INTERVENCIÓN DO COLECTIVO NA DEPUTACIÓN.
Intervención 01:30h https://livestream.com/accounts/1699699/events/6817682/videos/145519365
TEXTO:
Dende o colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense agradecemos a oportunidade que se nos ofreceu dende o BNG para dar apoio a moción que hoxe presenta esta formación e que recolle propostas básicas para os colectivos que loitamos polo dereito efectivo a una vivenda digna e contra a pobreza enerxética.
Feito
este agradecemento queremos remarcar o carácter apartidista do noso
colectivo como un dos seus principios básicos.
Comezaremos expoñendo o caso dunha compañeira que estivo preto de ser desafiuzda por un organismo público, o I.G.V.S, que ten a obriga constitucional de velar polo cumprimento do dereito a unha vivenda digna, por ter a Xunta de Galicia a competencia exclusiva nesta materia, no territorio galego. Imaxinemos como pode ser a situación no caso de desafiuzamenos bancarios ou por impago de aluguer cando son as propias administracións as que desafiuzan sen dar opcións.
Comezaremos expoñendo o caso dunha compañeira que estivo preto de ser desafiuzda por un organismo público, o I.G.V.S, que ten a obriga constitucional de velar polo cumprimento do dereito a unha vivenda digna, por ter a Xunta de Galicia a competencia exclusiva nesta materia, no territorio galego. Imaxinemos como pode ser a situación no caso de desafiuzamenos bancarios ou por impago de aluguer cando son as propias administracións as que desafiuzan sen dar opcións.
Meu
nome é María José, no ano 1996 merquei una V.P.O Vivenda de
Proteción Oficial o Instituto Galego de Vivenda e Solo, en réxime
de gananciais, coa miña exparella. Estou legalmente divorciada dende
o ano 2005 momento dende o que me teño que facer cargo en solitario
dos pagos da hipoteca.
No
ano 2000 a miña saúde comezara a deteriorarse chegando a estar
intervida cirurxicamente en 10 ocasións, 4 destas intervencións son
de espalda e desembocaron nunha discapacidade física dun 66%.
Recoñecida no ano 2008 con una asignación dunha pensión non
contributiva de 375€. Ante estas circunstancias estiven traballando
en períodos discontínuos e tiven que deixar de facer fronte os
pagos das cotas hipotecarias, acumulando una débeda de 23.900€.
Consecuencia
dos impagos acumulados o IGVS inicia un procedemento de execución
hipotecaria co obxectivo de despexarme desta Vivenda de Protección
Oficial e tomar posesión da mesma. Teño que incidir no feito que a
vivenda era de protección oficial e que sendo o IGVS coñecedor do
meu estado de saúde, non se me fixo una oferta que me permitira
asumir os pagos das cotas atrasadas. Máis aínda sendo o crédito
inicial de 29.900€ e tendo recibos pagados por un importe de
20.000€ o IGVS reclámame, na liquidación do préstamo, 33.000€.
Resulta
indignante que un organismo que representa a Xunta de Galicia, que
ten competencia exclusiva en materia de vivenda e debe velar polo
cumprimento efectivo diste dereito constitucional, teña esta maneira
de actuar, máxime cando no mesmo edifico dou fe da existencia de
Vivendas de Protección Oficial que se atopan deshabitadas.
Ante
a imposibilidade de facer fronte o pago das cantidades reclamadas,
coa angustia de verme na rúa ante un inminente despexo, no mes de
xuño de 2016 diríxome o colectivo Stop-desafiuzamentos, do cal hoxe
formo parte. Logo de estudar o caso presentamos escritos, no IGVS e
no Xulgado que coñece diste Proceso, reclamando a suspensión do
mesmo mentres non se alcance un acordo de aluguer social co IGVS ou,
no seu caso, outra alternativa.
Si
á incertidume de verme na rúa en calquera momento non era
suficiente sufrimento; o longo diste tempo en varias ocasións vinme
cos subminístros de auga e electricidade cortados por non dispor
de recursos para poder facer fronte a tempo o pago dos mesmos.
No
pouco tempo que levo neste colectivo coñecín casos semellantes,
maioritariamente mulleres, algunhas delas vítimas de violencia
machista, e familias que logo de acudir os servizos sociais e a
organización privadas como Cruz Roxa ou Cáritas nos reenviaban
estas mulleres e familias para que nos, que non dispomos de recursos,
nin recibimos subvencións, lles arranxaramos un problema de falta de
vivenda que debería estar garantido polas administración públicas.
Chegamos
a vivir casos tan indignantes como o dunha compañeira, enviada o
colectivo por Cruz Roxa, vítima de violencia machista cun menor con
autismo, con grao III de dependencia, que subsistía 5 meses sen
ningún tipo de axuda. Sendo coñecedor do caso os servizos sociais
do Concello de Sancibrao das Viñas onde estaba censada.
Compañeiros
con enfermidades graves como é una leucemia que ían a ser
despexados por unha entidade financeira como é ABANCA que no seu
momento fora rescatada con unha cantidade importante de diñeiro
público. Todo acontecía ante a pasividade das diferentes
administración.
Dende
o ano 2011 pediron axuda o colectivo 98 familias con diferentes
situacións, fora con entidades financeiras ou por impago de
alugueres, como xa dixen, delas varios casos eran vítimas de
violencia machista. O nexo común en todos estes casos era a falta
de apios institucionais que estaban máis pendentes de rescatar
bancos que de dar apoio e rescatar estas familias. Sentímonos
orgullosos de non deixar de lado a ningunha persoa ou familia que nos
pedirá axuda.
Debemos
recordar que dende o comezo desta situación crítica os suicidios
segundo datos do INE son a primeira causa de morte traumática por
diante dos accidentes de circulación.
Todo
este sufrimento non xurde da casualidade, é o resultado de
políticas baseadas na ideoloxía neoliberal que avanza nun
capitalismo que promove a ausencia absoluta de controis os mercados e
capitais, producindo unha especie de anarco-capitalismo capaz de
repartir os beneficios xerados en ciclos especulativos con produtos
básicos para unha vida digna como alimentos non perecedoiros,
vivenda ou enerxía. Mentres cando os seus cálculos e inversión
resultan falidos socializan esas perdas tendo que ser rescatados con
diñeiro público, alcanzando desta maneira un xeito de capitalismo
perfecto para o inversor e que deixa gravemente mermado o estado de
dereito, que entra a ser cómplice e garante do mesmo chegando así o
Capital Estado.
Citamos
a continuación unha serie de feitos que acreditan esta situación:
No
ano 1998 coa reforma da lei do solo feita por José María Aznar
comeza un ciclo de especulación inmobiliaria contraria o mandato
constitucional do artigo 47 que prohibe a especulación e garante o
dereito a unha vivenda digna. Por si alguén quere entender que se
trata de dereitos non fundamentais a propia constitución no seu
artigo 10.2 determina o xeito de interpretar este articulo e di : “
As normas relativas os dereitos fundamentais e as liberdades que a
constitución recoñece interpretaranse de conformidade coa
declaración universal de dereitos humanos e os tratados e acordos
internacionais sobre a mesma materia ratificados polo Estado Español.
Esta especulación non se podería entender sin o altísimo nivel de
corrupción no que vive inmerso o Estado Español e que evidencia un
Fallo do Estado de Dereito.
No
ano 2008 remata este ciclo especulativo alimentado pola emisión de
títulos de débeda subordinada e preferentes. Ante imposibilidade
do Banco de España de emitir moeda as entidades financeiras acudían
a Europa a busca de financiamento. Emitidos dende o 2003, mentres
estes produtos foron rendibles vendíanse a clientes preferentes,
cando houbo que saír con urxencia destes produtos, no comezo da
situación crítica, ante a posibilidade de quedar o capital
atrapado, prodúcese unha estafa en masa de persoas de avanzada idade
con poucos coñecementos económicos e con capacidade de aforro. A
ausencia de responsabilidades políticas e penais observase como
outro Síntoma da debilidade do estado de dereito.
O
Goberno do partido Popular reacciona rescatando os Bancos
responsables desta situación crítica e coa complicidade do PSOE
reforma o artigo 135 da Constitución priorizando o pago, con fondos
públicos, dunha débeda evidentemente privada, polo tanto ilexítima
e sen ningún tipo de auditoría.
No
ano 2012 Crease a maior inmobiliaria de Europa a SAREB (Sociedade de
Gestión de Activos Procedentes de la Restructuración Bancaria)
tamén coñecida como Banco Malo. O obxetivo da mesma e maximizar a
súa rendabilidade a 15 anos. Mentres inxectamos diñeiro público a
entidades que están dando beneficios estas apalancan os seus activos
tóxicos na SAREB a espera de que sexan rendibles impedindo unha
regulación e caída natural dos presos da mesma. Chéganse a ver
aberracións como que fondos voitres como Black Stone mercan paquetes
de vivendas de protección oficial a mentres milleiros de familias
son implacablemente desafiuzadas, sen opción, perden a vivenda e
quedan con débedas de por vida.
Ante
o número desproporcionado de Desafiuzamentos, sen opción, e vendo
como se está a rescatar bancos con diñeiro público mentres se
abandonan a súa sorte a familias que se van o paro e no poden facer
fronte as súas obrigas hipotecarias ou de aluguer. A sociedade
reacciona organizada na PAH (Plataforma de Afectados Pola Hipoteca).
Levamos o Congreso 1.500.000 sinaturas solicitando a dación en pago
e alugueres socias. O rodelo absolutista do Partido Popular esmaga
esta iniciativa e trata a PAH de terroristas. Pola contra en Europa a
PAH recibe recoñecementos pola súa labor social.
Debemos
recordar un dos lemas da PAH e dos colectivos Stop-Desafiuzamentos
“Nin xente sen casa nin casas sen xente” pois ben, no ano 2011 no
conxunto do estado, segundo datos do INE había 3,5 millóns de
vivendas Baleiras, delas 300.000 baleiras en Galiza, 15.ooo na cidade
de Ourense.
Obsérvese
o feito gravísimo que supón sacar unha lei que persigue a
cidadanía, que reacciona a unha gran estafa inmobiliaria, mentres
todos os altos executivos de bancos, caixas de aforro, construtoras
e políticos corruptos, en cantidades incribles, nun estado de
dereito evidentemente falido, campan as súas anchas sen que apenas
se persigan de oficio pola Fiscalía e Avogacía do Estado. Parecía
máis razoable mudar a lei para evitar que se volva a producir unha
situación crítica como a actual no canto de perseguir e intentar
calar o pobo.
Nun
momento de altísima mobilización social o partido popular no canto
de escoitar estas protestas e as demandas sociais que se solicitaban
e mediante o dialogo alcanzar solucións razoables para todas as
partes. Criminaliza as protestas e crea unha lei que dende a súa
proposta foi tachada de antidemocrática pola ONU e Polo Consello de
Europa, a Lei 4/2015 do 30 de marzo, coñecida como Lei Mordaza.
Neste xeito de actuar antidemocrático e carente de dialogo, xunto co
desmesurado número de casos de corrupción que aparecen nesta
formación, evidencian que o Partido Popular protexe os que nos
trouxeron esta situación crítica e non parece que teña intención
de ofrecer solución razoables.
O
rescate financeiro deseñado polo Partido Popular a base de
transformar a elevadísima débeda privada das grandes construtoras,
acredoras da banca, en débeda pública, pasando esta última do 34%
do PIB non ano 2011 o actual 100% do PIB no 2016 que nos obriga a
pagar 36.000 millóns de € en intereses dunha débeda ilexítima
por no ter sido auditada. Rematando no seu mandato con 80.000 millóns
de€ do fondo de pensións que o partido popular usou para mercar
os propios bonos de débeda pública que se emitían e frear os
ataques dos especuladores propios e foráneos evitando enfrontarse
politicamente esta especulación. No canto de exercer a soberanía na
defensa dos intereses xerais do país que goberna sigue engordando a
besta neoliberal alimentándoa con recursos públicos.
Ante
a pasividade, mellor dito, ante a complicidade do Goberno central e a
Xunta cos responsables da quebra do sistema financeiro e ante a
absoluta deixadez e ausencia de apoio as familias que padecen
desafiuzamentos e pobreza enerxética. Varias comunidades autónomas
promoveron leis por unha vivenda digna e contra a pobreza enerxética
todas elas suspendidas polos recursos de inconstitucionalidade do
Partido Popular que sigue facendo uso do seu rodelo absolutista no
canto de dialogar e chegar a acordos que sexan aceptables e respeten
o interese xeral e non solo os os privados.
Non
se ven indicacións de que o goberno vaia mudar este xeito de actuar.
A recente sentenza do TXUE (Tribuna de Xustiza Europeo) que obriga os
bancos a declarar nulas as cláusulas chan e a que as devolucións
teñan carácter retroactivo. Todo Indica que o custo dunha
decisión privada será trasladada e asumida con recursos públicos.
No caso das Caixas de Aforro Galegas valoradas en 75.000 millóns de
€ en activos no ano 2010, vendida apresuradamente no 2012 por 1000
millóns de €, sen esgotar o prazo que daba o memorando europeo que
era de 5 anos.
Previamente
saneada con 9000 millóns de € de fondos públicos. No ano 2013
xeraba uns beneficios de 1200 millóns de € que xa irían a a mans
privadas. A día de hoxe sen devolver un euro do diñeiro público
entregado para o saneamento. Na paxina 5 do prego de condicións de
venda, asumido polo Presidente da Xunta Nuñez Feijoo, aceptouse que
o FROB asumiría as reclamacións de contratos hipotecarios
posteriores o 2008 incluídas as reclamacións por cláusulas chan.
Estimase que no caso de ABANCA teremos que pagar con diñeiro público
500millóns de €.
Esta
salvaxe especulación e asunción de inversión privadas con diñeiro
público non se produciu solo no sector inmobiliario, tamén se se
lexislou para favorecela no sector enerxético.
A
reforma neoliberal feita por José María Aznar no ano 1997 que
eliminou o Marco Legal Estable creado na crise do petróleo da década
dos 70 do século pasado. Este marco xurídico consistía nun
conxunto de normas destinadas a manter un equilibrio entre as
amortizacións das inversión as ganancias e o prezo o consumidor.
Con esta reforma comeza a privatización de empresas públicas
enerxéticas que eran moi rendibles e nutrían de recursos as arcas
públicas.
Dende
a privatización do sector enerxético comeza unha subida continuada
do prezo da enerxía e avandonándose o concepto de servizo público.
Dende o ano 97 chegamos a destinar 90.000millóns, en pagos directos
nos recibos, no suposto rescate destas multinacionais enerxéticas,
nun suposto déficit tarifario e noutros conceptos totalmente opacos
ante a falta de verdadeiras auditorías públicas que aclaren os
mesmos.
Mentres
nos din que hai un déficit tarifario. No pasado exercicio as tres
grandes suministradoras IBERDROLA, GAS NATURAL FENOSA e ENDESA
anuncian 56.000 millóns de € de beneficio. Destacando Endesa con
25.000millóns, case a metade do total. Hai que sinalar que cando se
privatizou, no mandato de Aznar, pasou a mans de ENEL empresa
Italiana con un 50% de capital público. Dedúcese diste feito que
máis de 12.000millóns de € desta multinacional van a parar as
arcas públicas Italianas mentres nós nos quedamos sen diñeiro para
asegurar as pensións.
Todo
isto acontece no marco perfecto da colaboración público privada.
As chamadas portas xiratorias son determinantes nesta fusión de
intereses, onde a cidadanía sempre perde os recursos, sexan
económicos ou naturais, que por dereito lle pertencen. Vemos como
altos cargos políticos terminan nos Consellos de Administracións
destas empresas que eles mesmos privatizaron como é o caso de Felipe
González en Gas Natural Fenosa ou José María Aznar en ENDESA.
Galiza
e excedentaria nun 40% en produción enerxética que traslada o
resto do estado sen obter nin o máis mínimo beneficio da
explotanción dos seus recursos naturais. Por todas e coñecida a
inmensa cantidade de centrais e minicentrais hidráulicas que están
espalladas por todo o territorio galego todas elas amortizadas dende
fai anos e con producións sen apenas custos, todo son beneficios
privados obtidos da explotación dun recurso natural que é de todas
as galegas.
Galiza
tamén ocupa un posto destacado na xeración de enerxía eléctrica
de orixe eólico. Durante o período do Goberno Bipartito estando a
Consellería de industria dirixida polo BNG, isto son datos
obxectivos non promoción de partidos. Obrigaba a que os inversores
privados que optaran o reparto de megavatios deberían ceder un 10%
do beneficio as arcas públicas galegas estamos a falar de
300millóns de€ anuais. A primeira medida tomada polo Presidente da
Xunta no seu primeiro mandato foi eliminar este concurso eólico e
con el a perda desta porcentaxe que pasaría a mans privadas.
Esta
especulación deixa tras de si pobreza enerxética que supón un
grave risco para a saúde das persoas. Os principais impactos son
insuficiencias respiratorias, complicacións cardíacas,e maior risco
de sufrir problemas mentais. Galiza ten elevadas taxas de mortalidade
adicional de inverno segundo a asociación de ciencias ambientais
(ACA)e o seu informe “Pobreza Vulnerabilidade e Desigualdade
Enerxética. Novos enfoques de análise”. As cifras de mortes
prematuras asociadas a pobreza enerxética estímanse para Galiza no
período 1996-2013 entre 200 e 600 persoas.
Mentres
coa especulación enerxética se xeneran esaxerados beneficios,
obtidos de forma ilexítima, que logo reparten entre mans privadas;
Moitas familias viven na angustia permanente que supón que lles
corten os subminístros. Recentemente no barrio do Polvorín en
Ourense finaba queimado un ancián e o seu irmán quedaba con
queimaduras graves. Outra anciá de Reus finaba queimada polo lume
dunhas velas que usaba para alumearse, logo de que Gas Natural Fenosa
cortara o subministro eléctrico sen preocuparse da súa situación
de precariedade económica.
E
por todo iso que se fai imprescindible a paralización dos cortes de
luz e subministros a familias con problemas económicos. Queremos
poñer fin aos abusos que afectan a un servizo esencial, polo que
esiximos ao Goberno que regule unha tarifa alcanzable e unha
auténtica tarifa social para familias con baixos niveis de renda.
Resulta urxente que o Estado Español respecte os compromisos
adquiridos no marco internacional e que garanta o cumprimento do
artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a
observación xeral nº4 do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e
Culturais, segundo a cal un nivel de vida digno require dunha vivenda
adecuada con acceso a subministracións básicas como luz, auga e
calefacción. Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación
europea sobre subministración eléctrica, que obriga aos Estados
membros a protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de
luz en períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, de 13
de xullo de 2009).
O
feitos citados pretenden contrastar o sufrimento das familias fronte
os abusos dun sistema capitalista en fase neoliberal, promotor da
eliminación de toda intervención do estado excepto cando se trata
de asumir perdas . De seguir por este camiño de darwinismo económico
máis cedo que tarde veremos as gravísimas consecuencias que traerá
ó único sistema posible de convivencia racional, a democracia real.
Dicía
Albert Camus no seu libro “O home Rebelde” “unha persoa con
estreiteces e rebelde con fame é perigosa”
Dende
o Colectivo Stop-Desafiuzamentos Ourense pedímoslles que apoien a
iniciativa de mínimos presentada hoxe polo Bloque Nacionalista
Galego.
Así
tamén queremos aproveitar para darlles traslado e convidalos a
reflexionar sobre as demandas da Plataforma de Afectados Pola
Hipoteca e da Plataforma Contra os cortes de Luz. Pedímoslles que
as analicen e se plantexen apoialas de xeito coordinado nos
diferentes niveis administrativos ata facelas efectivas.
As
5 demandas de mínimos da PAH:
.-Dación
en pago retroactiva
.-Aluguer
alcanzable.
.-Stop
Desafiuzamentos.
.-Vivenda
Social .
.-Subministros
garantidos.
As
demandas da plataforma contra os cortes de luz:
.-Prohibición
legal dos cortes de luz as familias con problemas económicos.
.-Fin
os abusos tarifarios.
.-Creación
dunha auténtica tarifa social.
.-Recoñecemento
e devolución das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que
cobraron indebidamente en conceptos de custos de Transición á
Competencia (CTCs).
.-Auditoría
o sistema eléctrico.
.-Aplicación
do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual
ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.
Toda a a carne come o lobo, menos a súa que a lambe !!!
Una muller dando a coñecer a súa situación crítica nun país con recursos suficientes pero cheo de ladróns.
Para algúns dos presentes, a verdade, CONTRASTABLE, é un spich ideolóxico, iso si voto a favor porque os pobres hai que tratalos ben, non se vaia a saber como penso. Para outros sinxelamente ignorala; levan anos enchendo as súas barrigas sen dar pau a auga e vendendo os recursos do seu país o mellor ofertante . Pena dos que "representaban o Socialimo" e se abstiveron ante a POBREZA ENERXÉTICA.Toda unha declaración de intencións...¡ Non é Non !!!! ( e esta xente está en política).
Non nos enganaran ( Jacome vai por vostede) quen di estar favor da xente, honrada que padece os abusos do sistema neoliberal, mentres se mantén na equidistancia e incluso no "silencio cómplice "cando se está ROUBANDO o que é de todas.
Os menos comprenden o que é de sentido común. Gazas por cedernos o voso tempo e grazas por empatizar cos neguen, vos e nos hoxe fomos A SÚA VOZ !
Resumido: Bailade Malditos!
Nos pomos a música e a quen o mereza darémoslle un premio !!
Xa coñecen a Historia, non desafíen o Futuro.
Resultados da moción contra a pobreza enerxética:
A Favor: BNG e D.O.(tensa e inecesaria dialéctica con Jacome)
En Contra: Partido Popular.
Abstencións: Psoe. (increíble esta abstención A GRAN COALICIÓN existe de facto. Votar a favor desta proposta na Deputación non supuña ningún compromiso extremo) ABSTERSE ante a pobreza enerxética !!!!!!!!. A sombra de Felipe González, e o que representa en Gas Natural Fenosa, e moi moi longa.
Toda a a carne come o lobo, menos a súa que a lambe !!!
Una muller dando a coñecer a súa situación crítica nun país con recursos suficientes pero cheo de ladróns.
Para algúns dos presentes, a verdade, CONTRASTABLE, é un spich ideolóxico, iso si voto a favor porque os pobres hai que tratalos ben, non se vaia a saber como penso. Para outros sinxelamente ignorala; levan anos enchendo as súas barrigas sen dar pau a auga e vendendo os recursos do seu país o mellor ofertante . Pena dos que "representaban o Socialimo" e se abstiveron ante a POBREZA ENERXÉTICA.Toda unha declaración de intencións...¡ Non é Non !!!! ( e esta xente está en política).
Non nos enganaran ( Jacome vai por vostede) quen di estar favor da xente, honrada que padece os abusos do sistema neoliberal, mentres se mantén na equidistancia e incluso no "silencio cómplice "cando se está ROUBANDO o que é de todas.
Os menos comprenden o que é de sentido común. Gazas por cedernos o voso tempo e grazas por empatizar cos neguen, vos e nos hoxe fomos A SÚA VOZ !
Resumido: Bailade Malditos!
Nos pomos a música e a quen o mereza darémoslle un premio !!
Xa coñecen a Historia, non desafíen o Futuro.
Resultados da moción contra a pobreza enerxética:
A Favor: BNG e D.O.(tensa e inecesaria dialéctica con Jacome)
En Contra: Partido Popular.
Abstencións: Psoe. (increíble esta abstención A GRAN COALICIÓN existe de facto. Votar a favor desta proposta na Deputación non supuña ningún compromiso extremo) ABSTERSE ante a pobreza enerxética !!!!!!!!. A sombra de Felipe González, e o que representa en Gas Natural Fenosa, e moi moi longa.