sábado, 3 de novembro de 2018



"ENORME REPERCUSIÓN SOCIAL E ECONÓMICA"


Con este argumento suspendeu por segunda vez o Tribunal Supremo a Sentenza ditada sobre quen debe pagar o imposto de Transmisións Patrimoniais é Actos Xurídicos Documentados.
Esta é segunda vez que o Tribunal Supremo comete unha suposta prevaricación.

Mobilizacións nos xulgados galegos o 5 de novembro !!

O luns día 5 o Tribunal Supremo reunirase en Pleno para decidir si corrixe a Sentenza do 18 de outubro que determinaba que este imposto corría a conta dos Bancos.
Mobilizacións diante dos xulgados o 5 de novembro en varias cidades do Estado e Galegas, en Ourense será no novo edificio xudicial as 12 da mañá.
Difundide e acudide todas as que poidades.

Hai moito en xogo, non solo na parte económica, o máis grave é a INSEGURIDADE XURÍDICA sistémica e as súas consecuencias, debemos mandar unha mensaxe clara e contundente o poder xudicial. Todos os poderes emanan da CIDADANÍA e débense a esta !!!

 "ENORME REPERCUSIÓN SOCIAL ECONÓMICA"
Non se utilizou o mesmo argumento, nin se reuniu en pleno, nin emitiu ningún informe, o Consello Xeral do Poder Xudicial. Tampouco na Apertura do Año Xudicial, que preside o Monarca Felipe Sexto, se fixo ningún comentario sobre os Delitos Contra a Orde Socioeconómica, cando "fixeron quebrar" as Caixas de Aforros de todo o Estado, para logo vendelas a Banca Privada por un Euro. Agora reparten ganancias en forma de dividendo.

Tampouco tivo ENORME REPERCUSUÓN SOCIAL E ECONÓMICA para o Tribunal Supremos cando se tivo que rescatar o Sistema Financeiro con 200.000€ millóns de Euros públicos, nin a teñen os 36.000€ millóns que pagamos de intereses, que se podían destinar a pensións, sanidade, educación, Salarios dignos etc etc, e van parar as mans das ELITES EXTRACTIVAS.

“VERGOÑA SUPREMA”.
Da a impresión de que o poder financeiro erixísese sin complexos como absoluto e con capacidade para someter o sistema democrático e os poderes elixidos pola cidadanía. Sendo a independencia do poder xudicial o garante do cumprimento das leis que emanan do Poder Lexislativo.

Aséntanlle outro golpe o Estado de Dereito, volve quedar gravemente danado !!!!!!!

FAI UN ESFORZO, MOBILÍZATE E ACOMPÁÑANOS, O NOSO SILENCIO FAINOS CÓMPLICES DA INXUSTIZA !!!!!!


Máxima difusión por favor !!!

Video fragmento da Concentración:
https://www.youtube.com/watch?v=00ShTtNYAKM&feature=youtu.be&fbclid=IwAR158v9TIITFKkXhBWUQmohHtvL0lDVjFDSsBM4gLAXf7gQNJoVURw85cgU

Ningún comentario:

Publicar un comentario