O TRIBUNAL SUPREMO ESTÁ ATASCADO !!
Chegou a contradición o SUPREMO antes ou despois tiña que pasar. Vinte e
tres anos DE SUFRIMENTO DE MILES DE FAMILIAS e de silencio cómplice
co poder financeiro. Dende o ano 1995 tiña que estar incluída a
Directiva Europea 93/13 de protección o consumidor e non se fixo. 10
anos de loita da PAH advertindo da anomalía da lexislación hipotecaria
do Estado Español.
Non miremos o dedo cando o listo sinale a lúa !
Vaimos máis alá do imposto de Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Por qué en xaneiro non e agora si?
Como en xaneiro o Tribunal Supremo dita sentenza declarando que
paguen este imposto os consumidores e logo dunha moción de censura en
outubro se di que paguen os bancos. Esta decisión descadra as contas
publicas. Pode algún membro do tribunal supremo estar facendo política
dende o poder xudicial ?
Isto podería descadrar o déficit antes
de aprobar os presupostos. Con Rajoy deixaban as cousas como estaban, UN
ABUSO, e agora pagan os consumidores o ser un imposto reclamaráselle
en ultima instancia as facendas públicas, o pobo, non os bancos pero OS
PRESUPOSTOS quedarían desacadrados.
A DEMOCRACIA E O ESTADO DE DEREITO OS PES DA BANCA !
CLARO QUE HAI unha “enorme repercusión económica e social” e o TRIBUNAL
SUPREMO ESTÁ OBRIGADO a facer saír a luz, dunha ver por todas, que a
lexislación hipotecaria do Estado Español permitiu a maior Estafa
Inmobiliaria de Europa, e unha das máis brutais do planeta e todo por
que o PODER XUDICIAL o longo de varios anos mirou para outro lado e
permitiu que as elites extractivas fixeran o seu negocio a conta de
aproveitarse dos seus cidadás que si estaban protexidos polas normas
europeas dende o ano 1993 e negóuselle con silencio cómplice esta
protección. Todo baixo a mirada do monarca Felipe sexto que preside a
apertura do ano xudicial e tampouco observou que 700.000 familias
Españolas se quedaban sen casa sen que iso supuxera unha “enorme
repercusión económica e social”
CHEGOU A HORA DE VERDADE XA NON PODE HABER MÁIS SILENCIO A CIDADANÍA, NO SEU CONXUNTO, VAI SABER COMO A ESTAFARON !!!
Quén debe pagar este imposto?
Cada imposto que se crea xa determina a lei quén é o obrigado
tributario, neste caso é un dereito real que pose o banco sobre a
vivenda polo tanto correspóndelle o banco o pago do mesmo.
O
problema xurdiu por que o regulamento que desenrrola esta lei di que os
impostos con garantía pagarano os prestatarios a isto acollíanse os
banco para cargarnos o custe do mesmo.
Onde está a solución:
O ser o regulamento de inferior orde xurídica que a lei hai que seguir
o ditado da lei. O Supremo en xaneiro escolleu a opción dos bancos, o
regulamento, e pagaban os consumidores e en outubro escolleu a dos
consumidores a lei e concluíu que pagarían o imposto os bancos. Anulou
este artículo do regulamento por ser contrario a lei, ISO É O CORRECTO, e
conforme a lei o xusto. O 19 nunha nota emitida dende a web o Consello
do Poder Xudicial anúlase a sentenza do día anterior. Alegando “enorme
repercusión económica e social”. Podería interpretarse como
prevaricación. Xa que ditou 2 sentenzas unha en sentido contrario da
outra, unha das dúas é inxusta, algunha pode ser prevaricación xudicial.
Nota informativa do Presidente da Sala Terceira:
http://www.poderjudicial.es/…/El-Pleno-de-la-Sala-Tercera-d…
Os notarios de todo o estado non dan fe pública de que o asinado en sede notarial e conforme a Lei ?
Non coñecían os colexios de notarios a Lei Tributaria e o seu Regulamento e Lei hipotecaria.
Serán cómplices diste xigantesca ESTAFA?
COMO SAÍR DESTA SEN PREVARICAR ???
pode ser parte do atasco do supremo ?
VAIMOS MÁIS ALÁ E MIREMOS A LÚA NON O DEDO !
Si o Tribunal Supremo, o Poder Xudicial en definitiva que imparte
xustiza en nome do Rei que a súa vez preside a apertura do ano
xudicial, suspende unha sentenza alegando “enorme repercusión económica e
social” como é posible que logo de despexar 700.000 familias e rescatar
o sistema financeiro non alegase o mesmo argumento ?
Alega o
presidente da Sala do contencioso “enorme repercusión económica e
social” cando a sentenza é contraria os intereses dos bancos !
A situación lexislativa e polo tanto xurídica en materia hipotecaria e de vivenda é insostible, irracional !
Pronto se celebrará o aniversario da Constitución e vivirase inmersa no
esperpento creado por 10 anos de silencio cómplice do poder xudicial,
que supostamente era independente do poder lexislativo dirixido polo
PP de Aznar e Mariano Rajoy.
O fin cobra visibilidade o que
durante 10 anos levamos intentando sacar a luz a PAH e os colectivos
STOP-DESAFIUZAMENTOS. A mal chamada crise é produto dunha gran estafa
inmobiliaria secundada apoiándose nunha lei hipotecaria decimonónica
refundida en 1946 polo tanto preconstitucional e absolutamente contraria
a lexislación europea que garante o dereito dos consumidores.
A NORMATIVA 93/13 de protección o consumidor.
A PAH e os Colectivos Stop-Desafiuzamentos aseguramos que dende o ano
1995 todos os contratos hipotecarios son ilegais polo tanto todos as
execucións hipotecarias son contrarias a dereito !
O contratos
hipotecarios son Títulos Executivos. Baixo o principio "Pacta sunt
servanda", cúmprase o pactado, despexáronse preto de un millón de
familias SEN PIEDADE. No ano 2009 nace a PAH e familias coa axuda de
activistas comezan a empoderarse e enfrontarse as entidades financeiras.
Toda a alarma social creada pola PAH non despertou o interese do Poder
Lexislativo nin do poder Xudicial non houbo ningunha reunión para
coñecer que estaba pasando non había “enorme repercusión económica e
social”. O PP tratounos de terroristas !
o 14 de marzo de 2013 a
Sentenza Mohamed Aziz abre a brecha no sistema xudicial do Estado
Español e por ela entramos TODAS AS QUE TEMOS FAME DE XUSTIZA. Sería
demasiado longo explicar que quero dicir con isto pero xa sabedes que
rescatamos o sistema financeiro e parece que non hai responsables. Vou
facer un simplismo que abrangue toda a estafa, non hai desafiuzamentos
en masa sen débeda subordinada e preferentes. Imaxino que vos soa todo.
Sigo coa sentenza Mohamed Aziz e 14 de marzo de 2013 en resposta a
unha cuestión prexudicial (antes de ditar sentenza pregunta a instancia
superior neste caso o TXUE Tribunal de Xustiza da Unión Europea)
plantexada polo Xuíz José María Fernández Seijo a instancia do avogado
Dionisio Moreno, defensor do caso Mohamed Aziz.
Ante a
imposibilidade de paralizar un desafiuzamento que presenta a lexislación
Española. lembrade "pacta sunt servanda" e fora da casa. Da o mesmo que
houbera abuso deixa e intenta reclamar cando xa a mercara outro. Así
se despexou milleiros de familias que ademais quedaron con débedas
despois de pagar os intereses do préstamo. O capital xa esta na vivenda e
a volver a vendela. Por isto tanta presa, USURA.
Según esta
sentenza OS PROCEDEMENTOS DE EXECUCIÓN HIPOTECARIA PODERÁN PARALIZARSE
POLO XUÍZ EN CUMPRIMENTO DA NORMATIVA EUROPEA. Por non haber suficientes
motivos de oposición a execución hipotecaria que fagan posible o
exercicio de accións e recursos xudiciais que GARANTAN A TUTELA EFECTIVA
DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES.
Ademais de estar vulnerando o
articulo 47 da constitución que garante o dereito a vivenda. Con dobre
garantía o ser o articulo 10.2 da mesma CE, para evitar outras
interpretacións, a que di que se debe interpretar conforme a Declaración
Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais
sobre as mesmas materias ratificados por España.
