martes, 15 de febreiro de 2022

 O Movemento Galego pola Vivenda Pública convoca unha CONCENTRACIÓN diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo - IGVS (Área Central, Fontiñas - Santiago de Compostela) o próximo xoves 17 DE FEBREIRO as 12.00H, baixo o lema:

               "POR UN PARQUE DE VIVENDA PÚBLICO, NON A ESPECULACIÓN".

 

  

O Movemento Galego pola Vivenda Pública formada por persoas de distintos colectivos sociais convoca unha CONCENTRACIÓN diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo - IGVS (Área Central, Fontiñas - Santiago de Compostela) o próximo xoves 17 DE FEBREIRO as 12.00H, baixo o lema: "POR UN PARQUE DE VIVENDA PÚBLICO, NON A ESPECULACIÓN".

  “Para satisfacer só a demanda rexistrada oficialmente de vivenda de protección en Galiza ao ritmo actual coas políticas do goberno galego precisaríanse 200 anos”

A suba sistemática do prezo dos alugueiros situándose Galiza por riba da media nacional con un incremento dun 25 por cento nos últimos cinco anos, converteuse nun problema para miles de galegas/os e segundo as asociación de loita contra a pobreza, o principal factor de exclusión social.
A resposta da Xunta de Galicia a esta situación de desamparo é menos investimento, menos execución dos orzamentos e a conxelación da oferta de vivendas de protección oficial e a inexistencia de un parque de vivendas público que dea resposta ao que é un drama para miles de persoas.
 
As cifras de demanda de vivenda de protección e pública demostran que hai moita xente que non chega a poder pagar unha vivenda no mercado libre e está a pedir que as administracións públicas fagan o seu traballo.
 
Para cuantificar esta demanda creouse o Rexistro Oficial de demandantes que indica que hai case 15.000 persoas que reclaman unha vivenda de protección, 11.211 delas queren que sexa pública e preferentemente de alugueiro, pero o goberno de Feijoo desoe completamente estas demandas.
 
A media de vivendas de protección iniciadas nos últimos 7 anos, cando máis se incrementou a demanda é de só 74 anuais o que quere dicir que para satisfacer só a demanda actualmente rexistrada a este ritmo precisaríanse 200 anos.
 
E si falamos de vivenda pública o actual parque de 3.700 vivendas é a todas luces insuficiente si temos en conta as 11.211 persoas que demandan oficialmente unha vivenda pública, e moito máis si queremos que esa vivenda pública actúe como refrixerador do mercado posibilitando frear a escalada brutal que se da nos últimos anos.
 
A vivenda pública é a resposta necesaria para esas persoas que precisan dunhas condicións alcanzables para poder gozar dun fogar e para regular os prezos dun mercado no que non deixan de subir.
 
A inexistencia de políticas que defendan o dereito a unha vivenda digna tradúcense na Galiza en 299.000 vivendas baleiras, desafiuzamentos, incremento dos beneficios derivados da especulación dos grandes propietarios, banca e fondos voitre, máis parte do salario dedicado a pagar os gastos da vivenda mentres se reducen noutras necesidades básicas ou un problema grave para a emancipación da xente moza.
 
Tampouco desde os diferentes gobernos do Estado deron solución o problema da vivenda. O proxecto de lei vivenda do goberno español non garante ese dereito porque non se atreve a frear os privilexios dos que especulan coa vivenda.
 
Non frea os desafiuzamentos sen solución residencial si se incumpren os prazos das distintas prorrogas e non adopta solucións valentes de expropiación para mobilizar as decenas de miles de casas baleiras en mans da banca e de fondos voitre rescatadas con diñeiro público.Tampouco aposta pola utilización das vivendas da SAREB, para vivenda pública de alugueiro, a pesar de que todas e todos acabamos de asumir a débeda xerada polos bancos.
 
O Movemento Galego pola Vivenda Pública chama a maioría social galega a involucrarse na loita por este dereito fundamental, Unha loita que leve entre outras medidas a posta en marcha de normativas e orzamento necesario para a dotación dun parque de vivenda pública de alugueiro social suficiente para protexer os sectores mais vulnerables ademais de para exercer un papel regulador imprescindible no mercado libre.
 
Con este obxectivo facemos un chamamento a acudir á concentración diante do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), en Santiago de Compostela, para reclamar os nosos dereitos como cidadáns e cidadás a gozar dunha vivenda digna.

 

 

martes, 25 de xaneiro de 2022

COMUNICADO DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA SOBRE O BONO ALUGUEIRO 
 
 
O pasado martes o Consello de Ministros dió luz verde ao "bono Joven"
 
Dende a plataforma de Afectados pola Hipoteca valoramos que a concesión de axudas a un sector da poboación como son os/ as novos que xa teñen dificultades enormes en acceder a unha vivenda non soluciona o problema de raíz e é pouco efectiva. 
 
O elevado prezo do alugueiro e os baixos soldos das mozas fai que, segundo o estudo “Novos inquilinas e dereito á vivenda 2020” , un 40’7% das mozas inquilinas sentan angustiadas, un 16’3% deixase os estudos e un 13% reducise o consumo de alimentos básicos para poder pagar os actuais prezos de alugueiros. 
 
E a taxa de emancipación sitúase en valores máis baixos da década nun 20,9%. Está claro que unha axuda de 250€ non solucionará o problema de acceso.
 
 É por iso que desde a PAH instamos a que o Goberno do Estado, de PSOE e Unidas Podemos, inclúa na Lei de Vivenda medidas que si van na liña de posibilitar o acceso a unha vivenda digna e adecuada á poboación con máis dificultades e a que está máis privada dun ben de primeira necesidade como é un fogar. 
 
Para iso esiximos regular os prezos dos alugueiros para facelos máis alcanzables, ampliar o parque de vivenda públicainexistente das nosas cidades e poñer en marcha políticas públicas que esixan máis mobilización do parque. 
 
Cremos que para ampliar o parque de vivenda temos varias ferramentas que non se están utilizando e que poñerían a disposición inmediata vivenda alcanzable sen esperar á construción de VPO, como é a cesión directa da vivenda baleira de bancos e fondos de investimento que (lembramos foron rescatados con diñeiro público sen ningunha contraprestación a cambio), a compra directa mediante tenteo e retracto, a expropiación, etc.. 
 
Desde a PAH esiximos xustiza e que devolvan en forma de pisos o rescate bancario, xa vai sendo hora que se esixa responsabilidades aos culpables da crise inmobiliaria e do millón moi longo de desafiuzamentos executados durante estes 15 anos.
 
 Ademais, analizando a medida, realmente a axuda de 250€ a mozas está limitada a pisos de menos de 600 euros, cando na maioría de cidades os alugueiros están en torno de 800 e 1000€, así que a medida non seria efectiva, sen contar que é un aliciente para subir os prezos dos alugueiros, como xa manifestaron mesmo algúns portais inmobiliarios.
 
 Este tipo de axudas, sen control de prezos, son moito máis axudas dirixidas aos petos dos propietarios, que non ven forzados a baixar prezos, e que adoitan terminar provocando un maior incremento destes.
 
Pensamos que os 200 millóns destinados a esta medida, terían un efecto moito máis positivo utilizándoos para a adquisición de vivendas para Parque Público, cuxa irrupción no mercado, si tería efectos positivos nos prezos aumentando a oferta. 
 
Tamén é imprescindible o establecemento dun imposto estatal , que grave a vivenda inxustificadamente baleira e en propiedade de grandes posuidores, destinando o recadado a incrementando o Parque Público ata alcanzar cifras homologables ás dos países máis avanzados da UE, cuxa media supera o 20% do total de vivenda dispoñible.
 
 A ese Parque, habería que incorporar desde xa, a totalidade de vivendas dispoñible en mans da SAREB, ademais de acabar a construción dos edificios inacabados.
 
En resumo, unha medida sen sentido, ineficiente e que non resolve o problema. 
 
Claramente vemos como o Goberno de PSOE e Unidas Podemos, dan longas e non se atreven a afrontar a situación de emerxencia habitacional cronificada que levamos anos vivindo nas nosas carnes, demóstrano con estes medidas parches ,así como cunha Lei vivenda descafeinada que non garante o dereito á mesma.
 
 Pedímoslles que rectifiquen e que inclúan, na Lei de vivenda, medidas para dar solucións aos desafiuzamentos, ás débedas para sempre e a conseguir alugueiros sociais para aquelas máis vulnerables esixindo aos bancos e fondos responsabilidades. 
 

mércores, 19 de xaneiro de 2022

CANDO O LISTO SINALA A LUA O TONTO MIRA O DEDO !!

Esto si é grave e non a polémica artificial sobre a entrevista o Ministro Garzón  nun xornal Britanico !!

Alguén se escandalizará, alguén falarará da SAREB ? 

 

 Desmontando a Sareb

La nacionalización del llamado “banco malo”, la (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria), supone un incremento de 35.000 millones de la deuda pública, y no cierra el capítulo de incógnitas y desmanes ligado a su nacimiento.


 Banksy, un icono internacional del Arte Urbano | CorriereDiPanama

 Luís de Guindos, Ministro de Economía no Goberno de Mariano Rajoy, creou a SAREB (BANCO MALO) prestando diñeiro os bancos sustiuindo vivendas que non conseguían vender por diñeiro público. O Partido Popular asegurou que era un crédito blando, que ise diñeiro volvería as arcas pública. Primeiro foron 45.000 millóns € agora outros 35.000millóns €, ren de ren señor ministro ren.

Vexamos a análise do xornal el Salto, imprescindible para saber onde marcha o diñeiro público. ISTO QUE É ...??? "LIBERTAD O COMUNISMO" ou "AGRICULTURA O COMUNISMO" señores do Partido Popular ?

https://www.elsaltodiario.com/analisis/manuel-gabarre-desmontando-sareb-nacionalizacion-deudas-banco-malo 

Non será ANARCO CAPITALISMO ?????

...O patrimonio de Sareb era enorme. Estaba formado por unhas 500.000 vivendas segundo declarou a propia entidade. Con todo, o Estado non ía utilizalas con fins públicos, a pesar das grandes carencias de vivenda que hai en España. A Unión Europea, o Estado e o sector financeiro crearon ao redor de Sareb un armazón legal que lles permitise privatizar os bens adquiridos no rescate bancario sen interferencias sociais, xornalísticas ou xudiciais.

 Hai un gran esforzo para ocultar que pasou en Sareb, pois isto permitiu lucrarse a moitas entidades financeiras e a persoas vinculadas coa política á conta do sector público.

 ...Neste sentido, non é casualidade que o goberno anunciase o bono novo para alugueiro xunto coa nacionalización de Sareb. A recado, o bono novo non axudará a resolver os problemas de vivenda. 

Máis ben servirá como unha axuda indirecta para os caseiros e sobre todo como un lavado de fronte dun goberno socialista ben necesitado diso en materia de vivenda. Como se sinalou anteriormente, no fondo Sareb non é máis que unha gran inmobiliaria pública que se está privatizando a pedazos. A continuación, explícase como se orquestrou esta operación.

 ...

 Que se debería facer con Sareb? Dun día para outro, a débeda pública incrementouse en máis de 35.000 millóns de euros por culpa de Sareb.

 Por este motivo, o Estado debería saber que sucedeu nesta entidade e posteriormente informar á cidadanía. Para cumprir con esta obrigación deberíase esixir o seguinte:

1- Auditoría do estado contable de Sareb e de que bens dispón, coa súa identificación catastral. 

2-Situación dos inmobles de Sareb. Auditoría de que sucedeu en Sareb ata o de agora. Debería comprender a identificación dos bens que vendeu Sareb, o seu prezo e o seu destinatario, sempre que este sexa persoa xurídica coa finalidade de non vulnerar a Lei de Protección de Datos Persoais. 

3-Publicación das auditorías.

4- Incorporación dos bens de Sareb a un parque público de vivenda.

 https://www.elsaltodiario.com/analisis/manuel-gabarre-desmontando-sareb-nacionalizacion-deudas-banco-malo

NON SE CORTAN !!!

En Sareb trabajamos día a día para ayudar a mejorar el sector inmobiliario y financiero

Esqueceulles dicir: 

- Gracias a tu aportación económica !

https://www.sareb.es/ 

Analizade o logo da web !! 

Seguide o sentido das tres flechas...xuraría que se ve algún tiburón sorrindo, clavando o dente e abrazando para devorar os inmobles. Observade a aleta do poisble tiburon sobresaíndo da burbulla, non lembra o logo de " haz el amor y no la guerra"  !???

 

 

 

Isto non é normal !
 
 
Carlos Lesmes, proposto polo PartidoPopular, Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial ( en funcións) e do Tribunal Supremo.
 
 
O Goberno intenta aprobar unha lei que regule o dereito a vivenda que para os que defendemos o 
 O CGPJ en funcións rexeita o informe da Lei de Vivenda e cambia os relatores Unha nova proposta volverá votar o próximo 27 de xaneiro. A decisión atrasa aínda máis a aprobación no Consello de Ministros da norma que permite poñer tope a certos alugueiros.
 
 
dereito a vivenda é moi escasa e aínda así o CGPJ EN FUNCIÓNS algo contrario a constitución, porque o Partido Popular négase a renovalo, e anula o informe favorable que fixo o poñente para emitir outro o 27 de xaneiro, que se presume tamén contrario a lei de vivenda.
 
Probablemente consello xeral do poder xudicial lle pareza razoable e conforme a dereito que os consellos de administración das Caixas de Aforros de todo o estado non teñan que asumir ningunha responsabilidade pola súa quebra.
 
É probable que o consello xeral do poder xudicial lle pareza xusto e razoable Destinar inxentes cantidades de diñeiro público para rescatar entidades suposta-mente quebradas que agora dan beneficios sin aportar ren as arcas públicas.
 
Este mesmo ano teremos que rescatar o BANCO MALO tamén coñecida por SAREB creada polo Ministro de economía do Partido Popular Luís De Guindos dicíndonos que non nos custaría ren os cidadáns pois iste ano outros Si as débeda de la SAREB son públicas, as viviendas da SAREB son públicas tamén debería dicir o consello xeral do poder xudicial.
 
Pero non debemos esperar ren bo dun Consello Xeral Do Poder Xudicial que emite informes cando non está Vixente o seu mandato.
 

martes, 4 de xaneiro de 2022

 O medo pérdese cando loitas pola túa casa e a túa familia” Marcos Guerreiro (Narón) amortizou só 3.000 euros dunha hipoteca de 116.000 en 11 anos, por culpa do IRPH // Agora acolleuse ao Código de Boas Prácticas e logrou unha sentenza pioneira en España.

 

 https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/miedo-pierde-luchas-casa-familia-LMCG1061864

 

IRPH nulo por contrario a orden ministerial. Jose Mari Erauskin.

https://www.youtube.com/watch?v=3IdoDth_dfo