luns, 24 de novembro de 2014


 
A data do 25 de novembro foi elixida como conmemoración do asasinato en 1961 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, pola policía secreta do gobernante dominicano Rafael Trujillo. Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia. Nese encontro, por primeira vez na historia as mulleres levantaron a voz para denunciar o maltrato cara ao sexo feminino, denunciando a violencia machista a nivel doméstico, o acoso sexual, a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

A violencia de machista foi e segue sendo un delito invisible, oculto en demasiadas ocasións por unha aparente felicidade conxugal. Para decatarnos da gravidade da situación debemos remitirnos á cifras: 1 de cada 7 mulleres ten sufrido algún tipo de violencia física ou psíquica ao longo da súa vida, 603 millóns de mulleres e nenas viven en países onde a violencia doméstica aínda non é considerada delito, polo menos 1 de cada 4 mulleres sufriron violencia de xénero durante o embarazo, ao redor de 60 millóns de nenas no mundo son obrigadas a casarse con menos de 18 anos, concretamente en España, no que vai de ano, máis de 40 mulleres faleceron ás mans das súas parellas... Feitos que nos deixan xeadas e que evidencian que aínda queda moito por facer.

Aínda que son cada vez máis as mulleres que se atreven a poñer nome e apelidos á violencia doméstica, o número de mulleres que calan é moi superior ao das que se atreven a falar. O medo, a insuficiente protección e o escaso amparo que reciben por parte da lei son algunhas das causas principais que paralizan as vítimas. É por iso que cada 25 de novembro ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que é unha eiva para a sociedade.

Dende STOPDESAFIUZAMENTOS-OURENSE queremos sinalar nesta data a hipocrisía mantida polas administracións ante os casos de violencia machista.

No día de hoxe seguramente se celebren actos de repulsa a violencia machista diante de moitas administracións públicas. Mentres día a día o logo de toda a xeografía galega e do estado vemos como a violencia diste sistema, representado nas súas administracións, obriga a familias, monoparentais en máis de unha ocasión, e sen recursos, a competir entre si por unha axuda económica para subsistir ou por unha vivenda onde criar as súa familias.

Recentemente demos a coñecer os medios o caso de Fina vítima de violencia de xénero, con depresión, con tres fillas o seu cargo; unha de 14 anos con unha minusvalía psíquica, (ingresada en varias ocasións con crises nerviosas), unha de 12 anos e un fillo de 5 anos.

Fina Percibe 300 euros de ingresos pola manutención dos fillos e 426 euros por violencia de xénero que rematan en decembro, con estes ingresos ten que manter a familia e pagar un aluguer.

Esta axuda por violencia remata en decembro e por isto se pon en contacto con stop-desafiuzamentos pois a partires diste intre vese sen recursos para pagar o aluguer. Fina demandou unha vivenda social no IGVS ( Instituto Galego de Vivenda e Solo ) no mes de Xuño e non lle foi concedida.

Dende Stop-desafiuzamentos dirixímonos a delegación de vivenda da Xunta de Galicia para lembrarlle a situación desta muller e a delegada do IGVS resposta-nos que non hai recursos e que isto é o que ofrece o sistema, dicíanos isto con un policía no despacho, durante a entrevista, e 7 na entrada da delegación.

Hoxe queremos facer visible a actitude hipócrita e mentireira do Goberno de Mariano Rajoi e da Xunta de Galicia representada na Delegación de Vivenda de Ourense.
En Galiza hai preto de 300.000 vivendas valeiras, delas máis de 20.000 atópanse en Ourense o presidente da Xunta de Galicia prometeu con moito fasto 500 vivendas sociais para emerxencias.


Mentres estes gobernos, suposta-mente corruptos, fan promesas que nunca cumprirán, entregan cantidades inxentes de diñeiro para rescatar os bancos, e crean a SAREB , banco malo, que se converte na maior inmobiliaria de Europa con miles de vivendas pagadas os bancos con diñeiro público e apalancadas esperando a que siga o negocio.

No día da violencia machista Fina, vítima desta violencia, non pode durmir con tranquilidade pensando que cada vez que mude a súa situación económica pode quedar na rúa con tres fillas menores. Iso si mañá, os mesmos que lle denegan a vivenda a Fina e a moitas outras mulleres, sairán a cumprir co ritual hipócrita para que se saiba que todos estamos moi sensibilizados coa violencia machista.
Nesto consiste a violencia institucional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario