venres, 22 de outubro de 2021

http://js.redirect.hp.com/jumpstation?bd=all&c=none&locale=all&pf=cmnb&s=tripadvisor_W10_iefavsbar&tp=iefavs

 REUNIÓN COA VALEDORA DO POBO ANTE A GRAVÍSIMA ACTUACIÓN DAS ENTIDADES FINANCEIRAS.


Jose María Erauskin e Maite Ortiz estarán este luns 25 de outubro coa Valedora do Pobo, para denunciar o incumprimento na Galiza do Código de Boas Prácticas por parte das entidades financeiras

 


 


O próximo luns día 25 Jose María Erauskin e Maite Ortiz, coñecidos por investigar e demostrar ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea a abusividade do Índice de Referencia dos Prestamos Hipotecarios I.R.P.H. Colaboradores de Stop Desafiuzamentos Guipúscoa e da coordinadora das P.A.H e colectivos Stop-Desafiuzamentos Galiza, así como de outros colectivos polo dereito a vivenda en todo o Estado, reuniranse coa Defensora do Pobo Galego en representación da Coordinadora Galega.

Tratarán varios temas relativos a dificultades para facer efectivo o dereito a vivenda pero neste momento queremos destacar, xa que temos varias familias nesta situación, o incumprimento por parte da entidade financeira //Abanca, e en xeral de todas as entidade financeiras, do Real Decreto-Ley 6/2012 De Medidas Urxentes de Protección dos Debedores Hipotecarios, coñecido como Código de Boas Prácticas, reformado pola Ley 1/2013 de Medidas para Reforzar a Protección dos Debedores Hipotecarios Reestruturación de Débeda e Aluguer Social.

Moitas entidades financeiras acolléronse voluntariamente, xa que o lexislador non o esixiu legalmente, o Real Decreto 6/2012 para aparentar unha mellor imaxe social pero están a incumprilo de xeito case sistemático. As medidas previstas no Anexo do Real Decreto actúan en tres niveis, medidas Previas, complementarias ou substitutivas a Execución hipotecaria e van dende a reestruturación da débeda para facilitar o pago, pasando por unha quita da débeda, ata a dación en pago e aluguer social. A entidade está obrigada ofrecelas no momento que se produce o impago e coñece as dificultades económicas do prestatario.

Jose María Erauskin e Maite Ortiz que levan un caso dunha compañeira do Ferrol con un crédito hipotecario no Banco Santander xa advertiron o Banco de España, no seu momento, diste incumprimento. Respostándolle o 21 de xuño de 2019 nun escrito de 18 páxinas onde conclúe o Banco de España que a entidade Podería ter quebrantado a normativa de ordenación e disciplina e, en todo caso, as boas prácticas bancarias.

En Ourense o caso dunha compañeira que leva litigando dende o ano 2014 con //Abanca, pide axuda a Stop-Desafiuzamentos Ourense o 14 de febreiro de 2018, estando o procedemento xa en fase de poxa, faise cargo José María Erauskin e Maite Ortiz. Remata con un auto favorable emitido o 18 de setembro de 2019, de Sobresemento do Procedemento de Execución Hipotecaria, xa que o procedemento iniciouse en base a cláusula de rescisión anticipada declarada abusiva polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea o 26 de xaneiro de 2017. Neste auto o Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Ourense ordena literalmente reintegrar a executada a situación anterior o despacho da execución para que poida seguir co pago do crédito, ademais liquida 902,46€ a seu favor e condenando a entidade a pagar as costas xudiciais. //Abanca que tiña a obrigación de ofrecerlle a nosa compañeira no ano 2014 acollerse o Código de Boas Prácticas, no momento do primeiro impago, evitándose o litixio. Non so non cumpriu con esta obrigación. Xa ditado o auto e liquidadas as costas, no 2019 Intentou adueñarse indebidamente do diñeiro das costas xudiciais destinándoas o pago do crédito, e sigue a día de hoxe sen cumprir co ditado no auto xudicial.

A gravidade dos feitos e tal en Galiza que, según Maite Ortiz e Jose María Erauskin, poderíasmos estar a falar de que máis da metade dos desafiuzamentos poderían terse evitado si se houbera cumprido o previsto neste Real Decreto, podendo chegar esta cantidade ata o 90% . Xa que unha das condicións para poder acceder o Código de Boas Prácticas e a relación do prezo da vivenda co número de habitantes da cidade onde este sita.

Lembramos que moitas entidades foron rescatadas, no caso de //Abanca con 9.000 millóns € diñeiro público, e agora permítense actuar desta maneira contra as familias. As vivendas das cales as expulsan rematan na S.A.R.E.B Sociedade para a xestión de Activos para a Reestruturación Bancaria, a maior inmobiliaria de Europa Intervida para soster os prezos a alza con 45.000 millóns de € de diñeiro público.

Por todo esto acudimos o amparo da Defensora do Pobo Galego a que de traslado o Poder Xudicial, e o lexislativo que lle competa, para rematar de xeito efectivo e definitivo con esta praxe das entidades financeiras que tanto sufrimento está a causar.




Debate na Televisión de Vigo sobre a proposta de Lei de Vivenda - O noso compañeiro Roberto Pereira membro da Coordinación de PAHs e STOPs da Galiza, participou na mesa de debate - Vídeo completo en dúas partes 

 xoves, 14 de outubro de 2021

 O noso compañeiro Roberto Pereira membro da Coordinación de PAHs e STOPs da Galiza, participou na mesa de debate, celebrada onte en TeleVigo, no programa (Vigo a debate) dirixido por Marci Varela.

TeleVigo

O Goberno quere poñer en marcha a que sería a primeira Lei de Vivenda da historia do noso país e nós queremos estudar que consecuencias terá a aprobación desta Lei na nosa comarca. Para iso contaremos coa opinión de:

- Diego Esquer, director territorial Noroeste e Baleares en Gesvalt Sociedade de Tasación.

- Pablo Campos, socio en Beneite Investimentos Inmobiliarias.

- Luís Blasco, vicepresidente de Adicae Galicia.

- Roberto Pereira, portavoz da Plataforma Stop Desafiuzamentos de Ourense.

PRIMEIRA PARTE.

 https://www.youtube.com/watch?v=M7YYYRa3nTU

https://www.youtube.com/watch?v=M7YYYRa3nTU

 

SEGUNDA E ÚLTIMA PARTE.

 https://www.youtube.com/watch?v=yiHzccx6KQM

https://www.youtube.com/watch?v=yiHzccx6KQM 

 

 

Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda - A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado 

domingo, 10 de outubro de 2021


  A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado

O pasado martes facíase público que no Consello de Ministros se alcanzou un acordo en materia de vivenda entre os socios do Goberno de PSOE e UP.

Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda

Desde a PAH, á espera de poder analizar en profundidade a totalidade do acordo asinado, explicitamos que a futura Lei de vivenda debería contemplar as medidas estruturais e de urxencia contidas na Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada que rexistramos o pasado xoves

No entanto, sobre as medidas coñecidas en materia de desafiuzamentos, lamentamos que non se incluíron ningunha das recomendacións que sistematicamente vén reiterando o Comité DESC da ONU nas súas repetidas condenas a España por vulneración do Dereito á Vivenda, xa que nin se inclúe o xuízo de proporcionalidade previo a un desafiuzamento, nin se prohiben os desafiuzamentos de familias vulnerábeis sen alternativa residencial. Tampouco se inclúe a obrigación a grandes tenedores de ofrecer alugueiro social a familias vulnerábeis antes de proceder a un desafiuzamento.

En relación ao control de alugueiros, non se garante a súa aplicabilidade ao conxunto do Estado, como permite o artº 149.1 da CE.

Pese a todo, o Goberno dispón dunha Lei xa rexistrada no Congreso: A Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada, que debería servir de plataforma sobre a que traballar no trámite parlamentario, e que conta co referendo de máis de 150 organizacións de carácter social, sindical de pensionistas, de mozos, de consumidores, entre moitas máis, e que é espello do que a cidadanía ansía para afrontar o endémico problema de vivenda e a permanente situación de emerxencia residencial que sufrimos neste país.

A medida que se van coñecendo máis detalles podemos empezar a valorar o acordo, que dista moito de ser unha Lei estrutural que garanta o dereito á vivenda.

O Estado necesita, si quere ser estado avanzado, un punto de inflexión que se converta nunha mensaxe clara á poboación de que este dereito está realmente garantido para toda a cidadanía e non será nunca máis esmagado. Coa lei que presenta o goberno continuaranse violando os Dereitos Humanos ao continuar os desafiuzamentos de persoas vulnerábeis sen alternativa residencial e non ofrecerá solución real algunha para os máis de 79.000 desafiuzamentos que están por vir cando decaian as medidas excepcionais este 31 de Outubro. Tampouco soluciona as débedas para sempre que miles de familias teñen por non poder pagar a súa hipoteca, nin tan só soluciona a baixada de prezos nos alugueiros, nin responsabiliza aos bancos e fondos voitres rescatados con diñeiro público a que poñan as vivendas a disposición da cidadanía.

Temos unha mensaxe clara e alta para o presidente Pedro Sánchez e os seus socios de Goberno, Yolanda Díaz: Existe un clamor cidadán a lexislar dunha vez por todas medidas que freen a emerxencia residencial e poñan os cimentos para garantir o dereito á vivenda de toda cidadanía, traballen niso.


Fonte: PAH | 08.10.2021

✅ Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso dos Deputados) Nº192-1. | 08.10.2021 | Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada. | Acceder/Baixar.

 

Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda - Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada.

 

  sábado, 2 de outubro de 2021

https://www.youtube.com/watch?v=R2W2Z5kftNQ

 


  Stop-Desafiuzamentos, é unha das entidades que amosaron o seu apoio á iniciativa duna proposta de
Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada.

Presentamos e rexistramos a proposta alternativa ao Goberno en materia de dereito á vivenda

Máis de 150 entidades e 9 grupos parlamentarios esixen a Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada


Esta Proposta de Lei foi elaborada por organizacións da sociedade civil que levan moitos anos traballando sobre o terreo a problemática da vivenda ante a falta de solucións e a escaseza de recursos por parte da administración pública, e conta co respaldo de máis de 120 organizacións de todos os ámbitos: sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de consumidores...

A nosa Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada afronta os diferentes aspectos que se deben abordar si quérese garantir o Dereito á Vivenda e resolver a crise residencial que se arrastra no conxunto de nacións e pobos do Estado.

Para o seu rexistro, contamos co apoio dos partidos políticos Unidas Podemos, ERC, EH-Bildu, JuntsxCat, Máis País, CUP, Compromís, Nova Canarias e BNG, que comprometeron coas súas firmas o apoio tanto a esta lei, como ás medidas que contén.

Un paso adiante fronte ao bloqueo do PSOE

Pero esta lei non xorde dun conflito entre socios, senón dun conflito social que enfronta a poderosos lobbies financeiros e inmobiliarios que ven na vivenda unha forma de especulación e enriquecemento, co resto da sociedade: nos primeiros 6 meses de 2021 levamos acumulados

22.532 desafiuzamentos malia as medidas especiais de protección pola pandemia confirmando o carácter sistémico da urxencia residencial que sufrimos no Estado. Precisamente é un dos estados do mundo nos que as familias destinan maior proporción dos seus ingresos a pagar o alugueiro por mor das desproporcionadas subidas durante os últimos seis anos, feito que xerou un empobrecemento sistémico nos fogares inquilinos.

Por todo iso, as organizacións que defendemos a vivenda damos un paso adiante e rexistramos esta lei para garantir a protección do Dereito á Vivenda. Este xesto facémolo acompañadas dunha gran maioría social representada a través de máis de 120 organizacións sociais, sindicais, xuvenís, de pensionistas, de consumidores... en definitiva cunha transversalidade tan ampla como o é este Dereito.


O contido da lei

Esta lei desenvólvese en cumprimento dos compromisos internacionais do Estado en materia de Dereitos Humanos, así como do propio mandato constitucional, para garantir o Dereito á Vivenda e eliminar as trabas que impiden por centos de miles de cidadás o acceso a unha vivenda adecuada e digna.

A Lei que rexistramos hoxe se estrutura en nove títulos, cun total de 94 artigos, nos que se establecen as bases para facer efectivo o dereito á vivenda. Como aspectos fundamentais:

Establécese o Dereito á Vivenda como dereito subxectivo exixíbel para asegurar a súa protección, e establécense novas garantías xudiciais moi definidas para evitar o abuso de Dereito contra os habitantes susceptíbeis de desafiuzamento, o que foi condenado reiteradamente polos Tribunais de Xustiza Europeos e o Comité DESC de Nacións Unidas.

En materia de desafiuzamentos, a lei prohibe os desafiuzamentos a persoas ou familias vulnerables mentres non haxa garantía dun realoxo digno e adecuado, e obriga aos grandes propietarios a facer alugueiros sociais como opción prioritaria ante o desafiuzamento. Prohíbense expresamente os desafiuzamentos con data aberta e se lexislan diferentes medidas para evitar o sobre endebedamento, como son a dación en pago e limítase a responsabilidade ao ben hipotecado incluíndo maior selectividade a unha segunda oportunidade e lograr deixar atrás a lei hipotecaria inxusta que se levou por diante o soño de miles de familias e das súas avalistas.

En materia de alugueiros, a lei presentada, complementa unha regulación dos alugueiros flexíbel en base a un índice de mercado co obxectivo de limitar e baixar o prezo das rendas para que supoñan un custo asumible para a maioría da poboación. Así mesmo, a renovación automática e obrigatoria dos contratos de arrendamento a condición de que a inquilina cumpra coas súas obrigas e o arrendador non precise da vivenda para goce propio ou dun familiar. Os honorarios, serán sempre a cargo da parte arrendataria.

No ámbito do sinfogarismo, a Lei establece o Dereito á Vivenda como Dereito subxectivo e garante a protección inmediata en aloxamentos adecuados para toda persoa que caia ou se atope en situación de sinfogarismo.

✔ En canto ao parque de vivenda pública, co obxectivo de protexelo e amplialo prohíbese a súa venda e fíxase un obxectivo de solidariedade urbana do 20% antes do ano 2050 para mobilizar vivenda mediante diferentes ferramentas como son a cesión obrigatoria, o tenteo e retracto de grandes propietarios como pode ser a SAREB e entidades financeiras rescatadas con diñeiro público en 2009.

Así mesmo garántese o acceso a subministracióna básicos, creando unha tarifa social e prohibindo os cortes de auga, luz ou gas a persoas en exclusión residencial.

Para finalizar a Lei desenvolve a participación cidadá en políticas de vivenda e abórdase o réxime de control e sancionador para desenvolver as diferentes medidas explicadas.

Este conxunto de medidas estruturais son necesarias para revertir un modelo anti social de vivenda baseado no trasgase sistemático de diñeiro público a petos privados, sen xerar ningún valor ao patrimonio público (a libre especulación) que levou a decenas de miles de persoas a perdelo todo ante a inacción dos diferentes Gobernos.

Neste momento e cos apoios parlamentarios que xa se comprometeron a apoiala, só a negativa do PSOE impide que o Dereito á Vivenda pase a estar protexido con todas as garantías.

Agradecemos aos partidos asinantes o seu compromiso para defender dentro do Congreso a aprobación desta Lei de Garantía do Dereito á Vivenda, e esiximos ao PSOE que se poña tamén ao lado da cidadanía e achaie o camiño para a aprobación desta Lei, comezando por axilizar o seu paso pola Mesa do Congreso e por dar luz verde votando Si á súa toma en consideración.

Pola nosa banda desde hoxe mesmo comezamos a organizarnos para redobrar a presión e mobilizar á poboación xeral para conseguir este obxectivo e garantir o acceso a unha vivenda digna, adecuada, alcanzábel e accesíbel.

Pode-se!


Consulta a Lei e a campaña en iniciativaleyvivienda.com.

Fonte: PAH.