COMUNICADO DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA SOBRE O BONO ALUGUEIRO
O pasado martes o Consello de Ministros dió luz verde ao "bono Joven"
(enlace B.O.E) https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-802
Dende a plataforma de Afectados pola Hipoteca valoramos que a concesión de axudas a un sector da poboación como son os/ as novos que xa teñen dificultades enormes en acceder a unha vivenda non soluciona o problema de raíz e é pouco efectiva.
O elevado prezo do alugueiro e os baixos soldos das mozas fai que, segundo o estudo “Novos inquilinas e dereito á vivenda 2020” , un 40’7% das mozas inquilinas sentan angustiadas, un 16’3% deixase os estudos e un 13% reducise o consumo de alimentos básicos para poder pagar os actuais prezos de alugueiros.
E a taxa de emancipación sitúase en valores máis baixos da década nun 20,9%. Está claro que unha axuda de 250€ non solucionará o problema de acceso.
É por iso que desde a PAH instamos a que o Goberno do Estado, de PSOE e Unidas Podemos, inclúa na Lei de Vivenda medidas que si van na liña de posibilitar o acceso a unha vivenda digna e adecuada á poboación con máis dificultades e a que está máis privada dun ben de primeira necesidade como é un fogar.
Para iso esiximos regular os prezos dos alugueiros para facelos máis alcanzables, ampliar o parque de vivenda públicainexistente das nosas cidades e poñer en marcha políticas públicas que esixan máis mobilización do parque.
Cremos que para ampliar o parque de vivenda temos varias ferramentas que non se están utilizando e que poñerían a disposición inmediata vivenda alcanzable sen esperar á construción de VPO, como é a cesión directa da vivenda baleira de bancos e fondos de investimento que (lembramos foron rescatados con diñeiro público sen ningunha contraprestación a cambio), a compra directa mediante tenteo e retracto, a expropiación, etc..
Desde a PAH esiximos xustiza e que devolvan en forma de pisos o rescate bancario, xa vai sendo hora que se esixa responsabilidades aos culpables da crise inmobiliaria e do millón moi longo de desafiuzamentos executados durante estes 15 anos.
Ademais, analizando a medida, realmente a axuda de 250€ a mozas está limitada a pisos de menos de 600 euros, cando na maioría de cidades os alugueiros están en torno de 800 e 1000€, así que a medida non seria efectiva, sen contar que é un aliciente para subir os prezos dos alugueiros, como xa manifestaron mesmo algúns portais inmobiliarios.
Este tipo de axudas, sen control de prezos, son moito máis axudas dirixidas aos petos dos propietarios, que non ven forzados a baixar prezos, e que adoitan terminar provocando un maior incremento destes.
Pensamos que os 200 millóns destinados a esta medida, terían un efecto moito máis positivo utilizándoos para a adquisición de vivendas para Parque Público, cuxa irrupción no mercado, si tería efectos positivos nos prezos aumentando a oferta.
Tamén é imprescindible o establecemento dun imposto estatal , que grave a vivenda inxustificadamente baleira e en propiedade de grandes posuidores, destinando o recadado a incrementando o Parque Público ata alcanzar cifras homologables ás dos países máis avanzados da UE, cuxa media supera o 20% do total de vivenda dispoñible.
A ese Parque, habería que incorporar desde xa, a totalidade de vivendas dispoñible en mans da SAREB, ademais de acabar a construción dos edificios inacabados.
En resumo, unha medida sen sentido, ineficiente e que non resolve o problema.
Claramente vemos como o Goberno de PSOE e Unidas Podemos, dan longas e non se atreven a afrontar a situación de emerxencia habitacional cronificada que levamos anos vivindo nas nosas carnes, demóstrano con estes medidas parches ,así como cunha Lei vivenda descafeinada que non garante o dereito á mesma.
Pedímoslles que rectifiquen e que inclúan, na Lei de vivenda, medidas para dar solucións aos desafiuzamentos, ás débedas para sempre e a conseguir alugueiros sociais para aquelas máis vulnerables esixindo aos bancos e fondos responsabilidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario