ENCONTRO EN COMPOSTELA:
A
PAH e colectivos Stop-Desafiuzamentos galegos teremos outro encontro
mañá sábado día 4 de febreiro en Compostela a partir das 11:30.
Neste
encontro poremos en común a situación dos diferentes colectivos.
Promoveremos accións conxuntas e o apoio mutuo. Analizaremos a nova
situación xurdida tras dúas últimas sentenzas do Tribunal de
Xustiza Europeo:
Do
21 de decembro sobre retroactividade das cláusulas chan declaradas
abusivas.
Do
do 26 de xaneiro sobre abuso da cláusula de rescisión anticipada do
contrato hipotecario e reclamación da débeda total pendente.
Tamén
estudaremos os resultados que poida carrexar o Real Decreto Lei
1/2017 do 20 de xaneiro que promulgado polo goberno pretende
entremediar entre os consumidores e as entidade financeiras na
reclamación das cláusulas chan, o noso xeito de velo en favor das
entidades.
Cada
vez que o TXUE se pronuncia a lexislación hipotecaria do Estado
español queda en evidencia e con ela o Partido Popular. Cada vez que
se ve cuestionado polo TEXUE, no canto de facer unha profunda reforma
da lei hipotecaria adapatandoa a xurisprudecncia europea, posiciónase
lexislando a favor das entidades financeiras. Pódese ver no recente
R.D 1/2017. O Partido Popular que o Promulga e Ciudadanos e o PSOE
que o asinan, fan unha autentica declaración de intencións xa no
articulo primeiro:
articulo
1. Objeto:
El
presente real decreto-ley tiene como objeto el establecimiento de
medidas que faciliten la devolución de "las cantidades
indebidamente satisfechas por el consumidor" a las entidades
de crédito en aplicación de determinadas cláusulas suelo
contenidas en contratos de préstamo o crédito garantizados con
hipoteca inmobilias.
Redactan:
" las cantidades indebidamente satisfechas por elconsumior".
Recae diste xeito a calificación do mal feito sobre o consumidor.
(Sutil).
Parece
razoable que a redación fora a seguinte: "las cantidades
indebidamente cobradas por las entidades financieras"
Tamén
No articulo 4 “ costas procesales” :
Tampouco
parecen defender o a o consumidor e deciden que si unha cláusula foi
declarada abusiva e non estas conforme coa cantidade que propón
devolver a Banca e a reclamas xudicialmente. O Pp que o promulga e
ciudadanos e PSOE que o asinan parécelles xusto que as costas
procesais corran a cargo do consumidor si o xuíz ofrece unha
cantidade igual ou inferior a proposta de devolución feita polo
banco. O razoable sería que as pague quen incluíu no contrato, de
forma opaca, esa cláusula abusiva.
O
longo distes anos a PAH e os Colectivos Stopdesafiuzamentos vimos
loitando polo dereito a vivenda recoñecido no artigo 47 da C.E entre
os dereitos fundamentais. Reforzando a propia C.E o carácter
fundamental diste dereito no articulo 10.2. Determinando a forma de
interpretar iste articulo conforme a Declaración Universal de
Dereitos Humanos e os tratados e acordos, na mesma materia,
ratificados polo Estado Español .
Esta
loita vímola dando no plano Social, xudicial e político. O Partido
Popular en ningunha ocasión amosou interés por un dialogo razoable
coa PAH. Polo contrario dende o primeiro momento rechazou a inciativa
lexislativa popular avalada con 1.500.000 sinaturas presentada no
congreso en 2012. Tachou a PAH de terroristas, recorreu e forzou a
suspensión de 5 leis autonómicas por unha vivenda digna e contra a
pobreza enerxética.
Mentres
isto sucedía a PAH recibiu premios na unión Europea pola súa labor
social e o TXUE deunos sistematicamente a razón en pronunciamentos
e na resolución de cuestións plantexadas por tribunais españois.
Istes pronunciamentos do TXUE evidencian dun xeito claro o abuso e
a inxustiza da Lexislación Hipotecaria Española da cal se
aproveitaron bancos e construtoras para ESPECULAR Vulnerando a
prohibición expresa feita no artigo 47da C.E contra a especulación.
O goberno do partido Popular e os partidos que o sosteñen Ciudadanos
e PSOE son cómplices desta situación que evidencia unha vulneración
do estado de dereito e a devilidade do mesmo.
O
TXUE volve dar a razón á PAH: abre a porta para esixir a nulidade
de todos os procedementos de execución hipotecaria e os
desafiuzamentos desde 1995.
A
sentenza emitida o 26 de xaneiro polo Tribunal de Xustiza da Unión
Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que
levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos
diferentes gobernos. Non é unha sentenza máis a pesar de que, xunto
coas 7 anteriores, dita que a normativa hipotecaria española é
anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993
que o Estado tiña que adaptar antes do 31 de decembro de 1994.
A
PAH E os Colectivos Stop Desafiuzamentos seguiremos loitando nas
rúas, nos xulgados e no terreo político ata conseguir rematar con
unha lei Hipotecaria abusiva e Inxusta e ata que se fagan efectivas
as 5 demandas de mínimos da PAH:
1.
DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA.
2.
ALUGUER ALCANZABLE.
3.
STOP DESAFIUZAMENTOS.
4.
VIVENDA SOCIAL.
5.
SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS.