venres, 6 de novembro de 2015


 Mercadiño solidario.

As necesidades de loxística (almacenamento de roupa, obxectos...etc), non podíamos seguir a almacenar as doazóns en casas de compañeiras, obrigounos a alugar un local para tentar seguir adiante co mercadiño solidario.

Como temos dito en outras ocasións este mercadiño permítenos sacar unha pequena financiación para o colectivo, agora unha parte irá destinada o pago do aluguer, pero o fundamental e que pos roupa en bo estado e de boa calidade, a que non se lle daba uso, a disposición de persoas que a precisan.

Así este domingo día 8 de novembro dende as 17:30h ás 20:00h nas Galerías do Xardín do Posío Rúa Xosé Ramón Fernádez Oxea voltaremos a facer o mercadiño, tentaremos abrir con periodicidade, xa iremos informando dos día e horas. Esta vez farémolo nun local propio de stop-desafiuzamentos.


O domingo día 8 non se puideron abrir as galerías polo tanto non se puido realizar o mercadiño.

¡ Desculpade si aguen se viu afectado por este imprevisto !

VOLTAMOS A ABRIR O SABADO 14.

Ningún comentario:

Publicar un comentario