mércores, 7 de novembro de 2018


 COMUNIACADO STOP-DESAFIUZAMENTOS OURENSE.

Ante  decisión tomada polo Tribunal Supremo Stop-desafiuzamentos fai pública a súa posición e esixencias.

1º)-
Parécenos vergoñenta e insoportable a situación de INSEGURIDADE XURÍDICA creada polo Tribunal Supremo e o silencio cómplice mantido o longo de 23 anos, especialmente nos últimos 10 anos, mentres os bancos despexaban a 700.000 familias apoiados nunha lei preconstitucional e manifestamente contraria a normativa vixente sin que o Poder Xudicial alegara “ Enorme Repercusión Social e económica”
-o 28 de xaneiro o Tribunal Supremo adoptaba a posición dos bancos e ditaba que eran os consumidores quen debían pagar o Imposto e Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos documentados,

-O 18 outubro de corrixe a súa propia xurisprudencia e decide que serán os bancos quen asuman o pago diste imposto. Esta é a posición favorabel o consumidor  argumentadana en sentenza do 16 de outubro :
https://www.ecestaticos.com/file/915d42a46c77c706868d7c099efc353c/1539863374.pdf

-O día seguinte o 19 de Outubro Día Picazo suspende a decisión tomada o día anterior  e emite unha nota dende o Consello Xeral do Poder Xudicial dicindo que se tomará unha decisión en Pleno o día 5 de Novembro. http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunal-Supremo/Noticias-Judiciales/El-Pleno-de-la-Sala-Tercera-del-Tribunal-Supremo-decidira-si-confirma-el-giro-jurisprudencial-de-la-sentencia-sobre-el-impuesto-de-las-hipotecas?fbclid=IwAR11nAWEX7_ve6PyAQ52K50-ihfIsjWu7625ZW8RhfoHsgvDPF3RF4N4lKo

-Onte día 6 de Novembro volve a posición inicial de xaneiro e dita que serán os consumidores quen asuman o pago diste imposto, si é certo con fonda división na toma desta decisión 15 votos a favor e 13 en contra.

Parece que a presións exercida pola Banca xurdiron o seu efecto na toma de decisións. Pois é moi difícil xustificar a corrección da sentenza que deron a coñecer o 18 de outubro que estaba moi ben argumentada.

Ante evidente falta de imparcialidade do Tribunal Supremo sumámonos a petición feita pola asociación Xuíces Pola Democracia e esiximos as dimisións inmediatas do:

-Presidente do Tribunal Supremo e do Poder Xudicial Carlos Lesme Serrano.

-Presidente da Sala Terceira do Contencioso-Administrativo Luís María Díez Picazo.


Alegou agora o señor Díez Picazo para suspender a sentenza do día 16 de outubro “ Enorme Repercusión Social e económica” cando os seus argumentos solo deberían ser xurídicos.

Para os Colectivos que defendemos o dereito a vivenda resulta indígnate e evidente a submisión dunha parte do Poder Xudicial os intereses da Banca. O feito de utilizar este argumento no momento que se toma unha decisión que prexudica os Bancos non deixa dúbida.

Dende o ano 1995 O Estado Español tiña que ter implementada no Ordenamento Xurídico a Directiva Europea 93/13 de Protección o Consumidor nistes 23 anos o Poder xudicial mantivo un silencio que favorecía os bancos.

Ata o ano 2013 no Estado Español Vulnerouse o dereito a tutela xudicial efectiva, recollido no articulo 24.1 da constitución, despexando a Familias sin que se puideran opoñer os desafiuzamentos foi o TXUE na Sentenza Mohamed Aziz do ano 2013 quen dixo que o Código Civil Español non ofrecía motivos suficientes para opoñerse os despexos. Perdendo as as familias as vivendas sin poder defenderse dos abusos bancarios.

Iste é o punto de partida que nos permitiu que o longo de 10 anos de situación crítica, logo da gran estafa inmobiliaria,  permitiu  ver que o Tribunal Supremo mantiña unha posición contraria os consumidores. Como se puido ver en varias sentenzas que corrixían a xurisprudencia do Tribunal Supremo unha destas foi a Sentenza do TXUE que corrixe o Supremo en decembro de 2016 declarando que as Cláusulas Chan son retroactivas e se deben anular do contrato, non solo ata o 2013 como pretendía o Tribunal Supremo. Tamén Esta Cuestionada Neste momento A cláusula de  vencemento anticipado e o índice IRPH o cal o Tribunal Supremo dixo que era un índice Legal.Nos e moitos consumidores consideramos que é abusivo e de momento o Avogado Xeral xa se posicionou e considera o IRPH abusivo. En breve coñeceremos as Sentenzas sobre estes 2 temas do TXUE de maior peso económico que o Imposto de Transmisións Patrimoniais.

A PAH e o colectivo Stop-Desafiuzamentos fixémoslle saber o Consello xeral do Poder Xudicial En escritos presentados en Todos os Decanatos do Estado que se deberían suspender todos os despexos mentres non se tome unha decisión sobre a Cláusula Abusiva de Rescisión anticipada que permite despexar familias por impago de unha cota hipotecaria e que lle reclame o total do crédito hipotecario.

Consideramos por tanto que todos os desafiuzamentos dende o ano 1995 se fixeron apoiados nunha lei pre-constitucional e moitos casos, en moitos outros contrarios a normativa vixente.

Fai dez anos que naceu a Plataforma de Afectados Pola hipoteca e os Colectivos Stop-Deafiuzamentos o longo diste Tempo o Consello Xeral do Poder Xudicial presenciou como en todos os Xulgados do Estado se despexaban a 700.000 familias con unha lei pre-constitucional de dubidosa legalidade,

Como podemos seguir confiando os cidadáns na Cuspide do Poder Xudicial cando durante estes anos de sufrimento de familias. Chegando a haber suicidios a diario,  non alegara “ Enorme Repercusión Social e económica”  e xusto agora que os bancos se ven minimamente ameazados os seus intereses sae na súa axuda nunha descarada parcialidade a favor dos bancos.

Tampouco podemos esquecer  que o o Xefes do Estado o longo distes anos os monarcas Juan Carlos  Primeiro e Felipe Sexto que abren o ano Xudicial permitiran semellante desprezo e abuso Bancario.

2º)-Esiximos que se inicie unha reforma lexislativa que garanta a separación de poderes e impida que o poder executivo interferir e os poderes non democráticos como o financeiro poidan suplantar os poderes lexítimos e democraticamente escollidos.

3º)-
Celebramos a contundencia do Presidente do Goberno na decisión tlomada. A partir de agora serán os bancos os que corran co pago do imposto de Transmisións pero considerámola absolutamente insuficiente.

 Esiximos que se inicie unha reforma lexislativa que garanta a separación de poderes e impida que o poder executivo e poderes non democráticos como o financeiro poidan interferir ou suplantar o poder xudicial e os poderes lexítimos e democraticamente escollidos.

Non se trata de quen paga ou deixa de pagar un determinado imposto. O goberno do PSOE debe separarse da liña ideolóxica Neoliberal marcada polo Ministro Banqueiro De Guindos do  Partido Popular que comezou a tramitación da nova Lei Hipotecaria Con Ciudadanos.

Esixímoslle o goberno do PSOE que Adapte a lexislación hipotecaria e o Código Civil  a Directiva Europea 93/13 de protección o Consumidor. Reformar a Lei de Arrendamentos Urbanos que permita estabilidade nos alugueres e medidas urxente que freen a voracidade de fondos Voitres, que xa dende o 2014 están Especulando coa Vivenda. Despois da reforma das SOCIMI e da Lei de Arrendamentos Urbanos feita polo Partido Popular para facilitar os despexo de familias para logo subir os alugueres. Unha Lei de segunda oportunidade que permita que miles de familias, que foron despexadas da súa única vivenda con unha lei pre-constitucional e ilegal,   poidan recuperar as súas vidas e condonar as súas débedas.

Esiximos a Aprobación da lei de vivenda da PAH  na que se recollen as 5 demandas Básicas da PAH.

1. DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA

2. ALUGUER ALCANZABLE E ESTABLE

3. STOP DESAFIUZAMENTOS

4. VIVENDA SOCIAL.

5. SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS





Ningún comentario:

Publicar un comentario