Deixamos os dous textos os que se deu lectura no 5º aniversario do 15M, no primeiro faise un repaso a loita da PAH e o Colectivo STOP-DESAFIUZAMENTOS dende o nacemento no ano 2009. No segundo texto que vai de seguido a iste, exponse o caso real dunha compañeira vítima de violencia machista. Iste segundo texto parecíanos a maneira máis axeitada de visualizar a hipocrisía e o desleixo institucional na procura do cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda digna, recollido no artigo 47 da C.E.
TEXTO STOP-DESAFIUZAMENTOS ANIVERSARIO 15M 2016
O artigo 25 da Declaración Universal de Dereitos Humanos establece
que “toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle
asegure así como a súa familia a saúde e benestar, en especial a
alimentación, o vestido, a vivenda, asistencia médica e os servizos
sociais necesarios”.
O artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e
Culturais, do cal o estado español e asinante, recoñece o dereito
de toda persoa a un nivel de vida axeitado para si mesmo e a súa
familia, alimentación, vestido e vivenda adecuadas, e unha mellora
continua das condicións de existencia.
O artigo 47 da Constitución Española, no capitulo dos dereitos e
deberes fundamentais, establece que todos os españois teñen dereito
a unha vivenda digna. Os poderes públicos promoverán as condicións
necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo
este dereito, regulando a utilización do solo da cordo co interese
xeral, para impedir a especulación. A comunidade participara das
plusvalías que xenere a acción urbanística.
O artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, di que
corresponde a comunidade autónoma galega, a competencia exclusiva en
materia de vivenda.
POR ISTO A P.A.H. (PLATAFORMA AFECTADOS POLA HIPOTECA) E STOP
DESAFIUZAMENTOS RECLAMAN COMO UN DEREITO FUNDAMENTAL A VIVENDA DIGNA
PARA TODAS.
O Dereito a unha vivenda digna, debe transcender polo tanto, o
significado material e o concepto do mercado do mesmo. Sen unha
vivenda estable e axeitada dificilmente se poden desenrolar outros
aspectos fundamentais da condición humana.
Dende a reforma da lei do chan promovida por José María Aznar, en
1998, vulnerando o artigo 47 da Constitución Española,
des-regulariza o uso do chan, quedando a dispor do mercado e as súas
reglas, hoxe coñecidas por todas.
A falla dunha mínima intervención do estado, deu como resultado
unha burbulla, de especulación inmobiliaria apoiada en autenticas
tramas políticas corruptas, tendo como consecuencia o “suposto
fallo do sistema financeiro”, que era imprescindible nesta trama.
En outubro do 2008, estoura esta burbulla inmobiliaria, como
resultado 600.000 familias son desafiuzadas, moitas delas quedan con
débedas e sufrimento de por vida, e trae como consecuencia
incontables suicidios que intencionadamente non forman parte das
estadísticas.
O partido socialista e o partido popular, no canto de reaccionar
axudando as familias reforman o artigo 135 da Constitución e
prioriza o rescate bancario.
Destinan 200.000 millóns de euros o pago diste rescate sin esixir
ningunha responsabilidade pola quebra do mesmo.
Nun artificio ilexítimo e sin previa auditoría, converten débeda
privada en débeda pública alcanzando esta o 100% do P.I.B. pola que
nos vemos obrigados a pagar 36.000 millóns de euros de intereses
cada ano. Isto supón recortes a servizos sociais, sanidade,
dependencia, educación etc.
Na actualidade seguen a especular coa SAREB (Sociedade de xestión de
Activos para a Reestruturación Bancaria), avalando con diñeiro
público negocios privados de fondos voitres, mentres moitas familias
sofren, e persoas se suicidan co silencio cómplice das estadísticas.
Ante os abusos da banca e desprotexidos polas institucións, a P.A.H.
nace en Barcelona, no ano 2009. Coincidindo co 15M rapidamente se
extende ata crearse 206 asambleas anti-desafiuzamentos en todo o
estado.
O longo diste tempo, presentamos a ILP contra os desafiuzamentos e
pola dación en pago, avalada con 1.500.000 sinaturas, que foi
rexeitada con “maioría absolutista” do Partido Popular no
Congreso. Fixemos escraches, dándolle a coñecer a nosa demanda os
deputados que non querían escoitarnos. Tratáronnos como terroristas
e multáronnos. Finalmente para amedrentarnos e desmobilizarnos
crearon a lei de seguridade cidadán (Lei Mordaza). Unha lei
antidemocrática e represora, como lle fixo saber a O.N.U. e o
Consello de Europa, o goberno do Partido Popular. Esta lei non
impediu que sigamos a mobilizarnos.
Demos traslado a todos os Xuíces Decanos do estado da xurisprudencia
europea do T.J.U.E., que contradi a lexislación española.
A falla de recursos económicos, non só impide o acceso a vivenda,
tamén esta ligada a pobreza enerxética e nos casos de violencia
machista agrávanse estes problemas. Así promovemos leis autonómicas
pola vivenda digna e contra a pobreza enerxética, no ano 2013 en
Galiza, Andalucía e Navarra, no ano 2015, no Pais Vasco e Cataluña,
esta última co agravante de recurrila cun Goberno en funcións.
Todas elas suspendidas no tribunal constitucional polo Partido
Popular. Sempre posicionado na defensa dos intereses da banca e das
grandes empresas subministradoras, para aumentar os seus beneficios
mentres deixan a milleiros de familias a súa sorte.
STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE, nace a finais do 2011, nas asembleas do
15M. Dende esta data axudamos a 100 familias con diferentes
problemáticas, algunhas permanecen no colectivo axudando a novas
familias que se incorporan e outras abandonaron o colectivo. Sendo
a falta de compromiso o maior problema que padece o colectivo en todo
o estado. Dende o nacemento, nunca deixamos de facer as asembleas
na praza. A realidade é que nada ou moi pouco mudou, e consideramos
que estas asembleas públicas e abertas axudan a non esquecer e son
en si mesmas un acto político e de resistencia.
Nas ultimas eleccións xerais presentamos a campaña AS CINCO DA
P.A.H. esixindo as formacións políticas que incluirán nos seus
programas e que se comprometerán a cumprir estas cinco demandas:
- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA
- ALUGUERES ASEQUIBLES
- STOP DESAFIUZAMENTOS
- VIVENDA SOCIAL SUFICIENTE
- SUMISNISTROS BÁSICOS GARANTIDOS
Desgraciadamente os tempos políticos son diferentes os das persoas e
vémonos noutro período electoral onde teremos que volver esixir
estas 5 demandas.
Recentemente sumáronse o colectivo 20 familias que residen en
Bemposta.
Polas especiais circunstancias destes casos considermos que é un
momento excepcional para chamar a unidade de acción dos colectivos
da cidade, encamiñada cara unha gran rede de apoio mutuo que supere
as eivas do capitalismo estatolátrico e nos empondere a todas no
auto-organización e no cooperativismo integral, que nos demostre a
nos mesmas e os defensores da competitividade que somos capaces de
facer as cousas doutro xeito, que o futuro é noso e nos facemos
cargo del.
“Esta
loita será longa, e renderse non é unha opción”
“NEN CASAS SEN XENTE
NIN XENTE SEN CASA”
TEXTO CASO REAL:
Pedimos desculpas por ocupar demasiado tempo, pero creemos que a
realidade e a mellor maneira de denunciar o que acontece. A situación
que está a vivir unha compañeira, servirá para visibilizar e
afondar na hipocresía do sistema ata limites insospeitados.
Esta compañeira vítima de violencia machista, cun fillo menor
autista, con grao 3 de dependencia e sen ningún tipo de apoio
familiar, logo de varios anos de maltrato, recomendáselle dende as
administracións denunciar a súa parella.
Logo da denuncia abandona o seu fogar e vai vivir a unha casa de
acollida, na que pode permanecer como máximo un ano. Pasa a cobrar
unha RAI de 426 euros coa que ten que manterse ela e o seu fillo,
ademais de pagar un aluguer.
No mes de outubro do 2015 esquecese de selar a RAI no INEM, tendo que
volver iniciar o proceso de solicitude. Comunícalle a situación a
traballadora social de San Cibrao das Viñas, concello no que reside,
e non oferta ningunha solución.
Pasa 5 meses sin ingresos, ten que deixar de pagar o aluguer do piso
e mantense dos adiantos que lle fai o banco e da caridade. Finalmente
no mes de marzo ten que deixar a vivenda por impago de aluguer.
O 10 de marzo contacta co colectivo STOP DESAFIUZAMENTOS. Dirixímonos
por escrito, expoñendo a situación de María o Concello de San
Cibrao e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (I.G.V.S.). No mesmo
dia reunímonos co alcalde de San Cibrao que nos di coñecer o caso e
non poder facer ren. Facemos público nos medios o caso e organizamos
concentracións para denunciar os feitos.
Dende o 14 de marzo é o colectivo quen se fai cargo de dúas
mensualidades de aluguer, dunha habitación con dereito a cociña.
Neste tempo tivo que mudar tres veces de casa. O 10 de Abril,
recupera a RAI, logo de cinco meses, pero o banco faise ca maioría
do ingresado o non interesar o pago fraccionado dos adiantos.
Os constantes cambios de domicilio producen unha alteración na
necesaria estabilidade do menor que se traduce en problemas
considerables no colexio. Iniciando o procedemento de traslado, antes
de rematar este curso, creando mais ansiedade no menor e na nai.
A hora de pagar o mes de maio, María xa non dispón de ingresos, que
xa os retirou o banco. O non poder pagar ata o día 10, leva o
arrendador a desconfiar e vese fora da vivenda en emerxencias cunha
crise de ansiedade.
A traballadora social de Ourense, non pode solicitarlle axudas de
emerxencia por levar menos de tres meses censada no concello. Tivo
que censarse no Concello de Ourense por estar a de San Cibrao das
Viñas de baixa e ser urxente de facer un informe o IGVS para
solicitar vivenda social.
Ante esta situación de emerxencia, véndose outra vez na rúa, por
fin o IGVS libera a única vivenda de protección social da que
dispón en Ourense, case dous meses despois de solicitala.
Esta vivenda non é adecuada as súas circunstancias pois ten que
facerse cargo de varios impostos como o IBI (Imposto de Bens
Inmobles), Imposto de Actos Xurídicos Documentados, altas de
subminístros, gas eléctrico e auga. Non dispón de mobles e
electrodomésticos e os únicos dos que dispón son armarios
empotrados e mobiliario de cociña o límite do aceptable. Finalmente
ante a desesperación, o 9 de Maio asinamos o contrato de arredamento
co IGVS.
Os problemas, outra vez creados pola falta de eficiencia das
administracións, seguen aumentando. Logo de un día completo
tentando dar de alta os subminístros eléctricos e de gas, dámonos
conta de que resulta case imposible, ante a falta de datos
imprescindibles que deberían figurar no IGVS, nin sequera a
dirección consta como correcta.
No caso de María, observase con claridade unha absoluta falta de
coordinación entre administracións, exceso de burocracia e un
desleixo total coas vítima da violencia machista que son abandonadas
a sorte dunha axuda, en toda medida insuficiente coas que teñen que
manter as crianzas e pagar un aluguer, pasando da violencia machista
a violencia institucional.
Ante estes feitos reclamamos a Xunta de Galicia, que ten as
competencias exclusivas en vivenda e servizos sociais, que cree
protocolos específicos axeitados as mulleres vítimas de violencia
machista, demandantes de vivenda social. E que no canto de protexer
os directivos das caixas e rescatar a banca, axude a estas mulleres e
as súas familias. E lembrámoslle o Presidente da Xunta, o hipócrita
que resulta os nosos ollos velo detrás dunha pancarta, cada vez que
asasinan a unha muller, cando son as institucións que el preside as
que as abandoan a súa sorte.
“Esta loita será
longa, e renderse non é unha opción”
“NEN CASAS SEN XENTE
NIN XENTE SEN CASA”
Ningún comentario:
Publicar un comentario