luns, 18 de abril de 2016
COMUNICADO STOP-DESAFIUZAMENTOS.
O venres día 15 a delegación da Xunta de Galicia en Ourense o I.G.V.S Instituto Galego de Vivenda e Solo emitía unha nota de imprensa facendo referencia a concesión dunha vivenda de aluguer social a unha familia en risco de exclusión social.
Stop-desafiuzamentos Ourense considera este comunicado mera propaganda electoral xa que non debería ser noticia o cumprimento das obrigas dunha administración o servizo da poboación e que se debe de xeito absoluto a cidadanía que é quen a nutre, co do pago de impostos, do diñeiro necesario para o seu funcionamento.
Proba que confirma a contradicción son os seguintes datos:
O longo dos últimos 5 anos stop-desafiuzamentos puido comprobar como en varias ocasións que se demandou vivenda social no IG.V.S, a maioría das veces mulleres con fillos menores a cargo, non dispuña de vivendas de emerxencia, si logo de un tempo facía algunha oferta era en vilas lonxe da cidade de Ourense como o Barco de Valdeorras .Tivo que ser o colectivo quen acudiu estas familias e lles deu apoio e axudou a buscar unha solución de emerxencia.
Nin nos casos de violencia de xénero, con problemas de desafiuzamento, foron capaces de dar unha reposta urxente e axeitada o problema de vivenda destas mulleres. Niste tempo tivemos coñecemento de 5 casos de violencia de xénero. En 3 dos mesmos demandouse vivenda de aluguer social e so mentes nun dos casos, e logo de tempo, se concedeu. A día de hoxe unha muller vítima de violencia machista con un fillo con autismo esta residindo nunha habitación con dereito a cociña costeada con diñeiro aportado polo colectivo.
Este caso é o exemplo claro do interese que pon o PP no cumprimento efectivo do dereito a vivenda recollido no artigo 47 da C.E. Esta muller perde unha RAI por non ter selado no mes de novembro no INEM. Consecuencia da perda desta axuda económica queda sen ingresos e pono en coñecemento da traballadora social de San Cibrao das Viñas gobernado polo PP.
Dende novembro de 2015 ata Marzo de 2016 as dúas administracións gobernadas polo PP non son capaces de darlle solución o problema desta muller sendo despexada da vivenda onde residía por ímpago de aluguer o día 14 de marzo. Este mesmo día o colectivo que coñece do caso, derivado de Cruz Roja Ourense, dende o día 10 de marzo, presenta escritos solicitando vivenda social urxente por non ter onde acollerse. A día de hoxe aínda está en trámite a concesión desta vivenda.
Non fai falla detallar o calvario que pasou o longo de 5 meses para poder sobrevivir sin ningún tipo de axuda nin apoio familiar de ningún tipo e con un fillo menor. Todo por esquecerse selar un documento e polo desleixo destas dúas administracións.
Son as mobilizacións e a denuncia da sociedade activa as que obrigan as administracións. Con todo e como se pode comprobar nos casos que expoñemos están ben lonxe de ser dilixentes coas súas obrigas.
Na nota que emite o IGVS fai referencia, case publicitaria, a unha entidade financeira que di non desafiuzar as familias. ABANCA procedía no mes de novembro de 2015 o despexo dunha familia con un menor estando o pai enfermo de Leucemia Linfoblástica. Foron os escritos presentado no xulgado e a presión do colectivo a que detivo este desafiuzamento que se atopa en suspenso a espera de que a entidade ABANCA lle conceda un aluguer social na vivenda da cal quer tomar posesión.
Esta defensa de ABANCA non nos sorprende tendo en conta que foi o presidente da Xunta de Galicia que durante este mandato permitiu a eliminación total do sistema de aforro galego. Concretamente do que se consideraba o sistema público, as Caixas de aforro. O Presidente Feijóo permitiu que se sanearan con 9000 millóns € de diñeiro público para sanealas e privatizalas pasando hoxe a daren 1200 millóns de € de beneficios anuais que pasan a intereses privados.Nin o presidende da Xunta nin Mariano Rajoi puxeron o mínimo interés en perseguir os responsables da quebra do sistema financeiro galego.
O partido popular ten demostrado en varias ocasións que non está do lado das persoas que non dispoñen de recursos para poder costear unha vivenda digna nin os suministros básicos da mesma. O partido popular goberna para defender os interese da Banca e das grandes empresas suiministradoras. Cando chegan as eleccións ten que facer PUBLICIDADE.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario