mércores, 5 de febreiro de 2020

MENTRES ABANCA PRESENTA BENEFICIOS A CONTA DA PRIVATIZACIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO, ENCUBERTA COMO QUEBRA E RESCATE, UNHA MULLER CON UNHA MENOR SIGUE BAIXO AMEAZA DE DESAFIUZAMENTO !

 Tes 24 horas para abandonar a vivenda lle dixo, no ano 2014, un mediador hipotecario de ABANCA a esta muller de Ourense. Divorciada, con un fillo e unha filla, menores os dous nesta data , sen recibir a aportación de manutención da súa parella. Sempre Brillante o Patriarcado Capitalista !!!!


Abanca, la caja gallega rescatada con 9.000 millones y comprada por 1.000, suma ya 2.600 en beneficio 

https://www.infolibre.es/noticias/economia/2019/01/29/abanca_caja_gallega_rescatada_con_000_milllones_comprada_por_000_suma_600_beneficios_91289_1011.html 


O presidente da Xunta de Galicia reclámalle o goberno o pago atrasado de 200 millóns do IVA do gobenro de Rajoy pero amosa un silencio vergoñento cos 9000 millóns que ABANCA debe a sociedade pola PRIVATIZACIÓN, mal chamada rescate. Eses beneficios irán a parar a mans de seus amigos non a quens lles pertence por dereito.

Vexamos que hai detrás do beneficio da ABANCA e do sistema financeiro xenocida, sostido polas políticas económicas neoliberais.

FACEMOS PÚBLICA ESTA SITUACIÓN PARA QUE A CIDADANÍA OURENSÁ E GALEGA FAGA CHEGAR ESTE CASO A TODA A SOCIEDADE E POIDA AVALIAR O COMPORTAMENTO DESTA ENTIDADE (Sentir común?) PRIVATIZADA CON DIÑEIRO PÚBLICO.

Tamén vos pedimos que refelexionedes, si tedes os vosos aforros nesta entidade, si se merecene a vosa confianza ou si sería mellor mudar a Caixa Rural Galega ou a outra entidade que cando menos non fora rescatada.

Pregámosvos que difundades este escrito entre as vosas amizades e coñecidas e que estendes pendentes. ABANCA parece non aceptar un auto xudicial de setembro de 2019 que lle da a razón a unha compañeira do noso colectivo. Reclámalle 17.000€ para reiniciar o pago dun crédito. Reclamos a vosa axuda e atención ante unha posible mobilización !!

O 14 de febreiro de 2019 esta compañeira pediu axuda o colectivo Stop Desafiuzamentos Ourense. Un avogado de oficio fixérase cargo da defensa desta muller. Seguira unha estratexia razoable detectando a abusividade na cláusula chan e nos intereses de demora. 5 anos, dende o 2014 ata o 2019, durante os cales na rúa a nos xulgados fomos conseguindo que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea fora dándonos a razón as nosas demandas por abusos sistemáticos nos contratos hipotecarios. Este avogado deixou o caso e esta compañeira xa ía a ser despexada, cando chegou a nos xa ía a ser subastada a vivenda.

GRAZAS o imprescindible apoio de José María Erauskin e Maite Ortiz, de avogados RES colaboradores de Stop-Guipuzkoa Presentamos demanda de oposición por abusividade da cláusula de rescisión anticipada o 20 de xuño de 2019 que foi admitida a. A 18 de setembro de 2019 o Xuíza do Xulgado Primeira Instancia nº1 de Ourense ditou auto dándonos a razón, sobresendo o procedemento de execución hipotecaria. Isto con leva, conforme o articulo 561.2 da LEC, citado no auto de sobresemento, que se retraia o crédito o inicio da demanda de execución, liquidando 902,46€ a favor desta compañeira e correndo ABANCA co pago das costas procesais. Isto permite que esta compañeira non perda a vivenda e siga pagando o crédito. Nunca se debería ter chegado esta situación si o estado de dereito funcionara.

Pasado o tempo legal sin que ABANCA recurrira en apelación, a pasada semana impelamos por escrito no xulgado e en persoa o mediador de ABANCA na central da Rúa do Paseo ( na Leiteira) para que cumpla o auto ditado en setembro.

Articulo 561.2 L.EC:

  1. Si se estimara la oposición a la ejecución, se dejará ésta sin efecto y se mandará alzar los embargos y las medidas de garantía de la afección que se hubieren adoptado, reintegrándose al ejecutado a la situación anterior al despacho de la ejecución, conforme a lo dispuesto en los artículos 533 y 534. También se condenará al ejecutante a pagar las costas de la oposición.

Mentres fago este escrito infórmame esta compañeira que ABANCA xa esta facendo movementos sospeitosos na súa conta que puideran estar encamiñados a cargarlle a ela o diñeiro das costas procesais, isto sería ilegal pois correspóndelle a ABANCA sufragalas.

Tras o seu divorcio esta muller faise cargo de dous menores e vese obrigada a escoller entre comer ou seguir pagando un crédito hipotecario de 63.000€ que solicitara a parella no ano 2005. ABANCA sumouse o código de boas practicas, coñecido co nome Decreto Guindos. ´´Real decreto 6/12 de 9 de marzo de medidas urgentes de protección de deudores hipotecarios sin recursos´´ pero non lle ofreceron as posibilidades que oferta iste real decreto que non obriga legalmente. Esta é a trampa que nos colou Rajoy. Parece que fago algo pero deixo todo como está, solo enumera unha serie de boas prácticas bancarias. Os bancos non estaban obrigados a sumarse este código e moito menos os obriga legalmente a ofertalo o deudor e cumprilo.

Debemos lembrar o escenario social no que a sociedade civil organizada na PAH e os colectivos STOP-DESAFIUZAMENTOS arrancaron ise Real Decreto. Despexos en masa, suicidios, bombeiros como Roberto, da Coruña, negándose a desafiuzar a Persoas ancias. Un lavado de imaxen antes os medios, sin consecuencias legais para os bancos. Un partido popular que nos calificaba como terroristas e o ano seguinte no 2013 aprobaba a, aínda hoxe en vigor, “Ley 4/2015 de 30 de marzo, de protección dela seguridada ciudadana”, coñecida como “LEI MORDAZA”, para amederentar a sociedade civil auto-organizada e silenciar as noas demandas, todas elas validadas no Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Calificada polo Consello de Europa e por Nacións Unidas como antidemocrática.

E tan inxusto, tan grave, esconde tal abuso que deixa o ESTADO DE DEREITO OS PES DOS CABALOS. De facto vivimos unha DITADURA FINANCEIRA camuflada nunha suposta democracia.

O procedemento de execución hipotecaria contra desta muller, así como todos os despexos dende o ano 1995 son contrarios a dereito e vulneran de xeito flagrante a constitución, a mesma que tanto din defender os AUTO-PROCLAMADOS CONSTITUCIONALISTAS de NEO LIBRE MERCADO.

A PAH nace no ano 2009 e vese nutrida de activistas do 15m que crean unha rede de colectivos anti-desafiuzamentos por todo estado. O longo distes anos forzamos unha lexislación positiva que nos permite pequenos avances lexislativos. Varios Reais Decretos, Leis Autonómicas, e unha nova Ley Hipotecaria que entrou en vigor o 15 de xuño de 2019, todas insuficientes para as nosas demandas, pero si se pode considerar dereito positivo con respecto o anterior.


Loiando contra a xurisprudencia do Tribunal Supremo que en varias ocasións se aliñou cos intereses bancarios cometendo, “supostas” prevaricacións en máis de unha ocasión. Deixando os consumidores a capricho da usura bancaria. Non se entendería este abuso sin un sistema xudicial en boa parte permeado por xuíces procedentes do réxime franquista.
O escenario anterior o pronunciamento do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) na sentenza Mohamed Aziz, de 2013. Consistía en ser despexado da túa vivenda sin que tiveras dereito a opoñerte a ese desafiuzamento. Logo de pagar 15 ou 20 anos, o banco por unha sola cota impagada, rescindía o contrato reclamando o total do crédito e expulsaron con iste procedemento a máis de un millón de familias da súa vivenda habitual para de seguido vendela, reclamándolles unha débeda de por vida. Foi o avogado Catalán Dionisio Moreno, que tamén tiña unha hipoteca e que se vía nunha situación similar a do seu cliente Mohamed Aziz, que ía ser expulsado por 4 cotas impagadas, quen presenta demanda de oposición cotra iste despexo. O xuíz José María Fernández Seijo, En Xullo de 2011, antes de tomar una decisión sobre o caso Aziz, plantea unha cuestión prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea para saber si a lei hipotecaria española vulneraba los dereitos do consumidor.

QUEDAMOS ATÓNITOS !
Quen coñecemos o que isto significou rendemos honor e historia o avogado Dionisio Moreno e o xuíz José María Fernández Seijo (Xuíces Pola Democracia) . Puxeron luz para ver a MAIOR ESTAFA XAMÁIS PERPETRADA NO CONTINENTE EUROPEO e das maiores do planeta xunto coas Hipotecas Subprime nos EEUU.

O TXUE dille os tribunais Españois que a ley Hipotecaria Española e contraria o dereito Europeo xa que vulnera a Directiva de 1993, 93/13 de protección o consumidor. Recomenda actualizar a Lei de Enxuizamento Civil por non ter motivos suficientes de oposición os despexos e por estar vulnerando o DEREITO A TUTELA XUDICIAL EFECTIVA recollido no articulo 24 da Constitución.

No Estado Español esta directiva debería ser implentada no ano 1995 no noso ordenamento xurídico. Por qué non se fixo entón cando a constitiución así obriga no articulo 10.1 e 10.2 ?


Pode ser que chegara o poder no ano 1996 un Neoliberal, José María Aznar, seguidor da Doutrina do Sock, de Pode ser que chegara o poder no ano 1996 un Neoliberal, José María Aznar, seguidor da Doutrina do Sock, de Margaret Thatcher e Ronald Reagan ?

Pode ser que no canto de cumprir co mandato recollido no articulo 47 da constitución, que regula o dereito a vivenda e prohibe a especulación, reformara a lei do chan para abrilo os negocios privados dos mercados. E de paso Privatizar a metade do sistema financeiro, chamado Caixas de Aforro. Previo deterioro, tras unha reforma da lei de Caixas, feita a medida das intencións do Xefe da Patronal Bancaria a Asociación Española de Banca (AEB), o xa finado Rafael Termes. Concentrar o mercado financeiro e eliminar competencia pública que según a AEB supuñan as Caixas de Aforro?

Dende o ano 1995, que se debería ter reformada a Ley Hipotecaria Española que databa de 1808 refundida por Franco EN 1946, e a Ley de Enxuizamento Civil e adaptalas a Directiva Europea 13 do ano 1993 de Protección o Consumidor. Podemos asegurar que todos os desafiuzamentos dende o ano 1995 son contrarios a dereito e así nolo confirmou o TEXUE. Todas as cláusulas dos contratos hipotecarios dende as comisións de apertura, pasando pola cláusula chan e rematando polas cláusulas de cesión de crédito, índices como o IRPH, e a madre de todos os abusos a cláusula de rescisión anticipada, son contrarias a dereito. Está última cláusula de rescisión anticipada é a USURA legalizada. Pides un crédito deixas de pagar unha cota e o banco pídeche o total do préstamo, expúlsate do teu fogar e pono a venda, para seguir co negocio, quedando a familia sen casa e con unha débeda de por vida.


Forzamos unha mellora coa nova ley Hipotecaria agora expúlsante con 12 cotas impagadas ou o 3% do capital na primeira metade do crédito ou 15 coutas impagadas ou o 7% na segunda metade do crédito. Pero non se obriga os bancos, no casos de vivenda habitual, a individualizar e ofrecer alternativas para facer fronte os pagos, sigue sendo voluntaria o código de boas prácticas.


Non vou a entrar na ESPECULACIÓN COS ALUGUERES propiciada coa reforma das SOCIMI feita por Mariano Rajoy no ano 2014, tributando un 19% e sin pagar impostos de sociedades. Abriu o mercado do aluguer e, o “negocio tóxico” non dixerido polos bancos e as cosntructoras sostido con diñeiro público na SAREB (Banco Malo). A mior inmobiliara de EUROPA a espera de especuladores co RENTISMO do aluguer. Non permitindo que o libre mercado se regule solo ( intervencionimo en benefcio da banca privada) e que baixe o prezo da demanda de mercado da vivenda e que os cidadás do común a poidan mercar máis barata incluso alugar.

Xunto coa reforma da LAU Lei de arrendamentos Urbanos, reducindo a duración dos contratos de 5 anos a 3 para expulsar as familias e poder subirlles o aluguer. Chegando a alcaldesa de Madrid, parella de José María Aznar, Ana Botella, a Vender 3000 vivenda Públicas o, xa maior posuidor de vivenda do Estado Español, Black Stone, dirixido en España por Aznar Botella o fillo de José María Aznar e Ana Botella, probablemente por tan suculento regalo de vivenda social, construída con diñeiro público.

Si é certo que o “Real Decreto 7/2019 de 1 de marzo, de medidas urgentes en materia de vivenda alquiler”, aprobado polo Psoe e co apio de Unidas Podemos, retornou a duración dos alugueres a 5 anos e introduciu medidas xudiciales en convenio cos servizos sociais para detectar casos de vulnerabilidade social e poder intervir antes do despexo pero non son suficientes fronte a voracidade de capitais destas magnitudes que remataran devorando os pequenos posuidores de vivenda logo de expulsar os inquilinos vulnerables iran a polas clases medias e os pequenos posuidores.

Tampouco afondarei na Especulación enerxética e a loita que seguiremos dando por un prezo da enerxía asumibles pola sociedade, máxime nun momento donde se reduce os custos de produción con recursos de produción renovables.

E moi probable que moitas de vos xa coñezades todo isto pero NUNCA DEBEMOS ESQUECELO E MOITO MENOS REDERNOS !

NON PERDODES NON ESQUEZADES !!!!!

A NOSA LOITA CONTRA O XENOCIDIO FINANCEIRO E POLO DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA NON ENTENDE MÁIS QUE A RESISTENCIA ATA ACADAR AS DEMANDAS DA PAH E DOS COLECTIVOS STOP-DESAFIUZAMENTOS !!

GOBERNE QUEN GOBERNE !!!!