¡¡¡ CENSURA DE MANUAL !!! OS MEDIOS PÚBLICOS O SERVIZO DE GOBERNOS CORRUPpTOS E DESALMADOS.
http://www.crtvg.es/informativos/unha-muller-sen-recursos-solicita-unha-vivenda-a-administracion-933837#.VG0K52FahaM.twitter
A realidade e a que se expón, durante a entrevista que me fan, onde
explico o xeito de actuar da delegada de vivenda cortase descaradamente
para que non se saque o aire a mala fe da administración para buscar arranxo a casos como de Fina.
Esta gravación fíxose a semana pasada e tivo que pasar os pertinentes
filtros de censura para chegar os medios cortada a petición do xefe de
Informativos seguramente o mando directo do político de quenda, tarde e
mal.
Logo saen diante dos concellos, cada vez que agriden a
unha muller, contra a violencia de xénero. É todo unha montaxe Kafkiana,
todo fumo, non lles importan as persoas, nin o sufrimento que poidan
pasar.
A realidade de Fina e que ten 3 fillas unha de 14 anos
con unha minusvalía dun 38% e con varios ingresos nos últimos días, con
crises nerviosas, outra filla de 12 e un fillo de 5 anos.
Percibe
300 euros por as 3 crianzas e os 426 da axuda por violencia de xenero,
que deixará de percibir en xaneiro, por cesar a situación de violencia.A
única familia coa que pode contar Fina e o seu pai e os recursos dos
que dispón precisaos para pagar a residencia onde vive.
O día
que nos concentramos diante da Delegación de Vivenda, na entrevista coa
Delegada, acompañounos 1 polícía, outros 7 estaban na porta, esta señora
repetía " no hai recursos " " esto es lo que ofrece el sistema " EN
PLENA BACANAL das TARXETAS NEGRAS " de Bakia e logo de regalarlle
9.000.000 millóns de € a ABANCA.
Fina demandou vivenda no mes
de xuño, mes no que se abre o expediente de solicitude.No transcurso
diste tempo non lle conceden vivenda, e agora obrigana a facer outra
solicitude , cando xa cesa a situación de vilolencia. A delgada dille
que volte a denunciar, na fiscalía, para que conste a situación de
violencia; esto pode ser ata delito. Fina negase a voltar a denunciar a
súa exparella, como é lóxico esa situación cesou e il pagou a pena que
lle foi imposta e sería unha denunicia falsa.
Ofrecenlle unha vivenda en Bande desarraigandoa da cidade onde vive e onde ten as fillas escolarizadas.
Con claridade se ve que non hai vontade de proporcionarlle vivenda esta muller, de habela xa estaría nela.
Lembrar que en Galiza hai 300.000 vivendas valeiras, delas en torno a
20.000 estan en Ourense. O presidente da xunta ofrezeu 500 vivendas
sociais, onde están ?.
Mentras os recursos públicos van destiñados a
sanear os valences dos bancos mentendo os productos tóxicos ( vivenda
non vendida ) non Banco Malo SAREB...https://www.sareb.es/es-es/Paginas/web-Sareb.aspx para aguantar os prezos e seguir a facer negocio.
E temos que soportar que recentemente ABANCA ofertara 1 vienda e a
segunda podíase mercar a mitade de prezo ou si mercabas 2 regalaban a
3ª.+ -( ESTO É O OMITIDO NA ENTREVISTA ).
STOPDESAFIUZAMENTOS-OURENSE demanda unha vivenda digna e estable a un
custo que non supere un terzo dos ingresos que Fina teña en cada momento
e que lle proporcione a estabilidade necesaria para criar a súa
familia.
¡ SI HAI RECURSOS SEÑORA DELEGADA E SEÑOR PRESIDENTE DA XUNTA !
¡ TEÑENOS A PANDILLA DE CHOURIZOS LADRÓNS QUE VEÑEN EXPPOLIANDO O DIÑEIRO PÚBLICO O LONGO DE ANOS !.
Non teñen vontade de proporcionarlle esa casa pero Fina non está sola e loitaremos ata que a consiga.
Roberto nonquebra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario