Compañeir@s,
Dende o feminismo vimos traballando nas
últimas semanas nunha resposta social ao
debate aberto en relación á denuncia
interposta contra José Manuel Baltar,
presidente da Deputación de Ourense, por
ofrecer un emprego a cambio de relacións
sexuais e que hoxe esta aínda en fase de
toma de declaracións pos parte da fiscalía
para valorar a apertura ou non de
dilixencias.
Ante este suceso moitas feministas vemos
con fonda preocupación que o debate social,
lonxe de cuestionar ao denunciante e a
violencia machista que supón exercer presión
dende unha posición de poder para procurar
favores sexuais, coloca o seu foco na muller
que denuncia, cuestionándoa e banalizando a
gravidade dunha acusación de acoso sexual e
por tanto de violencia machista.
Co fin de contribuír a explicar
socialmente o que significa o acoso sexual e
que é outra forma de violencia machista
vimos de pór en marcha unha campaña que
levará por lema "O Persoal é Político. O
acoso sexual é delito" mediante a cal
queremos facer chegar a toda a sociedade
este debate desmontando os argumentos
falaces de pechalo no ámbito privado, de
restarlle importante e o peor: de
criminalizar á muller que denuncia.
Para iso elaboramos un cartaz que
tentaremos visibilizar en toda a cidade,
estamos preparando unha palestra sobre o
acoso sexual na lexislación e queremos facer
público o texto que vos adxuntamos co maior
número de apoios colectivos posíbeis de
entidades da nosa cidade. Convidándovos
a asinar e apoiar este texto
que faremos público -xunto cos apoios-
o 1 de decembro de 2015.
Caso
de ter vontade de apoiar esta campaña
pregamos nos remitades a este mesmo
email unha resposta indicando nome da
organización que apoia e asina e
telefone de contacto.
Ademáis
aquel@s que asinedes este texto estades
convocad@s a unha reunión o próximo luns 30 de
novembro ás 20.30h no local de ESCUA
(Praza da Estrela) para
organizar conxuntamente o seguinte paso
a darmos coletivamente en relación a
este caso.
En sororiedade feminista
Seguimos en Marcha ata que todas vivamos
libres de violencias.
O persoal é político
Demandamos do Partido Popular unha posición
clara contra a violencia machista e o acososexual
O artigo 3 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero fala de formas de violencia machista e sinala como unha das formas de
violencia o «acoso sexual, que inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de
natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se prevale dunha
situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de
causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación,
ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta». Tal definición de acoso
sexual está inspirada e coincide no esencial coa tipificación do delito de acoso sexual contido nos
apartados 1 e 2 do artigo 184 do vixente Código Penal.
Como forma de violencia machista, o acoso sexual non pode ser tratado só como unha cuestión
relegada á esfera doméstica ou privada e por tanto persoal, senón que constitúe un problema
social e como tal debe afrontarse. Debe ser no ámbito público no que se visibilice e denuncie e no
que se trate calquera cuestión referida a denuncias desta índole por parte de calquera cidadán, e
con maior rigor se cabe as relacionadas con representantes públicos nunha institución.
A sociedade debe demandar das autoridades todo o esforzo en esclarecer calquera circunstancia
relacionada con denuncias sobre violencia machista, e máis sabendo que en moitos casos non
tomar en conta os testemuños das mulleres que a sufren leva a terríbeis consecuencias como pode
ser a dos asasinatos machistas.
Ante unha muller que denuncia violencia machista, e o acoso é unha forma de violencia, todos os
resortes da xustiza deben colocarse no obxectivo de investigar, contrastar e resolver sobre as
consecuencias do posíbel delito protexendo en todo momento tanto o anonimato como a
integridade da muller e loitando por evitar a dobre criminalización que se produce cando quen se
xulga social e mediaticamente é a muller que sufre e denuncia a agresión e non o seu agresor.
Neste sentido, o artigo 30 da citada lei 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero establece no seu apartado 1 que «a Administración da Xunta de Galicia poderá
exercer a acción popular nos procedementos penais por violencia de xénero» e o artigo 31.1 da
mesma lei insiste en que «nos casos en que proceda, a Xunta de Galicia poderá acordar o seu
personamento nos procedementos penais instados por causa de violencia de xénero, en calidade
de parte prexudicada civilmente, de conformidade co establecido no artigo 110 da Lei de
Enxuizamento Criminal».
A denuncia feita contra José Manuel Baltar por ofrecer un emprego a cambio de favores sexuais
está tipificada na lei como acoso sexual e por tanto é unha forma de violencia que constitúe un
delito. As abaixo asinantes consideramos que un representante público acusado dun delito de
violencia machista non pode permanecer nin un día máis á fronte da institución nin da súa
responsabilidade política. Tanto el como o Partido Popular deben asumir as responsabilidades
políticas e aclarar publicamente a súa posición en relación á violencia machista e ao acoso sexual.
Como parte dunha sociedade crítica e comprometida que se nega a ser cómplice do silenciamento
da violencia e de retorcidos debates que criminalizan aos máis débiles amosamos todo noso apoio
á denunciante, ao seu dereito a expresarse e a non ser xulgada pola súa acción xudicial e
expresamos ás veciñas e veciños de Ourense cales son as nosas demandas.
Demandamos do Partido Popular Galego que proceda a:
• O cese inmediato do actual presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
• O remate da campaña de criminalización da denunciante e que deixe actuar á xustiza
libremente.
• Esixir ao presidente do Goberno galego Alberto Núñez Feijóo que realice unhas disculpas
públicas polas declaracións nas que sinalou a inexistencia de delito por non ter conseguido
a denunciante un emprego, restando importancia ao feito da existencia da promesa que
puido ser empregada como presión para violentar a liberdade sexual da denunciante.
Demandamos da Xunta de Galicia que proceda a:
• Exercer a acción popular en caso de que se abra un proceso xudicial derivado da denuncia
presentada contra José Manuel Baltar por ofrecer un emprego a cambio de relacións
sexuais a unha ex traballadora da Deputación de Ourense.
Ourense, novembro de 2015

Ningún comentario:
Publicar un comentario