domingo, 30 de novembro de 2014

Miles de persoas marcharon sobre Compostela este 29N confluindo no Obradoiro, nun acto multitudinario cheo de Dignidade e un compromiso de Unidade e Loita

 
 

"Seguiremos a loitar e a medrar e aquí, ninguén sobra". Quen fala é Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña cuxo nome saíu do anonimato ao negarse a desaloxar a anciá Aurelia Rey e a quen este sábado, convertido nun símbolo da loita contra os desafiuzamentos lle tocou, nas súas propias verbas, o "marronazo" de poñerlle voz ao manifesto das Marchas da Dignidade que  confluíron na compostelá Praza do Obradoiro. "A unidade dános forza", "cada enfrontamento entre nós, as organizacións sociais e políticas da esquerda, é unha vitoria para o réxime", proclamou Rivas ante unha praza que tornou nunha caste de mar de bandeiras de tantas cores como loitas confluíron, de novo, baixo o lema "pan, traballo e teito".


Na estela das mobilizacións iniciadas a pasada primavera as cinco columnas que camiñaron cara á capital transitaron polas rúas de Compostela xunto a persoas diversas que, a título individual ou colectivo, decidiron secundar a convocatoria contra a que, din, é unha "gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios". Bandeiras galegas con e sen estrela e enseñas da II República Española mesturáronse cos símbolos de organizacións políticas como Anova, Esquerda Unida ou Podemos e sindicatos como a CUT, CGT, o STEG ou a CNT. Ao seu carón, a Marcha Mundial das Mulleres, o movemento veciñal ferrolán que se opón á permanencia de Reganosa na ría, persoal da CRTVG e de Correos na loita polos seus dereitos, traballadores/as de Lantero que levan 48 días en folga, traballadores afectados polo amianto, colectivos de defensa das persoas con discapacidade, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca ou Stop Desafiuzamentos, entre outros grupos.

Todos xuntos encheron boa parte da céntrica praza compostelá -o Concello colocou valados para impedir que os manifestantes se achegasen ao Pazo de Raxoi-, á que acudiron nun ambiente a medio camiño entre a reivindicación e a festa, ingrediente que se ocuparon de poñer artistas como o grupo Habelas hainas ou os xa míticos Mini e Mero, así como o dramaturgo e actor Cándido Pazó, que actuou como mestre de cerimonias para lembrar algunhas das causas polas que, di, paga a pena entregar tempo e traballo. As verbas de Pazó suscitaron os primeiros aplausos que medraron aínda máis ao chegaren á praza os bombeiros da Coruña. "Os bombeiros si son compañeiros", aclamaron.

O bombeiro Roberto Rivas púxolle voz ao manifesto e diversas persoas achegáronse a el para darlle as "grazas"
Despois de que varios grupos de persoas se achegasen a el para, simplemente, darlle as "grazas", Rivas accedeu ao escenario para poñerlle voz ao manifesto contra "este sistema ruín e perverso" contra o que, di cómpre "loitar para cambialo". "O inimigo non é pequeno" e "ten o coñecemento científico, a educación e a xustiza" pero "nós temos a nosa dignidade e unidade para derrotalo". "Mentres non o derrotemos seguiremos a padecer os seus crimes", tales como "nenos e nenas que pasan fame" ou "bancos que botan á xente á rúa". "Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e non debemos nin o imos permitir, temos a obriga de rebelarnos", tamén contra os que "non lles importa levar por diante paraxes naturais únicos, facer minas descomuniais e perigosas ou autoestradas que destrúan paraxes tan importantes como a Ribeira Sacra".
"Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e temos a obriga de rebelarnos"
Nesta "loita", explicou Rivas, os "antagonismos" son un "freo". Por iso, alén do manifesto, o bombeiro coruñés achegou o relato de Eduardo Galeano sobre a Tecnología del vuelo compartido que, ao seu xuízo, ben podería marcar o vieiro polo que o traballo da esquerda social debería transitar. Nese texto o escritor uruguaio explica o xeito en que os parrulos voan en forma de letra uve: "o primeiro parrulo que levanta o voo ábrelle o paso ao segundo, que lle despexa o camiño ao terceiro" e "cando cansa, o parrulo que fai punta baixa á cola e déixalle o seu lugar a outro". "Todos se van turnando" e "ningún se cre superparrulo por voar adiante, nin subparrulo por marchar atrás".
As Marchas preparan novas mobilizacións para o vindeiro mes de marzo
A música ao vivo de Ataque Escampe serviu para poñerlle o ramo -e para facer bailar a moitos e moitas das presentes- a unha mobilización que terá o seu seguinte capítulo o vindeiro mes de marzo. "A próxima cita é o 22 de marzo de 2015", confirma un dos voceiros das Marchas en Galicia, Manuel Camaño, da CUT. Esa xornada "vai ser a seguinte referencia de mobilización" nun formato aínda por determinar pero coa intención de "sumar", que "é a única maneira de acabar coas medidas destes desvergoñados". "Estamos chegando a unha istuación sen precedentes á que lle hai que poñer couto" e "ese couto tenllo que poñer a clase traballadora e os sectores populares de Galicia e do Estado" mediante a "acumulación" das súas "forzas", reclama.

Reportaxe de David Lombao | @davidlombao en Praza Pública. | 29.11.2014

Todos os contidos textuais de Praza Pública están liberados coa licenza Creative Commons by-sa. Así pois, es libre de coller todos os textos da web, reproducilos parcial ou integramente, e distribuílos como queiras sempre que cites a súa autoría e empregues tamén a mesma licenza.

luns, 24 de novembro de 2014


 
A data do 25 de novembro foi elixida como conmemoración do asasinato en 1961 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, pola policía secreta do gobernante dominicano Rafael Trujillo. Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia. Nese encontro, por primeira vez na historia as mulleres levantaron a voz para denunciar o maltrato cara ao sexo feminino, denunciando a violencia machista a nivel doméstico, o acoso sexual, a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

A violencia de machista foi e segue sendo un delito invisible, oculto en demasiadas ocasións por unha aparente felicidade conxugal. Para decatarnos da gravidade da situación debemos remitirnos á cifras: 1 de cada 7 mulleres ten sufrido algún tipo de violencia física ou psíquica ao longo da súa vida, 603 millóns de mulleres e nenas viven en países onde a violencia doméstica aínda non é considerada delito, polo menos 1 de cada 4 mulleres sufriron violencia de xénero durante o embarazo, ao redor de 60 millóns de nenas no mundo son obrigadas a casarse con menos de 18 anos, concretamente en España, no que vai de ano, máis de 40 mulleres faleceron ás mans das súas parellas... Feitos que nos deixan xeadas e que evidencian que aínda queda moito por facer.

Aínda que son cada vez máis as mulleres que se atreven a poñer nome e apelidos á violencia doméstica, o número de mulleres que calan é moi superior ao das que se atreven a falar. O medo, a insuficiente protección e o escaso amparo que reciben por parte da lei son algunhas das causas principais que paralizan as vítimas. É por iso que cada 25 de novembro ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que é unha eiva para a sociedade.

Dende STOPDESAFIUZAMENTOS-OURENSE queremos sinalar nesta data a hipocrisía mantida polas administracións ante os casos de violencia machista.

No día de hoxe seguramente se celebren actos de repulsa a violencia machista diante de moitas administracións públicas. Mentres día a día o logo de toda a xeografía galega e do estado vemos como a violencia diste sistema, representado nas súas administracións, obriga a familias, monoparentais en máis de unha ocasión, e sen recursos, a competir entre si por unha axuda económica para subsistir ou por unha vivenda onde criar as súa familias.

Recentemente demos a coñecer os medios o caso de Fina vítima de violencia de xénero, con depresión, con tres fillas o seu cargo; unha de 14 anos con unha minusvalía psíquica, (ingresada en varias ocasións con crises nerviosas), unha de 12 anos e un fillo de 5 anos.

Fina Percibe 300 euros de ingresos pola manutención dos fillos e 426 euros por violencia de xénero que rematan en decembro, con estes ingresos ten que manter a familia e pagar un aluguer.

Esta axuda por violencia remata en decembro e por isto se pon en contacto con stop-desafiuzamentos pois a partires diste intre vese sen recursos para pagar o aluguer. Fina demandou unha vivenda social no IGVS ( Instituto Galego de Vivenda e Solo ) no mes de Xuño e non lle foi concedida.

Dende Stop-desafiuzamentos dirixímonos a delegación de vivenda da Xunta de Galicia para lembrarlle a situación desta muller e a delegada do IGVS resposta-nos que non hai recursos e que isto é o que ofrece o sistema, dicíanos isto con un policía no despacho, durante a entrevista, e 7 na entrada da delegación.

Hoxe queremos facer visible a actitude hipócrita e mentireira do Goberno de Mariano Rajoi e da Xunta de Galicia representada na Delegación de Vivenda de Ourense.
En Galiza hai preto de 300.000 vivendas valeiras, delas máis de 20.000 atópanse en Ourense o presidente da Xunta de Galicia prometeu con moito fasto 500 vivendas sociais para emerxencias.


Mentres estes gobernos, suposta-mente corruptos, fan promesas que nunca cumprirán, entregan cantidades inxentes de diñeiro para rescatar os bancos, e crean a SAREB , banco malo, que se converte na maior inmobiliaria de Europa con miles de vivendas pagadas os bancos con diñeiro público e apalancadas esperando a que siga o negocio.

No día da violencia machista Fina, vítima desta violencia, non pode durmir con tranquilidade pensando que cada vez que mude a súa situación económica pode quedar na rúa con tres fillas menores. Iso si mañá, os mesmos que lle denegan a vivenda a Fina e a moitas outras mulleres, sairán a cumprir co ritual hipócrita para que se saiba que todos estamos moi sensibilizados coa violencia machista.
Nesto consiste a violencia institucional.

xoves, 20 de novembro de 2014

¡¡¡ CENSURA DE MANUAL !!! OS MEDIOS PÚBLICOS O SERVIZO DE GOBERNOS CORRUPpTOS E DESALMADOS.

http://www.crtvg.es/informativos/unha-muller-sen-recursos-solicita-unha-vivenda-a-administracion-933837#.VG0K52FahaM.twitter

A realidade e a que se expón, durante a entrevista que me fan, onde explico o xeito de actuar da delegada de vivenda cortase descaradamente para que non se saque o aire a mala fe da administración para buscar arranxo a casos como de Fina.
Esta gravación fíxose a semana pasada e tivo que pasar os pertinentes filtros de censura para chegar os medios cortada a petición do xefe de Informativos seguramente o mando directo do político de quenda, tarde e mal.

Logo saen diante dos concellos, cada vez que agriden a unha muller, contra a violencia de xénero. É todo unha montaxe Kafkiana, todo fumo, non lles importan as persoas, nin o sufrimento que poidan pasar.

A realidade de Fina e que ten 3 fillas unha de 14 anos con unha minusvalía dun 38% e con varios ingresos nos últimos días, con crises nerviosas, outra filla de 12 e un fillo de 5 anos.
Percibe 300 euros por as 3 crianzas e os 426 da axuda por violencia de xenero, que deixará de percibir en xaneiro, por cesar a situación de violencia.A única familia coa que pode contar Fina e o seu pai e os recursos dos que dispón precisaos para pagar a residencia onde vive.

O día que nos concentramos diante da Delegación de Vivenda, na entrevista coa Delegada, acompañounos 1 polícía, outros 7 estaban na porta, esta señora repetía " no hai recursos " " esto es lo que ofrece el sistema " EN PLENA BACANAL das TARXETAS NEGRAS " de Bakia e logo de regalarlle 9.000.000 millóns de € a ABANCA.

Fina demandou vivenda no mes de xuño, mes no que se abre o expediente de solicitude.No transcurso diste tempo non lle conceden vivenda, e agora obrigana a facer outra solicitude , cando xa cesa a situación de vilolencia. A delgada dille que volte a denunciar, na fiscalía, para que conste a situación de violencia; esto pode ser ata delito. Fina negase a voltar a denunciar a súa exparella, como é lóxico esa situación cesou e il pagou a pena que lle foi imposta e sería unha denunicia falsa.

Ofrecenlle unha vivenda en Bande desarraigandoa da cidade onde vive e onde ten as fillas escolarizadas.
Con claridade se ve que non hai vontade de proporcionarlle vivenda esta muller, de habela xa estaría nela.

Lembrar que en Galiza hai 300.000 vivendas valeiras, delas en torno a 20.000 estan en Ourense. O presidente da xunta ofrezeu 500 vivendas sociais, onde están ?.
Mentras os recursos públicos van destiñados a sanear os valences dos bancos mentendo os productos tóxicos ( vivenda non vendida ) non Banco Malo SAREB...https://www.sareb.es/es-es/Paginas/web-Sareb.aspx para aguantar os prezos e seguir a facer negocio.
E temos que soportar que recentemente ABANCA ofertara 1 vienda e a segunda podíase mercar a mitade de prezo ou si mercabas 2 regalaban a 3ª.+ -( ESTO É O OMITIDO NA ENTREVISTA ).

STOPDESAFIUZAMENTOS-OURENSE demanda unha vivenda digna e estable a un custo que non supere un terzo dos ingresos que Fina teña en cada momento e que lle proporcione a estabilidade necesaria para criar a súa familia.

¡ SI HAI RECURSOS SEÑORA DELEGADA E SEÑOR PRESIDENTE DA XUNTA !

¡ TEÑENOS A PANDILLA DE CHOURIZOS LADRÓNS QUE VEÑEN EXPPOLIANDO O DIÑEIRO PÚBLICO O LONGO DE ANOS !.

Non teñen vontade de proporcionarlle esa casa pero Fina non está sola e loitaremos ata que a consiga.

Roberto nonquebra...

venres, 14 de novembro de 2014


MÁIS DE 26.500 FAMILIAS PERDERON A SÚA CASA NOS SEIS PRIMEIROS MESES DE 2014
 
A dura realidade de precariedade e paro que viven as familias pola crise en España fixo que no primeiro semestre de 2014 máis de 26.500 fogares se visen obrigados a entregar a súa vivenda á banca ante a incapacidade para atender os pagamentos das hipotecas. En concreto, entre xaneiro e xuño producíronse 26.549 entregas de casa, un 24,4% menos que un ano antes (35.000 vivendas), segundo os últimos datos do Banco de España publicados este xoves.

Segundo estes datos, dúas terceiras partes das vivendas entregadas eran o domicilio habitual, isto é 19.565 propiedades, mentres que as 6.984 restantes eran outro tipo de vivendas, por exemplo, segundas residencias.

O groso das entregas de vivenda produciuse por decisión xudicial pois houbo 17.472 desafiuzamentos (un 65,8% dos casos), pero tamén tras chegar a un acordo co banco para entregala, o que sucedeu en 9.077 ocasións. Destas, 7.207 delas foron dacións en pagamento (entrega a cambio de cancela



https://stopdesahuciostbm.files.wordpress.com/2014/11/img_4151.jpg 

Estatísticas do Banco de España e do INE

Datos da situación hipotecaria
Banco de España. Xaneiro-Xuño (2013-2014)

O Banco de España publicou por primeira vez en maio de 2013 datos relativos a procedementos xudiciais hipotecarios respecto a vivendas baseándose nunha enquisa a un conxunto representativo de entidades, se ben manifestou que ía solicitar regularmente esta información a todas as entidades cada seis meses. Deste modo pasou a publicar os datos de todas as entidades procedentes dun requirimento mediante circular, aínda que engade que dende entón, non obstante, se produciron avances notables na dispoñibilidade de información pública sobre execucións hipotecarias.

En especial, recorda, o pasado 30 de xuño de 2014 o INE publicou os primeiros resultados da súa nova estatística sobre execucións hipotecarias, unha información que terá unha frecuencia trimestral e máis pormenorizada, pois por exemplo ofrecerá datos analizados por comunidades autónomas. Tendo en conta a publicación desta nova estatística de execucións hipotecarias por parte do INE, o Banco de España recoñece que estuda a conveniencia de cesar na elaboración da súa propia estatística.

sábado, 8 de novembro de 2014


Hoxe día 8 de novembro de 2014 organizamos un econtro das PAH-STOP Galegas. Asistiron representantes de Coruña, Lugo, Ourense, Vigo-Tui-Vaixomiño, Compostela e Ferrol. (outras plataformas do país non puideron estar presentes nesta ocasión).
Niste encontro compartimos as esperiencias das diferentes organizacións do territorio galego, acordamos a mellora das ferramentas de coordinación e tamén implementar accións na rúa.Concretamente denuciar a represión que sofren compañeiras de varias plataformas e a inminente publicación da lei mordaza.

Deixamos o enlace do sitio da platafroma " no somos delíto ".
 http://nosomosdelito.net/


luns, 3 de novembro de 2014


Iste domingo de Samaín (Todolos Santos) saímos a rúa co mercadiño soliario, feito con doazóns de particulares  da cidade, para recadar fondos para compañeir@s da plataforma en situacións económicas precarias e para o finanzamento da plataforma.
¡Moitas grazas a todas!