mércores, 22 de xuño de 2016


Resposta enviada dende Stop-desafiuzamentos Ourense a:

"BENPOSTA COLECTIVO CIUDADANOS ".

Recibimos 11 correos diste colectivo convidándonos de xeito insistente a non axudar as familias que residen en Benposta. Dándonos a coñecer varios sucesos o longo de anos que aconteceron en Benposta e que según este colectivo serían argumento válido para que stop-desafiuzamentos Ourense non apoiase a familias que residan e teñan alí a súa única vivenda habitual e sin recursos para unha alternativa habitacional.



A resposta de stop-desafiuzamentos é esta:

Boa tarde:

Debido a extensa información que me aporta non poio darlle unha opinión suficientemente formada sobre a mesma. Entenderá que nos somos xuíces e que o que nos move como colectivo e defender o dereito a unha vivenda dígna.

A PAH e o COLECTIVO STOP DESAFIUZAMENTOS somos colectivos apartidistas que loitan polo dereito a unha vivenda digna .

No caso de Stop-Desafiuzamentos Ourense o noso funcionamento é precario, auto-xestionado e sempre libre de subvencións públicas.

Axudamos, a familias que van a ser despexadas, a negociar equilibrando as forzas con entidades financeiras no caso que seña por despexos bancarios e denunciar e premer as administracións no caso de impago de alugueres a propietarios particulares para que proporcionen alternativas habitacionais nos dous casos antes do despexo.

Basicamente esa sería a nosa loita , como comprenderá a realidade e moito máis complexa e vémonos sumidos nas vidas das persoas que acoden a nos pedindo axuda tendo que en moitas ocasión facer labores sociais.

En varias ocasións se tratou nas nosas asembleas, abertas a quen queira participar, o xeito de actuar do noso colectivo. Resultado dun análise feito o longo de 5 anos de axuda estas familias poderíase subscribir como algúns dos principio do noso funcionamento:

- O non enxuizamento das perosoas que acoden a pedirnos axuda. Isto no resta que esixamos un compromiso ético de non mentirnos e na medida do posible procuramos verificar calquera documentación que se nos aporta.

- O estudo individualizado de cada caso axudando a procurar vivenda a quen non dispón de recursos para mercala ou alugala, implicando as administracións na solución dos mesmos. Dedúzase do anterior que non sen inclúe as familias que dispoñen de outra opción habitacional digna e a quen dispón de recursos suficientes para mercar ou alugar outra vivenda.

No caso das familias, actualmente residente en Benposta, que acudiron a pedirnos axuda. Matizo nis te punto que nos non estamos como colectivo anti-desafiuzamentos posicionados a favor ou en contra do pasado ou futuro de Benposta.

Este colectivo na medida do posible e seguindo o principio da solución individual dos casos actuará ,como ben facendo, procurando unha alternativa habitacional a quen a precise resida no lugar que resida en cumprimento dun dereito recollido no artigo 47 da C.E que a súa vez recolle o sentir de varios tratados internacionais en materia de vivenda asinados polo Estado Español.

En calquera caso convidámolos a asistiren as asembleas que Stop-desafiuzamentos Ourense celebra regularmente na Paraza Maior. Estas asembleas son abertas e calquera veciño de Ourense pode expoñer o que considere oportuno sempre que sexa con respeto tanto no trato coas compañeiras da asemblea como o resto das veciñas aínda que non participen da mesma. Celébranse con unha periodicidade aproximada de un mes. A máis inmediata é esta tarde ás 19:30 na Praza Maior.

Convidámolos tamén a seguirnos no facebook e no blog onde poderán analizar o noso traballo e criticalo (con respeto) sempre que o consideren oportuno.

https://www.facebook.com/STOP-DESAHUCIOS-OURENSE-310140959036554/

http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/

Déixolles un tf de contacto por si queren dirixirse a quen lle escribe que neste momento exerce como portavoz do colectivo.

Roberto Pereira :
620 128963

 
 
 
O motivo de desta concentración é denunciar e facer público un xeito de violencia que o sistema exerce contra as mulleres vítimas de violencia de xénero machista.

Xa en outras ocasións chegaron o colectivo mulleres nesta dramática situación; logo de denunciar as súas exparellas por malos tratos, vense en situación extremas, algunhas veces con menores a cargo, por non dispor dunha vivenda estable e carecer de recursos para garantir o pago dun aluguer e os suministros básicos. O feito de ter menores o seu cargo e poder perder a tutela, ou o medo a súa exparella impídelles facer público o seu caso.

O 10 de Marzo do presente ano unha muller, vítima de violencia machista, con un fillo menor con dependencia recoñecida de grao III, por autismos, pide axuda o colectivo
Stop-Desafiuzamentos.

Sorpréndenos que sexa Cruz Roja quen lle proporcione o noso contacto alegando que non pode axudarlle. Sorpréndenos por que o funcionamento de Stop-desafiuzamentos e precario e autoxestionado e non percibimos axudas públicas mentres o terceiro sector de Acción Social (TSAS) está formado por entidades privadas que captan recursos, maioritariamente públicos, e prestan servizos públicos.

O TSAS xestionou uns ingresos de 14.470 millóns de euros en 2013, aos que habería que engadir o financiamento das entidades chamadas singulares: Cáritas (250M, dos que só 5M son achegados pola Igrexa católica) Cruz Vermella (536M) e a Once (540 M), un montante de 16.250 M de euros, o 1,7% do PIB Español.

http://www.plataformaong.org/ciudadaniaactiva/tercersector/estudio_completo_el_TSAS_en_2015_impacto_de_la_crisis.pdf


O 14 de marzo Stop-desafiuzamentos deulle coñecemento por escrito, da situación que vivía esta muller, en reunións persoais co Alcalde de San Cibrao das Viñas e A delegada Territorial de vivenda. Alegando respectivamente O alcalde coñecer do caso e non poder facer ren, e a delegada falla de recursos. As dúas administracións, tanto a municipal como a Delegación de Vivenda da Xunta o IGVS políticamente dirixidas polo Partido Popular.

Esta muller chegou esta situación logo de esquecerse selar unha RAI (Renda de Axuda a Interación) no INEM en outrubro de 2015. Retíraselle a axuda e ten que volver a iniciar os tramites para que lle volva a ser concedida. Queda sen ingresos e vese obrigada a deixar de pagar a cota de aluguer do piso. Finalmente o 10 de marzo e desafiuzada por 5 cotas impagadas. A súa situación era coñecida pola traballadora social do Concello de San Cibrao das Viñas.

Dende este momento é stop-desafiuzamentos que lle da apoio e facendo colleitas anónimas, nunha Rede de Apoio Mutuo Stop, faise cargo dos gastos das habitacións con dereito a cociña que se alugan durante parte de marzo, abril, maio.

Debido as súas especiais circunstancias económicas e con un neno con autismo, dende o 10 marzo tivo que mudar 3 veces de vivenda. Recupera a a axuda en maio pero foi retirada integramente polo banco que lle fixera adiantos durante istes meses, subsistindo cos adiantos do banco e 193€ que percibe da axuda que lle conceden o menor en xaneiro pola súa dependencia.

Finalmente a 5 de maio asinase un contrato co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) nunha V.P.O. Consideramos que non é a vivenda adecuada para esta muller pero aceptase ante a gravidade da situación vital que atravesa.

A día de hoxe aínda non está en condicións normais de habitabilidade, aida así vimonos obrigados a entrar o día 10 de xuño pàra non pagar outra mesualidade de aluguer. Paso a citar as eivas concretas denunciables tendo en conta que as administracións públicas se rixen polos principios de eficacia e eficiencia:

- Ten que facerse cargo do imposto de actos xurídicos documentados para formalizar o contrato.

- O I.B.I (Imposto de Bens Inmobles) corre a cargo desta muller dende o próximo ano.

- Está obrigada a pagar un seguro de fogar.

- Ten que dar de alta a seu nome os servizos de Auga, Gas, Electricidade. O anterior inquilino no se fixo cargo dos recibos de gas e poden serlle reclamados a ela si non se actúa con eficacia. O servizo de gas aínda non está dado de alta vendose obrigada cociñar con un pequeno camping gas que lle prestaron compañeiras do colectivo.

- O I.G.V.S non pode garantir a dirección da vivenda de xeito oficial xerando un grave problema coas empresas suministradoras que non son capaces de asignar os suministros a unha dirección que lles ofrece dúbidas. Estas tampouco colaboran na solución do problema.

- A vivenda está sin mobles tendo que recorrer a doazóns que procuramos dende Stop-desafiuzamentos para amoblala.

- Non ten Frigorífico nin Lavadora e ten que destinar a axuda que percibe no mes de xuño a mercar os electrodomésticos. Tendo que o colectivo voltar a facer colleitas na Rede de Apoio Mutuo para aportarlle medios para subsistir o que resta de mes.

- Aínda que a vivenda e digna entregase nunhas condicións o límite do aceptable. Un Persiana rota, as luces da cociña non funcionan, Varios enchufes desencastrados das paredes, algúns grifos que non funcionan. Non ten antena de T.V nin colectiva nin individual.

- O trato recibido das empresas suministradoras é en todo momento Kafkiano e pouco dilixente e resolutivo. Sendo incapaces a día de hoxe de dar de alta o suministro de gas.

Aínda que de xeito indirecto consideramos que tamén é responsabilidade do partido do Goberno na medida que o Partido Popular recorreu, co intención de suspendelas, varias leis autonómicas contra a pobreza enerxética e por unha vivenda digna en: Andalucía, Navarra, País Vasco, Cataluña. En Galiza impediu a entrada a debate o parlamento no 2013, nestas leis establecíanse protocolos axeitados a familias que non poden facer fronte os suministros básicos.

O partido popular no canto de estar do lado das familias púxose do lado das grandes suministradoras para garantirlles grandes beneficios e o pago dos dividendos.

Queremos denunciar o desleixo do Concello de San Cibrao das Viñas e da Xunta de Galicia, que ten competencia exclusiva en materia de vivenda, no trato dado a unha muller nesta situación e consideramos que é outro xeito de violencia.

Xustifícanse as administracións na falla de recursos e nos aseguramos que si hai recursos, pero por todos é coñecido, que son espoliados por autenticas mafias corruptas e no rescate do sistema financeiro intricado nas mesmas.

Dende o colectivo demandamos que a mulleres en situación de violencia machista recoñecida se lles proporcione de xeito inmediato vivendas de alugueiro social.

Estamos ante dous procesos electorais case seguidos e o PP pon a funcionar as imprentas amigas moitas subvencionadas con diñeiro público para dar unha imaxe de grandes xestores que non tiveron ren que ver coa “situación crítica”.

Anunciando que:

“O Concello e Ourense é o primeiro en sumarse o programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia”.

Recentemente o presidente da Xunta de Galicia vendíanse nunha emisora de radio como o paradigma anti-desafiuzamentos.

¡Tarde píache!..O dereito a vivenda hai que garantilo día día non, cada 4 anos, cando hai que sumar votos.

1.500.000 sinaturas apoiando a ILP pola dación en Pago e aluguer social, desprezada pola maioría absolutista do Partido Popular en 2012. Leis autonómicas polo dereito a unha vivenda digna e contra a pobreza enerxética, suspendidas por iniciativa do Partido Popular no constitucional. Máis de 700.000 execucións hipotecarias e multitude de suicidios.

Logo de tratarnos como terroristas. Dispois dunha ha lei mordaza, criticada pola ONU e o Consello de Europa, para amedrentar a quen decide loitar por unha vivenda digna e non se resigna a ser desafiuzado mentras rescatan bancos.

4 anos despois o pp anuncia na prense que vai tomar iniciativas contra os os desafiuzamentos, nos sabemos que é :

¡ PROPAGANDA ELECTORAL !

A PAH e o colectivo STOP-DESAFIUZAMENTOS seguiremos a demandar as formacións políticas, en campaña electoral e día a día o lado das familias un compromiso formal para o cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda dígna e das 5 da PAH:
- Dación en pago Retroactiva.
- Alugueres asequibles.
- Stop Desafiuzamentos.
- Vivenda Social suficiente.
- Suministros básicos garantidos.

Sin as 5 da PAH non lles votes.

DACIÓN EN APAGO:
.https://www.youtube.com/watch?time_continue=18&v=pk0UNGZoevw

ALUGUER ASEQUIBLE:
.https://www.youtube.com/watch?v=rwe6ucL6iaU

STOP DESAFIUZAMENTOS:
.https://www.youtube.com/watch?v=UJ5KqgptBiY

VIVENDA SOCIAL:
.https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=5_S82y7W6EA

SUMINISTROS BÁSICOS GARANTIDOS:
.https://www.youtube.com/watch?v=pMEGnI0E8JY

http://las5delapah.com/las-5-de-la-pah/










mércores, 8 de xuño de 2016




¡Do dereito a vivenda o xenético neoliberalismo caciquil do pp a prensa e o mercado do voto !


Como xa é coñecido por todas, tanto as que o criticamos, como a procesión dos caladiños que, supoño cheos de medo, maliciosa ignorancia, ou nunha enferma e cómplice conformidade, permiten que lles rouben o pan mentres apañan unhas migallas.

O partido Popular cando o caladoiro de votos estaba no rural sacaba as cubas de cemento e “Carreta para riba carreta para abaixo cemento farola e o voto debaixo”.

Parece que agora van a comerciar coas necesidades básicas dos máis desprotexidos. Isto podería parecer un desprezo pero vexamos por que o digo:

Estes días saen na prensa, en especial na de Ourense, Concello amigo gobernado polo parido popular , prensa amiga, ou non suficientemente informada e crítica.

“O Concello de Ourense o primeiro en sumarse o programa de vivendas baleiras”

O estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 27.3 di que corresponde a Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de vivenda de Ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda. Parece que dende o 2008 o partido popular non soubo que garantir unha vivenda digna era competencia da Xunta.

Atravesamos unha situación crítica dende o ano 2008 que estourou a burbulla inmobiliaria inflada 10 anos antes pola reforma da lei do solo feita por José María Aznar sendo ministro de economía Rodrigo Rato e Gobernador do Banco de España, o regulador, Jaime Caruana La Corte “España va bien” Dicían. Chámolle “situación crítica” en non crise pois esta situación foi consecuencia dunha gran estafa que permitiu o enriquecemento desmesurado dunha elite corrupta.

Pero voltemos a cidade de Ourense que é o que nos atinxe aínda que o partido popular leva gobernando Galiza os últimos 8 anos, período no que transcurre esta “situación crítica”.

Dende que o colectivo Stop-desfiuzamentos Ourense naceu, no ano 2011, permitiunos ver e afondar no xeito de actuar “Kafkiano” das institucións dirixidas polo Partido Popular como o I.G.V.S. (Instituto Galego de Vivenda e Solo) con familias con menores, con enfermos ou mulleres vítimas de violencia machista.

No ano 2013 creouse no Concello, a proposta de Stop-Desafiuzamentos, por unanimidade das formacións políticas con representación plenaria a creación dunha “ Comisión Técnica de seguimento dos desafiuzamentos” composta por representantes de varias institucións e organizacións como o Colexio de Avogados de Ourense, Stop-Desafiuzamentos, un representante do do Goberno Municipal un da Xunta de Galicia etc etc. O interese do Partido Popular por estas familias quedou patente coa súa ausencia a primeira reunión desta comisión. O PSOE tampouco amosou interese especial no funcionamento da mesma, pero a súa actitude estivo moi lonxe do desprezo que fixo o partido popular. A falta de interese levou o fracaso do funcionamento desta Comisión.

En varias ocasións o longo distes anos fomos a delegación de vivenda da Xunta de Galicia a demandar alugueres sociais tanto para familias procedentes de despexos bancarios coma despexos por impago de aluguer. Sempre se nos alegou mesmo: falta de recursos e que non había vivenda protexida na cidade.

Resulta indignante a argumentación da delegada Territorial de Vivenda da Xunta de Galicia en Ourense.

Os recursos de todas espoliáronse destinando 200.000 millóns de € o rescate bancario no conxunto do estado español. En Galiza coa complicidade do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, regalámoslle 9000.000 millóns de € a ABANCA para sanear as Caixas de Aforro e convertelas nun apetecible banco privado que, agora si, da 1.200 millóns de€ de beneficio no ano 2015.

Non se lle pediu ningunha contra-prestación social por este rescate. Todo o contrario reparten dividendos sin complexos, mentres moitas familias malviven o límite.

Como a contas non lles cadraban saquearon o fondo de pensións, que garantiza o cobro das mesmas no futuro, feito con aportacións de todas, retirando 30.000 millóns de € dos 66.000 millóns que chegou a ter no 2011.

Destinan cada ano 36.000millóns de € o pago dos intereses dunha débeda privada convertida en pública, polo tanto ilexítima, sin auditala para que non se saiba quén son os responsables da suposta quebra económica.

Permiten que fondos voitres merquen vivenda de proteccións social a prezos de saldo mentres lle negan esa oportunidade as familias que están a vivir nelas. Sosteñen cun artificio finaceiro o prezo da vivenda co Banco Malo a SAREB (Sociedade de Xestión de Activos Para a reestruturación Bancaria) abalando negocios privados, con rendibilidades de ata o 15%, con diñeiro público mentres familias son despexadas ante a mirada pasiva dos gobernos de Rajoi e Feijoo.

Durante a “situación crítica”, tristemente, os suicidios convertéronse na 1ª causa de morte traumática, por diante dos accidentes de coche, estratexicamente silenciadas, as causas dos mesmos, nas estadísticas.

Pero voltemos a afondar na entraña do sistema neocaciquil que dirixe o pp. Recentemente, no mes de marzo do presente ano, pediunos axuda unha muller vítima de violencia machista con un neno con autismo con nivel III de dependencia. Acudía a Stop-Desafiuzamentos enviada dende Cruz Roxa que non podía axudarlle. Isto resulta incrible si temos en conta que as ONG privadas recibiron o pasado ano 17.000 millóns de € en axudas públicas.

Esta muller residía no Concello de San Cibrao das Viñas, gobernado polo pp, dende o momento da separación. Co coñecemento da traballadora social diste concello levaba dende o mes de novembro de 2015 sin ingresos, por esquecerlle selar a RAI no INEM no mes de Outubro. Véndose obrigada a deixar de pagar o aluguer do piso onde vivía durante este tempo.

Démoslle traslado por escrito e procuramos encontros personales tanto o alcalde de San Cibrao das Viñas como a Delegada Territorial do IGVS. O primeiro alegou que coñecía o caso pero non podía facer nada e a Delegada Alegou falta de recursos pero que miraría que se podía facer. Hai que lembrar que a cidade de Ourense ten 15.000 vivendas baleiras moitas delas pertencen a entidades financeiras rescatadas con diñeiro público... e non hai recursos.

Logo de dalo a coñecer os medios e de varias concentracións de protesta no IGVS, vendo a violencia institucional que estaba padecendo esta muller fixémonos cargo da súa situación. Durante estes tres meses tivo que mudar en tres ocasións de vivenda cos problemas de inestabilidade emocional para a súa crianza que trae outros problemas como os da escolarización. O colectivo fíxose cargo mentres non recuperou a RAI de parte dos gastos desta familia. Non tiña dereito a axudas de emerxencia por o levar 3 meses censada en Ourense. Cambiou o censo pois, a traballadora de San Cibrao estaba de baixa, precisaba un informe urxente para solicitar vivenda social. Finalmente asígnaselle unha vivenda social o día 5 de maio nas seguintes condicións:

-Ten que facerse cargo do pago do imposto de actos xurídicos documentados para asinar o contrato.
- Pago do I.B.I (Imposto de Bens Inmobles) o primeiro ano corre a conta do IGVS, alta de suministro de gas, alta de suministro de electricidade, alta de suministro de auga.
-Mercar Frigorífico, lavadora, Facer unha instalación de Antena de T.V pois non ten antena colectiva.

Pois a día de hoxe aínda non fomos capaces de conseguir dar de alta os suministros por falta de eficacia e eficiencia do IGVS. Había débedas de inquilinos anteriores non tiñan a dirección correcta, non coincidía coa referencia catastral etc etc. Esta é a violenta realidade institucional con unha muller vítima de violencia machista.

O longo da “ situación crítica” a PAH e STOP-DESAFIUZAMENTOS promovemos leis autonómicas pola vivenda digna e contra a pobreza enerxética , no ano 2013 en Galiza, Andalucía en Navarra, no ano 2015, no País Vasco e Cataluña, esta última coa agravante dun Goberno en funcións. Todas recurridas o Tribunal Constitucional polo Partido Popular, sempre posicionado na defensa dos intereses da Banca e das grandes empresas subministradoras, para aumentar os seus beneficios.

Un partido Popular relaxado ante a corrupción e rigoroso coas familias. Amordazando, con leis de seguridade cidadá, os que lles aireamos os seus sucios negocios e corruptelas.

Estamos ante dous procesos electorais case seguidos e o PP pon a funcionar as imprentas amigas moitas subvencionadas con diñeiro público para dar unha imaxe de grandes xestores que non tiveron ren que ver coa “situación crítica”.

Anunciando que:

“O Concello e Ourense é o primeiro en sumarse o programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia”.

¡Tarde píache!..O dereito a vivenda hai que garantilo día día non, cada 4 anos, cando hai que sumar votos.

1.500.000 sinaturas apoiando a ILP pola dación en Pago e polo aluguer social, desprezada pola maioría absolutista do Partido Popular en 2012. Leis autonómicas suspendidas por iniciativa do Partido Popular. Máis de 700.000 execucións hipotecarias e multitude de suicidios.
E 4 anos despois a prensa anuncia que o pp vai tomar iniciativas contra os os desafiuzamentos, nos sabemos que é propaganda electoral.

A PAH e o colectivo STOP-DESAFIUZAMENTOS seguiremos a demandar as formacións políticas, en campaña electoral e día a día o lado das familias un compromiso formal para o cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda dígna e das 5 da PAH:
- Dación en pago Retroactiva.
- Alugueres asequibles.
- Stop Desafiuzamentos.
- Vivenda Social suficiente.
- Suministros básicos garantidos.