Amosando publicacións coa etiqueta Xuntanza Galega PAH-STOP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xuntanza Galega PAH-STOP. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de setembro de 2013

Xuntanza plataformas galegas STOP-PAH o Sábado 28/09

O pasado Sábado 28 de Setembro achegáronse a Compostela dúas persoas colaboradoras da plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense, para asistir a unha xuntanza de todas as plataformas galegas de STOP-PAH, para a posta en común do traballao realizado e o analise dun futuro inmediato.

A continuación os deixamos a acta de dita reunión, remitida polas compañeiras de Ferrol:

 
A finais do mes de Xullo, tiña lugar en Vigo, unha xuntanza de coordinación das PAHs e Stops galegas, co obxectivo da posta en común das loitas locais contra os lanzamentos e despexos das vivendas habituais; compartir información e coñecementos; coordinar as mobilizacións; e entre outras cousas, desenvolver relacións solidarias e de apoio mutuo. Un dos temas tratados foi a promoción dunha ILP Galega para a súa tramitación e aprobación polo Parlamento de Galicia.

As razóns nas que se fundamentaba a elaboración da proposición de Lei, en forma de iniciativa lexislativa popular -ILP, serían, en primeiro lugar, a de contribuír a garantir en Galiza o dereito a dunha vivenda digna e adecuada; en segundo lugar, a de fomentar a accesibilidade universal a unha vivenda e implantar as medidas que permitan encher de contido ese dereito, e en terceiro e último lugar, ademais da paralización de todos os desafiuzamentos e lanzamentos de vivenda habitual, a proposición Lei pretendería abordar diversos aspectos do seu réxime legal, e tamén medidas para favorecer a aplicación efectiva da dación en pagamento e o impulso dunha Lei galega de Vivenda que favoreza o uso das vivendas baleiras e deshabitadas.

Ademais pensa-se que os poderes públicos galegos deberían subordinar calquera actuación en materia de vivenda aos seguintes criterios:
  • Permitir o goce pola cidadanía galega dunha vivenda digna, adecuada e accesible.
  • Facilitar unha oferta de vivenda adecuada ás necesidades reais da poboación galega.
  • Mellorar a calidade das vivendas e da súa contorna.
  • Alcanzar unha oferta de vivendas habitables, suficiente desde o punto de vista cuantitativo, territorial e tipoloxicamente equilibrado e que preste especial atención aos colectivos en situación ou risco de exclusión social.
  • Favorecer a conservación, rehabilitación, reforma ou renovación do parque inmobiliario residencial existente.
  • Mellorar a integración da edificación no medio natural.
O compañeiro Oscar Lómbao, de Vigo, foi o relator da proposta de ILP e do proxecto de modelo de Lei Galega da Vivenda. Documentos que no seu momento difundimos entre as compañeiras e compañeiros, para que a leran, e no seu caso estudaran e fixeran propostas de modificación ou contribucións aos mesmos.

Posteriormente fomos convocados desde a PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño, a unha reunión de traballo que tivo lugar o pasado Sábado, 28 de Setembro, en Compostela ás 11:30h, no inicio da rolda de contactos coas diferentes organizacións políticas, sindicais e sociais para recoller apoios e opinións de cara a presentación da ILP Galega, nesta reunión que mantivemos entre represetantes das diferentes PAHs e STOPs da Galiza, con membros de ANOVA, Manu Santos, Xiana López e Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerdas -AGE, no Parlamento Galego, lugar onde tivo lugar a xuntanza de traballo, esta reunión foi a porta pechada e sen publicitación, nin medios de comunicación. Foi unha toma de contacto que se repetirá con outras organizacións, como antes comentábamos.

A reunión celebrou-se como estaba previsto, na que participaron, ademais, das persoas de ANOVA que antes mencionamos, compañeiros e compañeiras de diferentes plataformas: Hector Tejón de Stop-Desafiuzamentos d'A Coruña; Carlota Pérez, Oscar Lombao e Fran Riveiro, da PAH de Vigo - Tui - Baixo Miño; Gonzalo da PAH de Pontevedra; Catarina da PAH do Morrazo; Mariano Ibáñez de Stop-Desafiuzamentos d'O Salnés; Dani Conde e Roberto Pereira de Stop-Desafiuzamentos, Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda e Plataforma pola Banca Pública; e por último estivemos Luís Matalobos e Inácio Martinez pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Desculparon a súa non asistencia as compañeiras e compañeiros de Stops-Desafiuzamentos da Barbanza e de Lugo. As compañeiras e compañeiras de Stop-Desafiuzamentos de Compostela decidiron non participar neste grupo de traballo.

Ao noso entender a xuntanza foi moi frutífera, non só pola importancia de coñecer-nos e saber do traballo que se realiza nas diferentes localidades. Senón pola propia explicación que cada persoa deu sobre a importancia da ILP e unha Lei Galega da Vivenda que poña por encima a función social da vivenda sobre a propiedade da mesma. Todas as persoas presentes participaron no debate e desenvolveron a proposta. Expuxo-se-lles á representación política os nosos obxectivos que xa mencionamos con antelación. Conscientes todo o mundo de que na Galiza goberna o Partido Popular -PP, na Xunta de Galicia e que no Parlamento Galego, teñen maioría absoluta. Cousa que non sucede no Parlamento Andaluz, onde acaban de aprobar, o pasado mércores, 25 de Setembro, unha Lei sobre a función social da vivenda en Andalucía coas achegas das PAHs, que contempla a expropiación da cesión de uso de vivenda en casos de desafiuzamentos. Xosé Manuel Beiras, propuxo-nos, unha estratexia que implicaba unha acción ofensiva desde diferentes puntos de intervención e un apoio ás nosas demandas e proposicións. Comprometeu-se ao apoio e ao estudo da ILP e do borrador de Modelo de Lei Galega da Vivenda proposto. Falou, Beiras, de solicitar na iniciativa que o Parlamento Galego asuma a petición da modificación lexislativa da normativa española. Rematada a xuntanza, entre diferentes plataformas intercambia-mo-nos información e contactos. Quedando de ver-nos noutra xuntanza de coordinación que se celebrará proximamente.

xoves, 1 de agosto de 2013

Xuntanza das PAH-STOP Galegas - Xullo 2013


No mes de xullo de 2013 xuntámomonos toda-las PAH-STOP Galegas coa intención de coordinarnos e darnos apoio cando for preciso.

Nesta xuntanza acordamos redactar un proxecto de lei galega da vivenda que presentaremos en breve no parlamento.

Para esto comezaremos en breve cunha ILP para poder sacar adiante esta lei, para o que precisaremos de moito apoio, pois debemos recadar 15.000 sinaturas en todo o territorio galego.

Somos conscientes de que é casi seguro que a ninguneará o rodillo soberbio do PP, do presunto narcopresidente Feijoo, pero consideramos que cando menos axudará a manter vivo o problema da vivenda como un ben básico e fundamental.