mércores, 8 de xuño de 2016




¡Do dereito a vivenda o xenético neoliberalismo caciquil do pp a prensa e o mercado do voto !


Como xa é coñecido por todas, tanto as que o criticamos, como a procesión dos caladiños que, supoño cheos de medo, maliciosa ignorancia, ou nunha enferma e cómplice conformidade, permiten que lles rouben o pan mentres apañan unhas migallas.

O partido Popular cando o caladoiro de votos estaba no rural sacaba as cubas de cemento e “Carreta para riba carreta para abaixo cemento farola e o voto debaixo”.

Parece que agora van a comerciar coas necesidades básicas dos máis desprotexidos. Isto podería parecer un desprezo pero vexamos por que o digo:

Estes días saen na prensa, en especial na de Ourense, Concello amigo gobernado polo parido popular , prensa amiga, ou non suficientemente informada e crítica.

“O Concello de Ourense o primeiro en sumarse o programa de vivendas baleiras”

O estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 27.3 di que corresponde a Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de vivenda de Ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda. Parece que dende o 2008 o partido popular non soubo que garantir unha vivenda digna era competencia da Xunta.

Atravesamos unha situación crítica dende o ano 2008 que estourou a burbulla inmobiliaria inflada 10 anos antes pola reforma da lei do solo feita por José María Aznar sendo ministro de economía Rodrigo Rato e Gobernador do Banco de España, o regulador, Jaime Caruana La Corte “España va bien” Dicían. Chámolle “situación crítica” en non crise pois esta situación foi consecuencia dunha gran estafa que permitiu o enriquecemento desmesurado dunha elite corrupta.

Pero voltemos a cidade de Ourense que é o que nos atinxe aínda que o partido popular leva gobernando Galiza os últimos 8 anos, período no que transcurre esta “situación crítica”.

Dende que o colectivo Stop-desfiuzamentos Ourense naceu, no ano 2011, permitiunos ver e afondar no xeito de actuar “Kafkiano” das institucións dirixidas polo Partido Popular como o I.G.V.S. (Instituto Galego de Vivenda e Solo) con familias con menores, con enfermos ou mulleres vítimas de violencia machista.

No ano 2013 creouse no Concello, a proposta de Stop-Desafiuzamentos, por unanimidade das formacións políticas con representación plenaria a creación dunha “ Comisión Técnica de seguimento dos desafiuzamentos” composta por representantes de varias institucións e organizacións como o Colexio de Avogados de Ourense, Stop-Desafiuzamentos, un representante do do Goberno Municipal un da Xunta de Galicia etc etc. O interese do Partido Popular por estas familias quedou patente coa súa ausencia a primeira reunión desta comisión. O PSOE tampouco amosou interese especial no funcionamento da mesma, pero a súa actitude estivo moi lonxe do desprezo que fixo o partido popular. A falta de interese levou o fracaso do funcionamento desta Comisión.

En varias ocasións o longo distes anos fomos a delegación de vivenda da Xunta de Galicia a demandar alugueres sociais tanto para familias procedentes de despexos bancarios coma despexos por impago de aluguer. Sempre se nos alegou mesmo: falta de recursos e que non había vivenda protexida na cidade.

Resulta indignante a argumentación da delegada Territorial de Vivenda da Xunta de Galicia en Ourense.

Os recursos de todas espoliáronse destinando 200.000 millóns de € o rescate bancario no conxunto do estado español. En Galiza coa complicidade do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, regalámoslle 9000.000 millóns de € a ABANCA para sanear as Caixas de Aforro e convertelas nun apetecible banco privado que, agora si, da 1.200 millóns de€ de beneficio no ano 2015.

Non se lle pediu ningunha contra-prestación social por este rescate. Todo o contrario reparten dividendos sin complexos, mentres moitas familias malviven o límite.

Como a contas non lles cadraban saquearon o fondo de pensións, que garantiza o cobro das mesmas no futuro, feito con aportacións de todas, retirando 30.000 millóns de € dos 66.000 millóns que chegou a ter no 2011.

Destinan cada ano 36.000millóns de € o pago dos intereses dunha débeda privada convertida en pública, polo tanto ilexítima, sin auditala para que non se saiba quén son os responsables da suposta quebra económica.

Permiten que fondos voitres merquen vivenda de proteccións social a prezos de saldo mentres lle negan esa oportunidade as familias que están a vivir nelas. Sosteñen cun artificio finaceiro o prezo da vivenda co Banco Malo a SAREB (Sociedade de Xestión de Activos Para a reestruturación Bancaria) abalando negocios privados, con rendibilidades de ata o 15%, con diñeiro público mentres familias son despexadas ante a mirada pasiva dos gobernos de Rajoi e Feijoo.

Durante a “situación crítica”, tristemente, os suicidios convertéronse na 1ª causa de morte traumática, por diante dos accidentes de coche, estratexicamente silenciadas, as causas dos mesmos, nas estadísticas.

Pero voltemos a afondar na entraña do sistema neocaciquil que dirixe o pp. Recentemente, no mes de marzo do presente ano, pediunos axuda unha muller vítima de violencia machista con un neno con autismo con nivel III de dependencia. Acudía a Stop-Desafiuzamentos enviada dende Cruz Roxa que non podía axudarlle. Isto resulta incrible si temos en conta que as ONG privadas recibiron o pasado ano 17.000 millóns de € en axudas públicas.

Esta muller residía no Concello de San Cibrao das Viñas, gobernado polo pp, dende o momento da separación. Co coñecemento da traballadora social diste concello levaba dende o mes de novembro de 2015 sin ingresos, por esquecerlle selar a RAI no INEM no mes de Outubro. Véndose obrigada a deixar de pagar o aluguer do piso onde vivía durante este tempo.

Démoslle traslado por escrito e procuramos encontros personales tanto o alcalde de San Cibrao das Viñas como a Delegada Territorial do IGVS. O primeiro alegou que coñecía o caso pero non podía facer nada e a Delegada Alegou falta de recursos pero que miraría que se podía facer. Hai que lembrar que a cidade de Ourense ten 15.000 vivendas baleiras moitas delas pertencen a entidades financeiras rescatadas con diñeiro público... e non hai recursos.

Logo de dalo a coñecer os medios e de varias concentracións de protesta no IGVS, vendo a violencia institucional que estaba padecendo esta muller fixémonos cargo da súa situación. Durante estes tres meses tivo que mudar en tres ocasións de vivenda cos problemas de inestabilidade emocional para a súa crianza que trae outros problemas como os da escolarización. O colectivo fíxose cargo mentres non recuperou a RAI de parte dos gastos desta familia. Non tiña dereito a axudas de emerxencia por o levar 3 meses censada en Ourense. Cambiou o censo pois, a traballadora de San Cibrao estaba de baixa, precisaba un informe urxente para solicitar vivenda social. Finalmente asígnaselle unha vivenda social o día 5 de maio nas seguintes condicións:

-Ten que facerse cargo do pago do imposto de actos xurídicos documentados para asinar o contrato.
- Pago do I.B.I (Imposto de Bens Inmobles) o primeiro ano corre a conta do IGVS, alta de suministro de gas, alta de suministro de electricidade, alta de suministro de auga.
-Mercar Frigorífico, lavadora, Facer unha instalación de Antena de T.V pois non ten antena colectiva.

Pois a día de hoxe aínda non fomos capaces de conseguir dar de alta os suministros por falta de eficacia e eficiencia do IGVS. Había débedas de inquilinos anteriores non tiñan a dirección correcta, non coincidía coa referencia catastral etc etc. Esta é a violenta realidade institucional con unha muller vítima de violencia machista.

O longo da “ situación crítica” a PAH e STOP-DESAFIUZAMENTOS promovemos leis autonómicas pola vivenda digna e contra a pobreza enerxética , no ano 2013 en Galiza, Andalucía en Navarra, no ano 2015, no País Vasco e Cataluña, esta última coa agravante dun Goberno en funcións. Todas recurridas o Tribunal Constitucional polo Partido Popular, sempre posicionado na defensa dos intereses da Banca e das grandes empresas subministradoras, para aumentar os seus beneficios.

Un partido Popular relaxado ante a corrupción e rigoroso coas familias. Amordazando, con leis de seguridade cidadá, os que lles aireamos os seus sucios negocios e corruptelas.

Estamos ante dous procesos electorais case seguidos e o PP pon a funcionar as imprentas amigas moitas subvencionadas con diñeiro público para dar unha imaxe de grandes xestores que non tiveron ren que ver coa “situación crítica”.

Anunciando que:

“O Concello e Ourense é o primeiro en sumarse o programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia”.

¡Tarde píache!..O dereito a vivenda hai que garantilo día día non, cada 4 anos, cando hai que sumar votos.

1.500.000 sinaturas apoiando a ILP pola dación en Pago e polo aluguer social, desprezada pola maioría absolutista do Partido Popular en 2012. Leis autonómicas suspendidas por iniciativa do Partido Popular. Máis de 700.000 execucións hipotecarias e multitude de suicidios.
E 4 anos despois a prensa anuncia que o pp vai tomar iniciativas contra os os desafiuzamentos, nos sabemos que é propaganda electoral.

A PAH e o colectivo STOP-DESAFIUZAMENTOS seguiremos a demandar as formacións políticas, en campaña electoral e día a día o lado das familias un compromiso formal para o cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda dígna e das 5 da PAH:
- Dación en pago Retroactiva.
- Alugueres asequibles.
- Stop Desafiuzamentos.
- Vivenda Social suficiente.
- Suministros básicos garantidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario