"ENORME REPERCUSIÓN SOCIAL E ECONÓMICA"
Mobilizacións nos xulgados galegos o 5 de novembro !!
Mobilizacións nos xulgados galegos o 5 de novembro !!
Mobilizacións diante dos xulgados o 5 de novembro en varias cidades de Galiza, en Ourense será no novo edificio xudicial as 12 da mañá.
Difundide e acudide todas as que poidades. Hai moito en xogo, non solo na parte económica, o máis grave é a INSEGURIDADE XURÍDICA sistémica e as súas consecuencias, debemos mandar unha mensaxe clara e contundente o poder xudicial. Todos os poderes emanan da CIDADANÍA e débense a esta !!!
“VERGOÑA SUPREMA”.
Da a impresión de que o poder financeiro erixísese sin complexos como absoluto e con capacidade para someter o sistema democrático e os poderes elixidos pola cidadanía que que emanan do lexislativo sendo a independencia do poder xudicial a garante do cumprimento desta lexislación . O estado de dereito volve quedar gravemente danado.
Alega T.Supremo “enorme repercusión económica y social” cando os seus argumentos solo poden ser xurídicos.
A P.A.H e Stop-Desafiuzamentos preguntámonos como é posible que o vértice do poder Xudicial seña capaz de xerar semellante INSEGURIDADE XURÍDICA.
O noso xeito de ver poderíase estar cometendo unha Prevaricación. O código penal no Titulo XX “Delitos contra la Administración de Justicia” nos artículos 446 e 447 recolle a Prevaricación Xudicial:
446 >>El juez o magistrado que, a sabiendas, dictare sentencia o resolución injusta será castigado...
447 >>El Juez o Magistrado que por imprudencia grave o ignorancia inexcusable dictara sentencia o resolución manifiestamente injusta incurrirá en la pena de...
O tema que trataba a sala Do Contencioso Administrativo era sobre Imposto de Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos Documentados:
O tribunal Supremo emite sentenza o 18 de febreiro de 2018 declarando que corresponde os consumidores correr cos gasto deste imposto.
O Pasado 18 de Outubro corrixía o sentido desta sentenza declarando que eran as entidades financeiras as que debían correr cos gastos deste imposto.
O día seguinte 19 de Outubro o presidente da sala terceira emitía a seguinte nota: (Pódese consultar en http://www.poderjudicial.es)
NOTA INFORMATIVA DEL PRESIDENTE DE LA SALA TERCERA:
Dado que la sentencia nº 1505/2018 de la Sección 2ª de la Sala de lo ContenciosoAdministrativo del Tribunal Supremo, relativa al sujeto pasivo del Impuesto de Actos Jurídicos Documentados, supone un giro radical en el criterio jurisprudencial hasta ahora sustentado y habida cuenta, asimismo, de su enorme repercusión económica y social, el Presidente de la Sala ha acordado, con carácter urgente:
Primero.- Dejar sin efecto todos los señalamientos sobre recursos de casación pendientes con un objeto similar.
Segundo.- Avocar al Pleno de la Sala el conocimiento de alguno de dichos recursos pendientes, a fin de decidir si dicho giro jurisprudencial debe ser o no confirmado.
Madrid, 19 de octubre de 2018
Luis María Díez-Picazo Giménez
Dende o ano 2009 a o TXUE (Tribunal de Xustiza Da Unión Europea) leva emitido 9 sentenzas corrixindo a xurisprudencia do Estado Español en materia hipotecaria e de Vivenda por non estar adaptado a normativa 93/13 de protección o Consumidor de obrigado cumprimento como ordena o articulo 10.2 da Constitución Española. A posición doT.X.U.E ven a dar a razón as demandas da PAH e dos colectivos antidesafiuzamentos.
Pode parecer si se sigue a xurisprudencia do Tribunal Supremo en materia Hipotecaria que cando usa argumentos económicos estes son para ditar sentenzas favorables as entidades financeiras.
O Tribunal Supremos xa usou os mesmos argumentos “enorme repercusión económica e social” para declarar non retroactiva a devolución de cantidades indebidamente cobradas polas entidades financeiras nas cláusulas suelo. Foi corrixido polo TXUE Lembrándolle que si unha cláusula é abusiva o é dende que se incrusta no contrato hipotecario non ata o 2013 como pretendía o Tribunal Supremo, por tanto hai que eliminala do contrato.
Presúmeselle coñecemento xurídico e capacidade de análise suficientes o Tribunal Supremo como para ditar sentenzas xustas, de non facelo estaría prevaricando.
Logo de 700.000 desafiuzamentos, dende o comezo desta gran estafa mal chamada crise, a inmensa maioría consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, baseados nunha lexislación en moitos aspectos pre-constitucional, e manifestamente ilegal en moitos outros, según a normativa vixente. Non tivemos coñecemento de que ningunha sala se reunira e estudara a validez desta lexislación que foi sistematicamente refutada e modificada gracias o TXUE en cada unha das resolucións ditadas o respecto.
No tivemos coñecemento de que o Consello Xeral do Poder Xudicial se reunira e argumentara “enorme repercusión económica e social” cando Quebraron as Caixas de Aforro e se venderan por un euro a banca privada sin investigar os posibles delitos contra a orde socioeconómica recollidos no código penal. Por todos é sabido que o sistema financeiro logo de especular con un ben básico, estando prohibida a especulación na Constitución, foi rescatado con diñeiro público sen ofrecer ningunha prestación a cambio.
Non hai ningún argumento de “enorme repercusión económica e social” cando se reforman as SOCIMI no ano 2014 e a posterior Reforma da LAU para minorar a duración dos contratos de aluguer de 5 a 3 anos para que fondos voitre especulen coa renta dos alugueiros despexando sistematicamente e en masa a familias para logo subir os alugueres. Todo avalado con diñeiro público que sostén a SAREB, coñecido como Banco Malo.
No parece razoable que o Xefe do Estado Felipe VI que abre o ano Xudicial, ante a sistemática vulneración da constitución, non se pronuncie sobre o que está ocasionando a especulación inmobiliaria e a “enorme repercusión económica e social” que padece o pobo por ter unha lexislación hipotecaria e de vivenda intencionadamente non actualizada polo poder lexislativo exercido polo Partido Popular ata este momento e que esperamos que o actual goberno sexa quen de mudar.
A PAH e os Colectivos Stop Desafiuzamentos esiximos que o pleno da Sala convocado para o Día 5 non faga outra cousa que confirmar a sentenzas xa coñecidas, confirmando a obrigación dos prestamistas o pago do imposto de actos xurídicos documentados declarando abusiva a cláusula que impón o prestatario esa obrigación.
Pero isto non é o único que nos preocupa. Estase tramitando no congreso a Lei de Crédito Hipotecario, elaborada polo ex-ministro e BANQUEIRO De Guindos, que é un novo intento de moderación e branqueo de cláusulas abusivas, e lamentablemente, o PSOE, de momento, está mantendo varios distes intentos do BANQUEIRO, entre outras cousas as de vencemento anticipado cando aínda estamos pendentes da decisión do TXUE o respecto, que ademais se pronunciará en breve.
Desde a PAH e os colectivos Stop-Desafiuzamentos interpelamos ao PSOE para que non ratifique as propostas do PP nesta materia e garanta todas as medidas propostas en defensa dos debedores hipotecarios, advertindo que, se non se modifica o texto actualmente defendido por Cs, PP e PSOE, poderían reactivarse miles de procedementos de execución hipotecaria actualmente suspendidos, co consecuente aumento dos desafiuzamentos. Tamén esiximos a trasmitación urxente da Lei de vivendada PAH.
http://afectadosporlahipoteca.com/wp-content/uploads/2017/03/textolegal_leyviviendaPAH_2017_v1.0.pdf
1. DACION EN PAGO RETROACTIVA
2. ALUGUER ALCANZABLE E ESTABLE
3. STOP DESAFIUZAMENTOS
4. VIVENDA SOCIAL.
5. SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS