luns, 12 de outubro de 2015






Stop-desafiuzamentos Ourense fai público o seu apoio o compañeiro da Coruña Nicanor Acosta Alonso e o resto de compañeiras do colectivo na Coruña, manifestamos a nosa repulsa contra a onda represiva que se desatou e segue desatando contra quen defende os dereitos fundamentais, e o dereito a unha vivenda digna e axeitada, o dereito a manifestar-se libre mente contra a inxustiza e opoñer unha resistencia pacifica contra os abusos do sistema que exerce contra os pobres e os desposeídos

Como ben recolle o Preámbulo da Delaración Universal dos Dereitos Humanos.


¨Cosiderando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de dereito, a fin de que o ser humano non se vexa compelido o supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión¨.

Unha vez máis comprobamos o rigor da xustiza cos que defenden os máis febles. Mentras a fiscalía parece non enterarse do que pasou, Banqueiros e  políticos corruptos que sumiron o país na situación crítica na que se atopa seguen sen responder ante a xustiza. Podemos asegurar que estamos nun estado de dereito fallido.

O noso compañeiro Nicanor afronta maña martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Na sanción acúsase a Nicanor da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”, reclamándolle por isto 600 €. O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as “reaccións no público” as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron á xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono.

Este compañeiro de 74 anos de idade, presente en practicamente todas as mobilizacións producidas dende o 15 de Maio de 2011, ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Só pola súa participación nas mobilizacións de Stop Desafiuzamentos A Coruña foi sancionado con multas que, xuntas, reclámanlle máis de 2.700 €; e a isto habería que sumar as correspondentes ao seu compromiso na loita contra as preferentes, polos servizos públicos e de calidade, contra a corrupción, nas Marchas da Dignidade, etc.

Afortunadamente, e grazas á solidariedade de moita xenteNicanor e as outras compañeiras multadas do noso colectivo teñen garantida a cobertura económica para as sancións tras a campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti” que vimos realizando dende 2013. Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas, a persecución e o hostigamento que vén realizando o Goberno contra os movementos socias.

Ante a inxustiza e o acoso que está a sufrir o noso compañeiro Nicanor, leremos este comunicado de apoio na Praza Maior, antes do comezo da asamblea,  mañá ás 20;00h  para amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno.


 ¡SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

¡NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

xoves, 8 de outubro de 2015






 http://marchasdadignidade.blogspot.com.es/


O colectivo stop-desafiuzamentos Ourense únese a concentración que se fará diante da Subdelegación do Goberno o día 8 de outubro en apoio a marcha que se fará en  Compostela o día 24 de Outubro.

Facemos un chamamento  a cidadanía de Ourense a participar nesta concentración temos que seguir  a loitar para conseguir unha vida digna e para rematar coa corrupción que dilapida os recursos públicos de todas para beneficio de uns poucos.

¡ PROCURANDO DIGNIDADE !...CARA O 24 DE OUTUBRO

O xoves 8 de Outubro haberá manifestacións nas cidades e vilas galegas convocadas polas Marchas da Dignidade. En Ourense faremos unha concentración diante da Subdelegación do Goberno .

As Marchas da Dignidade, somos un movimento inclusivo, plural e diverso, convidamos aos diferentes colectivos, organizacións e loitas a participar na concentración e intervir na mesma, coa súa actividade, accións e reivindicacións.





 A crise económica acelerou en Europa a imposición da orde neoliberal, baseado na tiranía do poder financeiro, a primacía do diñeiro sobre a soberanía popular, a privatización de servizos públicos e a transformación dos cidadáns en clientes.

A imposición destas políticas na Galiza e no resto do Estado Español, da man do Partido Popular e outros gobernos afíns, xerou pobreza, exclusión, represión e indignación na maioría da poboación. Tamén grandes beneficios para o corrupto poder financeiro.

As Marchas da Dignidade participan na promoción e preparación das Marchas Europeas pola Xustiza e a Dignidade, xunto a numerosas organizacións do continente e baixo 4 reivindicacións básicas acordadas no Encontro Alternativo en marzo: Confrontar as políticas austericidas e de privatización de servizos públicos da Troika; os pobos teñen que ser consultados, acabar cos Paraísos Fiscais na Unión Europea (UE) e deter as negociacións secretas do TTIP entre Estados Unidos e a UE.

As Marchas da Dignidade  incorporarán a estes puntos unitarios as súas propias reclamacións de Pan, Traballo, Teito e Dignidade, facendo especial mención á súa demanda de derrogación das reformas laborais e a lei mordaza; a esixencia de prestacións para todas as persoas sen emprego; rematar coa pobreza enerxética; garantir a alimentación e o dereito a unha vivenda digna, á saúde, aos coidados e ao ensino; e combater a violencia machista, a homofobia e a xenofobia. Na Galiza, o dereito de autodeterminación dos pobos, o dereito a decidir, forma parte das reivindicacións do Manifesto constituínte.

Entre o 1 e o 15 de outubro, estas Marchas xa comezaron a percorrer Europa con itinerarios converxentes, que tocando todos os paraísos fiscais da UE, realizando actos nas cidades do percorrido, para finalmente chegar o 15 de Outubro a Bruxelas, o mesmo día que se iniciará un Cume da Unión Europea. Coa chegada da Marcha, ese mesmo día, apoiando a iniciativa dos movementos belgas, farase un cerco simbólico do Cume oficial, para a continuación abrir un Cume Social Europeo, cunha Conferencia sobre a Débeda e un debate sobre Políticas de “Austeridade” e Pobreza na UE que culminará o sábado 17 de outubro cunha gran manifestación europea no Día Mundial contra a Pobreza. O mesmo 16 de outubro instalarase en Bruxelas un campamento contra o TTIP (Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos).

Ourense tamén quere recuperar a dignidade rematar coa corrupción institucional e conseguir que os esforzos económicos da maioría se vexan reflexados nos máis débiles. Definitivamente que os nosos impostos  vaian a rescatar familias e vidas non a rescatar a políticos corruptos e a entidades financeiras cómplices.

¡ Fora a Troika ! ¡ Fora Rajoi ! ¡ fora o capitalismo neoliberal, corrupto e patriarcal !

¡ Auditoría das débedas públicas, pan, traballo e teito !