venres, 14 de novembro de 2014


MÁIS DE 26.500 FAMILIAS PERDERON A SÚA CASA NOS SEIS PRIMEIROS MESES DE 2014
 
A dura realidade de precariedade e paro que viven as familias pola crise en España fixo que no primeiro semestre de 2014 máis de 26.500 fogares se visen obrigados a entregar a súa vivenda á banca ante a incapacidade para atender os pagamentos das hipotecas. En concreto, entre xaneiro e xuño producíronse 26.549 entregas de casa, un 24,4% menos que un ano antes (35.000 vivendas), segundo os últimos datos do Banco de España publicados este xoves.

Segundo estes datos, dúas terceiras partes das vivendas entregadas eran o domicilio habitual, isto é 19.565 propiedades, mentres que as 6.984 restantes eran outro tipo de vivendas, por exemplo, segundas residencias.

O groso das entregas de vivenda produciuse por decisión xudicial pois houbo 17.472 desafiuzamentos (un 65,8% dos casos), pero tamén tras chegar a un acordo co banco para entregala, o que sucedeu en 9.077 ocasións. Destas, 7.207 delas foron dacións en pagamento (entrega a cambio de cancela



https://stopdesahuciostbm.files.wordpress.com/2014/11/img_4151.jpg 

Estatísticas do Banco de España e do INE

Datos da situación hipotecaria
Banco de España. Xaneiro-Xuño (2013-2014)

O Banco de España publicou por primeira vez en maio de 2013 datos relativos a procedementos xudiciais hipotecarios respecto a vivendas baseándose nunha enquisa a un conxunto representativo de entidades, se ben manifestou que ía solicitar regularmente esta información a todas as entidades cada seis meses. Deste modo pasou a publicar os datos de todas as entidades procedentes dun requirimento mediante circular, aínda que engade que dende entón, non obstante, se produciron avances notables na dispoñibilidade de información pública sobre execucións hipotecarias.

En especial, recorda, o pasado 30 de xuño de 2014 o INE publicou os primeiros resultados da súa nova estatística sobre execucións hipotecarias, unha información que terá unha frecuencia trimestral e máis pormenorizada, pois por exemplo ofrecerá datos analizados por comunidades autónomas. Tendo en conta a publicación desta nova estatística de execucións hipotecarias por parte do INE, o Banco de España recoñece que estuda a conveniencia de cesar na elaboración da súa propia estatística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario