xoves, 14 de abril de 2016

Chamamento de alerta máxima desde Catalunya: A banca, as empresas subministradoras e o PP queren suspender a Lei 24/2015 que garante o dereito á vivenda e a enerxía na comunidade catalana

 A banca, as empresas subministradoras e o PP queren suspender a Lei 24/2015. | Facemos un chamamento de alerta máxima e de defensa na rúa da Lei para deter este ataque ao dereito á vivenda.

Evento:

https://www.facebook.com/events/862099643936228/ 

O martes 12 de abril o goberno en funcións de Mariano Rajoy reuniuse coa Generalitat de Catalunya na comisión bilateral entre a Generalitat e o Estado para discutir a constitucionalidade da Lei 24/2015: lei froito da ILP Vivenda, promovida pola PAH, a APE e o Observatorio DESC, e aprobada por unanimidade no Parlament o pasado mes de xullo. O prazo para recorrer a norma ao Tribunal Constitucional acaba o próximo 5 de maio. Polo tanto, si desta reunión non sae unha clara vontade para mantela vixente, existe un risco moi real de que a recorran por acordo dalgún dos consellos de ministros en funcións do mes de abril e que quede suspendida en espera de sentenza.

O PP demostrou en reiteradas ocasións que un dos obxectivos principais dos seus gobernos e acción parlamentaria é protexer os intereses da banca e das grandes empresas do oligopolio enerxético por encima dos dereitos fundamentais da poboación. Para conseguilo son capaces do que sexa necesario. Bloquearon a ILP hipotecaria estatal da PAH no Congreso en 2013, e despois levaron ao Tribunal Constitucional, esixindo a súa suspensión, todas as normas impulsadas por gobernos autonómicos sobre vivenda digna, como o Decreto Lei 6/2013 de Andalucía sobre a función social da vivenda, a Lei foral 24/2013 de Navarra de medidas urxentes para garantir o dereito á vivenda e a Lei 3/2015 de vivenda do País Vasco. Tamén con unha estratexia administrativa frenou a entrada a debate no Parlamento Galego no ano 2013 duha I.L.P por unha "Lei de Vivenda e Contra a Pobreza Enerxética" proposta polas compañeiras de Vigo e promovida polas PAH-STOP galegas.

Agora, co agravante de ser un Goberno en funcións, e como último servizo do PP á banca e ás empresas subministradoras, atacan a Lei 24/2015 de 29 de xullo, de medidas urxentes para afrontar a urxencia no ámbito da vivenda e a pobreza energética. É moi probable que o PP presente o recurso o venres 29 de abril, xa que adoita consumar estas decisións no consello de ministros anterior á data límite para presentar o recurso de inconstitucionalidade. Pero podería facelo antes.

Habitualmente, as reunións da comisión bilateral non teñen transcendencia pública e as leis que molestan aos grandes poderes fácticos recórrense o último día, cando xa non hai tempo para reaccionar. Por iso fixemos pública esta reunión e alertamos que as próximas 3 semanas son críticas e decisivas para evitar que suspendan a primeira das leis que conseguiu aprobar a PAH para acabar coa urxencia habitacional, conxuntamente con outras organizacións e grazas ao apoio masivo de miles de persoas.

Non nos quedaremos de brazos cruzados esperando que a suspendan. Advertimos publicamente ao PP que se equivoca si pensa que tombar esta lei sairalle gratis. Non permitiremos un golpe de estado dun goberno en funcións do PP, da banca e das subministradoras a unha lei que funciona, que veu para quedarse e para garantir o dereito á vivenda e aos subministros básicos.
Esta lei naceu na rúa e será a xente da rúa que a defenderá con todas as súas enerxías: ¡porque hai vidas en xogo e non nos renderemos!

Chamamos á cidadanía e a toda a sociedade a defender os dereitos que conquistamos, pero tamén facemos un chamamento aos grupos parlamentarios do Parlamento de Cataluña, onde a lei foi aprobada por unanimidade, e aos do Congreso dos Deputados a defender publicamente lei 24/2015 e a lexislar a nivel estatal "as 5 da PAH" de xeito inmediato.

Nos próximos días presentaremos unha campaña pública contra este ataque e pediremos a todo o mundo que a apoie e que se adhira.

Así mesmo anunciamos accións contundentes e continuadas contra o PP e todos aqueles partidos que se sitúen ao seu lado, contra aqueles que atacan os nosos dereitos. Sabemos que sinalar aos responsables, sexan bancos, subministradoras, gobernos ou partidos, fai moito dano á súa imaxe, especialmente en época preelectoral ou electoral.

Para rematar, convocamos á cidadanía a concentrarse ante as sedes do PP en todo o estado o vindeiro luns 18 de abril ás 18.30h.

Parecía imposible cambiar as leis inxustas, pero conseguímolo. Agora evitaremos que tomben a "Lei catalá contra a urxencia habitacional" e forzar a extensión destes dereitos ao resto da cidadanía do estado.

¡Todo o mundo a defender a Lei de todas! ‪#‎AvuiEsPot‬ ‪#‎PPatacaILP‬

[ATENTAS] Apuntaros al evento facebook para la acción del ‪#‎18A‬ en las sedes del @PPopular-> https://goo.gl/bxtGTk

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario