venres, 9 de outubro de 2026

EN MEMORIA DE TODAS AS VÍTIMAS DA AVARICIA INMOBILIARIA

MARICARMEN NON MORREU NA SÚA CASA

Pola memoria a dignidade e o dereito a vivenda.

Maricarmen Morreu.

Tiña 87anos era unha muller loitadora pero fraxil . Levaba máis de setenta anos vivindo na mesma casa dennde que entrara nela sendo unha nena. Aquela casa era súa memoria. Alí medrou, coidou os seus, envelleceu e gardou toda a súa vida.

Pero Botarona.

Despois de pagar mási de mil mensaulidades.

Despois de anos de procedementos, recursos, medo e angustia.

Desois de convertir os últimos anos da súa vida nunha batalla para conservar o seu fogar.

O 23 de setembro sacárona da súa casa. Aquil memso día tivo que ser hospitalizada. Estaba fisica e emocionalmente agotada.

Non volveu sair do hospital.

Dúas semanas despois , Maricarmen morreu.

Existe unha relación política, social e humana que ninguen pode negar na súa morte:

Uhanha anciá fraxil, anos de angustia, a expulsión violenta do seu fogar , o esgotamento e a hospitalización inmediata non son feitos alleos á súa morte.

Forman parte dunha mesma historia.

O certificado médico non poderá escribir a palabra desafiuzamento pero tampouco recollerá as noites sin durmir , o medo, a humillación nin o golpe brutal de ser expulsada da casa onde construira toda a súa vida.

A pobreza enferma

A soidade enferma.

A angustia enferma.

Perder o fogar tamén enferma.

E as veces pode contribuir a matar.

A solución chegou. Conseguiraseun acordo para que Maricarmen regresase á súa casa.

Pero chegou tarde, demasiado tarde.

Maricarmen non é a primeira antes houbo moitas persoas que se suicidaron diante dunha orde delanzamento ou despois de perder a súa vivenda.

Lembramos a Carlos Midón a Amaia Egaña a Olga Matute, a Javier. Lembramos as persoas cuxos nomes no chegaro os xornais.

O sucidio nunca ten unha unica causa pero tampouco podemos chamarlle ¨traxedia persoal¨ o resultado dun sistema que somete persoas vulnerables a unha presión insoportable e despois borra as súas propias responsabilidasdes.

Un desafiuzamento non é un expediente, unha demanda ou un cambio de pechadura. Detrás hai peroas maiores arrancadas do seu barrio. Nenos que mudan de escola. Familias separadas. Persoas enfermas. Vidas enteiras metidas en bolsas de plástico.

Por eso non permitiremos que Maricarmen noticia durante unha horas e mañá.

Non queremos condolencias senmedidas.

Non queremos acordos que chegan tarde.

Non queremos que acobiza se esconda detrás dunha sentenza ou unha sociedade mercantil.

Unha sociedade decente non expulsa a unha muller de 87 da casa onde viviu durante sete décadas.

Unha sociedade decente non espera a que esté hospitalizada par topar unha solución.

Unha sociedade decente non protece mellor a rendabilidade dunha empresa que a vida dunha peroa fraxil.

POR ISO RECLAMAMOS UN ESCUDO HABITACIONAL PERMANENTE.

Ningunha perrsoa vulnerable pode ser desafiuzada da súa vivenda habitual sin unha alternativa digna.

Nin por impago de alugueiro.

Nin por impago de hipoteca.

Nin por finalización dun contrato.

A banca, os fondose o rentismo deben asumir a súa responsabilidade.

Maricarmen pediunos dende o hospital:

¨Defendede o que é voso seguide loitando¨ seguide loitando.

E iso faremos !!!!

Transformaremos a dor en memoria.

A memoria en indignación.

A indignación en organización.

Maricarmen morreu, pero a súa voz non srá expulsada.

Maricarmen non se esquece !

Nin un desafiuzamento sen alternativa !

Nin unha Maricarmen máis !


VIVENDA PARA VIVIR !!!!


 CERCA DA TÚA CASA TRAILER: É indecente Silvia Pérez Cruz.

 !https://www.youtube.com/watch?v=KWPJZyLwwIQ

 

CANCIÓN PARA APAH. Nacho Vegas  2016  

 https://www.youtube.com/watch?v=y3pid7u8xKQ&list=RDy3pid7u8xKQ&start_radio=1 

 

 Ámenme, Soy un Liberal.  Nacho Vegas

 

 May be an image of multitude e texto

 

 May be an image of texto

 May be an image of multitude e texto

 May be an image of multitude e texto

xoves, 8 de outubro de 2026

O 3 E 4 DE OUTUBRO VOLTAMOS AMOBILIZARNOS ! 

 A PAH naceou no ano 2009 milleiros de familias oganizaronse longo do territorio de todo o estado entorno a pah e os colectivos stop desafiuzamentos. A estafa inmobiliaria provocada pola  liberalización do chan feita por José María Anar en 1998 rematou co estourido da burbulla inmobiliaria en 2008. O resultado foron milleiros de familias perderon os seus fogares mentres se rescataba entidades financeiras con diñeiro público. 

O longo distes anos resistimos mentres a sociedade parecía adormecida como si non houbera pasado nada. Despexos, suicidios sufrimento, silenciado en medios. O recente despexo perpetrado por un fondo voitre que lanzou a Maricarmen do seu fogar voltou adespertar a conciencia cidadá, esperemos que desta sexa a definitiva. Maricarmen axudada polo Sindicato de Inquilinos loitou o longo de 7 anos e finalmente foi desapexada.  A hipocresía do Concello e da Comunidade de Madri chega a tal límite que permiten o despexo sin alternativa e cando comproban que a mobilización pode danar a súa imaxe danlle unha alternativa habitacional. 

Sindicato de inquilin@S chama a ir a unha folaga xeral. Dende iste humilde colectivo celebramos iste chamado pero co sufrimento que levamos visto o longo de anos obriganos a facer unha reflexión e voltar a mirada o pasado recente para comprender que se cometeu un erro imperdoable.

Cando a PACDP Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débea Pública, na que nos participamos, se mobilizaba nos asno 20011  co lema ¨NON DEBEMOS NON PAGAMOS¨  non o pago da débeda sin auditoría. 

No seguinte contexto:  Zapatero e Rajoy reformaban a constitución para priorizar o pago da débeda pública nos presupostos. De seguido M.Rajoy crea a SAREB Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria. Conocida popularmente como  «banco malo»,  unha sociedad anónima española creada en noviembre de 2012 durante a estafa financeira. 

M.Rajoy liberal coas ganancias intervencionista coas perdas dilapidou 74.000 dos 76.000 millóns do FONDO DE PENSIÓNS boa parte foi para a SAREB. Con iste ENXENDRO INMOBILIARIO trasnferian diñeiro publico a CONSTRUCTORAS E BANCOS e istes apalancaban na SAREB as vivendas para que non caeran o prezo, resumindo SOLIDARIZARON AS PERDAS DE BANCOS E CONSTRUCTORAS. 

MOMENTO ESTRATEXICO cando a Plataforma pola Auditoría se mobilizaba ¨non debemos non pagamos¨ iste era o momento de PARAR O PAÍS. Si tiñamos que asumir a débeda transferida dos bancos DEBERÍAMOS ESIXIR ALGO A CAMBIO:

.Investigación da quebra das caixas de aforro, o 51% do sistema do aforro do Reino de España foi privatizado "detriora baixa o prezo e privatiza. 

.Enxuizar os Directivos e Consellos por levalas a suposta quebra. 

.Investigar a venda de debeda subordinada e titulos preferentes a particulares. Estafa masiva para liberar os inversores iniciais diste producto, fundamental para alimentar a especulación inmobiliaria. 

.Impedir a creación da SAREB si o negocio da compra venda actuaba coas reglas do libre mercado agora o prezo da vivenda debería axustarse o prezo da demanda. Houbérase repartido entre particulares e non deixarlla en bandexa os fondos voitres.  

.Frenar os desafiuzamentos e abalar a morosidade de familias e non os bancos .

Nada desto se fixo. Os fondos como BLAK STONE, asesorado por José María Aznar botella, logo de que a súa Nai vendera 3000 vivendas publicas do IVIMI, entraron a mercar en MASA as mellores vivendas da SAREB. M.Raoy rematou o seu intervencionismo modificando as SOCIMI que pasaron de tributar o 25% o 19% e para non deixar nada sin facer. Mudou a Lei de Arrendamentos Urbanos baixando a duración dos alugueiros de 5 a tres anos. Os fondos subiron os alugueres de 400 e 600€ a 1500€ e os que non podían pagar despexaronos. 

As mobilizacións da PAH e os Colectivos Stop-desafiuzamentos chegaron a un nivel que en Europa premiaron a PAH polo activismo social a prol da vivenda digna. 

M.Rajoy en 20015 creou a Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección de la seguridad ciudadana. Para frear os mobilizacións. A día de hoxe, foi modificada pero sigue en vigor, o goberno prometera derogala.

Houbo moitísimas Maricarmen antes, en Ourense temos varias mulleres que viviron o mesmo. Dende stop-desafiuzamentos Ourense celebramos que volten as mobilizacións e a proposta de folga xeral, pero somos moi consciente de que chegan moi tarde. Xa os voitres encheron o fol con moito... moitísmo sufrimento, demasiado sufrimento e fixeronse fortes. 

Aínda así faremoslle fronte !!!!

Sabíamos o que estban facendo e nunca demos un paso atrás, RESISTIMOS !!!!

Por qué a folga xeral non foi antes de todo iste sufrimento ???  

Sindicatos e formacións políticas estatolátricas deberan resspostar esta pregunta pois dende 2009 ata 20019 arderon as rúas !!!! 

Nesta mobilización demos a coñecer o inminete despexo, o día 29 de outubro, dunha muller con doenzas mentais e escasos recursos. Vai a ser despexada sin que Cocello de Barbadás nin a Delegación de Vivenda da Xunta, o IGVS, lle deran unha saída digna a día de hoxe !!