luns, 12 de outubro de 2015






Stop-desafiuzamentos Ourense fai público o seu apoio o compañeiro da Coruña Nicanor Acosta Alonso e o resto de compañeiras do colectivo na Coruña, manifestamos a nosa repulsa contra a onda represiva que se desatou e segue desatando contra quen defende os dereitos fundamentais, e o dereito a unha vivenda digna e axeitada, o dereito a manifestar-se libre mente contra a inxustiza e opoñer unha resistencia pacifica contra os abusos do sistema que exerce contra os pobres e os desposeídos

Como ben recolle o Preámbulo da Delaración Universal dos Dereitos Humanos.


¨Cosiderando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de dereito, a fin de que o ser humano non se vexa compelido o supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión¨.

Unha vez máis comprobamos o rigor da xustiza cos que defenden os máis febles. Mentras a fiscalía parece non enterarse do que pasou, Banqueiros e  políticos corruptos que sumiron o país na situación crítica na que se atopa seguen sen responder ante a xustiza. Podemos asegurar que estamos nun estado de dereito fallido.

O noso compañeiro Nicanor afronta maña martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Na sanción acúsase a Nicanor da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”, reclamándolle por isto 600 €. O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as “reaccións no público” as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron á xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono.

Este compañeiro de 74 anos de idade, presente en practicamente todas as mobilizacións producidas dende o 15 de Maio de 2011, ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Só pola súa participación nas mobilizacións de Stop Desafiuzamentos A Coruña foi sancionado con multas que, xuntas, reclámanlle máis de 2.700 €; e a isto habería que sumar as correspondentes ao seu compromiso na loita contra as preferentes, polos servizos públicos e de calidade, contra a corrupción, nas Marchas da Dignidade, etc.

Afortunadamente, e grazas á solidariedade de moita xenteNicanor e as outras compañeiras multadas do noso colectivo teñen garantida a cobertura económica para as sancións tras a campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti” que vimos realizando dende 2013. Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas, a persecución e o hostigamento que vén realizando o Goberno contra os movementos socias.

Ante a inxustiza e o acoso que está a sufrir o noso compañeiro Nicanor, leremos este comunicado de apoio na Praza Maior, antes do comezo da asamblea,  mañá ás 20;00h  para amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno.


 ¡SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

¡NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario