domingo, 29 de novembro de 2015

Stop desafiuzamentos ourense acorda en asemblea, celebrada o día 27 de novembro, sumarse a campña da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

Compañeir@s, 

Dende o feminismo vimos traballando nas últimas semanas nunha resposta social ao debate aberto en relación á denuncia interposta contra José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, por ofrecer un emprego a cambio de relacións sexuais e que hoxe esta aínda en fase de toma de declaracións pos parte da fiscalía para valorar a apertura ou non de dilixencias. 

Ante este suceso moitas feministas vemos con fonda preocupación que o debate social, lonxe de cuestionar ao denunciante e a violencia machista que supón exercer presión dende unha posición de poder para procurar favores sexuais, coloca o seu foco na muller que denuncia, cuestionándoa e banalizando a gravidade dunha acusación de acoso sexual e por tanto de violencia machista. 

Co fin de contribuír a explicar socialmente o que significa o acoso sexual e que é outra forma de violencia machista vimos de pór en marcha unha campaña que levará por lema "O Persoal é Político. O acoso sexual é delito" mediante a cal queremos facer chegar a toda a sociedade este debate desmontando os argumentos falaces de pechalo no ámbito privado, de restarlle importante e o peor: de criminalizar á muller que denuncia. 

Para iso elaboramos un cartaz que tentaremos visibilizar en toda a cidade, estamos preparando unha palestra sobre o acoso sexual na lexislación e queremos facer público o texto que vos adxuntamos co maior número de apoios colectivos posíbeis de entidades da nosa cidade. Convidándovos a asinar e apoiar este texto que faremos público -xunto cos apoios- o 1 de decembro de 2015.

Caso de ter vontade de apoiar esta campaña pregamos nos remitades a este mesmo email unha resposta indicando nome da organización que apoia e asina e telefone de contacto. 

Ademáis aquel@s que asinedes este texto estades convocad@s a unha reunión o próximo luns 30 de novembro ás 20.30h no local de ESCUA (Praza da Estrela) para organizar conxuntamente o seguinte paso a darmos coletivamente en relación a este caso. 

En sororiedade feminista
Seguimos en Marcha ata que todas vivamos libres de violencias.


O persoal é político
Demandamos do Partido Popular unha posición
clara contra a violencia machista e o acososexual


O artigo 3 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero fala de formas de violencia machista e sinala como unha das formas de
violencia o «acoso sexual, que inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de
natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se prevale dunha
situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de
causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación,
ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta». Tal definición de acoso
sexual está inspirada e coincide no esencial coa tipificación do delito de acoso sexual contido nos
apartados 1 e 2 do artigo 184 do vixente Código Penal.
Como forma de violencia machista, o acoso sexual non pode ser tratado só como unha cuestión
relegada á esfera doméstica ou privada e por tanto persoal, senón que constitúe un problema
social e como tal debe afrontarse. Debe ser no ámbito público no que se visibilice e denuncie e no
que se trate calquera cuestión referida a denuncias desta índole por parte de calquera cidadán, e
con maior rigor se cabe as relacionadas con representantes públicos nunha institución.
A sociedade debe demandar das autoridades todo o esforzo en esclarecer calquera circunstancia
relacionada con denuncias sobre violencia machista, e máis sabendo que en moitos casos non
tomar en conta os testemuños das mulleres que a sufren leva a terríbeis consecuencias como pode
ser a dos asasinatos machistas.
Ante unha muller que denuncia violencia machista, e o acoso é unha forma de violencia, todos os
resortes da xustiza deben colocarse no obxectivo de investigar, contrastar e resolver sobre as
consecuencias do posíbel delito protexendo en todo momento tanto o anonimato como a
integridade da muller e loitando por evitar a dobre criminalización que se produce cando quen se
xulga social e mediaticamente é a muller que sufre e denuncia a agresión e non o seu agresor.
Neste sentido, o artigo 30 da citada lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero establece no seu apartado 1 que «a Administración da Xunta de Galicia poderá
exercer a acción popular nos procedementos penais por violencia de xénero» e o artigo 31.1 da
mesma lei insiste en que «nos casos en que proceda, a Xunta de Galicia poderá acordar o seu
personamento nos procedementos penais instados por causa de violencia de xénero, en calidade
de parte prexudicada civilmente, de conformidade co establecido no artigo 110 da Lei de
Enxuizamento Criminal».
A denuncia feita contra José Manuel Baltar por ofrecer un emprego a cambio de favores sexuais
está tipificada na lei como acoso sexual e por tanto é unha forma de violencia que constitúe un
delito. As abaixo asinantes consideramos que un representante público acusado dun delito de
violencia machista non pode permanecer nin un día máis á fronte da institución nin da súa
responsabilidade política. Tanto el como o Partido Popular deben asumir as responsabilidades
políticas e aclarar publicamente a súa posición en relación á violencia machista e ao acoso sexual.
Como parte dunha sociedade crítica e comprometida que se nega a ser cómplice do silenciamento
da violencia e de retorcidos debates que criminalizan aos máis débiles amosamos todo noso apoio
á denunciante, ao seu dereito a expresarse e a non ser xulgada pola súa acción xudicial e
expresamos ás veciñas e veciños de Ourense cales son as nosas demandas.
Demandamos do Partido Popular Galego que proceda a:
• O cese inmediato do actual presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
• O remate da campaña de criminalización da denunciante e que deixe actuar á xustiza
libremente.
• Esixir ao presidente do Goberno galego Alberto Núñez Feijóo que realice unhas disculpas
públicas polas declaracións nas que sinalou a inexistencia de delito por non ter conseguido
a denunciante un emprego, restando importancia ao feito da existencia da promesa que
puido ser empregada como presión para violentar a liberdade sexual da denunciante.
Demandamos da Xunta de Galicia que proceda a:
• Exercer a acción popular en caso de que se abra un proceso xudicial derivado da denuncia
presentada contra José Manuel Baltar por ofrecer un emprego a cambio de relacións
sexuais a unha ex traballadora da Deputación de Ourense.
Ourense, novembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015


Este sabado 28 no bar as Marías, ás 11 da mañá, en Compostela, faremos o encontro das PAH-STOP galegas.
Con moito esforzo resistimos nesta loita contra os Xigantes financeiros e os seus acólitos plutócratas.

¡ que ninguén o dubide, resistiremos ata facer efectivo o dereito a unha vivenda digna !. O tempo desgasta pero tamén da experiencia e sabedoría para coñecer mellor o indignante adversario que fai negocio co sufrimento de moitas familias.
¡ conseguirémolo !


 ENCONTRO DAS PAH E OS COLECTIVOS STOP-DESAFIUZAMENTOS HOXE EN COMPOSTELA.
Cada vez que unha entidade financeira preme a unha familia, ata conseguir os seus obxectivos financeiros e do outro lado non hai a xente suficiente para forzar o equilibrio, nunha relación que a banca pretende a 2, nos esiximos converte-la nunha ecuación con 3 elementos; forzando diste xeito o que é un feito, que as entidades financeiras entendan que foron rescatadas con diñeiro público, este sería o terceiro elemento, A SOCIEDADE ACTIVA ORGANIZADA, pelexando caso a caso no maior escenario de guerra silente contra a penúltima versión do capitalismo; o neoliberalismo.
Inmersos na escena electoral as pah- stop galegas lembramos que é preciso seguir axudando estas familias e que sería imprudente subirse a unha ola triunfalista depositando todo no feito político, perdendo a perspectiva do sufrimento que seguen a causar día a día estes maldecidos psicópatas.










Temen vos informamos que seguimos adiante co Mercadiño Solidario, no local que alugamos recentemente, na Galerías Xosé Fernández Oxea, local nº20. Pegado a Carrefour Market (no Xardín do Posio).


mércores, 11 de novembro de 2015

Mercadiño solidario.

As necesidades de loxística (almacenamento de roupa, obxectos...etc), non podíamos seguir a almacenar as doazóns en casas de compañeiras, obrigounos a alugar un local para tentar seguir adiante co mercadiño solidario.

Como temos dito en outras ocasións este mercadiño permítenos sacar unha pequena financiación para o colectivo, agora unha parte irá destinada o pago do aluguer, pero o fundamental e que pos roupa en bo estado e de boa calidade, a que non se lle daba uso, a disposición de persoas que a precisan.

Así este sábado día 14de novembro dende as 17:30h ás 20:00h nás Galerías do Xardín do Posío, na rúa Xosé Ramón Fernández Oxea voltaremos a facer o mercadiño, tentaremos abrir con periodicidade, xa iremos informando dos día e horas. Esta vez farémolo nun local propio de stop-desafiuzamentos.

O domingo día 8 non se puideron abrir as galerías polo tanto non se puido realizar o mercadiño.

¡ Desculpade si aguen se viu afectado por este imprevisto !

VOLTAMOS A ABRIR O SABADO 14.



CONCENTRACIÓN EN BANKIA.



Acción coordinada entre a PAH de Vigo e o colectivo stop-desafiuzamentros Ourense.

Venres 13 as 12:00 da mañá.
OURENSE: Sucursal da Rúa juan XXIII.

https://www.facebook.com/events/435509043309558/

VIGO: sucursal de Bankia en plaza de la Princesa,7, 36.202.

https://www.facebook.com/events/1654192748199243/

¡ É moi importante que acuda o maior cantidade de xente posible !

A finais de 2014 contactounos unha familia afectada por un posible desafiuzamento, por impago de cota hipotecaria pola cantidade de 7000€, coa entidade financeira Bankia. En xaneiro do ano 2015 presentouse un escrito acolléndose a negociación no marco do Real Decreto ley 6/2012. No mes de maio de 2015 a entidade financeira Bankia acepta a solicitude e fai unha proposta que esta familia considera razoable. No mes de setembro de 2015 o mediador hipotecario da oficina que levara o caso en Ourense é desprazano a Oviedo.

Asignase unha nova mediadora en Vigo, coas dificultades que isto ten para esta familia, pero ademais esta nova mediadora de Bankia, nunha aptitude carente de empatía, negase a aceptar as condicións anteriormente propostas pola entidade, por escrito, pretendendo que esta familia pague unha cota que neste intre resulta inasumible para a mesma.

A actitude desta entidade financeira intervinda con 22.000 millóns de € de diñeiro público , de fato nacionalizada, por tanto pertencente a cidadanía. Non lle permite a unha familia facer os pagos a medidas das súas posibilidades.

Non vamos a consentir este abuso terémolos que facer comprender que hai que actuar con sentido de responsabilidade e axudar a quen che axudou.

O goberno saínte ante estas situacións sigue repetindo o mesmo mantra, que a economía vai ben , para tentar, a desesperada, que o seu discurso cale, gañar as eleccións e seguir a defender os interese destas elites corruptas que disfrutaron demasiado tempo dos beneficios das TARXETAS BLACK, capaces de cambiar postos de traballo por sexo.
https://ninundiamais.wordpress.com/

Nada menos que Rodrigo Rato un ex-ministro de economía que debería ter sido un exemplo, estaba “presuntamente” defraudando o seu pais en beneficio propio. Esta é a magnitude do abuso a esta familia, fronte a dilixencia con ex D.r de Bankia, Rodrigo Rato.




venres, 6 de novembro de 2015






¡ÓS CONCELLOS E PARLAMENTOS!

‪#‎EsixoAMeuPAHrlamento‬
‪#‎VivendaDigna‬
‪#‎AluguerSocial‬

O martes 10 rexistraremos as propostas da PAH no parlamento galego para que sexan debatidas.

Recentemente aprobouse en asemblea secundar esta campaña e presentaronselle as propostas a Ourense en Común (incidimos no apartadísimo do colectivo pero agora os únicos, no concello de Ourense que son sensibles con estas demandas son Ou-Común, antes foi o BNG) para levar estas propostas o pleno de decembro.

Pero non é suficiente estas demandas teñen que entrar en campaña, a xente debe saber que está disposto a defender cada quen, logo non vale deixarse menear polo neoliberalismo.
POR ISTO TAMÉN ESTARÁN EN TODOS OS PARLAMENTOS DO ESTADO.

Hai que pórlles coto os mercados ¡ non máis especulación inmobiliaria!

O dereito a vivenda é básico, sen unha vivenda digna unha persoa non pode ter unha vida digna, é por isto que non pararemos ATA QUE ESTE DEREITO SEXA EFECTIVO.

http://www.eldiario.es/…/PAH-ILP-catalana-parlamentos-auton…

Os grupos STOPs/PAHs de Galiza

Os grupos STOPs/PAHs de Galiza
Os grupos parlamentarios que subscriben, ao amparo do que dispón o
Reglamento da Cámara, e para o seu debate e votación na Comisión de
Dereitos Sociais, formulan a seguinte moción:


Exposición de motivos
A actual crise económica e o aumento do paro impatou de xeito dramático na
vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevidas
non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a que
moitas familias non poidan facer fronte das cotas hipotecarias ou do alugueiro
da vivenda habitual.


Isto traduciuse en milleiros de desafiuzamentos en todo o estado español,
traduciuse nunha vulneración do dereito a unha vivenda digna de centos de
milleiros de persoas, tendo que afrontar situacións de grave vulnerabilidade,
precariedade extrema, pobreza e exclusión social, económica e residencial.
Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial desde 2007 ata o
primeiro trimestre do 2015 producíronse no Estado Español 624.690
execucións hipotecarias, 8.178 no primeiro trimestre do 2015. A estas
alarmantes cifras hanse de sumar o aumento das dificultades para afrontar o
pago do alugueiro, que cada vez afecta a máis persoas. O CXPX contabilizou a
preocupante cifra de 397.954 desafiuzamentos desde o inicio da crise no 2007
ata o primeiro trimestre do 2015, só no primeiro trimestre do 2015
executáronse 9.917 desafiuzamentos.


Xunto co drama dos desafiuzamentos, atopámonos con milleiros de familias
que, ademais de perder a súa vivenda, quedáronse cunhas débedas
hipotecarias impagables, que lles condenan para sempre á morte social. A
esta práctica hipotecaria habitual e inxusta, únese que en moitos casos non só
se perde a vivenda da familia afectada, senón tamén da persoa avalista, aínda
que ambas sexan as vivendas habituais e únicas.


É urxente, por tanto, arbitrar unha lei de "segunda oportunidade" concretada
na consideración da Dación en pago retroactiva. Así como, modificar a lei para
evitar que se poida avalar coa vivenda única e habitual, o mesmo que evitar
as hipotecas con avalistas cruzados, que supoñen que en caso de impago
dunha hipoteca sexan 2 ou 3 as familias que perdan a súa vivenda e
multiplíquese o drama habitacional.
!1
Estamos ante unha situación de urxencia e vulnerabilidade habitacional que se
incrementa pola existencia dun mercado de aluguer escaso, caro e
preocupantemente especulativo debido á falta dun parque público de vivenda
social, menos dun 2% da vivenda construída é vivenda pública, feito curioso
que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo.


Tal e como consta no Informe de Urxencia Habitacional no estado español,
elaborado polo Observatorio DESC e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca,
esta situación é mais terrible, se cabe, polo feito que España é o país de
Europa con máis vivenda baleira, 13,7% do parque total (3 millóns e medio de
pisos baleiros segundo o censo estatal de vivenda de 2011).


O art. 11 do Pacto Internacional dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais,
recoñece “o dereito de toda persoa a un nivel de vida adecuado para sí e a
súa familia, ata alimentación, vestido e vivenda adecuados, e a unha mellora
continua das condicións de existencia”.


O art. 25 da Declaración Universal de dereitos humáns recoñece que “Toda
persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á
súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a
vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios....”
No marco xurídico nacional, o artigo 47 da Constitución Española proclama o
dereito a unha vivenda digna e adecuada así como o deber dos poderes
públicos de promover as condicións necesarias e as normas pertinentes para
facer efectivo este dereito, e o artigo 33 declara a función social da vivenda.
O art. 267 do Tratado da Unión Europea declara a primacía do Dereito
Comunitario (STJUE 9/3/1978, Asunto 106/ 77 caso Simmenthal) que despraza
ao dereito nacional (art. 93 CE, cesión competencias en relación ao art. 96
CE, os tratados internacionais celebrados formarán parte do ordenamento
interno).


En relación ao anteriormente exposto e concretando no ámbito que nos
ocupa, a regulación do procedemento de execución hipotecaria na vixente Lei
de Enxuizamiento Civil infrinxe, con frecuencia, a normativa comunitaria.
Esta lexislación de obrigado cumprimento para un xuíz adoece dun vicio
radical que determina a sua nulidade de pleno dereito. Neste sentido hai
reiteradas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Son cada vez máis as Comunidades autónomas que aproban medidas urxentes
para garantir o dereito á vivenda, medidas urxentes para afrontar a pobreza
enerxética, recollendo así un clamor da cidadanía preocupada pola alarmante
situación de urxencia habitacional.


Por todo iso, a Comisión de Dereitos sociais do Parlamento de Galicia
acorda:


1.
Instar ao Parlamento español e ao Goberno de España que se constitúan na
próxima lexislatura, a adoptar as seguintes medidas:


Dación en pago retroactiva e condonación da débeda para os debedores
hipotecarios de boa fe e en relación coa súa vivenda habitual e única.
Modificar a Lei Hipotecaria e a Lei de Enxuizamento Civil.


!2
Eliminación automática das cláusulas declaradas abusivas polas
sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea nos
contratos hipotecarios con entidades bancarias, sen precisar de petición
expresa do titular.


Imposibilitar a execución da vivenda dos avalistas, cando sexa a súa
vivenda habitual e única, para esixir a súa responsabilidade nos
contratos hipotecarios.


Modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos introducindo mecanismos
de seguridade na tenencia, estabilidade na renda e alargando o prazo de
duración do alugueiro.


Eliminación de todos os requisitos restrictivos para acceder á moratoria
de desahucios e ao código Guindos, salvo vivenda habitual, deudor/a de
boa fe e carencia de recursos.


2.Instar ao Presidente da Xunta de Galicia a levar a cabo as seguintes
medidas:


Vivenda garantida

 
Esixir ás entidades bancarias para que estas garantan un alugueiro social para
as persoas deudoras de boa fe, e as súas unidades familiares, que tendo
cedido a súa vivenda única e habitual en dación en pago non dispoñan de
alternativa habitacional.


Os grandes tenedores de vivenda, en especial as entidades financeiras e filiais
inmobiliarias, fondos buitre, entidades de xestión de activos (incluídos os
procedentes da reestruturación bancarias e entidades inmobiliarias),
garantirán un alugueiro social para as persoas e unidades familiares en
situación de vulnerabilidade que non poidan facer fronte ao pago da súa
vivenda e non dispoñan de alternativa habitacional.


Garantir ás persoas e unidades familiares en situación de vulnerabilidade que
non poidan facer fronte ao pago do alugueiro as axudas precisas para lle
evitar o desafiuzamento.


En ningún caso poderase realizar o desaloxo ou desafiuzamento de persoas en
situación de vulnerabilidade, xa sexa por impago de alugueiro ou ocupación
en precario motivada pola falta de vivenda, sen que a administración da
Xunta de Galicia garanta un realoxo adecuado.


No caso que se leve a cabo o alugueiro social nunha vivenda diferente á que
reside a familia ou persoa en situación de vulnerabilidade, este realoxo
producirase na zona onde estas teñan as súas redes vitais e sociais.


Creación dun parque público de vivenda a través da movilización de pisos
baleiros en mans de entidades financeiras e filiales inmobiliarias, fondos
buitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da
reestructuración bancarias e entidades inmobiliarias). A administración
regulará mediante lei os mecanismos que posibiliten esta movilización.


!3
En todas estas medidas o prezo a pagar en concepto de alugueiro social non
superará o 30% dos ingresos da unidade familiar, incluídos gastos de
suministros, de acordo cos estándares de Nacións Unidas, sempre e cando os
ingresos familiares superen o salario mínimo profesional, en caso contrario o
prezo a pagar en concepto de alugueiro será do 10% dos ingresos e os
suministros correrán a cargo das empresas suministradoras (punto seguinte).


Suministros básicos
Impedir os cortes de suministros básicos de auga, luz e gas das persoas e
unidades familiares en situación de vulnerabilidade.


O pago dos suministros básicos para as familias nesta situación farase de
acordo á capacidade adquisitiva da unidade familiar, sempre respectando os
estándares de Nacións Unidas.


Os custos asociados a garantir este dereito e a débeda acumulada que non
poidan ser cubertos polas persoas vulnerables serán asumidos polas empresas
suministradoras.


Creación dun observatorio da vivenda
Este observatorio estaría composto por representantes das institucións e da
sociedade civil. Este observatorio será o encargado de investigar e analizar a
situación da vivenda en España. Entre as súas funcións estarían facer censos
periódicos de vivendas baleiras, facer seguimento das políticas públicas,
elaboración de informes; contaría con capacidades non só consultivas senón
tamén control, seguimento, denuncia, executivas e de proposta lexislativa.
 

Fdo
Grupos STOP/PAHs de Galiza
Firmas
!





 Mercadiño solidario.

As necesidades de loxística (almacenamento de roupa, obxectos...etc), non podíamos seguir a almacenar as doazóns en casas de compañeiras, obrigounos a alugar un local para tentar seguir adiante co mercadiño solidario.

Como temos dito en outras ocasións este mercadiño permítenos sacar unha pequena financiación para o colectivo, agora unha parte irá destinada o pago do aluguer, pero o fundamental e que pos roupa en bo estado e de boa calidade, a que non se lle daba uso, a disposición de persoas que a precisan.

Así este domingo día 8 de novembro dende as 17:30h ás 20:00h nas Galerías do Xardín do Posío Rúa Xosé Ramón Fernádez Oxea voltaremos a facer o mercadiño, tentaremos abrir con periodicidade, xa iremos informando dos día e horas. Esta vez farémolo nun local propio de stop-desafiuzamentos.


O domingo día 8 non se puideron abrir as galerías polo tanto non se puido realizar o mercadiño.

¡ Desculpade si aguen se viu afectado por este imprevisto !

VOLTAMOS A ABRIR O SABADO 14.

martes, 3 de novembro de 2015


 Mensaxe da pah os partidos políticos.

https://www.youtube.com/watch?v=ozMkuQd_1_A

O martes 8 de setembro presentouse a nova campaña, Esixencias PAH, coa que pretendemos que os partidos políticos que se presentan ás eleccións xerais do 20 de decembro comprométanse cunha listaxe de medidas ?de mínimos? para garantir o dereito á vivenda e poñer fin aos desafiuzamentos e a pobreza enerxética, forzando a inclusión das nosas demandas nos programas electorais dos partidos políticos e a buscar o compromiso de cumprimento destes puntos.

Para iso queremos que , unha vez lido o documento, os partidos respondan nun mes cun posicionamento claro acerca das medidas que van incluídos nel. É fácil para os candidatos poñerse a camiseta verde de StopDesahucios nos mitins, pero o que necesitamos a estas alturas son compromisos claros acerca de que se vai a facer coas vivendas baleiras dos bancos, ou sobre como se vai a calcular e poñer en marcha o aluguer social. O que esiximos son medidas de mínimos, que buscan garantir de forma real e efectiva o dereito á vivenda, e que deben formar parte urxentemente tanto dos programas electorais como incorporarse á lexislación vixente:

1. Dación en pago retroactiva.
2. Aluguer estable e alcanzable (Reforma da Lei de alugueres).
3. Vivenda accesible (Movilizacion de vivenda vacia e aluguer social).
4. Subministracións básicas garantidas.
5. Creación dun observatorio da vivenda.

A nosa intención é que, unha vez coñecida a posición das diferentes candidaturas á presidencia do Goberno, póidanse producir reunións públicas coas persoas designadas por estes partidos para discutir as posibles diferenzas. O precedente da aprobación no parlamento catalán da Iniciativa Lexislativa Popular pola vivenda e contra a pobreza enerxética demostra que os cambios lexislativos pódense levar a cabo, que se pode facer en pouco tempo e que a cidadanía temos a iniciativa e solucións para abordar a emerxencia.

Queremos tamén que os concellos se pronuincien e posicións respecto das nosas medidas, expondo mocións municipais, xa que mesmo os concellos mais abertos ao cambio están a dicirnos que en moitos aspectos teñen as mans atadas e que só o Goberno do Estado pode poñer en marcha estas medidas de mínimos polo que este é o momento para demostrar que apoian o dereito a unha vivenda digna.

Para nós, Esixencias PAH é unha ferramenta para participar activamente, para que o goberno mande obedecendo, e que o dereito á vivenda convértase nun compromiso efectivo entre as autoridades, os partidos políticos e a cidadanía. Pero non é nin será nunca un aval electoral, e que desde o seu nacemento a PAH sempre foi e será apartidista.


 Moción das Esixencias PAH

Como xa dixeramos na presentación de #ExigenciasPAH dentro da campaña redactamos unha moción para que os diferentes concellos apoien estas medidas. Trátase de que cada PAH local presente esta moción no seu respectivo concello para así reforzar a campaña, que non só chegue aos partidos a nivel estatal, senón tamén desca cada localidade. Podemos e debemos cambiar a lei para lograr que o Dereito á Vivenda sexa unha realidade.


MOCION DE APOIO PARA ESIXIR UNHA NOVA LEI REGULADORA DO DEREITO Á VIVENDA QUE CUBRA As MEDIDAS DE MINIMOS PARA FACER FRONTE Á EMERXENCIA HABITACIONAL.

Exposición de motivos:

ILa actual crise económica e o aumento do paro impactou de maneira dramática na vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevindas non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a que moitas familias non poidan facer fronte ás cotas hipotecarias ou de aluguer da súa vivenda habitual.

Isto traduciuse en miles de desafiuzamentos en todo o estado español e en que centenares de persoas viron vulnerado o seu dereito a unha vivenda digna, tendo que afrontar situacións de grave vulnerabilidade, precariedade extrema, pobreza e exclusión social, económica e residencial.

Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial deas de 2007 ata o primeiro trimestre do 2015 producíronse no Estado Español 624.690 execucións hipotecarias, 8.178 no primeiro trimestre do 2015. A estas alarmantes cifras hanse de sumar o aumento das dificultades para afrontar o pago do aluguer, que cada vez afecta a máis persoas. O CGPJ contabilizou a preocupante cifra de 397.954 desafiuzamentos deas do inicio da crise no 2007 ata o primeiro trimestre do 2015, só no primeiro trimestre do 2015 executáronse 9.917 desafiuzamentos.

Estamos ante unha situación de emerxencia e vulnerabilidade habitacional que se incrementa pola existencia dun mercado de aluguer escaso, caro e preocupantemente especulativo e pola falta dun parque público de vivenda social, menos dun 2% da vivenda construída. Todo iso constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo. Ademais, como denuncia o informe ?Emerxencia Habitacional no estado español?, elaborado polo Observatorio DESC e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, esta situación empeórase aínda máis polo feito que España é o país de Europa con mais vivenda baleira, 13,7% do parque total (3 millóns e medio de pisos baleiros segundo o censo estatal de vivenda de 2011).

O contexto descrito de vulnerabilidade e emerxencia en que se atopa gran parte da poboación está a traducirse tamén nun significativo aumento das ocupacións de vivenda. Unha forma de facer efectivo o dereito á vivenda que aumenta o grao de vulnerabilidade social de quen se viu empuxado a esta forma de acceso a unha vivenda.

Tamén resulta alarmante o crecente número de persoas afectadas pola pobreza enerxética, entendida como a dificultade para poder pagar as facturas das subministracións básicas de electricidade, auga e luz. Os prezos de acceso e consumo destas subministracións, que creceron de forma exponencial, volvéronse inasequibles para gran parte da cidadanía.

 Esta situación de emerxencia social que sofren as persoas en situación de vulnerabilidade contrasta de forma abafadora cos inxentes beneficios obtido polas entidades financeiras e as empresas subministradoras.

II

 
A Declaración Universal de Dereitos Humanos (artigo 25) e o Pacto Internacional dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, en artigo 11, recoñece ?o dereito de toda persoa a un nivel de vida adecuado para si e a súa familia, mesmo alimentación, vestido e vivenda adecuados, e a unha mellora continua das condicións de existencia. Os Estados Partes tomarán medidas apropiadas para asegurar a efectividade deste dereito??.

No marco xurídico nacional, o artigo 47 CE proclama do dereito a unha vivenda digna e adecuada así como o deber dos poderes públicos de promover as condicións necesarias  e as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, e o artigo 33 declara a función social da vivenda.

O artigo 267 Tratado da Unión Europea declara a primacía do Dereito Comunitario (STJUE 9/3/1978, Asunto 106/ 77 caso Simmenthal) que despraza ao dereito nacional (art. 93 CE, cesión competencias en relación ao art. 96 CE, os tratados internacionais celebrados formarán parte do ordenamento interno).
En relación ao anteriormente exposto e concretando no ámbito que nos ocupa, a regulación do procedemento de execución hipotecaria na vixente Lei de Enjuiciamiento Civil infrinxe a normativa comunitaria. Esta lexislación é, por tanto, ilegal ao ser de obrigado cumprimento polo xuíz nacional, adoecendo dun vicio radical que determina a súa nulidade de pleno dereito. Neste sentido manifestouse reiteradamente diferentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (Caso Aziz, caso Sanchez Morcillo e caso Monika Kusionova).

En Catalunya presentouse, en mes de xullo do 2014, unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca, a Alianza contra a Pobreza Enerxética e o Observatori Desc, recollendo así un clamor da cidadanía preocupada pola alarmante situación de emerxencia habitacional.
Esta ILP é hoxe unha realidade. O pasado 29 de xullo de 2015, o Parlament de Catalunya aprobou a Lei 24/2015 de medidas urxentes para afrontar a emerxencia no ámbito da vivenda e a pobreza enerxética. Esta vitoria no ámbito autonómico demóstranos que facer efectivo o dereito á vivenda é unha cuestión meramente de vontade política.

En ocasión das próximas eleccións xerais, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca fixo pública unha serie de medidas de mínimos que considera necesario e imprescindible incluír nunha futura Lei reguladora do Dereito á Vivenda. Estas medidas implican reformas profundas e valentes pero á vez factibles, xa que na súa maioría están recollidas na anteriormente citada Lei 24/2015.

A situación anteriormente relatada aconsella a redacción da presente moción.

O PLENO DO CONCELLO DE.......... DÁ APOIO Ás PROPOSTAS PRESENTADAS POLA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA E CONSIDERA NECESARIO INCLUÍR As SEGUINTES MEDIDAS nunha Lei reguladora do Dereito da Vivenda:

1.  Medidas de segunda oportunidade

?  Dación en pago retroactiva e condonación da débeda (modificación da Lei Hipotecaria e a Lei de Enjuiciamiento Civil).

?  Eliminación automática por parte das entidades bancarias e sen previa petición do titular das cláusulas declaradas abusivas polas Sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea.

?  Non se poderá executar a primeira e única vivenda tanto dos titulares como dos avaladores para esixir a súa responsabilidade, en orde a considerar a vivenda habitual como un ben inembargable.

?  Eliminación  de     todos os  requisitos  restritivos  para  acceder  a     a moratoria  de desafiuzamentos e ao código guindeiras, salvo vivenda habitual, debedor/a de boa fe e carencia de recursos

2.  Aluguer digno 

?  A  regulación  do  aluguer  en       favor da  parte  máis débil  de     os contratos  de arrendamento:  os  inquilinos.  Introducindo  mecanismos  de seguridade    na  tenencia,  estabilidade  en     a renda  e  alargando  o  prazo  mínimo  de duración    do aluguer, como mínimo ata os 5 anos. Cando o arrendatario pertenza a un colectivo  especialmente  vulnerable  producirase    unha prórroga  automática do contrato de aluguer se así o manifesta, que será obrigada cando o arrendador sexa un banco ou gran propietario de vivendas.

3.  Vivenda garantida 

?  As  entidades  bancarias  garantirán  un  aluguer  social  para  as  persoas debedoras  de     boa fe,  e  as súas  unidades  familiares,  que  cedendo    a súa vivenda  única  e  habitual  en dación    en pago    non  dispoñan  de alternativa  habitacional.

?  Os  grandes  tenedores  de vivenda,    en especial    as  entidades  financeiras  e filiais  inmobiliarias,  fondos  voitre,  entidades  de xestión  de activos    (incluídos os  procedentes  de     a reestruturación  bancarias  e  entidades  inmobiliarias), garantirán  un  aluguer  social  para  as  persoas  e unidades  familiares  en situación de vulnerabilidade que non poidan facer fronte ao pago da súa vivenda e non dispoñan de alternativa habitacional.

?  As persoas e unidades familiares en situación de vulnerabilidade que non poidan facer  fronte    ao pago  do  aluguer  de vivendas    obterán  axudas  que  lles garantan evitar o desafiuzamento.

?  En ningún    caso  poderase    realizar  o  desaloxo  ou  desafiuzamento  de persoas    en situación  de vulnerabilidade,    xa  sexa  por falta  de pagamento  de aluguer    ou  ocupación  en precario motivada pola falta de vivenda, sen que a administración competente garanta un reacollo adecuado.

?  No caso que leve a cabo o aluguer social nunha vivenda diferente á que  reside  a  familia  ou  persoa  en situación    de vulnerabilidade,    este reacollo    producirase na zona onde estas teñan as súas redes vitais e sociais.

?  Creación dun parque público de vivenda a través da mobilización de pisos baleiros en mans de entidades financeiras e filiais inmobiliarias, fondos voitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da reestruturación bancarias  e  entidades  inmobiliarias).  A  administración  regulará  mediante  lei os mecanismos que posibiliten esta mobilización.

?  En     todas estas medidas    o  prezo  para  pagar  en concepto    de aluguer    social  non superará  o  30%  de     os ingresos  de     a unidade  familiar,  incluídos  gastos  de subministracións,  de acordo con       os  estándares  de Nacións    Unidas,   a condición de que    os  ingresos  familiares  superen  o  salario  mínimo  profesional  648,60?; en caso contrario o prezo para pagar en concepto de aluguer  será do 10% dos ingresos  e  as  subministracións  correrán  a cargo    das    empresas  subministradoras (punto seguinte).

4.  Subministracións básicas 

?  Impedir  os  cortes  de subministración    básicos  de auga,    luz  e  gas  das    persoas  e unidades familiares en situación de vulnerabilidade.

?  O pago das subministracións básicas para as familias nesta situación farase de acordo á capacidade adquisitiva da unidade familiar, sempre respectando os estándares de Nacións Unidas.

?  Os  custos  asociados  a garantir    este dereito    e  a débeda  acumulada  que  non poidan  ser  cubertos  polas    persoas  vulnerables  serán  asumidos  polas  empresas subministradoras.

5.  Creación dun observatorio da vivenda 

Este observatorio    estaría  composto  por representantes    das    institucións  e  da  sociedade civil. Este observatorio será o encargado de investigar e analizar a situación de     a vivenda  en España.    Entre  as súas  funcións  estarían  facer  censos  periódicos de vivendas baleiras, facer seguimento das políticas públicas, elaborar de informes; contaría  con capacidades    non  só  consultivas  senón  tamén  control,  seguimento, denuncia, executivas e de proposta lexislativa.