Sistematicamente vulnerouse o DEREITO A TUTELA XUDICIAL EFECTIVA
recollida no articulo 24.1 da Constitución, familias expulsadas das súas
casas e sen dereito a que se investigara si había algún abuso por parte
dos bancos.
Para o consello do poder Xudicial QUE DEBERÍA
ADVERTIR O LEXISLATIVO DE RAJOY isto non tivo “enorme repercusión
económica e social” pero para nos si e seguimos...
o 1 de xullo
de 2015 entra en vigor a Ley Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de
protección de la seguridad ciudadana. Coñecida como Lei Mordaza. O PP
que dispón do poder Lexislativo desprezando as familias empoderadas na
PAH no canto de escoitalas, tratas de terroristas e saca esta lei para
atemorizarnos e silenciar as nosas propostas na rúa. Non houbo ningunha
reunión en pleno dende a independencia do poder Xudicial nin do monarca
que seguiu presidindo a apertura de varios anos xudiciais silenciando
un drama causado por unha gran estafa sen que alegaran “enorme
repercusión económica e social”.
Pero nos seguimos...
O 19 de novembro de 2015 a sala sexta do TXUE.
Pon límite a execución dos avalistas cando estas sexan familiares ou particulares que non buscan lucro co aval.
Antes inflaban os prezos da vivenda,a sobretasación, o créditos
inflábanse. Estala a burbulla as familias vense con vivendas que non
teñen comprador e non poden seguir pagando. O banco volve tasar (a
baixa) e quedase coa casa do morosos e a dos pais avalistas.
A SAREB a maior inmobiliaria de Europa
sostida con diñeiro público a espera de que os voitres veña a pola
carroña. Agora especula cos alugueres de vivendas que mercando á SAREB
edificios enteiros expulsando as familias para a continuación subirlles o
aluguer. Facilitando esta operación especulativa contraria o dereito
constitucional pola a reformas feitas das SOCIMI (sociedades de
inversión inmobiliaria) mellorando as condicións tributarias das mesmas e
da LAU (Lei de arrendamentos Urbanos), baixando a duración dos
contratos de 5 a 3 anos para favorecer o incremento dos
alugueres. Feitas por mariano Rajoy e o PP.
Ninguén alegou
“enorme repercusión económica e social” e xa estamos inmersos nunha
burbulla especulativa Protagonizada por fondos voitres como Black
Estone dirixido José María Aznar Botella, que casualidade, que veñen a
pola renda dos alugueres empuxando o prezo do mesmos o alza sen que os salarios
dean para garantir ises prezos.
o 23 de decembro de 2015 o
Tribunal Supremo declara nulas as cláusulas de gastos e constitución de
hipoteca por abusivas. Estes gastos deben ser compartidos entre
prestamista e prestatario, actualmente algunhas entidades non corren cos
gastos a medias. Escollen gastos, si notario registrado e taxación
deben ir todos a 50% eles pagan rexistrador que son 100€, ti pagas
Notario que son 500€. Collendo o que sae máis económico. TROLEIROS. Os
notarios non teñen nada que dicir a isto ???
Nos seguimos...
o
21 de decembro de 2016 o TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA
pronunciase sobre a retroactividade das cláusulas chan CORRIXE O
TRIBUNAL SUPREMO que declara a retroactividade parcial. Agora si
argumenta "Danos a orde económica". Que casualidade como no imposto de
Actos xurídicos, cando prexudica os bancos argumentan “enorme
repercusión económica e social”.
Moi simple o TXUE dille o Supremo
declaren nos seus tribunais si unha cláusula é ou non abusiva, agora ben
si se declara abuso debe ser eliminada de todos os contratos que a
contiñan polo tanto a retroactividade é total.
O 20 de xaneiro de
2017 Goberno de Mariano Rajoy que non ve “enorme repercusión
económica e social” no despexo de 700.000 familias o amparo dun
ordenamento xurídico hipotecario preconstitucional en moitos casos e
manifestamente contrario a normativa vixente e outros.
Promulga o Real Decreto Ley 1/2007 .
http://noticias.juridicas.com/…/589568-rdl-1-2017-de-20-ene…
Si anlizamos mínmamente iste Real
Decreto comprenderemos que o poder Lexislativo se alinea con
intereses da banca, con descaro e pouca intelixencia.
Artículo 1 Objeto
El presente real decreto-ley tiene como
objeto el establecimiento de medidas que faciliten la devolución de
las cantidades "indebidamente satisfechas por el consumidor"
a las entidades de crédito en aplicación de determinadas cláusulas
suelo contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados
con hipoteca inmobiliaria.
Quedemonos con iste texto:
" la devolución de las cantidades
indebidamente satisfechas por el consumidor" traslada a acción
o consumidor cando iste é o abusado. O que comete a acción de
abusar é o banco polo tanto debería decir "AS CANTIDADES
INDEBIDAMENTE COBRADAS POLAS ENTIDADES FINANCEIRAS". Queda calro
de que lado está o executivo do Partido Popular e Ciudadanos o
triste é que o PSOE tamén apoiou iste R.D. Esperemos que cambie de
actitude.
Tamanén obligaba o consumidor de tal
maneira que debeía buscar un acordo coa entidade, si iste non se
producía e ia a xuizo e as cantidades que ofrecía o xulgado eran
iguais ou inferiores o ofertado pola entidade as costas procesais
pagarías o Consumidor. O lóxico e razoable sería que as pague que
cometeu o abuso. Así se frenaron multiples demandas.
Despois de que Nunha acción conxunta da PAH en todo o Estado o 7 de
marzo de 2017 presentamos escritos dirixidos o Consello Xeral do Poder
Xudicial, os Xuíces Decanos e O servizo Común de Execucións e Embargos
advertindo o Consello Xeral do Poder Xudicial sobre a gravidade da
situación xa que TODOS OS DESPEXOS se executan en base a unha cláusula
abusiva e contraria o dereito. Pedimos a suspensión das execucións ata a
resposta do TXUE a cuestión feita polo SUPREMO.
Como é posible que non alegaran “enorme repercusión económica e social”.
En breve o TXUE respostará o Supremo sobre esta cláusula e teremos outro problema nos tribunais.
Tamén está pendente a cuestión Feita sobre o IRPH o TXUE, planteada
polo avogado de Stop Desahucios Guipúscoa que percorre o estado
axudando a familias con escasos recursos. Plantea unha cuestión o
Xulgado de Barcelona que coñece dun caso que el leva sobre IRPH.
Este índice chamado entre os banqueiros o índice do Tontos e destinado a
clase media a cal se lle ofrecía con enganos de seguridade no canto do
EURIBOR. As familias que teñen ese índice pagan de media 60.000 euros
máis que unha familia con índice EURIBOR. Este índice encerra o abuso
actuando como unha cláusula chan manipulada por Bancos, Caixas e
Entidade según o caso de tal maneira que incluíndo os Gastos TAE da
constitución dos contratos hipotecarios cando solo debería ser o TIN
(Tipo de Interese Nominal) o dato que deberían trasladar o Banco de
España manipulando o descenso do mesmo e actuándo como unha cláusula
chan.
O Tribunal Supremo declarou o 14 de decembro de 2017 que
era un índice legal e que os consumidores deberían coñecer o que facían
non alegou “enorme repercusión económica e social” do lado dos bancos
unha vez máis.
En setembro de 2018 o Avogado Xeral da UE declara
que o IRPH é abusivo por tanto confiamos que o TXUE en breve se
pronuncie no mesmo sentido.
Podíamos falar de seguros SWAP que
atrapaban a familias en hipotecas variables cando estas estaban subindo
actuando por 5 ou 6 anos como cláusulas chan.
Podemos falar de
hipotecas multidivisa, de hipotecas que se vendían como hipotecas
tranquilidade que impedían que o capital apenas descendía mentres
pagabas máis tempo do debido solo intereses
etc etc etc...
E
todo sin que ningún dos poderes do estado independentes entre si
observaran que iso traería unha “enorme repercusión económica e social”.
Desgraciadamente nesta ocasión non evitaremos que de un xeito ou de outro nos trasladen o custo a cidadanía.
Pero non roubarán co noso silencio e faremos que algúns paguen por semellante estafa !!
SEGUIMOS NIN UN PASO ATRÁS !