mércores, 25 de maio de 2016



14 DE MAIO DE 2016.

5 Aniversario do 15M . En Ourense celebrase co nome a Converxencia das Loitas. Na data do aniversario o 15m Ourense visualizou e confraternizou as diferentes loitas activas na cidade. 22 Colectivos compartiron esta xornada reivindicativa.

Stop-desafiuzamentos Ourense foi un dos colectivos que participou nesta xornada. Dúas compañeiras Estela e Cristina deron lectura a dous textos que dan visibilidade a loita por unha vivenda digna.


 
O 15M de Ourense respostou ao chamamento internacional realizado polo movemento Nuit Debout e, no seu 5º aniversario, convoca a toda a cidadanía ourensá a un encontro ao redor da CONVERXENCIA DE LOITAS, o sábado día 14 ás 19h na Praza Maior de Ourense. Este evento quere recoñecer e visibilizar as loitas sociais e políticas vixentes na nosa cidade, así como aquelas persoas que fan do seu compromiso con elas unha forma de vida. Por todas aquelas que manteñen viva a chama dunha cidade alegre e reivindicativa vai este quinto aniversario do movemento na nosa cidade.

A Praza Maior de Ourense converterase no lugar onde escoitaremos as voces daquelas que sosteñen a chama da loita popular e cidadá ao longo de todo o ano. En defensa da lingua, do dereito á vivenda ou da liberdade de expresión. Reclamando unha educación e sanidade públicas, gratuítas e de calidade. A preservación do patrimonio de Benposta ou a construcción dun centro para persoas con diversidade funcional. Un campus digno e tamén unha Casa da Xuventude viva e de todas. A apertura de fronteiras para as persoas refuxiadas e máis o respecto aos dereitos do pobo Palestino e do pobo Saharaui. A existencia dun espazo sociocultural autoxestionado e tamén o dereito a unha mobilidade sostible pola nosa cidade. A loita do movemento feminista e máis do movemento ecoloxista. O dereito a pan, traballo e teito. O dereito a querer ser nai ou non e máis a un parto respectado. Os grupos que defenden outros modelos de consumo. E tamén aqueles que reclaman ríos limpos ou que loitan pola defensa dos nosos montes.


http://www.laregion.es/articulo/ourense/movimientos-ciudadanos-citan-praza-maior/20160512221715621312.html 

http://www.periodicobarrios.com/2016/05/12/unha-converxencia-das-loitas-de-ourense-celebrara-o-5o-aniversario-do-15m/ 






















Ningún comentario:

Publicar un comentario