mobilización demos a coñecer o inminete despexo, o día 29 de outubro, dunha muller con doenzas mentais e escasos recursos. Vai a ser despexada sin que Cocello de Barbadás nin a Delegación de Vivenda da Xunta, o IGVS, lle deran unha saída digna a día de hoxe !!


 


 

 

 



 










sábado, 12 de abril de 2025

 MANIFESTACIÓN POLO DEREITO FUNDAMENTAL A UNHA VIVENDA DIGNA 5 DE ABRI 2025.

 
Hoxe voltamos as rúas a defender o dereito a unha vivenda digna. Esta loita xa dura dende o ano 2009. A sociedade, en xeral, debeu por pe en parede cando foi da estafa financeira de 2008 e non o fixo. Rescataouse a banqueiros e construtores corrutos. Vendo que esa gran estafa saíalles gratis, decidiron entrar de cheo no extractivismo rentista. Mariano Rajoy Brey, M.Rajoy, creou a S.A.R.E.B en 2013 e eliminou a tributación das S.I.C.I.M.I no 2012 pasando de tributar do 25% o 0%. O capital si hai negocio e ninguén llo impide faino, así de simple, Daquiles polvos istes bulleiros.
Que cada quen pense onde estivo todos istes anos, stop-desafiuzamentos e a pah de todo o estado nunca deixamos as rúas, onde se conquistan os dereitos e se corrixen os abusos !
A autoxestión e a fraternidade son o camiño, sinxelo, pero imposible para quen ten mirada vertical !!!
Amosamos a nosa solidaridade co pobo Palestino. Si alguén sufre o drama da vivenda son iles, vendo como o sionismo destrue as súas vidas e os seus fogares en masa. Un xenocidio televisado. Non co noso silencio !!!!
 
 






                                                                                         




luns, 24 de marzo de 2025

ANTE A EVIDENTE SITUACIÓN DE AMERXENCIA HABITACIONAL SAÍMOS A RÚA O PRÓXIMO 5 DE ABRIL.

ESIXIMOS O INMEDIATO CUMPLIMENTO DOS ARTIGOS 10 E 47 DA CONSTITUCIÓN !!

                                SÁBADO 5 DE ABRIL NA DELEGACIÓN DO I.G.V.S 

                                                               SÁENZ DÍEZ 1

 




 

 
 

DENDE O ANO 2009 a Plataforma de Afectados pola Hipoteca a (P.A.H) e os Colectivos Stop.desafiuzamentos de todo o Estado veñen loitando contra os ABUSOS FINANCEIROS, que son A CAUSA da imposibilidade de acceder a vivenda digna e os DESAFIUZAMENTOS a CONSECUENCIA. 

 

O salto dos FONDOS DE INVERSIÓN da ESPECULACIÓN INMOBILIARIA na COMPRA-VENDA, causada pola LIBERALIZACIÓN DO CHAN de 1998 e a REFORMA DAS CAIXAS DE AFORRO E O SISTEMA FINANCEIRO DE 2002 feitas por JOSÉ MARÍA AZNAR, o EXTRACTIVÍSIMO RENTISTA nos ALUGUEIROS , Propiciado pola reforma das S.O.C.I.M.I (Sociedades Anónimas Cotizadas de Inversión Inmobiliaria) no 2012 e creación da S.A.R.E.B (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria) no 2013 feita por MARIANO RAJOI, deu como resultado unha situación de EMERXENCIA HABITACIONAL de tal maneira que tanto os actuais prezos dos ALUGUEIROS como os de COMPRA DE VIVENDA sexan imposibles de soportar, obrigando a poboación a reorganizarse e volver a saír as rúas, nesta ocasión para REMATAR DEFINITIVAMENTE COA ESPECULACIÓN INMOBILIARIA.

Mentres a Unión Europea recoñecía a loita da PAH co Premio Cidadán Europeo 2013. O partido popular tratounos a PAH e os Colectivos Stop-Desafiuzamentos de terroristas, e para frear as crecentes mobilizacións aproba a Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de la seguridad ciudadan. Esta lei foi calificada pola ONU e o Consello de Europa como antidemocrática, xa que cargos políticos podían impoñer sancións elevadísimas por tipos delictivos que antes aparecian recollidos no código penal, sendo o sistema xudicial que impuña esas sancións. Cargándose de facto a separación de poderes.

 


Dezaseis anos de loita 2009 A 2023 deron como resultado unha serie de conquistas de lexislación positiva que si ben non é suficiente non debemos esquecer xa que antes as condicións eran terriblemente peores. Ningunha destas foi aprobada nos gobernos do partido popular e ciudadanos:


1º – O CONCEPTO DE VULNERABILIDADE. O recoñecemento do concepto vulnerabilidade social ante procesos de desafiuzamento tanto hipotecarios como de aluguer. Primeiro forzamos convenios autonómicos co Consello Xeral do poder Xudicial e finalmente foron incorporados a lei de vivenda para que os xuíces poidan actuar de oficio si se alega vulnerabilidade social. Solicitando informes os servizos sociais antes de proceder os lanzamentos. O procedemento anterior consistía en despexar sen contemplacións, eso si alí estaban a PAH e Stop-Desafiuzamentos para sinalalos e forzar unha alternativa habitacional antes do despexo. Os desafiuzamentos sempre están ligados a precariedade económica así a pah e os colectivos stop-desafiuzamentos ademais de acompañar as familias nos peores momento das súas vidas empoderándoas e axudándoas nos problemas concretos. Mobilizámonos en campañas de nadal no acendido de luces ata acadar o Real Decreto 897/2017, de 6 de octubre, por el que se regula la figura del consumidor vulnerable, el bono social y otras medidas de protección para los consumidores domésticos de energía eléctrica. Créase o bono social térmico. Establecese a prohibición do corte de suministros a familias vulnerables.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2017-11505 


2º – UNHA NOVA LEI HIPOTECARIA. De 2019 Ley 5/2019, de 15 de marzo, reguladora de los contratos de crédito inmobiliario. Forzamos a revisión completa do sistema hipotecario Español que se rexía por unha lei de 1808 refundida por Franco en 1946, e demostramos que todos os contratos hipotecarios por adscrición, sen negociación, dende a entrada en vigor da DIRECTIVA EUROPEA DE PROTECCIÓN O CONSUMIDOR do ano 1993, ERAN ABUSIVOS E ILEGAIS, sen excepción. Permitían desafiuzar a familias icumplindo o dereito a tutela xudicial efectiva recollido no articulo 24.1 da Constitución Española, como advertía o Tribunal Xustiza da Unión Europea en cuestión prexudicial, no ano 2013, na Sentenza Mohamed Aziz. Como medida da nova lei destaca a imposibilidade de incoar un procedemento de execución hipotecaria antes de 12 cotas impagadas. Sendo insuficiente esta lei, dende o noso punto de vista, pois non encara de maneira efectiva a Dación en Pago, nin as débedas permanentes nas que quedan as familias.https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2019-3814

Coa lexislación anterior, con un impago avisábase, e o terceiro impago, sen ningunha consideración, lanzábase. En moitos casos, entidades financeiras que foran  rescatadas con diñeiro público, incoaban o procedemento de execución, que remataba coa expulsión da familia da vivenda, a perdida da mesma, e unha débeda de por vida. Todo sen existir no deito civil español ningunha opción de oposición a o titulo executivo. Pero alí estiveron a PAH e Stop para sinalalo e corrixilo.

 

3º – A PRIMEIRA LEI DE VIVENDA. Tras a ILP que levamos ao Congreso en 2013 avalada por 1,5 millóns de firmas e que o PP transmutou en Lei 1/2013, rexeitada polo T.X.U.E (Tribunal de Xustiza Da Unión Europea) en varias ocasións. Despois de ser vetada o 27 de marzo de 2019 polo goberno do PP con Ciudadanos volvemos cunha lei elaborada polas familias afectadas, que abordaba globalmente os problemas actuais do acceso á vivenda no Estado Español: os desafiuzamentos, o endebedamento para sempre, a carencia de parque público de vivenda, os alugueiros e a pobreza enerxética. Despois de anos de presión e esforzo, a nosa iniciativa logrou o 30 de setembro de 2021, avalados por 9 formacións políticas do Congreso, rexistrar o noso propio texto de lei que si garantía o exercicio do dereito á vivenda e cuxa toma en consideración foi rapidamente rexeitada polo PSOE. Finalmente o PSOE promulga Ley 12/2023, de 24 de mayo, por el derecho a la vivienda. 

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2023-12203

Froito desa potente loita, dáse un paso adiante e as Administracións empezan a recoñecen o valor social da vivenda. Pero, por desgraza, o dereito á mesma segue sen estar garantido. Por iso, somos realistas ao recoñecer que o paso é máis curto do que podía e debía ser, e do que terminará sendo. Por isto e moito máis, temos claro que a nosa loita non acaba aquí e será aínda máis forte a partir de agora. Foi o movemento de vivenda o que nos trouxo ata este día, e é o movemento de vivenda o que seguirá conquistando dereitos, á parte de defender os que xa fomos gañando.


POR TODO ISTO, E COÑECEDORES DE QUE AS COMPETENCIAS EN MATERIA DE VIVENDA SON EXCLUSIVAS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS ESIXIMOS AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS, O ESTADO E AS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS O CUMPRIMENTO DOS ARTÍGOS 10 E 47 DA CONSTITUCIÓN E POLO TANTO AS SEGUINTES MEDIDAS:

 

1º Inmediata DECLARACIÓN en todos o estado e nos distintos niveis administrativos de EMERXENCIA HABITACIONAL. Medidas de emerxencia para impedir que ningunha familia adique máis de un terzo dos seus ingresos a gastos de vivenda., para poder enfrontar esta emerxencia habitacional e os desafiuzamentos, e avanzar no seguintes propostas:

a) Aluguer Social Obrigatorio inmediato para FONDOS DE INVERSIÓN e S.O.C.I.M.I.S (Sociedades Anónimas Cotizadas de Inversión Inmobiliaria) e grandes posuidores. Incremento da presión fiscal progresiva as vivendas baleiras dos mesmos. Expropiación de uso no caso de incumprir cos porcentaxes de aluguer social.

b) Prohibición inmediata de acumulación de vivendas de uso turístico, ningún propietario poderá adicar máis de 1 vivenda a uso turístico, incremento da presión fiscal estas vivendas. Sancións económicas ás vivendas turísticas non rexistradas.

c) Paralización dos desafiuzamentos sen alternativa habitacional de familias ou persoas vulnerables. Cargo do custe do aluguer, a espera de alternativa, ás administracións públicas autonómicas, cando o despexo esté xudicializado, que non teñan prevista alternativa habitacional para familias vulnerables, nos casos de pequenos propietarios.

d) Prohibición inmediata das empresas privadas de desocupación pois estas mesmas poderían sustentar mafias de ocupación en aras de manter o seu negocio. Inmediata Reforma lexislativa de tal maneira que os despexos ou desocupacións solo poidan ser executadas por orde e en comitiva xudicial. Regulación axeitada do concepto ocupación.

  • 2º Consideración definitiva e protección en todas as capas administrativas e lexislativas do dereito a vivenda como dereito humano fundamental como indican literalmente os artigos 10 e 47 da constitución Española e os tratados internacionais asinados polo Estado Español.

  • 3º Consideración de vivenda social como vivenda pública a perpetuidade. Regulación do concepto vivenda digna e adecuada que inclúa os suministros básicos.

  • 4º Inmediata posta en funcionamento da axencia Estatal de vivenda que vele polo cumprimento diste dereito coordinada coas administracións autonómicas e locais de tal maneira que as políticas de vivenda e chan cumpran co mandato constitucional, dereito fundamental .

  • 5º Inclusión do sinfogarismo nas políticas de vivenda, revisión do concepto de albergue municipal. Inclusión da saúde mental e as adicións como estratexia na organización dos mesmos, deseño reforma e construción de novos albergues adaptados as diferentes problemáticas socias de tal maneira que a dignidade humana estea garantida, eliminado capas administrativas e superposicións de ongs. Maior eficacia e simplificación das axudas sociais eliminando trabas administrativas no acceso as mesmas. Unha axuda axeitada e mellor que 10 axudas insuficientes

  • 6º Plans permanentes de Recuperación e rehabilitación de vivendas baleiras dende todos os niveis administrativos .

  • 7º Aumento do parque público de vivenda do actual, 1,6% das vivendas principais, isto esixe a construción de 1.391.783 vivendas, ata chegar á media europea do 9,3% de vivendas principais, segundo datos do Eurostat recolleitos polo Observatorio da Vivenda do Ministerio de Transportes. O aumento de chan para reserva de vivendas de protección social (do 40 ao 50% da edificabilidade en nova urbanización e o 50% no chan urbanizado para actuacións de reforma ou renovación da urbanización). Os Municipios con demanda residencial acreditada superior á media do Estado deben dispoñer, no prazo de 20 anos, dun parque mínimo de vivendas destinadas a políticas sociais do 20% respecto ao total de vivendas principais existentes.

  • 8º Inmediata disposición de vivendas municipais de emerxencia para casos de desafiuzamentos de familias vulnerables. Protección dos pequenos propietarios que non teñan máis de 1 vivenda en aluguer. As diferentes administracións local ou autonómica asumiran o custo do aluguer unha vez seña decretada a vulnerabilidade social no xulgado si a administración correspondente non ten prevista vivenda de emerxencia para ofrecer alternativa habitacional no caso de desafiuzamento. Programas con propietarios particulares para promover a cesión a concellos dando garantías. 


SOBRE A VIVENDA COMO DEREITO HUMANO FUNDAMENTAL, A PAZ SOCIAL E O SUPREMO DEREITO DO SER HUMANO A REVELARSE CONTRA A TIRANÍA E A OPRESIÓN NO CASO DE NON SER PROTEXIDO POR UN RÉXIME DE DEREITO.

A constitución do Estado Español do 1978 regula o dereito a vivenda no Titulo Primeiro, Derechos y Deberes Fundamentales, como un dereito fundamental, así o articulo 47 reza:


Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo con o interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.


Xa que iste articulo 47 está dentro do capitulo terceiro da C.E Principios Rectores de la política social y económica determinados formacións políticos de dereitas e neoliberais, como o Partido Popular e Vox, Acóllense o capitulo terceiro para sustentar a vivenda como un elemento de mercado e non como un dereito fundamental.

Para solventar esta dualidade interpretativa sobre os dereitos fundamentais recollidos titulo primeiro, o propio lexislador deixa establecido, como deben ser interpretados, e vincula a paz social do país a esta interpretación. Así o arrtigo 10.1 e 10.2 da C.E expoñen:

 

Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais:

Artigo 10.1 A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social.

Artigo 10.2 As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España. 

 

Si consultamos a Declaración de dereitos humanos no seu articulo 25 determina o dereito de todo ser humano a unha vivenda digna e no seu preámbulo no paragrafo 3 considera un supremo recurso rebelarse contra a tiranía e a opresión de non ser protexidos por un réxime de dereito.

 

Declaración dereitos humanos:

25 1. - Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios

Preambulo Declaración Dereitos Humanos, paragrafo 3 - Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, a fin de que o home non se vexa compelido ao supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión.

O Pacto internacional dos dereitos económicos, sociais e culturais no seu artigo 11 e o Convenio Europeo para a protección dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

1. Os Estados Partes no presente Pacto recoñecen o dereito de toda persoa a un nivel de vida adecuado para si e a súa familia, mesmo alimentación, vestido e vivenda adecuados, e a unha mellora continua das condicións de existencia. Os Estados Partes tomarán medidas apropiadas para asegurar a efectividade deste dereito, recoñecendo a este efecto a importancia esencial da cooperación internacional fundada no libre consentimento. 

 

 


 ALGUNHAS IMAXES DE ANOS DE LOITA POLO DEREITO AUNHA VIVENDA DIGNA E CONTRA A  POBREZA ENERXÉTICA.
 
 

 

Maite Ortiz e José María Erauskin de Abogados Res Donostia -SanSebastián Guipúzcoa. Colaboradores e amigos. Imprescindibles nesta loita na cidade de Ourense. Xunto a eles outros compañeiros como Roberto e María Ourense, colaboraradors altruístas co colectivo, sin a súa axuda non poderíamos ter feito o que fixemos.

https://abogadosres.com/ 

                         


 

 A PAH estala no Congreso contra a nova Lei de crédito inmobiliario Os servizos de seguridade expulsaron da sala aos militantes da Plataforma de Afectados pola Hipoteca que acudiron para protestar ante a aprobación do Proxecto de Lei reguladora de contratos de crédito inmobiliario, que tachan de continuista coa política do PP e de ignorar a xurisprudencia europea. 



 En 2018, contra os acordos do supremo en materia hipotecaria sempre sensible os intereses das entidades financeiras pero ignorando o dereito a vivenda recollido nos articulos 10 e 47 da Constitución.

 


 

 

En marzo de 2015 , despois de impedilo en 2 ocasións, realizouse o despexo dunha compñeira con un fillode 1 ano. O non ter vivenda de emerxencia no Concello nin no IGVS fomos as compañeiras de Stop-desafiuzamentos Ourense quen lle costeamos unha vivenda para estabilizala e que puidera seguir coa súa vida,

https://www.laregion.es/comarca-de-ourense/imagenes-desahucio-familia-maria-pilar_3_20150303-2105282.html#slide-3 


 


 


 


 

                                                      

   


0 28 de decembro de 2016 Levamos unha moción de vivenda a Deputación. Dende o colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense agradecemos a oportunidade que se nos ofreceu dende o BNG para dar apoio a moción que hoxe presentamos, que recolle propostas básicas para os colectivos que loitamos polo dereito efectivo a una vivenda digna e contra a pobreza enerxética.

Feito este agradecemento queremos remarcar o carácter apartidista do noso colectivo como un dos seus principios básicos.

Comezaremos expoñendo o caso dunha compañeira que estivo preto de ser desafiuzda por un organismo público, o I.G.V.S, que ten a obriga constitucional de velar polo cumprimento do dereito a unha vivenda digna, por ter a Xunta de Galicia a competencia exclusiva nesta materia, no territorio galego. Imaxinemos como pode ser a situación no caso de desafiuzamenos bancarios ou por impago de aluguer cando son as propias administracións as que desafiuzan sen dar opcións.



 

 Campaña contra a pobreza enerxética no acendido das luces de nadal novembro de 2016.

                                            



 




 

 


 

 

 
 


  
Os Recitais e os mercadiños  solidarios permitíanos conseguir finaciamento para axudar asfamilias que o precisaban, esí como pagar os materiais das campañas.

                                      

 





O 19 de decembro de 2015 Acción a nivel estatal "as 5 da PAH" 18:00h en todas as Prazas das cidades e vilas do estado. En Ourense saímos a rúa a repartir información para a xudar a cidadanía a reflexionar, ¿quen defende os seus intereses? ¿quen os dos poderes financeiros e os plutócratas?.

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.

2.- ALUGUER ALCANZABLE: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.
3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.
4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.
5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.





 

A  PAH e  Os Colectivos Stopdesafiuzamentos organizaronse na Coordinadora Galega PAH-STOP que nos permite secundar accións en todo o territorio galego.

                                          

                            

 

 A finais de 2014 contactounos unha familia afectada por un posible desafiuzamento, por impago de cota hipotecaria pola cantidade de 7000€, coa entidade financeira Bankia. En xaneiro do ano 2015 presentouse un escrito acolléndose a negociación no marco do Real Decreto ley 6/2012. No mes de maio de 2015 a entidade financeira Bankia acepta a solicitude e fai unha proposta que esta familia considera razoable. No mes de setembro de 2015 o mediador hipotecario da oficina que levara o caso en Ourense é desprazano a Oviedo.

Asignase unha nova mediadora en Vigo, coas dificultades que isto ten para esta familia, pero ademais esta nova mediadora de Bankia, nunha aptitude carente de empatía, negase a aceptar as condicións anteriormente propostas pola entidade, por escrito, pretendendo que esta familia pague unha cota que neste intre resulta inasumible para a mesma.

 A actitude desta entidade financeira intervinda con 22.000 millóns de € de diñeiro público , de facto nacionalizada, por tanto pertencente a cidadanía. Non lle permite a unha familia facer os pagos a medidas das súas posibilidades.

  
     


 

Novembro de 2015 Recentemente aprobouse en asemblea secundar esta campaña e presentaronselle as propostas a Ourense en Común (incidimos no apartadísimo do colectivo pero agora os únicos, no concello de Ourense que son sensibles con estas demandas son Ou-Común, antes foi o BNG) para levar estas propostas o pleno de decembro.

 Pero non é suficiente estas demandas teñen que entrar en campaña, a xente debe saber que está disposto a defender cada quen, logo non vale deixarse menear polo neoliberalismo. Presentamos I.LP  galega polo dereito a vivenda digna., Rexeitada polo Partido Popular Gelgo, foi a primeira ILP pola vivenda autonómia anterior a catalana.

 


 Mercadiños solidarios.

As necesidades de loxística (almacenamento de roupa, obxectos...etc), non podíamos seguir a almacenar as doazóns en casas de compañeiras, obrigounos a alugar un local para tentar seguir adiante co mercadiño solidario.

Como temos dito en outras ocasións este mercadiño permítenos sacar unha pequena financiación para o colectivo, agora unha parte irá destinada o pago do aluguer, pero o fundamental e que pos roupa en bo estado e de boa calidade, a que non se lle daba uso, a disposición de persoas que a precisan.

                    



O martes 8 de setembro 2015 presentouse a nova campaña, Esixencias PAH, coa que pretendemos que os partidos políticos que se presentan ás eleccións xerais do 20 de decembro comprométanse cunha listaxe de medidas de mínimos para garantir o dereito á vivenda e poñer fin aos desafiuzamentos e a pobreza enerxética, forzando a inclusión das nosas demandas nos programas electorais dos partidos políticos e a buscar o compromiso de cumprimento destes puntos.


 

1. Dación en pago retroactiva.
2. Aluguer estable e alcanzable (Reforma da Lei de alugueres).
3. Vivenda accesible (Movilizacion de vivenda vacia e aluguer social).
4. Subministracións básicas garantidas.
5. Creación dun observatorio da vivenda.

 

Con Ada Colau en Compostela o 18 de decembro do 2014.
Compartimos cea e falamos de candidaturas cidadás e da súa esperiencia en Guanyem Barcelona.

Contra a Ley De Seguridade Ciudadana - lei Mordaza. 20 - decembro - 2024.



 

 Concentración no IGVS 9-12- 2024Reclamando vivenda social para unha compañeira con un fillo de 1 ano que ia a ser desafiuzada.

 



 

Sábado 2 de Novembro 2013 comeza a recollida de alimentos e artigos de hixiene nos partidos do Clube Baloncesto Pabellón Ourense Feminino na Liga Feminina.


 

                                                                  
 

ASI SE NOS ESTAFOU E REPRIMIU :

Ley 6/1998, de 13 de abril, sobre régimen del suelo y valoraciones.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1998-8788 

Por tanto,

Mando a todos los españoles, particulares y autoridades, que guarden y hagan guardar esta Ley.

Madrid, 13 de abril de 1998.

JUAN CARLOS R.

El Presidente del Gobierno,

JOSÉ MARÍA AZNAR LÓPEZ


Ley 44/2002, de 22 de noviembre, de Medidas de Reforma del Sistema Financiero.

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2002-22807

Por tanto, Mando a todos los españoles, particulares y autoridades, que guarden y hagan guardar esta Ley.

Madrid, 22 de noviembre de 2002.

JUAN CARLOS R.

El Presidente del Gobierno en funciones,

MARIANO RAJOY BREY

 

Real Decreto 1559/2012, de 15 de noviembre, por el que se establece el régimen jurídico de las sociedades de gestión de activos.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2012-14118 

Dado en Madrid, el 15 de noviembre de 2012.

JUAN CARLOS R.

El Ministro de Economía y Competitividad,

LUIS DE GUINDOS JURADO

 

Ley 16/2012, de 27 de diciembre, por la que se adoptan diversas medidas tributarias dirigidas a la consolidación de las finanzas públicas y al impulso de la actividad económica.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2012-15650 

Por tanto,

Mando a todos los españoles, particulares y autoridades, que guarden y hagan guardar esta Ley.

Madrid, 27 de diciembre de 2012.

JUAN CARLOS R.

El Presidente del Gobierno,

MARIANO RAJOY BREY


Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de la seguridad ciudadana.

 https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-3442

Por tanto,

Mando a todos los españoles, particulares y autoridades, que guarden y hagan guardar esta ley orgánica.

Sevilla, 30 de marzo de 2015.

FELIPE R.

El Presidente del Gobierno,

MARIANO RAJOY BREY