domingo, 10 de outubro de 2021
A futura Lei de vivenda ten que garantir que este dereito nunca máis será esmagado
O
pasado martes facíase público que no Consello de Ministros se alcanzou
un acordo en materia de vivenda entre os socios do Goberno de PSOE e UP.
Valoracións da PAH sobre o acordo de Goberno de PSOE e Unidas Podemos sobre a Lei de Vivenda
Desde
a PAH, á espera de poder analizar en profundidade a totalidade do
acordo asinado, explicitamos que a futura Lei de vivenda debería
contemplar as medidas estruturais e de urxencia contidas na Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada que rexistramos o pasado xoves
No
entanto, sobre as medidas coñecidas en materia de desafiuzamentos,
lamentamos que non se incluíron ningunha das recomendacións que
sistematicamente vén reiterando o Comité DESC da ONU nas súas repetidas condenas a España por vulneración do Dereito á Vivenda,
xa que nin se inclúe o xuízo de proporcionalidade previo a un
desafiuzamento, nin se prohiben os desafiuzamentos de familias
vulnerábeis sen alternativa residencial. Tampouco se inclúe a obrigación
a grandes tenedores de ofrecer alugueiro social a familias vulnerábeis
antes de proceder a un desafiuzamento.
En relación ao control de
alugueiros, non se garante a súa aplicabilidade ao conxunto do Estado,
como permite o artº 149.1 da CE.
Pese a todo, o Goberno dispón dunha Lei xa rexistrada no Congreso: A Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada,
que debería servir de plataforma sobre a que traballar no trámite
parlamentario, e que conta co referendo de máis de 150 organizacións de
carácter social, sindical de pensionistas, de mozos, de consumidores,
entre moitas máis, e que é espello do que a cidadanía ansía para
afrontar o endémico problema de vivenda e a permanente situación de
emerxencia residencial que sufrimos neste país.
A medida que se
van coñecendo máis detalles podemos empezar a valorar o acordo, que
dista moito de ser unha Lei estrutural que garanta o dereito á vivenda.
O
Estado necesita, si quere ser estado avanzado, un punto de inflexión
que se converta nunha mensaxe clara á poboación de que este dereito está
realmente garantido para toda a cidadanía e non será nunca máis
esmagado. Coa lei que presenta o goberno continuaranse violando os
Dereitos Humanos ao continuar os desafiuzamentos de persoas vulnerábeis
sen alternativa residencial e non ofrecerá solución real algunha para os
máis de 79.000 desafiuzamentos que están por vir cando decaian as
medidas excepcionais este 31 de Outubro. Tampouco soluciona as
débedas para sempre que miles de familias teñen por non poder pagar a
súa hipoteca, nin tan só soluciona a baixada de prezos nos alugueiros,
nin responsabiliza aos bancos e fondos voitres rescatados con diñeiro
público a que poñan as vivendas a disposición da cidadanía.
Temos unha mensaxe clara e alta para o presidente Pedro Sánchez e os seus socios de Goberno, Yolanda Díaz: Existe
un clamor cidadán a lexislar dunha vez por todas medidas que freen a
emerxencia residencial e poñan os cimentos para garantir o dereito á
vivenda de toda cidadanía, traballen niso.
Fonte: PAH | 08.10.2021
✅ Boletín Oficial das Cortes Xerais (Congreso dos Deputados) Nº192-1. | 08.10.2021 | Proposición de Lei de Garantía do Dereito á Vivenda Digna e Adecuada. | Acceder/Baixar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario