mércores, 14 de setembro de 2016
COMUNICADO SOBRE ORDENANZA MUNICIPAL DE VIVENDAS DE EMERXENCIA E PROGRMA DE VIVENDAS BALEIRAS.
O estatuto de autonomía de Galicia non seu articulo 27.3 determina que corresponde a Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de Vivenda.
As maiorías absolutas do partido popular levan 7 anos facendo oídos xordos a cidadanía organizanda reclamando o cumprimento efectivo do dereito a vivenda.
7anos vendo despexos inxustos mentas a SAREB ( Banco Malo) sigue a especular coa vivenda e chega a vender vivendas sociais a fondos voitres.
7 anos vendo como se sacan leis inxustas como a lei mordaza para perseguir a quen clama contra inxustiza de ver como se destinan os recursos públicos a rescatar bancos mentres, familias perden as súas casas e se quedan con débedas de por vida.
7 anos vendo como en Galiza o 18% das vivendas, 246.000, están baleiras mentres hai xente sin casa.
7 anos de corrupción institucional despilfarrando recursos públicos.
Agora, en período electoral, o Partido Popular como xa ten feito en outras ocasións, saca o convenio da Xunta e a FEGAMP para o Programa de Vivenda Baleiras e venden que o Concello de Ourense e o Primeiro en acollerse o mesmo.
Así mesmo o Concello de Ourense saca a Ordenanza Municipal de Vivendas de Emerxencia.
O Colectivo Stop-desafiuzamentos Ourense considera que o dereito a vivenda se debería interpretar de xeito amplo, a longo prazo e dende a perspectiva do dereitos fundamentais.
Nada que se analice a exposición de motivos da Ordenanza Municipal de Vivenda de emerxencia amosase con claridade o posicionamento ideolóxico-político do Partido Popular.
O noso colectivo considera que o dereito a vivenda se debería afrontar dende a perspectiva do Titulo Primeiro da Constitución “Dos dereitos de Deberes fundamentais” Titulo iste que abrangue a retorta interpretación neoliberal da que parte o PP citando o Capitulo III “ Dos principios reitores da política social e económica”.
Así o articulo 10.2 da Constitución encamiña a interpretación que se debe facer do articulado recollido niste Titulo I e di:
“ As normas relativas a los dereitos fundamentais e ás liberdades que a C.E recoñece interpretaranse de conformidade coa Declaración universal dos Dereitos humanos e cos tratados e acordos internacionais sobre la mesma materia ratificados polo Estado Español.
Tamén entendemos que na declaración e intencións se debería ter citado algo que é intrínseco a natureza de toda administración pública.
Neste sentido o articulo 39.1 da Constitución di os poderes públicos asegurarán a protección social económica e xurídica da familia.
O articulo 47 da C.E garante o dereito a vivenda.
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
Cando o partido popular parte a súa interpretación do Capitulo III está omitindo a interpretación que indica o artigo 10.2 conforme a os dereitos fundamentais. Polo tanto entendese que está declarando a súa intención de actuar baixo os criterios do mercado da vivenda deixando nun segundo plano a garantía dun dereito básico.
O colectivo Stop-Desafiuzamentos tacha de electoralista e cortoplacista tanto o Programa de Vivenda s Baleiras como a Ordenanza Municipal de Vivenda de Emerxencia.
Iste convenio vai encamiñado a garantir os cobros dos propietarios chegando ofrecerlles seguros de impago de aluguer mentres non fai propostas para aquelas familias que non dispoñan dos recursos básicos necesarios esixidos no propio convenio.
O colectivo considera imprescindible a creación dun observatorio galego da vivenda así como observatorios municipais nas cidade e vilas de maior tamaño. O obxectivo do mesmo sería o coñecemento detallado dos demandantes de vivenda e a determinación das posibles ofertas os servizos sociais de cara a afondar no cumprimento efectivo do dereito a vivenda.
Stop-Desafiuzamentos ven de solicitar a todas as formacións políticas o cxompromisoi coas 5 demandas de mínimos da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
-Dación en Pago Retroactiva.
-Aluguer alcanzable.
-Stop Desafiuzamentos.
-Vivenda Social.
- Suministros garantidos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario